CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

retraso no envio de prazas a traslado
O SERGAS comunicounos no seu dia que cara mediados de abril nos remitiría a relación de prazas a sacar a traslados; pois ben parece que imos ter que agardar por elas duas semanas mais, posto que na reunión de mesa sectorial do pasado mércores dixeron que están a rematar as reunións cos centros para pechar o nº de prazas a convocar en cada un deles.
Nun prazo de maís menos 15 días enviarannos as prazas que se convocaran, nese momento iniciaremos a negociación.



Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 16-04-2010 12:16
Queres comentar ou preguntar algo?
borrador traslados
O SERGAS, envíanos o primeiro borrador da convocatoria de traslados, podedes velo premendo aquí.
O SERGAs conta ter pechado este tema coas praza a mediados de abril.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 22-03-2010 13:30
Queres comentar ou preguntar algo?
convocatoria traslados facultativos
Publicouse onte a convocatoria para traslados de persoal facultativo. Podedes consultala aqui.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 11-02-2010 12:45
Queres comentar ou preguntar algo?
traslados facultativos
O SERGAS informa que probablemente o dia 10 de febreiro sexa publicado o concurso de traslados de facultativos.

esta de abaixo é a resolución que será publicada:

Resolución do 21 de xaneiro de 2010 da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de prazas de licenciados sanitarios deste organismo.

Coa finalidade de garantir o dereito á mobilidade voluntaria do persoal estatutario recoñecido no Estatuto Marco, o artigo 27 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, prevé a convocatoria periódica, preferentemente cada dous anos, dun concurso de traslados.
Convocados, mediante as Resolucións da Secretaria Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008, os procesos selectivos de diversas categorías de licenciados sanitarios do organismo correspondentes á Oferta de Emprego Público do ano 2008, procede convocar o correspondente concurso de traslados que posibilite ao persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde así como ao doutros servizos de saúde, o exercicio do dereito á mobilidade, e permita unha resolución simultánea, en canto aos prazos de toma de posesión, dos dous procedementos de provisión de prazas.
Polo tanto, este Centro Directivo, despois da negociación coa representación sindical no seo da Mesa Sectorial de Negociación en uso das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde,
RESOLVE:
Articulo 1º. - Publicar a convocatoria do concurso de traslados para a provisión das prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde das categorías/especialidades relacionadas no anexo III da presente resolución, así como aprobar as bases e baremo de méritos que rexerán a convocatoria, contidos respectivamente nos anexos I e II desta.
Articulo 2º. -
1. Esta convocatoria e as súas bases vinculan a administración e os que participen nela.
2. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Potestativamente, no prazo dun mes poderase interpoñer recurso de reposición ante este centro directivo.
3. Así mesmo, cantos actos administrativos sexan producidos pola Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderán ser impugnados polos interesados de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
4. Os recursos contencioso-administrativos que se interpoñan contra esta convocatoria ou calquera acto integrante do concurso de traslados serán anunciados no Diario Oficial de Galicia para os efectos de localización aos posibles interesados.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2010
Directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 03-02-2010 13:48
Queres comentar ou preguntar algo?
Traslados facultativos de hospitais
Esta é a relación de prazas definitivas que serán convocadas no vindeiro concurso de traslados de persoal licenciado sanitario do Sergas, que serán enviadas ao DOG a vindeira semán.
En vermello aparecen todas as modificacións que foron introducidas desde a primeira relación de prazas que foi facilitada.
Por outra banda decirvos que as plazas de radiofísica hospitalaria de Galaria, finalmente se decidiu que foran ofertadas na localidade de LUGO.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 30-01-2010 16:56
Queres comentar ou preguntar algo?
concurso de traslados
Deixámosvos aqui o borrador da resolución de convocatoria de traslados para facultativos. Tamén podedes descargar o cadro de prazas que saen a concurso.

En canto aos traslados do resto de persoal, dicirvos que o SERGAS indica que o mes que ven haberá unha reunión para tratalo e, supoñemos, que para publicar despois a convocatoria.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 22-01-2010 10:42
Queres comentar ou preguntar algo?
Concurso traslados facultativos
O mércores 23 de decembro celebrarase Mesa Sectorial do Servizo Galego de Saúde para negociar o concurso de traslados do persoal facultativo.

O Servizo Galego de Saúde facilitounos un borrador coas prazas que en principio van saír a concurso co que CIG-SAUDE esta en desacordo por consideralas claramente insuficientes e mantendo unha situación de interinidade moi grande.

prazas ofertadas
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 22-12-2009 16:04
Queres comentar ou preguntar algo?
previsión de prazas para traslados Atención Primaria Ourense
Os nosos compañeiros de Ourense teñen colgado un documento no que figura unha relación de prazas para traslados previos á OPE 2009. Trátase dun documento que facilitou a anterior xerencia, podedes consultalo aqui.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 30-07-2009 09:49
Queres comentar ou preguntar algo?
resolución traslados funcionarios lei 17
Publícase hoxe no DOG a resolución de traslados dos funcionarios da lei 17. Ábrese un prazo de dez días a partir de mañá para presentar reclamacións.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 18-11-2008 09:28
Queres comentar ou preguntar algo?
toma de posesión de traslados
Publicada resolución de prazos de toma de posesión para adxudicatarias/os de traslados das categorías de cociñeiro, grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais e celador. Podedes vela aqui.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 14-10-2008 09:33
Queres comentar ou preguntar algo?
traslados pediatras A.P.
O xoves 15 de maio publicouse no DOG a RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO CONCURSO DE TRASLADOS de Pediatras de Atención Primaria .
para velo preme aquí
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 16-05-2008 14:58
Queres comentar ou preguntar algo?
resolución definitiva traslados varias categorías
Publícase hoxe no DOG por fin a resolución definitiva de traslados das categorías de:

ATS/DUE
auxiliar de enfermaría
celador
grupo auxiliar da función administrativa
persoal de servizos xerais
pediatras de atención primaria

Podedes consultar a resolución aqui.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 15-05-2008 09:35
Queres comentar ou preguntar algo?
resolución definitiva traslados
Publícase hoxe a resolución que fai definitivos os destinos do concurso de traslados das categorías de:

fisioterapeuta
enfermeira/o especialista en obstetricia e xinecoloxía
técnico/a especialista en anatomía patolóxica
técnico/a especialista hixienista dental
técnico/a especialista de laboratorio
técnico/a especialista en radiodiagnóstico
técnico/a especialista en radioterapia
terapeuta ocupacional
calefactor/a
cociñeiro/a
condutor/a
grupo técnico da función administrativa
grupo de xestión da función administrativa
grupo administrativo
lavandeira/o
pasador/a de ferro
pinche
técnico/ a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información
técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información
telefonista


Podedes vela aqui.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 06-05-2008 10:29
Queres comentar ou preguntar algo?
traslados medicos
como xa anunciamos onte, hoxe sale no DOG a resolución de traslados definitivos para persoal licenciado sanitario.
para vela, preme aquí
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 29-04-2008 09:51
Queres comentar ou preguntar algo?
publicados destinos provisionais
Saen hoxe publicados no DOG os listados de destinos provisionais das categorías de:

ATS/DUE

Auxiliar de Enfermaría

Celador

Auxiliar Administrativo

PSX

Pediatras AP

Para consultar a resolución de publicación podedes premer aqui. Se pinchades en cada categoría veredes o listado provisional publicado desa categoría.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 28-03-2008 09:00
Queres comentar ou preguntar algo?
novas traslados SERGAS
Velaqui a nota que envía o SERGAS:

Está previsto que o vindeiro venres, día 28 de marzo, sexan publicadas no D.O.G. as resolucións provisionais e destinos provisionais adxudicados do concurso de traslados das seguintes categorías:

- PEDIATRAS DE ATENCIÓN PRIMARIA.
- ATS/DUE.
- AUXILIAR DE ENFERMARIA.
- GRUPO AUXILIAR DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA.
- PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS.
- CELADOR.


RECURSOS HUMANOS
SERGAS
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 25-03-2008 09:09
Queres comentar ou preguntar algo?
listas provisorias destinos varias categorias
como xa anunciamos, hoxe sale a resolución de adxudicación provisoria de destinos de:

fisiterapeutas
matronas
hixienista dental
TEL
TER
TAP
ADMINISTRATIVO
GRUPO TECNICO DA F.A.
GRUPO DE XESTIÓN
PASADORA DE FERRO

PINCHE
TELEFONISTA
CALEFACTOR
COCIÑEIRO
CONDUCTOR
LAVANDEIRA
TÉCNICO DE XESTIÓN DE SISTEMAS E TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN
Técnico Especialista de Sistemas e Tecnoloxías da Información
TERAPEUTA OCUPACIONAL

lembrade que tedes 15 dias hábiles para reclamar, aconsellamos que miredes ben os puntos que se vos adxudican aínda que acadárades o traslado, posto que de non facer reclamación agora e outra persoa facendoa desprázavos, non teríades opción a meter reclamación fora de prazo
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 12-03-2008 12:10
Queres comentar ou preguntar algo?
traslados: listado de admitidos e non admitidos varias categorias
listas de admitidos e excluidos no concurso de traslados do SERGAS de:

ATS/DUE

auxiliar de enfermaria

celador

auxiliar administrativo

PSX
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 29-02-2008 09:51
Queres comentar ou preguntar algo?
erros nos traslados de facultativos
O SERGAS vén de avisarnos de que nas listas provisionais de traslados de persoal facultativo hai algúns erros en canto ás prazas adxudicadas.

Tamén nos indican que as listas correctas serán colgadas na páxina web do SERGAS ao longo desta mañá.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 22-02-2008 09:49
Queres comentar ou preguntar algo?
última hora traslados!
Tal e como publicamos esta mañá, recibimos unha mensaxe do SERGAS anunciándonos a publicación no DOG da resolución que anunciaba os listados provisionais de destinos dos traslados de persoal facultativo este venres día 22.

A nosa sorpresa foi polo tanto maiúscula cando comprobamos no DOG e na páxina web do SERGAS que xa están HOXE publicados. Este é o xeito de informar do SERGAS.

Este é o enlace á resolución publicada hoxe. Tédeo en conta para os prazos de reclamacións ("os interesados disporán dun prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución provisional").

Deixámosvos tamén un enlace aos listados provisionais aqui.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 20-02-2008 11:49
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis