CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

XUNTA GALICIA categoria profesional 001 Camareiro/a – limpador/a do grupo V
No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Mércores 1 de Agosto de 2007, fanse públicas as notas do 2º exercizo da fase de oposición, no proceso selectivo para o ingreso na categoria profesional 001 Camareiro/a – limpador/a do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, nas quendas de acceso libre, promoción interna.

As respostas correctas para acadar a puntuación mínima do aprobado quedaron fixadas en 36.

Os aspirantes poderán presentar ás alegacións que consideren oportunas no prazo de 10 días hábiles. Remata o prazo o vindeiro 13 de Agosto de 2007

Segundo o fixado nas bases da convocatoria, os aspirantes que superaron o 2º exercizo, disporán dun prazo de 20 días naturais para presentar á documentación relativa á fase de concurso. Remata dito prazo o día 21 de Agosto de 2007.
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 06-08-2007 16:35
Queres comentar ou preguntar algo?
XUNTA GALICIA categoria profesional 066 Axudante de taller/adxunto de taller do grupo III
No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Mércores 1 de Agosto de 2007, fanse públicas as notas do 1º exercizo da fase de oposición, no proceso selectivo para o ingreso na categoria profesional 066 Axudante de taller/adxunto de taller do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, nas quendas de acceso libre, promoción interna e cambio de categoria

As respostas correctas para acadar a puntuación mínima do aprobado (10 puntos) quedaron fixadas en 15 no acceso libre. En canto a promoció interna e cambio de categoria á puntuación mínima é de 12,5 puntos.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, os aspirantes poderán presentar ás alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de 10 días hábiles. Remata o prazo o vindeiro 13 de Agosto de 2007.
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 06-08-2007 16:34
Queres comentar ou preguntar algo?
XUNTA GALICIA categoria profesional 002 Axudante de traballos e oficios e outras, do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza.
No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Mércores 1 de Agosto de 2007, faise público á ampliación do prazo de celebración do 3º exercizo da fase de oposición, no proceso selectivo para o ingreso na categoria profesional 002 Axudante de traballos e oficios e outras, do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza.

Contra iste acordo de ampliación de prazo non cabe recurso ningún, de acordo co previsto na Lei 30/1992, do 26 de Novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 06-08-2007 16:33
Queres comentar ou preguntar algo?
XUNTA GALICIA ORDENANZAS 003


No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Luns 30 de Xullo de 2007, fanse públicas as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao 2º exercizo da fase de oposición na categoria 003 do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, Ordenanza e outras.
O corte quedou fixado en 29 respostas correctas para acceso libre e 25 para promoción interna, para acadar á puntuación mínima para superar iste 2º exercizo.
De acordo co disposto nas respectivas convocatorias, os aspirantes disporán dun prazo de 10 días hábiles, para presentar ás alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións. Remata dito prazo o día 10 de Agosto de 2007.
Os aspirantes disporán ademáis dun prazo de 20 días naturais, para presentar á documentación relativa á fase de concurso. Iste prazo remata o día 19 de Agosto de 2007.
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 06-08-2007 16:32
Queres comentar ou preguntar algo?
XUNTA GALICIA OPE Oficial 1ª cociña e outras do grupo III, e 005 Oficial 2ª cociña e outras
No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Luns 30 de Xullo de 2007, fanse públicas as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao 1º exercizo da fase de oposición nas categorias 065 Oficial 1ª cociña e outras do grupo III, e 005 Oficial 2ª cociña e outras, polas quendas de acceso libre, promoción interna e cambio de categoria.

De acordo co disposto nas bases das convocatorias, os aspirantes disporán dun prazo de 10 días hábiles, para presentar ás alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións. Remata dito prazo o día 10 de Agosto de 2007
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 06-08-2007 16:30
Queres comentar ou preguntar algo?
PUNTUACIÓNS DEFINITIVAS AXENTES FORESTAIS

No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Xoves 26 XULLO 2007, fanse públicas as puntuacións definitivas do 3º exercizo da fase de oposición, xunto a data, hora e lugar de realización do 4º exercizo do mesmo corpo.

Grupo D
Corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia
(escala axentes forestais)
Cuarto exame do proceso selectivo en chamamento único.

Día: 7 de Agosto de 2007
Hora: 10:00
Lugar: Dirección xeral de Montes e Industrias Forestais.

Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 06-08-2007 16:29
Queres comentar ou preguntar algo?
XUNTA GALICIA PROMOCIÓN Á ESCALA DE AXENTES FACULTATIVOS MEDIOAMBIENTALES
No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Luns 16 de Xullo de 2007, faise público á baremación definitiva da fase do concurso, unha vez efectuadas as correcións derivadas das reclamacións presentadas polos aspirantes.

Os interesados poderán formular recurso de alzada, perante o Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo de 1 mes. Remata dito prazo o día 15 de Agosto de 2007.
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 06-08-2007 16:28
Queres comentar ou preguntar algo?
OPOSICIÓNS XUNTA GALICIA Categoria 002 do grupo V (Axundante de traballos ou oficios e otras)
No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Xoves 12 de Xullo de 2007, faise público as seguintes novas do proceso selectivo na categoria 002 do grupo V (Axundante de traballos ou oficios e otras), promoción interna e cambio de categoria:

• Anulación das preguntas 16 e 42.
• Puntuación mínima para superar o 2º exercizo, 5 puntos, fixándose en 33 o número de respostas correctas.
• Puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao 2º exercizo.
• Alegacións, no prazo de 10 días. Remata o 24 de Xullo de 2007.
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 06-08-2007 16:26
Queres comentar ou preguntar algo?
XUNTA GALICIA OPOSICIÓNS Categoria 012 do grupo V (Peón, laborante
No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Xoves 12 de Xullo de 2007, fanse público as seguintes novas do proceso selectivo na categoria 012 do grupo V (Peón, laborante), acceso libre:

• Puntuación mínima para superar o 2º exercizo, 5 puntos, fixándose en 38 o número de respostas correctas.
• Puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao 2º exercizo.
• Alegacións, no prazo de 10 días. Remata o 24 de Xullo de 2007.
• Presentación da documentación relativa á fase do concurso, 20 días naturais. Remata o prazo o 1 de Agosto de 2007
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 06-08-2007 16:23
Queres comentar ou preguntar algo?
2º EXERCICIO ASISTENTES SOCIAIS
No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Venres 3 de Agosto de 2007, fanse públicas as puntuacións obtidas polas/os aspirantes presentadas/os ao segundo exercicio do proceso selectivo de acceso ao Grupo II Categoría 017 (Asistente Social).
Anuláronse as preguntas 21, 31, 45 e 61 e entraron a ocupar o seu lugar as preguntas nº 41, 42, 84 e 85.
Cambiouse de resposta a pregunta nº 51 que pasou a ser correcta a resposta c) e a pregunta nº 75 pasando a ser correcta a b).
O prazo de reclamacións é de 10 días hábiles (rematará o próximo 16 de agosto).
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 06-08-2007 16:16
Queres comentar ou preguntar algo?
Procesos selectivos Corpos Auxiliar e Subalterno da Xunta de Galicia
No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Xoves 26 de Xullo de 2007, convócanse procesos selectivos para o ingreso nos seguintes corpos:

Corpo Auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D). Prazas: 103, polo sistema de acceso libre, mediante procedemento de concurso – oposición. Resérvanse 7 prazas para seren cubertas por discapacitados.

Corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E). Prazas: 205, polo sistema de acceso libre, e mediante procedemento de concurso – oposición. Resérvanse 14 prazas para seren cubertas por discapacitados.

A documentación a presentar en ámbolos procesos selectivos será, instancia según anexo II da convocatoria, fotocopia cotexada do DNI ou pasaporte e xustificante de tér aboado os dereitos de exame.


O prazo de presentación de instancias é de vinte (20) días naturais. Remata dito prazo o 16 de Agosto de 2007.
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 01-08-2007 20:20
Queres comentar ou preguntar algo?
OPE CASTELA A MANCHA
Para ver o Cadro oferta de emprego e data das convocatorias, preme aqui
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 20-06-2007 18:02
Queres comentar ou preguntar algo?
OPE Madrid
para ver a Publicación da Oferta de emprego público na Comunidade de Madrid ( inclue prazas de persoal estatutario ). preme aqui
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 19-06-2007 16:53
Queres comentar ou preguntar algo?
convocadas OPE en Andalucia e Canarias
Ofertas de emprego no Servizo de Saúde de Andalucía e no de Canarias.

Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 12-06-2007 17:04
Queres comentar ou preguntar algo?
convocatoria OPE Aragón
Decreto que aproba a oferta de emprego público de persoal estatutario de Aragón.
preme aqui






Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 28-05-2007 14:01
Queres comentar ou preguntar algo?
OPE asturias
O Principado de Asturias convoca 32 plazas para ATS-DUE. O prazo de presentación de instancias remata o 10/05/2007; podedes consultala premendo aqui
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 23-04-2007 11:00
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] [2] 3
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis