CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

A política e a fe segundo Pilar Farjas
fonte: vieiros

Este venres a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, explicará aos asistentes á Semana de Teoloxía e Pastoral da Coruña como se vive o compromiso político desde a fe. A súa comunicación forma parte do programa da semana que organiza a Fundación Hogar de Santa Margarita, desde o xoves 27 ao domingo 30 de agosto.

O tema central das xornadas é o do profetismo. Ademais da intervención da conselleira, no programa figuran conferencias como ?A profecía na Igrexa ao longo do tempo?, ?Dimensión profética da Igrexa? ou ?Militancia cristiá e compromiso sociopolítico?.

Pilar Farjas está a dar mostras nos seus primeiros meses como conselleira dunha gran afinidade cos postulados da xerarquía eclesiástica en relación a temas vinculados á súa área, como o aborto e os métodos anticonceptivos. En maio o secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez criticouna por participar nun acto de homenaxe en Madrid ao Arcebispo Antonio María Rouco Varela.

Medidas regresivas

A titular de Sanidade manifestou nos seus primeiros meses á fronte da Consellaría a súa oposición ao anteproxecto de Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e Interrupción Voluntaria do Embarazo que promove o goberno español, sinalando que "adoece de transparencia ou calidade democrática" e de "criterio xurídico o médico". Tamén declarou que "onde debe radicar a verdadeira liberdade da muller é en poder sacar adiante un embarazo". Farjas asinou o primeiro convenio da Xunta coa Universidade Pontificia de Salamanca e avogou por subir ata os 18 anos a idade mínima para consumir alcol.

O Sergas deixou de promover o parto natural alegando que a alta demanda dispararía o prezo do servizo, e anunciou a necesidade da receita médica para conseguir a pílula poscoital, a chamada ?do día despois?. Ao mesmo tempo, o PPdeG impulsa no Parlamento unha Iniciativa Lexislativa Popular promovida polo grupo antiabortista ?Red Madre? que propón dotar con cargos públicos a unha rede asistencial para mulleres embarazadas xestionada por ese grupo.
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 25-08-2009 15:00
Queres comentar ou preguntar algo?
incompatibilidades SERGAS
Desde CIG-Saúde vimos de enviar á nova Conselleira de Sanidade esta solicitude con respecto á lei de incompatibilidades:

Pilar Farja Abadía.
Conselleira de Sanidade.
Sán Lázaro s/n. Santiago de Compostela.


M.ª Xosé ABUÍN ÁLVAREZ, con D.I 31.836.309 na súa condición de secretaria nacional do sindicato CIG-SAÚDE, con domicilio para notificacións na rúa Miguel Ferro Caaveiro, 10 ? 15703 Santiago de Compostela, EXPÓN:

Que, en exercicio do dereito fundamental previsto no artigo 29 da Constitución e regulado mediante Lei Orgánica 4/2001, do 12 de novembro, formula a presente PETICIÓN, que fundamenta nos seguintes

MOTIVOS


PRIMEIRO. Os requisitos e procedemento administrativo para autorizar a compatibilización de actividades públicas e privadas ao persoal facultativo do Servizo Galego de Saúde non presentan diferenzas substanciais cos que se estabelecen para o común dos empregados públicos, recollidos con carácter xenérico na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións, e o seu regulamento executivo, aprobado por Real Decreto 598/1985, do 30 de abril.

Neste sentido, o recoñecemento da compatibilidade para o exercicio da actividade privada, por conta propia ou allea, configúrase como un requisito previo imprescindíbel para o seu exercicio, após solicitude do interesado. Así, o incumprimento das obrigas legais en materia de incompatibilidades leva aparelladas responsabilidades disciplinarias que, nos casos máis graves, poderían implicar a separación do servizo do infractor.

Achégase con este escrito a copia dun informe solicitado por CIG-Saúde á Dirección Xeral da Función Pública da Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que dá conta do rexime legal aplicábel.

SEGUNDO. Malia a clareza das normas reseñadas, a actitude tradicional das Administracións sanitarias en relación coa compatibilización de actividades públicas e privadas por parte do seu persoal facultativo foi de extrema tolerancia, cando non de aberta inhibición. Así, o que debería ter un carácter excepcional, taxado e controlado (a compatibilización de actividades) converteuse na regra xeral no campo sanitario, onde son frecuentes as compatibilizacións de facto, sen previa solicitude á Administración nin comprobación por parte desta da concorrencia dos requisitos legais para a súa autorización.

Boa mostra desta patolóxica situación é que o persoal facultativo que pretenda percibir o Complemento Específico nos termos previstos no Real Decreto-Lei 3/1987, do 11 de setembro, sobre retribucións do persoal estatutario do INSALUD, ha de facer unha manifestación expresa de que desexa prestar os seus servizos en rexime de dedicación exclusiva ao sistema sanitario público. Tal manifestación sería ociosa en caso de que a Administración sanitaria levase un control exhaustivo sobre as situacións de compatibilidade, como é vontade do lexislador.

TERCEIRO. A situación descrita, de patente ilegalidade, aconsella a abertura dun período extraordinario para a regularización das situacións de compatibilización de actividades públicas e privadas, que permita a aqueles facultativos que simultanean actividades públicas e privadas, sen contaren coa preceptiva autorización, poderen optar a ela nos termos legais.

Este procedemento de regularización, que podería acometerse nun prazo non superior a un ano, permitiría a presentación por parte dos facultativos das solicitudes de compatibilidade e a conseguinte autorización ou denegación por parte da Administración, após comprobar a concorrencia dos requisitos legais, nomeadamente en materia de colisión de horarios e intereses públicos e privados. Unha vez finalizado este período excepcional e inscritas as compatibilidades concedidas no Rexistro Central de Persoal, sería factíbel un control estrito do cumprimento da legalidade nesta materia, se for necesario mediante o exercicio da potestade disciplinaria.

Polo exposto,

SOLICITA: Que teña por formulada a presente petición e, na súa virtude, proceda a articular un sistema extraordinario de regularización das situacións de compatibilidade de actividades públicas e privadas do persoal facultativo do Servizo Galego de Saúde, nos termos propostos no motivo terceiro deste escrito.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2009

M.ª Xosé Abuín Álvarez
Secretaria Nacional de CIG-Saúde
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 24-04-2009 10:21
Queres comentar ou preguntar algo?
convocatoria listas de contratación
Pegámosvos aqui o correo do SERGAS que confirma a data do 17 de abril como data de publicación en DOG da convocatoria das listas de contratación que estaban pendentes:

Por medio do presente correo, poñemos no voso coñecemento que o vindeiro venres, 17 de abril, terá lugar a publicación no Diario Oficial de Galicia e nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais e centros asistenciais dependentes delas, así como páxina web do Servizo Galego de Saúde, a resolución do 1 de abril de 2009, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se formaliza a incorporación de novos méritos polas persoas aspirantes xa inscritas e a selección de novas persoas aspirantes para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en diversas categorías de selección temporal.

O prazo de presentación de solicitudes (tal e como se indica no articulado da propia resolución) será o comprendido entre as datas do 20 de abril e o 9 de maio (ambos incluídos).

Lembramos a relación de categorías comprendidas na citada convocatoria:

persoal médico de familia
pediatra
persoal médico de urxencias hospitalarias
odontóloga e odontólogo
enfermeira e enfermeiro (DUE)
matrona e matrón
auxiliar de enfermería
cociñeira e cociñeiro

Un saúdo.
Subdirección Xeral de Políticas de Persoal
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 14-04-2009 09:11
Queres comentar ou preguntar algo?
destinos provisionais de acoplamentos internos de persoal en comisión e interinos
Para ver copia do listado provisorio de destinos dos acoplamentos de persoal en conisión de servizo e interinos, preme aquí

Dádelle a Click here to start download para descargar

lembrade que tedes 5 dias para reclamar
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 30-01-2009 14:43
Queres comentar ou preguntar algo?
convocatoria de acoplamentos interinos
Hoxe publícase na intranet e os taboleiros de anuncios do HCV a convocatoria dos acoplamentos de interinos e comisiois de servizo e as prazas con reserva para persoal fixo, é a que segue:

RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERENCIA DO HOSPITAL COMARCAL DE VALDEORRAS DE 26 DE DECEMBRO DE 2008 POLA QUE SE CONVOCA QUENDA INTERNA DE ACOPLAMENTO DE PERSOAL EN COMISIÓN DE SERVIZO OU CON VÍNCULO DE LONGA DURACIÓN QUE NON SEXA PROPIETARIO DE PRAZA NESTE HOSPITAL E SE FAI PÚBLICA A RELACIÓN DE VACANTES.

Por medio da presente resolución, e logo de acadado consenso coa Comisión de Centro, convócase o proceso de provisión de vacantes internas recollidas no anexo I para persoal:

- Con praza en propiedade noutro centro que preste servizos no HCV en Comisión de Servizos

- Contratado con vínculo de longa duración calquera que sexa o motivo.

O modelo de solicitude recóllese no anexo II.
Este proceso réxese polo Acordo entre a Dirección do H.C.V, a Comisión de Centro e as Centrais sindicais de 30 de novembro de 2006, que se atopa publicado na páxina web do HCV dende o 13 de decembro de 2006, e as seguintes claúsulas:

Primeiro: Categorías ofertadas

- Auxiliares administrativos
- Auxiliares de enfermería
- Celadores
- ATS/DUE
- Fisioterapeutas
- T.E.L
- T.E.R

-Segundo: Solicitudes

Solicitaranse tódalas prazas ofertadas por orde de prioridade.
A solicitude farase no modelo que se xunta como Anexo II á presente convocatoria, podéndose recoller no Rexistro Xeral e na intranet do Hospital Comarcal Valdeorras, e será presentada no dito Rexistro Xeral.

Terceiro: Prazos

- Solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, en horario de 9:00h a 15:00h comenzando ó día seguinte da publicación da presente convocatoria no taboleiro de anuncios do hospital e rematará o día 15 de xaneiro de 2009.

- Resolución provisional: Unha vez publicada a relación provisional dos destinos
obtidos, os interesados disporán de un prazo de 5 días hábiles seguintes á publicación da correspondente resolución para a presentación de reclamacións.

Cuarto: Orde de prelación.
Os postos de traballo serán dados do seguinte xeito:
1. Persoal en comisión de servizos. En caso de empate ten preferencia o que teña máis antigüidade no Servizo Galego de Saúde.

2. Puntos nas listas de contratación do Servizo Galego de Saúde.

Quinto: Resolución definitiva e incorporación.

Co fin de evitar posibles trastornos nos distintos Servizos do Hospital, a incorporación dos adxudicatarios aos seus destinos será realizada pola Dirección correspondente de xeito progresivo en tempo e prazo non superior aos 3 meses dende a data de publicación da resolución definitiva. Non obstante, a este persoal computaráselle, para os efectos de antiguidade, como traballado na Unidade de destino, dende o día seguinte ao da data de publicación da resolución definitiva.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento profesional, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O Barco de Valdeorras, a 26 de decembro de 2008

O DIRECTOR XERENTE
Roberto Rodríguez Alonso
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 26-12-2008 11:29
Queres comentar ou preguntar algo?
publicada relación provisional de destinos de traslados internos persoal fixo
Acaba de publicarse na Intranet e nos taboleiros de anuncios do HCV a resolución que publica os destinos provisorios acadados polo persoal fixo que solicitou traslados internos.
Ábrese a partir de mañá un prazo de 5 días hábiles para reclamar en caso de que alguén o crea necesario.
Para consultar os destinos podedes velos na Intranet do HCV, nos taboleiros de anuncios ou dirixíndovos a nós no local da CIG.
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 17-12-2008 14:45
Queres comentar ou preguntar algo?
acoplamentos por motivos de saúde
Para o persoal que queira particpar nos acoplamentos internos por motivos de saúde dentro do proceso xeral de mobilidade que se publicou o martes terá que facelo de acordo o seguinte anexo que xa está colgado na intranet do HCV.

ANEXO III: MOVILIDADE POR RAZÓNS DE SAÚDE

O Decreto 206/2005, de 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, establece no artigo 33.5 que os destinos obtidos por este motivo ?terán carácter provisional e perdurarán mentras subsista a causa ou a praza permaneza vacante. Asimesmo serán revisables, ó menos anualmente ou coa periodicidade que determine o Servizo de Prevención de Riscos Laborais. O adxudicatario estará obrigado a participar no seguinte concurso de traslados ou de acoplamento interno, según o caso, solicitando a correspondente praza ou posto de traballo?.
Ademais, a Orde de 16 de setembro de 2008 pola que se establece o procedimento para a adaptación de postos e condicións de traballo por razóns de protección da saúde e da maternidade nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, establece no artigo 2.2 que ?a protección da saúde e a maternidade, e as medidas que resulten técnicamente apropiadas para acadar en cada caso dita protección, teñen prevalencia sobre os criterios obxetivos de ubicación do persoal e determinación de condicións de traballo que veñan sendo aplicados, no seu caso, nas institucións sanitarias (concurso ou procedimento de traslados internos)? e o artigo 8.2 que ?excepto nos supostos de protección á maternidade, o persoal protexido mediante cambio de destino estará obrigado a participar na seguinte oferta de concurso xeral de traslados ou procedimento de traslados internos, solicitando dito destino no suposto de que este sexa ofertado. O incumprimiento desta obriga suporá a revogación automática do destino provisional?.
Por todo isto, recórdase ó personal en dicha situación que debe participar neste procedimento de traslados internos. Ademais, todo o persoal que, inda que non teña destino provisional por motivos de saúde, teña resolución da UPRL (unidade de prevención de riscos laborais) antes da data de finalización de presentación de solicitudes (05/12/2008), poderá incluilo para su valoración.

Documentación a presentar:.

-Solicitude de adaptación de posto e movilidade por razóns da saúde ou de protección á maternidade
-Resolución da UPRL.

Só neste proceso de acoplamentos internos admitirase o formato recollido na Orde de 16 de setembro de 2008 e o anterior a dita orde.
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 20-11-2008 14:43
Queres comentar ou preguntar algo?
publicada resolución de acoplamentos internos para fixos HCV
RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERENCIA DO HOSPITAL COMARCAL DE VALDEORRAS DE 18 DE NOVEMBRO DE 2008 POLA QUE SE CONVOCA QUENDA INTERNA DE ACOPLAMENTO DE PERSOAL FIXO DESTE HOSPITAL E SE FAI PÚBLICA A RELACIÓN DE VACANTES.

Por medio da presente resolución, e logo de acadado consenso coa Comisión de Centro, convócase o proceso de provisión de vacantes internas para persoal fixo recollidas no anexo I.
O modelo de solicitude de e autobaremación ecóllese no anexo II.

Este proceso réxese polo Acordo entre a Dirección do H.C.V, a Comisión de Centro e as Centrais sindicais de 30 de novembro de 2006, que se atopa publicado na páxina web do HCV dende o 13 de decembro de 2006, e as seguintes claúsulas:

Primeiro: Categorías ofertadas
- Auxiliares administrativos
- Auxiliares de enfermería
- Celadores
- ATS/DUE
- Fisioterapeutas
- T.E.L
- T.E.R

-Segundo: Solicitudes

A solicitude farase no modelo que se xunta como Anexo II á presente convocatoria,
podéndose recoller no Rexistro Xeral e na intranet do Hospital Comarcal Valdeorras,
e será presentada no dito Rexistro Xeral.

Terceiro: Prazos

- Solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, en
horario de 9:00h a 15:00h comenzando ó día seguinte da publicación da presente
convocatoria no taboleiro de anuncios do hospital e rematará o día 5 de decembro
de 2008
.

- Resolución provisional: Unha vez publicada a relación provisional dos destinos obtidos, os interesados disporán de un prazo de 5 días hábiles seguintes á publicación da correspondente resolución para a presentación de reclamacións.

Cuarto: Resolución definitiva e incorporación.
Co fin de evitar posibles trastornos nos distintos Servizos do Hospital, a incorporación dos adxudicatarios aos seus destinos será realizada pola Dirección correspondente de xeito progresivo en tempo e prazo non superior aos 3 meses dende a data de publicación da resolución definitiva. Non obstante, a este persoal computaráselle, para os efectos de antiguidade, como traballado na Unidade de destino, dende o día seguinte ao da data de publicación da resolución definitiva.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento profesional, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O Barco de Valdeorras, a 18 de novembro de 2008
O DIRECTOR XERENTE
Roberto Rodríguez Alonso

podedes ver a convocatoria e a solicitude nos enlaces de abaixo, logo premede Click here to start download para descargar:

resolución acoplamentos internos

solicitude acoplamentos internos
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 18-11-2008 14:49
Queres comentar ou preguntar algo?
quedan sen efecto os acoplamentos de interinos pendentes
Velaqui tedes a acta da reunión de hoxe, na que se decidiu deixar sen efecto os acoplamentos internos de interinos. Mañá será colgada na intranet do HCV:

ACTA COMISIÓN ACOPLAMENTOS INTERNOS E INCORPORACIÓN OPE-TRASLADOS.

7 DE OUTUBRO DE 2008


Reunidos na data sinalada os sindicatos CCOO, UGT, SAE, SATSE, CSI-CSIF, CIG con representación no HCV e a Dirección do Centro deciden:

PRIMEIRO ACORDO:

- En vista dos problemas xurdidos a raiz da coincidencia da incorporación de acoplamentos internos de persoal interino e da incorporación de persoal adxudicatario de OPE e Traslados 2006,
- En vista dos sucesivos movementos de persoal que terían lugar no Hospital se se levaran a cabo as incorporacións de acoplamentos internos de persoal interino,
- En vista de que no mes de Novembro está regulado que debe convocarse ordinariamente un novo proceso de solicitude de traslados internos para persoal fixo e seguidamente para persoal interino, o que levaría aparellado que o persoal interino que estivera nese momento acoplado podería ser cambiado de servizo pouco tempo despois dese acoplamento, sendo ademáis prexudicado para unha nova elección,
- Decídese deixar sen efecto a resolución da Dirección do HCV de data 8 de xullo de 2008, referente a acoplamentos internos de persoal interino, comprometéndose as partes a:
- Cumprir o seguinte calendario de datas para un novo proceso de acoplamentos internos:
* 28 de outubro: oferta de prazas vacantes.
* 3ª semana de novembro: convocatoria de acoplamentos de persoal fixo.
* 1ª semana de decembro: publicación de listas provisorias de acoplamentos de persoal fixo.
* 2ª semana de decembro: publicación de listas definitivas de acoplamentos de persoal fixo e convocatoria de acoplamentos de persoal interino.
* 28 de febreiro: data límite para incorporación de todo o persoal ás prazas adxudicadas.

- A Dirección dará publicidade tanto a este acordo como ás sucesivas convocatorias aquí reseñadas, publicándoos tanto na intranet do HCV como nos diferentes tablóns de anuncios de todos os servizos do centro.

- Este acordo tómase cos votos a favor de CIG, SAE, SATSE, UGT, CSI-CSIF e a Dirección do Centro, e coa abstención de CCOO.


SEGUNDO ACORDO:

En cumprimento das instruccións recibidas de RR.HH do SERGAS sobre incorporacións e ceses de persoal adxudicatario de OPE-traslados 2006:

1º O persoal que xa viña prestando servizos no HCV permanecerá provisionalmente no mesmo posto que viña desempeñando.
2º A Dirección organizará dous actos para a adxudicación de postos de traballo, o día da toma de posesión (21 de outubro): persoal auxiliar de enfermaría: 11 hs; e persoal DUE: 12 hs.; de xeito que se poidan escoller as prazas vacantes existentes (incluindo as do persoal a quen lle corresponda cesar ese día) ofertadas por orde de puntuación de OPE ou traslados.
3º Aquela persoa adxudicataria que se incorpore despois desa data farao no posto que deixe a persoa a quen lle corresponda cesar.

Este acordo é ratificado por unanimidade dos/das presentes.


O Barco, 7 de outubro de 2008.
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 07-10-2008 14:08
Queres comentar ou preguntar algo?
Publicada lista provisional de acoplamentos interinos
Publicouse xa a lista provisional de acoplamentos internos para persoal interino, en comisión de servizos, reingresos provisorios e persoal fixo para prazas con reserva.

O prazo para presentar reclamacións rematará o 30 de setembro.

O persoal incorporarase, segundo disponibilidade, ao destino adxudicado (se está vacante) unha vez pase o prazo de incorporación da ope 2006, previsto para outubro.

Podedes ver os listados na intranet do HCV.
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 10-07-2008 12:46
Queres comentar ou preguntar algo?
acoplamentos interinos e permisos
permisos


Onte como xa publicamos no blog, mativemos unha reunión Dirección Comisión de Centro para tratar sobre a actualización de permisos. esta é a segunda reunión que mantemos sobre o tema e quedamos emprazados para seguir a semana que ven, o único que quedou claro nesta reunión sobre este tema aparte de revisar os distintos permisos foi que a xente que presentara certificación médica de que o familiar necesitaba dun acompañante daríaselle o dia, para conseguir algo tan obvio como isto tivemos que bregar ca Dirección de enfermaría que hai poucas datas denegou un permiso con esta certificación e amenazar con erguernos da mesa e non seguir negociando, menos mal que o Director de Xestión mostrou un pouco de sentido e pareceulle normal a petición da Comisión de Centro; veremos que mais dan de sí as seguintes reuniois.

acoplamentos internos interinos


aproveitamos a reunión para pedirlle a Dirección que nos clarificara a sua postura no tema dos acoplamentos internos, non é intención da Dirección suspendelos senon en todo caso escalonar a incorporación do persoal, quedouse en convocar a mesa de seguimento do acordo de acoplamentos e tomar as decisiois que procedan nela en base ó dereito do persoal e a manter unha boa calidade asistencial.
dende a Comisión de Centro e ante a "espantada" que se produxo na planta laranxa, incidimos ante a Dirección de enfermaria que este servizo tiña un problema moi grave e que hai moito tempo que vimos denunciando, a directora alegou que xa estaba en vias de solución pero que era un tema complicado.

Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 29-05-2008 13:46
Queres comentar ou preguntar algo?
acoplamentos interinos HCV
Parece que anda circulando o rumor que os acoplamentos internos para persoal interino no HCV non se van a levar a cabo.
Queremos desmentir esta posibilidade posto que de ser esa a intención da Xerencia do HCV levaríamos ó xuzgado o tema.

O mércores da semana que ven temos unha reunión ca Dirección onde trataremos este tema, pero nunha primeira toma de contacto Director de Xestión deixanos claro que non é a sua intención suspender estes acoplamentos.

Seguiremos informando
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 23-05-2008 15:41
Queres comentar ou preguntar algo?
baremacion acoplamentos internos HCV
esta mañá acabamos de baremar ó persoal interino e en comisión de servizos para os acoplamentos internos do HCV, deixamovos un enlace onde podedes descargalos e velos, se vedes algún erro notificainolo que o martes revisaremolos e darase paso a sua publicación en intranet.
este de abaixo é o enlace.

http://www.mediafire.com/?yoy09ymhn3i


unha vez na paxina, premede: Click here to start download.. para baixar o arquivo.

lembrade que estes acoplamentos levaranse a efecto en outubro cando se incorpore o persoal con praza.

xa están correxidos os erros que detectamos a auxiliar de enfermaria quedou fora posto que a Dirección informounos que estaba nunha acumulación de tarefas, cando en realidade estaba nunha prevacante, xa está incluida e non hai modificación algua na lista.

Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 09-05-2008 23:32
Queres comentar ou preguntar algo?
resolución dos acoplamentos internos no HCV
RESOLUCION DA DIRECCIÓN XERENCIA DO HOSPITAL COMARCAL DE O BARCO DE VALDEORRAS DO 12 DE MARZO DE 2008 POLA QUE SE CONVOCA PROVISIÓN DE VACANTES INTERNAS DO H.C.V



Por medio da presente resolución e segundo o contido das bases de data 30/11/06 de acoplamentos internos do HCV , convócase o proceso de provisión de vacantes internas para persoal en comisión de servizo e con vínculo de longa duración que non sexa propietario de praza no hcv recollidas no anexo I.


Este proceso réxese polo Acordo entre a Dirección do H.C.V, a Comisión de Centro e as Centrais sindicais de 30 de novembro de 2006, que se atopa publicado na páxina web do HCV dende o 13 de decembro de 2006, e as seguintes claúsulas:


Primeiro: Categorías ofertadas

-Celadores
-Auxiliares administrativos
-Auxiliares de enfermería
-Enfermeros
-fisioterapeutas
-T.E.R
-TEL

-Segundo: Solicitudes


A solicitude farase no modelo que se xunta como Anexos III e IV á presente convocatoria, podendose recoller no Rexistro Xeral do Hospital Comarcal Valdeorras, e será presentada no dito Rexistro Xeral.

Terceiro: Prazos

solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, comenzando ó día seguinte da publicación da presente convocatoria no taboleiro de anuncios do hospital e rematará o día 2 de Abril de 2007.

Resolución provisional: Unha vez publicada a relación provisional dos destinos obtídos, os interesados disporán de un prazo de 5 días hábiles seguintes á publicación da correspondente resolución para a presentación de reclamacións.

Cuarto: Resolución definitiva e incorporación.

Co fin de evitar posibles trastornos nos distintos Servizos do Hospital, a incorporación dos adxudicatarios aos seus destinos será realizada pola Dirección correspondente de xeito progresivo en tempo e prazo non superior aos 3 meses dende a data de publicación da resolución definitiva. Non obstante, a este persoal computaráselle, para os efectos de antiguidade, como traballado na Unidade de destino, dende o día seguinte ao da data de publicación da resolución definitiva.


Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento profesional, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.



O Barco de Valdeorras, 12 de Marzo de 2008
O director xerente



Asdo.:Roberto Rodríguez Alonso


ACOPLAMENTOS DE PERSOAL EN COMISION DE SERVICIO E CON VÍNCULO DE LONGA DURACIÓN QUE NON SEXA PROPIETARIO DE PRAZA NO HCV
RELACIÓN DE VACANTES PARA OS TRASLADOS INTERNOS 2007


Auxiliares de enfermería.

PLANTA AZUL
ROTANDO MTN 8
PLANTA AZUL
FIJO DE MAÑANAS 1

PLANTA VERDE
ROTANDO MTN. 6

PLANTA NARANJA
ROTANDO MTN 9

REANIMACIÓNINTERMEDIOS
ROTANDO MTN 4

URGENCIAS HDD
ROTANDO MTN 4

REHABILITACIÓN
TARDES FIJAS 1

DIALISIS
ROTANDO SIMPLE 1

CONSULTA DE UROLOGÍA
MAÑANAS FIJAS Y APOYO EN SERVICIOS CENTRALES 1
FARMACIA
ROTANDO MT 2

QUIROFANO
MAÑANAS FIJAS 1

PARITORIO
MAÑANAS FIJAS 1

FARMACIA
Se rotatorio simple, con refuerzo a cons. Externas y serv. Centrales 1


TEL LABORATORIO

ROTANDO MTN 3
MAÑANAS FIJAS 1


TER RADIOLOGÍA

ROTANDO MTN 3

REHABILITACIÓN FISIOTERAPEUTAS GIMNASIO

REHABILITACIÓN MAÑANAS FIJAS 2
TARDES FIJAS 3

RELACIÓN DE VACANTES PARA LOS TRASLADOS INTERNOS 2007

DIPLOMADOS ENFERMERÍA

PLANTA AZUL ROTANDO MTN 5
PLANTA VERDE ROTANDO MTN 7
PLANTA NARANJA ROTANDO MTN 11
URGENCIAS HDD ROTANDO MTN 5
REANIMACIÓN ROTANDO MTN 4
QUIROFANO ROTANDO MTN 3
CARTELERA APOYO ROTANDO MTN 3
QUIROFANO MAÑANAS FIJAS 1
CARTELERA APOYO MAÑANAS FIJAS 1

PERSONAL DE GESTIÓN Y SERVICIOS AUXILIARES ADMINISTRATIVOS/CELADOR


ARCHIVOS MAÑANAS FIJAS 2

ADMISIÓN URGENCIAS ROTANDO 1

CELADOR HOSPITALIZACIÓN ROTANDO MTN 3

CELADOR HOSPITALIZACIÓN ROTANDO MT 4
O Barco de Valdeorras,12 de Marzo de 2008.

O director xerente


Asndo. Roberto Rodríguez Alonso.


Nota: (No se incorporarán, según disponibilidad hasta mediados de septiembre u octubre
)
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 12-03-2008 10:45
Queres comentar ou preguntar algo?
HCV: ACOPLAMENTOS INTERNOS INTERINOS

mañá 12 de marzo de 2008 sae publicada a convocatoria de acoplamentos internos para o persoal sen praza en propiedade do HCV. Tedes de prazo ata o dia 2 de abril para botar a solicitude.
Para solventar calquera dúbida podedes facelo no local sindical CIG-Saúde.

o texto sacado hoxe na intranet pola dirección, tiña numerosos erros, que esperamos os teñan subsanado para mañá.

Deixámosvos o texto do acordo de acoplamentos que afecta ó persoal agora convocado.

para ver o resto do acordo, preme aquí.

ACOPLAMENTOS DE PERSOAL EN COMISION DE SERVICIO E CON VÍNCULO DE LONGA DURACIÓN QUE NON SEXA PROPIETARIO DE PRAZA NO HCV.

Unha vez rematado o proceso de acoplamentos internos para o persoal con praza en propiedade no HCV iniciarase un proceso para o persoal seguinte:
1. Persoal en reingreso provisorio.
2. Persoal con praza en propiedade noutro Centro que preste os seus servicios no HCV en Comisión de Servicios.
3. Persoal contratado con vínculo de longa duración calquera que sexa o motivo
O persoal incluido neste apartado pode optar a todas as prazas que resulten vacantes despois do acoplamento interno para o persoal fixo,
o carácter destes acoplamentos serán provisorios e se ofertarán na convocatoria seguinte para o persoal fixo.
Os postos de traballo serán dados do seguinte xeito:
1. Persoal en reingreso provisorio.
2. Persoal en comisión de servicios. En caso de empate a situación o que teña mais antiguedade no SNS
3. A persoa que acredite mais puntos nas listas de contratación do SERGAS.
Estas prazas ofertaranse sempre no seguinte acoplamento para persoal fixo e no caso de ser cubertas por persoal mediante este sistema de provisión, non se volverán a convocar por este método salvo que quedara vacante.
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 11-03-2008 14:42
Queres comentar ou preguntar algo?
Publicada baremación provisional de acoplamentos internos persoal fixo
Hoxe ó longo da mañá deben sair publícados (según nos acaba de confirmar o Director de Xestión) nos taboleiros de anuncios e na Intranet do HCV as resolucións provisionais da baremación das solicitudes presentadas de acoplamentos internos.
Lembrade que hai 5 días hábiles para a presentación de reclamacións. O prazo remata o mércores 20.
Inmediatamente despois de ter resoltos os traslados internos de persoal fixo, procederase a convocar os traslados internos de persoal interino e comisións de servizo.
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 13-02-2008 12:12
Queres comentar ou preguntar algo?
Publicada resolución traslados internos HCV
RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERENCIA DO HOSPITAL COMARCAL DE VALDEORRAS DE 14 DE XANEIRO DE 2008 POLA QUE SE FAI PÚBLICA A RELACIÓN DE VACANTES PARA OS TRASLADOS INTERNOS DÁS PRAZAS CONVOCADAS POR RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERENCIA DE DATA 7 DE FEBREIRO DE 2007.

ACORDA:

Por medio da presente resolución e segundo o contido das bases de data 30/11/06 de acoplamentos internos do HCV , convócase o proceso de provisión de vacantes internas para persoal fixo recollidas no anexo I.

Asimismo e seguindo o apartado terceiro das citadas bases,recóllense no anexo II da presente convocatoria, as prazas que poiden ser ocupadas de xeito provisorio polo persoal fixo do centro.

Este proceso réxese polo Acordo entre a Dirección do H.C.V, a Comisión de Centro e as Centrais sindicais de 30 de novembro de 2006, que se atopa publicado na páxina web do HCV dende o 13 de decembro de 2006, e as seguintes claúsulas:

Primeiro: Categorías ofertadas
-Celadores
-Auxiliares administrativos
-Auxiliares de enfermería
-Enfermeros
-fisioterapeutas
-T.E.R
-T.E.L

Segundo: Solicitudes
A solicitude farase no modelo que se xunta como Anexo II á presente convocatoria, podándose recoller no Rexistro Xeral do Hospital Comarcal Valdeorras, e será presentada no dito Rexistro Xeral.

Terceiro: Prazos
solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, en horario de 9:00h a 15:00h comenzando ó día seguinte da publicación da presente convocatoria no taboleiro de anuncios do hospital e rematará o día 31 de Xaneiro de 2008.

Resolución provisional: Unha vez publicada a relación provisional dos destinos obtídos, os interesados disporán de un prazo de 5 días hábiles seguintes á publicación da correspondente resolución para a presentación de reclamacións.

Cuarto: Resolución definitiva e incorporación.
Co fin de evitar posibles trastornos nos distintos Servizos do Hospital, a incorporación dos adxudicatarios aos seus destinos será realizada pola Dirección correspondente de xeito progresivo en tempo e prazo non superior aos 3 meses dende a data de publicación da resolución definitiva. Non obstante, a este persoal computaráselle, para os efectos de antiguidade, como traballado na Unidade de destino, dende o día seguinte ao da data de publicación da resolución definitiva.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento profesional, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O Barco de Valdeorras, 14 de de 2008
O director xerente

Asdo.-Roberto Rodríguez Alonso

ANEXO I


RELACIÓN DE VACANTES PARA LOS TRASLADOS INTERNOS 2007

AUXILIARES DE ENFERMERÍA.
PLANTA AZUL ROTANDO MTN 8
PLANTA AZUL FIJO DE MAÑANAS 1
PLANTA VERDE ROTANDO MTN 6
PLANTA NARANJA ROTANDO MTN 9
REANIMACIÓN INTERMEDIOS ROTANDO MTN 3
URGENCIAS HDD ROTANDO MTN 4
REHABILITACIÓN TARDES FIJAS 1
DIALISIS ROTANDO SIMPLE 1
CONSULTA DE UROLOGÍA MAÑANAS FIJAS Y APOYO EN SERVICIOS CENTRALES 1
FARMACIA ROTANDO MT 1
QUIROFANO MAÑANAS FIJAS 1
CONSULTA GINE MAÑANAS FIJAS 1
CONSULTA DE REHABILITACIÓN MAÑANAS FIJAS 1
FARMACIA Se saca como rotatorio simple, con refuerzo a cons. Externas y serv. centrales 1

TER
RADIOLOGÍA ROTANDO MTN 3

TEL
LABORATORIO MAÑANAS FIJAS 1?
LABORATORIO ROTANDO? 2

REHABILITACIÓN FISIOTERAPEUTAS
GIMNASIO REHABILITACIÓN
MAÑANAS FIJAS 2
TARDES FIJAS 3

DIPLOMADOS ENFERMERÍA
PLANTA AZUL ROTANDO MTN 5
PLANTA VERDE ROTANDO MTN 7
PLANTA NARANJA ROTANDO MTN 11
URGENCIAS HDD ROTANDO MTN 5
REANIMACIÓN ROTANDO MTN 4
QUIROFANO ROTANDO MTN 3
QUIROFANO MAÑANAS FIJAS 1
CARTELERA APOYO ROTANDO MTN 2
CARTELERA APOYO(CMA)MAÑANAS FIJAS 1
BANCO DE SANGRE ROTANDO MTN 1

PERSONAL DE GESTIÓN Y SERVICIOS

AUXILIARES ADMINISTRATIVOS
ARCHIVOS MAÑANAS FIJAS 2
ADMISIÓN URGENCIAS ROTANDO 1

CELADOR
HOSPITALIZACION ROTANDO MTN 3
HOSPITALIZACION ROTANDO MT 4



Esta é a resolución tal como está publicada na Intranet. Cig-Saúde limítase a copiala e pegala. Os erros lingüísticos, gramaticais e ortográficos nela contidos non son responsabilidade nosa.

Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 14-01-2008 13:35
Queres comentar ou preguntar algo?
Publicada resolución acoplamentos internos
Publicouse na Intranet a resolución definitiva dos acoplamentos internos de persoal fixo, que como sabedes, levaba varios meses de atraso. Por fin saiu publicado o listado de prazas adxudicadas.
Na mesma resolución especifícase que se fará convocatoria para persoal interino, comisións de servizo e reingresos provisionais no mes de setembro. En canto teñamos datos sobre esa convocatoria, publicaremos un novo artigo.
De momento, podedes consultar a resolución e o listado de prazas adxudicadas na ligazón de abaixo ou na intranet do HCV.
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 18-08-2007 17:04
Queres comentar ou preguntar algo?
lista provisoria de acoplamentos internos para persoal fixo HCV
hoxe foron baremadas as solicidudes para acoplamentos internos do HCV, resultando a lista provisoria de persoal que acadou acoplamento como segue:

ATS
Mª Luz Sánchez --------- Reanimación quenda de mañá.
Montserrat Fernández---- Unidade apoio (mañás)

Auxiliar enfermeria
Francisco Javier Santiago.. unidade apoio (mañás)

fisioterapeuta
Margarita Sandias... ximnasio (mañás)

TER
Concepcion Rodriguez ... RX quenda M.T.N.

Administrativos
Jesusa Garcia.......... suministros
Asuncion Losada..... suministros

Auxiliar Administrativo
Rafael Gomez ........ persoal nominas
Maria Esther Diaz.... urxencias

Celador
Juan Jose Nuñez.......... Arquivos
Ramon Fernandez ....... Quirofano
Antonio Lorenzo ......... Quirofano
Luis Feas .....................RX


Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 02-03-2007 12:27
Queres comentar ou preguntar algo?
convocatoria acoplamentos internos HCV
Hoxe saiu a convocatoria de acoplamentos internos no HCV, velaquí as bases:

RESOLUCION DA DIRECCIÓN XERENCIA DO HOSPITAL COMARCAL DE O BARCO DE VALDEORRAS DO 7 DE FEBREIRO DE 2007 POLA QUE SE CONVOCA PROVISIÓN DE VACANTES INTERNAS DO H.C.V

Por medio da presente resolución, e logo de acadado consenso coa Comisión de Centro, convócase o proceso de provisión de vacantes internas para persoal fixo recollidas no anexo I.
Tendo en conta o caracter extraordinario da presente convocatoria, poderán participar nela, o pesoal fixo que solicitou praza no anterior proceso de acoplamentos internos, convocado no mes de xuño do 2006.
Este proceso réxese polo Acordo entre a Dirección do H.C.V, a Comisión de Centro e as Centrais sindicais de 30 de novembro de 2006, que se atopa publicado na páxina web do HCV dende o 13 de decembro de 2006, e as seguintes claúsulas:
Primeiro: Categorías ofertadas
-Celadores
-Auxiliares administrativos
-Auxiliares de enfermería
-Enfermeros
-fisioterapeutas
-T.E.R
-persoal de mantemento
Segundo: Solicitudes
A solicitude farase no modelo que se xunta como Anexo II á presente convocatoria, podéndose recoller no Rexistro Xeral do Hospital Comarcal Valdeorras, e será presentada no dito Rexistro Xeral.
Terceiro: Prazos
solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, comenzando ó día seguinte da publicación da presente convocatoria no taboleiro de anuncios do hospital e rematará o día 19 de febreiro de 2007
Resolución provisional: Unha vez publicada a relación provisional dos destinos obtídos, os interesados disporán de un prazo de 5 días naturais seguintes á publicación da correspondente resolución para a presentación de reclamacións.
Cuarto: Resolución definitiva e incorporación.
Co fin de evitar posibles trastornos nos distintos Servizos do Hospital, a incorporación dos adxudicatarios aos seus destinos será realizada pola Dirección correspondente de xeito progresivo en tempo e prazo non superior aos 3 meses dende a data de publicación da resolución definitiva, salvo os supostos previstos no anexo I. Non obstante, a este persoal computaráselle, para os efectos de antiguidade, como traballado na Unidade de destino, dende o día seguinte ao da data de publicación da resolución definitiva.
Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento profesional, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O Barco de Valdeorras, 7 de febreiro de 2007

ANEXO I
RELACIÓN DE VACANTES-TRASLADOS INTERNOS 2007 CON
INDEPENDENCIA DO PROCESO DE RESULTAS
.

AUXILIARES DE ENFERMERIA
PRANTA AZUL
ROTANDO MTN
7
PLANTA AZUL
FIXO DE MAÑÁS
1
PLANTA VERDE
ROTANDO MTN
6
PLANTA LARANXA
ROTANDO MTN
9
REANIMACION INTERMEDIOS
ROTANDO MTN
3
URXENCIAS HDD
ROTANDO MTN
4
APOIO HOSPITAL
FIXO DE MAÑÁS E REFORZO EN TURNO QUE CORRESPONDA
2
REHABILITACIÓN
TARDES FIXAS
1
DIALISIS
MAÑÁS FIXAS
1
CONSULTA DE UROLOXIA
MAÑÁS FIXAS E APOIO EN SERVIZOS CENTRAIS
1
FARMACIA
ROTANDO M T
1
QUIROFANO
MAÑÁS FIXAS
1

TER
RADIOLOXIA
ROTANDO MTN
6

FISIOTERAPEUTAS
GIMNASIO REHABILITACION
MAÑÁS FIXAS
3
TARDES FIXAS
2

DIPLOMADOS EN ENFERMERÍA
PLANTA AZUL
ROTANDO MTN
6
PLANTA VERDE
ROTANDO MTN
8
PLANTA LARANXA
ROTANDO MTN
11
URXENCIAS HDD
ROTANDO MTN
5
REANIMACION
ROTANDO MTN
3
REANIMACION
MAÑÁS FIXAS
1
QUIROFANO
ROTANDO MTN
3
CARTELEIRA APOIO
ROTANDO MTN
4
CARTELERA DE APOIO
MAÑÁS FIXAS
1

AUXILIARES ADMINISTRATIVOS
?1 URXENCIAS
?2 ARQUIVOS
?1 PERSOAL NÓMINAS (non incorporable ata 1/10/07)

CELADORES
?1 MAÑAS FIXAS ?ARQUIVO
?2 M-T-N-QUIROFANO
?2 M-T-N-ATENCIÓN DIRECTA
?5 M-T-ATENCIÓN DIRECTA

PERSOAL MANTEMENTO
?3 M-T-N
?2 M-T electricistas
?1 M-T
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 08-02-2007 12:03
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0