CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

posición de CIG-Saúde ante os incumprimentos do plan mellora
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 30-09-2009 12:58
Queres comentar ou preguntar algo?
PP: plan mellora de atención primaria pufo e panfleto
Nota: Emprégase para os cálculos do custo, o correspondente á categoría orzamentaria máis común en cada categoría profesional. Suponse unha cota patronal da Seguridade Social do 21%.
*Son prazas consolidadas nos orzamentos en xullo, setembro e outrubro 2009.


Diante as últimas declaraciois sobre o plan mellora de atención primaria polo portavoz do Grupo Parlamentario do PP de Galicia en materia de Sanidade, Rosendo Fernández. A executiva de CIG-Saúde enviou a nota de prensa que abaixo reproducimos. Está claro que este governo quérese cargar as poucas melloras conseguidas, veremos que pasa coas prazas que se deberían crear este ano e os 2 seguintes.

comunicado de prensa


Diante das declaracións realizadas polo portavoz do Grupo Parlamentar do Partido Popular de Galicia en materia de Sanidade, Rosendo Fernández, no Parlamento de Galicia, cualificando o Plan de Mellora de Atención Primaria de “pufo e panfleto”, CIG-Saúde quere facer as seguintes puntualizacións:

• O Plan de Mellora, pese ás dificultades e retrasos na aplicación dalgúns aspectos, supuxo un paso moi importante para a Atención Primaria de Galicia, tanto polo seu contido como pola súa xestación, xa que naceu do acordo de organizacións Profesionais, Sindicais e da Administración.

• CIG-Saúde considera que neste momento, no ecuador do Plan, é especialmente importante reafirmarse na necesidade da súa completa aplicación, e non aceptará recortes nin cambios que desvaloricen ó pactado.

• As declaracións do portavoz do Partido Popular son desmentidas polo Diario Oficial de Galicia onde son publicados os orzamentos do Sergas, nel figuran as prazas creadas polo Plan de Mellora para o ano 2009, e o orzamento de cada praza (ver cadro da imaxe superior)

• É responsabilidade da Administración a execución orzamentaria e polo tanto é responsabilidade do Partido Popular que esas prazas, creadas e orzamentadas, se convertan en incrementos reais das plantillas dos centros de Atención Primaria.
• De non facelo así será o Partido Popular o responsable de converter o Plan de Mellora nun pufo e nun panfleto.

• Neste terreo non son validos criterios economicistas a curto prazo, todo o que se invista en potenciar a Atención Primaria supón un aforro en gasto sanitário a outros niveis, e sobretodo supón un “aforro” de enfermedade, e polo tanto de sufrimento.

• O Plan de Mellora da Atención Primaria supón unha aposta clara por un tipo de sanidade pública, centrada nas necesidades do usuario e na resposta mais próxima a esas necesidades, polo que contempla un incremento da capacidade de resolución de problemas a este nivel, e por incrementar os servizos que se prestan aos usuarios: actividades preventivas, control de pacientes crónicos, atención a domicilio, cirurxía menor, control da anticoagulación oral (Sintrom), teledermatoloxía, realización de retinografías, etc.

• Para dar resposta a estas necesidades é para o que se precisan os incrementos de plantillas, polo que o que está en xogo é algo mais que unhas poucas prazas mais no sistema, o que nos xogamos e un modelo de Atención Primaria, de Sanidade Pública, que responda ás necesidades dos usuarios.

Compostela, 15 de setembro de 2009
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 15-09-2009 15:00
Queres comentar ou preguntar algo?
vacantes PSX plan mellora en Ourense
Como recentemente cubriuse unha praza de PSX do plan mellora en Maceda, algún de vos preguntastes se se iban a crear en breve mais prazas desta categoria; polo que estivemos indagando e o que sabemos é que a primeiros de xuño vaise cubrir unha praza en Sandiás (temos confirmación oficial desta) e parece que tamén se vai cubrir outra en Entrimo.
Ata agora é o que sabemos, cando saibamos da creación de novas prazas nesta ou noutra categoria o publicaremos no blog.
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 20-05-2009 12:12
Queres comentar ou preguntar algo?
vacantes plan mellora
A raiz dun correo que nos chegou de Compostela e unha reunión co Xerente de Atención primaria de Ourense temémonos que as vacantes que se iban a crear no 2009 polo plan mellora en tódalas categorias excepto facultativos, de momento suspéndense ata a entrada do novo goberno.

este de abaixo é en concreto o correo remitido á comisión de centro de Santiago.

Pola presente comunícase que, debido a incidencias de xestión orzamentarias coas prazas do Plan Mellora 2009, cuxo incremento se comunicou na última reunión da Comisión de Centro, infórmolle que dita cobertura queda suspendida polo momento. Esto non afecta ás novas prazas de médicos ao pertenceren ao Plan Mellora 2008.
Calquera novidade que se produza a este respecto seralle oportunamente comunicada.


Parece ser que imos ter outro frente aberto de confrontación de persistir no incumprimento dos acordos de primaria.
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 27-03-2009 13:32
Queres comentar ou preguntar algo?
recordatorio central de chamadas
Lembrade que hoxe ás 12 son as concentraciois contra a privatización da central de chamadas, nós tiramos agora para a xerencia de primaria.

Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 15-01-2009 10:19
Queres comentar ou preguntar algo?
cartaz concentración antiprivatización
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 10-01-2009 20:37
Queres comentar ou preguntar algo?
Concentraciois contra a privatización da central de chamadas

Como xa dixemos antes do nadal, unha vez que remataran as festas íbamos a continuar coas mobilizaciois contra a central de chamadas, ó noso local seguen chegando sinaturas de tódolos lados, neste momento temos mais de 3000 sinaturas, aparte das mais de 2000 entregadas ó SERGAS na concentración antiprivatizaciois que fixemos en novembro.

Onte no Consello Nacional de CIG-Saúde tomouse a decisión de convocar a todo o persoal de primaria a concentraciois en tódolos Centros de Saúde de Galiza o próximo xoves 15 de xaneiro ás 12 horas, @s delegad@s de CIG-Saúde ese mesmo dia ás 12 tamén concentrarémonos en tódalas Xerencias de Atención Primaria e invitamos a participar ben sexa nas concentraciois dos centros ou das Xerencias.

Excusamos decir que é moi importante a participación de tod@s nesta mobilización, as elecciois son en marzo e hai que conseguir compromiso dos partidos a que convirtan a central de chamadas nun servizo mais do SERGAS con persoal SERGAS, se participamos masivamente nas mobilizaciois podemos conseguilo.

Haberá mais mobilizaciois de aquí ó mes de marzo que xa anunciaremos no seu momento.
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 09-01-2009 11:06
Queres comentar ou preguntar algo?
sinaturas central de chamadas
Seguimos a recibir centos de sinaturas recollidas por vós nos vosos centros. Hoxe recibimos de Riotorto, Fene, A Pontenova, Rubiá, Escairón e Virxe da Peregrina de Pontevedra. Todos os días temos varias cartas con sinaturas.

Queremos agradecervos a vosa implicación e o voso esforzo. Xa o temos dito moitas veces, pero ben se ve neste caso, a forza dos sindicatos son as/os traballadoras/es, non o esquezades.

Seguiremos recollendo asinaturas nós aqui, e recibindo as que nos queirades enviar. Probablemente faremos unha segunda entrega de sinaturas na Consellería no novo ano. Darémosvos conta dela no seu momento.
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 05-12-2008 13:07
Queres comentar ou preguntar algo?
tarifas central de chamadas
Parece que o SERGAS agora empezou a acordarse de informar aos/ás usuarios/as do custe que supón unha chamada ao novo número da central de chamadas. O motivo non é que entraran en razón e pensaran en facer as cousas ben, non. O motivo é que anda circulando por ai un correo electrónico onde se explica a tarificación deste número e parece que non coincide coa que di o SERGAS.
Non sabemos cal das dúas é a correcta, pero parécenos que se o SERGAS fixera no seu momento as cousas como as tiña que facer (non privatizando nin poñendo en marcha unha central de chamadas ás agachadas, con nocturnidade e alevosía, sen informar á poboación), agora non terían que andar aclarando nada.
Por de pronto, ai vai, esta é, segundo o SERGAS, a tarificación aplicable ás chamadas ao 902 077 333. Se alguén quere comprobalo, estaría ben que nos fixera chegar o resultado.

Advertimos, xa que o SERGAS non o fai (non sabemos se interesadamente ou non), de que se dispoñedes dunha tarifa plana pola que non pagades chamadas a fixos (pero si que pagaríades as chamadas ao 902) podedes chamar á central de cita previa sen que supoña un incremento de custo a través dos seguintes números:

En Ourense: 988398350

En Lugo: 982269893

En Santiago: 981952950

En Pontevedra: 986806350

Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 04-12-2008 09:48
Queres comentar ou preguntar algo?
aumento de prazas en atención primaria 2009
A imaxen de arriba correspóndese ó incremento de prazas para o ano en atención primaria derivadas do plan mellora, están distribuidas por Xerencias.
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 01-12-2008 14:04
Queres comentar ou preguntar algo?
Comisión de Seguimento Plan de Mellora AP 24 novembro 2008
Comisión de Seguimento Plan de Mellora AP 24 novembro 2008

O día 14 de abril celebrouse a terceira reunión da comisión de seguimento do Plan de Mellora, na que CIG-Saúde manifestou o seu desacordo coa información recibida sobre o desenvolvemento da central de Chamadas, na que non se facía mención ao modelo de xestión da mesma. Por esta razón condicionou a súa sinatura da Acta da reunión a recibir información por escrito do proxecto da Central de Chamadas. A información foi reiteradamente solicitada, sen ter resposta algunha. So pola vía dos feitos tivemos coñecemento de que se decidira convocar no DOG un concurso para cubrir o servizo de citas de Atención Primaria por unha empresa privada, xestionada a través de MEDTEC (actual GALARIA).

Consideramos este feito como unha mostra de deslealdade coa nosa organización, como asinante do Plan de Mellora, e un incumprimento da condición establecida na acta, polo que solicitamos formalmente que conste que queda retirada a nosa sinatura da mencionada acta.

A nosa posición sobre o Plan de Mellora, e os acordos que o desenvolven, que afectan ao conxunto da Atención Primaria, será de denuncia dos incumprimentos por parte da administración. Seguimos a considerar que son bos acordos pero mal aplicados, polo que denunciaremos calquera intento de devaluación do seu contido.

Sobre a aplicación concreta das medidas a tomar durante o ano 2008, apreciamos importantes incumprimentos, que pasamos a relatar:

A. Liña de desenrolo dos recursos humanos

Os acordos de Atención primaria que afectan tanto a Persoal de PACs como de Atención ordinaria estanse incumprindo nos seguintes apartados:

-Incumprimento no pagamento do incentivo por voluntariedade.
-Retraso no pago actualizado na festividade e nocturnidade.
-Incumprimento no pago da Intersubstitución á enfermaría.
-Falta de negociación do pago do 70 ao 100% na intersubstitución.
-Dificultade para a prolongación de xornada en centros sen unidades de tarde.
-Falta de regulación da Voluntariedade tralos cambios na OPE-Traslados.
-Ausencia de Regulación das Gardas obrigatorias, establecendo criterios mínimos para tódalas xerencias, regulando as exencións, etc.
-Problemas coa organización das ausencias nas áreas onde comezou a funcionar a central de chamadas privada.

Este conxunto de incumprimentos, imputables á Dirección Xeral de Recursos Humanos, non permiten que se poñan en valor uns bos acordos, acadados con dificultade, que ao ser mal aplicados son percibidos como malos.

No apartado de Recursos Humanos preocúpanos tamén a interpretación que se fai nalgunhas xerencias sobre ás novas prazas de Enfermaría nos PACs creadas pola diminución de horas como consecuencia dos acordos. Estas prazas non poden restar das de nova creación en aplicación do Plan de Mellora.

O persoal non sanitario non pode ver reducidas, nin limitadas no seu crecemento, ás súas prazas, como consecuencia do funcionamento da central de chamadas privada. Temos noticias de que isto estase a producir na área de Lugo.
O retraso nas convocatorias da Comisión de Seguimento destes acordos dificulta o control da súa aplicación, polo que esiximos a convocatoria inmediata dunha reunión.

B. Liña de mellora da capacidade resolutiva

No ano 2008 terían que estar solucionados tódolos atrancos para o acceso á tecnoloxía, tanto da listaxe A como da B da Instrución 17/2007, polo que teriamos que falar nesta reunión da Mellora do equipamento tecnolóxico dos Centros, pero isto non é certo, está rematando o ano 2008 e non se cumpren acordos que tiñan que aplicarse en xaneiro.
As dificultades na aplicación desta medida denotan a falta de compromiso real das mais altas autoridades sanitarias coa Atención Primaria.

C. Liña de xestión clínica

Non temos noticias de novidades na extensión da xestión por procesos nas áreas nin da participación dos centros na súa xestión integral.
A aplicación da informatización nas consultas de Primaria non está a supoñer a diminución da burocracia que cabria esperar, á falta dun modelo informatizado único de informes e solicitudes de exploracións complementarias, únese a ausencia do ditame xurídico pertinente sobre que certificados e informes estamos obrigados por lei a facer.
Esiximos que se nos informe xa! sobre que temos que certificar e en que documento temos que facelo.

Esiximos xa! un modelo único informatizado de solicitude de exploracións complementarias. Cada novo protocolo ou procedemento non pode xerar outro papel na mesa para solicitalo.
Esiximos xa! a axeitada distribución e cumprimento da Instrución 16/2007, e que se estableza un mecanismo de avaliación do seu cumprimento.
O acordo contemplaba para executar no ano 2008 a extensión do modelo de central de chamadas por rebosamento ao 50% dos centros, está claro o incumprimento, tanto do espírito como da letra do acordo.

Nos obxectivos do Plan de Mellora estaba conseguir que a nova Lei de Saúde incorporara a posibilidade de zonificar a Atención Primaria nas cidades, isto conseguiuse grazas a unha emenda presentada, non por que o incorporara o documento inicial da administración. Agora é necesario que esta posibilidade se faga realidade.

Compostela, 25 de novembro de 2008


Podedes descargar o documento en pdf, clikando aquí, ou dende a web da agrupación medica de CIG-Saúde
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 28-11-2008 11:09
Queres comentar ou preguntar algo?
publicación de acordos de atención primaria
Orde do 4 de xuño de 2008 pola que se publican determinados acordos sobre ordenación e provisión de postos de traballo e condicións de traballo e retributivas no ámbito da atención primaria do Servizo Galego de Saúde
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 16-06-2008 14:36
Queres comentar ou preguntar algo?
oferta de voluntariedade
O próximo luns día 2 de xuño abrirase o prazo para o persoal facultativo e de enfermería de PACs e UAPs para realizar a súa elección na oferta de voluntariedade.

A Xerencia de Atención Primaria de Ourense quedou en remitir as solicitudes a cada traballador/a, pero se por calquera razón non as recibides, poñédevos en contacto coa Xerencia para que vola fagan chegar, posto que as solicitudes que non sexan recibidas debidamente cubertas unha vez rematado o prazo (9 de xuño) entenderanse que non optan pola voluntariedade.

Se tendes calquera dúbida con respecto ás solicitudes, podedes consultala polas canles habituais.
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 30-05-2008 09:30
Queres comentar ou preguntar algo?
ACORDOS : UAP e PACs - VOLUNTARIEDADE
O día 14 de maio celebrouse a reunión da comisión de seguimento dos acordos de atención Primaria para tratar de rematar a resolución que regula o procedemento de voluntariedade. A reunión anterior celebrarase o dia 16 de abril e dela saíra un documento “definitivo”. Pese á urxencia do tema, o SERGAS tardou case un mes en convocar esta reunión para pechar o procedemento e as xerencias executen as instruccións..
CIG-Saúde manifestoulle á administración o malestar polo retraso na aplicación dun aspecto tan importante dos acordos de primaria como é o tema da voluntariedade, e se dificulta de feito acadar o obxectivo de lograr a máxima voluntariedade posible no persoal facultativo, ademáis de executalo en datas pre-vacacionaís. Tamen preguntamos sobor da públicación dos acordos en DOG, manifestando a administración descoñecemento de cando sairán, nin unha data aprox., a CIG reiteramos unha vez máis a nosa demanda para que se envien o DOG despois dos tramites necesarios urxentemente, e a súa aplicación inmediata, poís non estamos dispostos a consentir retrasos innecesarios por unha extrema lentitude e eneficacia alarmante do propio SERGAS.
Tamén solicitamos que se puxera unha data para a reunión técnica sobre elaboración das carteleiras dos PACs, que finalmente quedou fixada para o Mércores 21 de maio ás 11:00 horas

Texto Definitivo do procedemento de voluntariedade acordado na comisión de seguimento do 14 de maio.

Ligazón: Preme texto definitivo
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 15-05-2008 19:08
Queres comentar ou preguntar algo?
borrador definitivo voluntariedade
Podedes descargar o borrador definitivo de resolución de voluntariedade que ofrece o SERGAS premendo nesta ligazón.
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 23-04-2008 09:32
Queres comentar ou preguntar algo?
a que andan xogando no acordo de primaria?
Quen é quen no Acordo da Mesa Sectorial sobre condicións de traballo en Unidades e Servizos de Atención Primaria

O pasado dia 4 de abril procedeuse a firmar na Mesa Sectorial do Sergas o texto definitivo do Acordo sobre condicións de traballo do persoal das Unidades e Servizos de Atención Primaria. Como é sabido, ese acordo foi subscrito por CIG e outras organizacións sindicais, entre as que non estaban Cesm e Csif.

Estas dúas organizacións viñeron mantendo nas semanas anteriores un conflito (con ata 13 días de folga) contra ese acordo, que non é máis ca culminación do preacordo xa subscrito previamente o dia 22 de febreiro. Agora, esas dúas organizacións din que desconvocan o conflito porque o acordo é bó (tanto que no caso de Cesm deciden agora firmalo e firmar tamén o de Pacs) e que queren vixiar o seu cumprimento. Xustifican ademais ese cambio de posición na idea de que o texto do 4 de abril mellora o preacordo do 22 de febreiro grazas á súa mobilización e á incorporación das súas propostas. Nada máis lonxe da realidade, e debemos denunciar o cinismo e o oportunismo do comportamento sindical de Cesm e de Csif.

É necesario deixar meridianamente claro que os contidos do acordo do 4 de abril son os mesmos cos do preacordo do 22 de febreiro. O preacordo do 22 de febreiro só podía converterse en acordo definitivo cando integrase nun único texto os acordos parciais acadados nas actas do 21 de xuño de 2007, do 16 de xaneiro de 2008 e do 19 e o 22 de febreiro. Para esa integración de textos o Sergas fixo unha proposta que foi modificada en aspectos de redacción e de contidos polas propostas da CIG para converterse finalmente no texto asinado. Nada teñen que ver nin Cesm nin Csif en todo iso, para o que só hai que revisar e comparar as propostas presentadas por cada quén*.

*Alegacións ao texto consolidado presentadas por CIG-Saúde

*Alegacións ao texto consolidado presentadas por CESM

Dende a CIG entendemos que Cesm e Csif só fixeron dano coa súa folga, rachando no seu dia a forza da Plataforma Sindical, enganando aos traballadores, e meténdose no calexón sen saída dun conflito que se quedou sen osíxeno. Que agora digan que é un acordo marabilloso o mesmo que hai un mes non valía, só se explica dende o cinismo e dende a necesidade de lavar a cara.

Por outra parte, hai un aspecto parcial e concreto que nos preocupa especialmente. Cesm e Csif din agora que valoran positivamente o acordo para UAPs porque “non se poderá obrigar ao persoal de ordinaria a facer gardas mentres o persoal de PAC e os que fan gardas voluntarias non cheguen a facer 2090 horas” anuais. Outra falsidade: que llo digan tamén aos de PAC, porque a eles Cesm e Csif dinlles xustamente o contrario, que son iguais cos de Ordinaria.

Que quede claro: todo o persoal, de PACs e de Unidades, ten unha xornada regulada; teñen a súa xornada ordinaria e teñen unha xornada complementaria voluntaria. E cando iso non chegue para cubrir todas as horas necesarias, e tampouco haxa persoas no paro, e tampouco haxa ninguén dos que esté traballando que asuma voluntariamente facer esas horas de máis, só entón poderá obrigarse a facer gardas polo tempo imprescindible a todo o persoal de primaria, de PACs e de Unidades, repartindo esas cargas forzosas de forma equitativa entre todos eles. Iso é o que dí o acordo e non pode ser doutra maneira. Non hai profesionais de primeira e de segunda en primaria en canto a dereitos laborais, e todos teñen as mesmas obrigas de cobertura excepcional e forzosa de horas por encima da súa xornada si non existe outra solución mellor. Ese é o criterio de CIG-Saúde e ese é o criterio dos dous acordos, sen trampa nin cartón.

En todo caso, alegrámonos de que Cesm e Csif valoren agora positivamente os acordos, alegrámonos de que Cesm queira agora firmalos tamén, e sabemos que só recuperando a unidade de acción e de obxectivos seremos fortes para garantir unha correcta aplicación do conseguido e para lograr novas melloras no futuro.

Compostela, 11 de abril de 2008.


CESM finalmente non asinou o “Acordo da Mesa Sectorial sobre as condicións de traballo nas Unidades e Servizos de AP”, e quedou en tomar unha decisión definitiva proximamente.

A Comisión de Seguimento do Acordo, celebrada o 11/04/2008, rexeitou de xeito unánime a súa pretensión de interpretar o Acordo no sentido de que o persoal de PACs fora discriminado na cobertura das gardas obrigatorias que poida ser preciso cubrir no futuro.

Recibida a comunicación da vontade de CESM de asinar o “Acordo sobre as condicións de traballos nas Unidades e Servizos de AP”, e de adherirse ao de PACs, do cal nos congratulamos, e á vista das declaracións e publicacións feitas por esa organización sobre a interpretación da cláusula das gardas forzosas, dende CIG-Saúde expuxemos, ao inicio da xuntanza da Comisión de Seguimento dos acordos, celebrada o venres 11 de abril, que para aceptar a incorporación da CESM aos ditos acordos era imprescindible unha aclaración expresa desa cláusula por parte da Comisión de Seguimento.

Na argumentación feita pública por CESM dos motivos polo que asinan o acordo, xoga un papel central que este establece que “no se podrá obligar al personal de ordinaria a hacer guardias mientras haya personal en paro y el personal de PAC y el Voluntario no hayan llegado a la jornada máxima obligatoria” de 2.090 horas.

Segundo o criterio de CIG-Saúde, tal interpretación é contraria ao sentido dos acordos asinados, pois o que neles se establece é que todo o persoal de AP, tanto de PACs como de Ordinaria, ten unha xornada regulada: teñen a súa xornada ordinaria e teñen unha xornada complementaria voluntaria. E cando, para a cobertura das gardas, non abonde con esas horas e tampouco haxa persoas no paro, e tampouco haxa ninguén dos que estean traballando que asuma voluntariamente facer esas horas de máis, só entón poderá obrigarse a facer gardas polo tempo imprescindible a todo o persoal de primaria, de PACs e de Unidades, repartindo esas cargas forzosas de forma equitativa entre todos eles. Iso di o acordo que CIG asinou e, nel, baixo ningún concepto se establece a existencia de profesionais de primeira e de segunda en AP en canto a dereitos laborais; pola contra, o Acordo establece que todos os profesionais, de PACs e de Ordinaria, teñen as mesmas obrigas de cobertura excepcional e forzosa de horas por encima da súa xornada se non existe outra solución mellor.

Nesta situación, ao inicio da xuntanza, o noso sindicato pediulle á Comisión de Seguimento que se pronunciara sobre a interpretación deste aspecto fundamental, antes de que se producira a sinatura de CESM do acordo co fin de que CESM (e todos) tivéramos claro qué acordo estabamos asinando.

Pois ben, tanto a totalidade das Organizacións Sindicais asinantes dos acordos, como os representantes da Administración (incluídos todos os xerentes de AP) presentes na xuntanza, manifestaron claramente unha interpretación contraria á realizada por CESM, remarcando que os acordos defenden a garantía do reparto equitativo entre todos os profesionais, tanto de ordinaria como de PACs, das gardas forzosas que sexa preciso efectuar por riba da súa respectiva xornada ordinaria e, no seu caso, da voluntaria.

A vista deste pronunciamento unánime CESM decide non asinar o acordo e consultalo cos seus órganos de decisión, pois segue a manter que na Atención Primaria existen dúas clases de profesionais, os de PACs con obriga de estender a súa xornada ata 2.090 horas e o resto.

Compostela, 11 de abril de 2008



Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 14-04-2008 12:51
Queres comentar ou preguntar algo?
sinatura de acordo de UAPs
Na sede da Consellería de Sanidade, en Santiago de Compostela, o vernes 4 de abril de 2008, procedeuse a SINATURA DO ACORDO SOBRE DETERMINADAS CONDICIÓNS DE TRABALLO E RETRIBUTIVAS DO PERSOAL DAS UNIDADES E SERVIZOS DE ATENCIÓN PRIMARIA, tras o complexo proceso de negociación iniciado o 6 de novembro de 2007, con reunións celebradas os días 6 de novembro e 18 de decembro de 2007, 16 de xaneiro e 19 de febreiro de 2008, e tras a acta de fin de negociación asinada o 22 de febreiro.

A Mesa Sectorial de onte pechou o acordo para UAP, unha vez incorporadas ao texto a práctica totalidade das nosas alegacións.

Podedes ver aqui a acta da reunión de onte e aqui o acordo definitivo asinado.

Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 05-04-2008 16:21
Queres comentar ou preguntar algo?
alegacións ao texto consolidado de UAPs
CIG-SAUDE enviou as seguintes alegacións ao borrador do texto consolidado de negociación das condicións de traballo do persoal das unidades de atención primaria, do mesmo xeito que se ten feito no acordo de PACs, fixando aspectos moi importantes que esperamos sexan tidos en conta para poder asinar o acordo:

ALEGACIÓNS:

Sobre as TIS
Ante todo debemos insistir de que sen contrastar os valores e os efectos da aplicación das TIS ás diferentes categorias afectadas (Médicos de Familia, Pediatras, Odontólogos, ATS/DUE e Fisioterapeutas) non podemos dar por definitivamente pechado o acordo.
A concrección da afectación da aplicación das TIS aos colectivos de enfermería, fisioterapia e odontoloxía (e mesmo ao de pediatría) vai na nosa opinión máis alá dos meros axustes técnicos porque os cambios que se producen no propio sistema retributivo deses colectivos terá efectos dificiles de valorar sen coñecer máis datos sobre a sua cuantificación; nuns casos (enfermeria) para garantir que non hai perdas retributivas, e noutros (odontoloxía e fisioterapia) para coñecer a dimensión da brecha retributiva para acadar o obxectivo comprometido da equiparación entre grupos profesionais e os concretos mecanismos para a sua homologación.

Rango normativo
A segunda cuestión xenérica sobre a que incidimos é sobre a sistemática do documento. Sorprende a técnica de que o acordo se quede reducido a unha serie de principios xerais, mentras os contidos concretos comprometidos pasan a formar parte dunha acta. En todo caso, damos por suposto que a proposta consiste en publicar esa acta no DOG simultaneamente co Acordo.

Respecto do contido do documento, indicamos a continuación os cambios que son necesarios introducir.

1. Retirar do texto todas as referencias a que o exercicio da voluntariedade incentivada implica a aceptación de realizar unha parte das horas en Pac limítrofe (páxinas 2, 5 e 8).
2. Incorporar nos artigos 2.1 e 4.3 que a data de efectos das novas condicións da intersubstitución será o 1 de decembro de 2007.
3. Modificar a redacción do artigo 4.2 e das disposicións adicional e transitoria, no sentido de recoller na redacción a aplicación da forma de cálculo igual para todas as categorias e xa adaptada á nova formulación das Tis; complementariamente, o réxime transitorio debería recoller a forma de cálculo dende o 1 de decembro ata a aplicación das Tis así como a garantía de que os tramos de enfermería xa non se terán en conta nese periodo.
4. Os dous primeiros parágrafos do artigo 6 quedarian mellor encadrados no artigo 5, dado o seu carácter xenérico.
5. O apartado b) do artigo 6 debería pasar a ser o apartado a), (retirando do mesmo como se dixo as duas últimas liñas), e un novo apartado b) podería recoller o seguinte:
“b) situacións particulares:
- só excepcionalmente, e debido á falta contrastada de persoal disponible para o mantemento da asistencia sanitaria debida, a dirección do centro poderá adoitar medidas extraordinarias que obriguen á superación dos límites de xornada establecidos; tales medidas só poderán manterse polo tempo imprescindible e por resolución motivada adoptada previa consulta cos representantes do persoal, e estarán condicionadas á adopción simultanea de medidas de captación que permitan restituir a normalidade; a comisión de seguimento establecerá criterios que garantan o principio de equidade na asignación de cargas obrigatorias en caso de que estas chegaran a producirse
- cando por causa da realización de xornada complementaria algún profesional deba realizar unha xornada superior a 2090 horas anuais recibirá unha compensación específica consistente, según a sua propia elección, ben nun descanso equivalente ao doble do valor das horas traballadas ou ben unha retribución igual ao 175% do valor da hora complementaria
- as variacións que se produzan no réxime de voluntariedade como consecuencia de procesos de provisión de prazas serán tratadas mediante os mecanismos que acorde a Comisión de Seguimento deste Acordo”.
6. O primeiro parágrafo do artigo 6(bis), referido á voluntariedade de enfermería, debe modificarse según o seguinte tenor:
“Daráse prioridade á dotación de novas prazas de enfermería nun determinado PAC cando a suma das horas que resulten do cómputo das non cubertas nos actuais plans funcionais e das resultantes da redución de xornada prevista neste Acordo para o persoal de PACs permitan completar a xornada anual equivalente a un novo vínculo estable. Nese caso, mentras non se proceda á autorización da praza orzamentaria cubriráse ese posto mediante un nomeamento de servizo determinado.”
7. Entrando nos contidos do que se propón incluir nun Acta (xa indicamos antes a valoración xeral que eso nos merece), dentro do apartado 1, sobre os incentivos á voluntariedade, debe correxirse un erro no terceiro parágrafo da páxina 7 no sentido de recoller o tramo incentivado de 600 horas (en lugar das 660 indicadas). Asimesmo, xa quedou indicada a necesidade de suprimir o penúltimo parágrafo deste apartado (segundo da páxina 8).
8. No apartado 2, sobre os sábados, cremos que debe recollerse mellor o sentido destas medidas. Con ese fin, parece oportuno recuperar parte do texto do 16 de xaneiro e redactar de novo os parágrafos primeiro e segundo con esta redacción como exemplo:
“En desenvolvemento da medida contemplada nas conclusións da Mesa de Recursos Humanos do Plan Mellora de Atención Primaria, no senso de que “a atención dos sábados pola mañá non debería ser considerada xornada ordinaria, senón complementaria, polo cal se trasladará á Mesa Sectorial a sua negociación nese sentido”, a Administración comprometeuse a avanzar, no periodo de execución do indicado Plan, en medidas organizativas tendentes á reducción efectiva do número de sábados de prestación dos/as profesionais, así como a analizar anualmente o impacto asistencial desa reducción.
Para elo, comprometese a avanzar no proceso, xa iniciado nalgúns ámbitos territoriais, de concentrar en determinados centros a atención dos sábados pola mañá, reducindo así as presenzas necesarias nos sábados. Tal medida, que será previamente tratada pola Xerencia coa correspondente Comisión de Centro, incluirá a posta a disposición de medios de transporte adecuados.”
9. No apartado 3, sobre as TIS, debe suprimirse o punto 7 (primeiro da páxina 10) pois reitera e deixa sen executar idéntico compromiso recollido no texto do preacordo do 22 de febreiro. Xa dixemos que para nós o coñecemento da cuantificación e dos efectos de aplicación das Tis, para todas as categorías comprometidas, forma parte inseparable do acordo, de maneira que ou ben coñecemos esa concrección antes de pechar o texto, ou ben sustituimos este apartado por unha redacción de garanta os obxectivos preacordados.
10. No apartado 4, sobre outras materias, hai varias cousas que comentar. En primeiro lugar, debe eliminarse o punto 4, que entendimos decaido despóis dos documentos do 19 e o 22 de febreiro.
11. O punto 5, sobre o Acordo Marco, non ten sitio nin encaixe aquí. Hai referencias expresas no preacordo do 22 de febreiro a materias que deben ser abordadas nese contexto, e propoñemos que se reproduzan aquí nos seus termos, pero a definición xenérica sobre o concepto de Acordo Marco, o seu calendario, o seu índice de materias, o seu obxecto, e o seu proceso preliminar, deben ser obxecto dun tratamento e, no seu caso, dun pacto específico. Por tanto, propoñemos suprimir todo o texto deste punto 5 e incorporar textualmente todos os compromisos recollidos no preacordo do 22 de febreiro baixo este mesmo epígrafe.
12. Por último, propoñemos incorporar neste mesmo apartado, e co fin de dotalo da oportuna publicación, un novo punto que recolla o dereito recollido na acta do 21/06/07 relativo á manutención, que decia: “Todo o persoal das distintas categorías, tanto de Unidades e Servizos como de Pac, fixo ou temporal, que estea autorizado para estender a xornada e o horario na quenda inmediatamente seguinte, terá dereito á manutención correspondente”.

Agardamos que estas propostas podan servir para pechar o texto definitivamente.



Para consultar o texto consolidado ao que se fan estas alegacións, mirade aqui.
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 03-04-2008 10:05
Queres comentar ou preguntar algo?
texto consolidado do acordo de UAPs
Podedes ver o texto consolidado do acordo de UAPs (que tén que ser ainda revisado e enmendado antes da súa sinatura) nesta ligazón.
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 26-03-2008 11:46
Queres comentar ou preguntar algo?
asinado acordo definitivo PACs
Despois dalgunhas correccións ao borrador, prantexadas por CIG-saúde, o venres asinouse o acordo definitivo de PACs.

Aqui podedes ver a acta de asinatura e aqui o texto final do acordo.
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 17-03-2008 09:06
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2] [3] [4]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis