CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

Asemblea sobre a proposta de Novo Pacto de Contratacións
Unha vez vista a proposta para o novo Pacto de Contratacións que publicamos onte, desde CIG Saúde O Barco queremos convocar unha Asemblea aberta a todo o persoal na que se formulen aquelas dúbidas, suxestións ou alegacións que xurdan a raiz da mesma.


Deste xeito, convócase



ASEMBLEA SOBRE O NOVO PACTO DE CONTRATACIÓNS


Día: martes, 4 de maio.
Hora: 14 hs.
Lugar: Salón de Actos HCV
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 29-04-2010 12:55
Queres comentar ou preguntar algo?
taxas listas enfermeira 061
Ante as dubidas xurdidas polo pagamento de taxas nas listas de enfermaria do 061 fixemos unha consulta e esta de abaixo é a resposta, aclarar tamén que o anotarse nestas listas especiais significa renunciar as especiais nas que se estivera anotad@.

A convocatoria do 061 contempla que: ?estarán exentos do aboamento das respectivas taxas aquelas persoas aspirantes que acrediten o aboamento das taxas de inscrición correspondentes á convocatoria ordinaria de enfermaría vehiculada pola resolución citada no parágrafo precedente?
Dita convocatoria é a do 17 de abril de 2009 pola que se formalizaba a incorporación de novos méritos polas persoas aspirantes entre outras na categoría de DUE, polo tanto estarán exentos as seguintes persoas:

? Quen pagou taxas na convocatoria ordinaria.
? Quen acredite unha discapacidade igual ou superior ao 33%
? Familias numerosas clasificadas na categoría especial, os de categoría xeral terán bonificación do 50%.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 27-04-2010 14:01
Queres comentar ou preguntar algo?
convocatoria de listas de enfermaria para o 061
Publícase hoxe no DOG a Resolución do 24 de marzo de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se formaliza a convocatoria para a selección de aspirantes a vinculacións temporais, na categoría de persoal de enfermaría (DUE) no ámbito da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 26-04-2010 11:18
Queres comentar ou preguntar algo?
chamamentos 15 de abril 2010

Abrimos unha nova sección que pode ser de interese para o persoal de listas de contratación da área de O Barco.

A partires de agora intentaremos colgar no blog o número de chamamentos que lle corresponderia as diversas categorias unha ou 2 veces por semana, según nolo permita o noso traballo e tamén o do persoal da dirección provincial que amablemente aceptou a proposta.
Non renunciamos a que sexa o propio SERGAS quen publique os chamamentos que se producen diariamente, pero en tanto, polo menos para o persoal desta área de saúde ofrecémoslle este pequeno servizo.

Na táboa podedes ver a categoria e a data na que se nos deron os datos, o número que vedes debaixo de chamamentos de curta ou longa son os que lle corresponderia traballar en caso de producirse algunha contratación no momento no que se nos dan os datos.
Lembrade que de un dia para outro pode sofrir moitas variaciois cada unha das listas, debido a xente que remata o periodo de descanso obrigatorio, xente que remata contrato, etc.

Así pois ahí vos queda como estaría hoxe a situación en caso de producirse algún contrato.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 15-04-2010 11:25
Queres comentar ou preguntar algo?
reunión novo pacto de contrataciois
Por fin temos convocatoria de negociación do novo Pacto de Contrataciois, esta de abaixo é a convocatoria remitida polo SERGAS.

Asunto: Grupo de Traballo. Novo Pacto de Selección Temporal.
Órgano convocante: Subdirección Xeral de Relacións Laborais, Réxime Xurídico e Recursos e Reclamacións

Orde do día:
? Bases para a elaboración dun novo Pacto de vinculacións temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde.

Lugar e data de reunión: Santiago de Compostela, 23 de abril de 2010 ás 11:00 horas na sala 02-03 da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde

Convocados:
? Subdirección Xeral de Planificación, Selección e Desenvolvemento Profesional
? Subdirección Xeral de Xestión e Políticas de Persoal
? Organizacións sindicais: CIG; CC.OO; UXT; CSI-CSIF; CEMSATSE e USAE

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2010

O subdirector xeral de Relacións Laborais, Réxime Xurídico
e Recursos e Reclamacións

Francisco Javier Pena Corredoira

ORGANIZACIÓNS SINDICAIS: CIG; CC.OO; UXT; CSI-CSIF; CEMSATSE E USAE
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 14-04-2010 11:52
Queres comentar ou preguntar algo?
borrador de convoctaria para DUE do 061
Publicamos aqui un borrador que nos fai chegar o SERGAS para a convocatoria de listas de contratación de DUE do 061. Ábrese prazo de alegacións ata o 7 de abril, polo que recolleremos as vosas suxestións para analizalas e ver de incorporalas.


- BORRADOR - Resolución do 24 de marzo de 2010, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se formaliza a convocatoria para a selección de aspirantes a vinculacións temporais, na categoría de persoal de enfermaría (DUE) no ámbito da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

No pacto subscrito pola Administración sanitaria de Galicia e as centrais sindicais CIG, CC.OO., UGT, CSI-CSIF e SAE, sobre selección temporal de persoal estatutario para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde asinado o 6 de maio de 2004, e publicado no Diario Oficial de Galicia nº 104, do 1 de xuño, establécese que unha vez publicado o pacto se formalizará e se publicará a convocatoria de aspirantes.

En cumprimento e ao abeiro desta norma, e como instrumento de continuidade no tempo doutras convocatorias precedentes, por medio da Resolución da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde do 1 de abril de 2009 (DOG nº 73, do 17 de abril), formalizouse unha convocatoria de selección temporal de novas persoas aspirantes e de incorporación de novos méritos polas persoas aspirantes xa inscritas nas institucións sanitarias deste organismo nas categorías de persoal médico de familia, pediatra, persoal médico de urxencias hospitalarias, odontólogo e odontóloga, persoal de enfermaría (DUE), matrón/a, técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría e cociñeiro e cociñeira.

A antedita resolución constituíu así o primeiro antecedente normativo no eido da selección temporal de persoal estatutario que, para as categorías referidas, abranguía as entidades incluídas no ámbito de aplicación do Decreto 91/2007, do 26 de abril (DOG nº 100, do 25 de maio), de integración no réxime estatutario do persoal laboral do sector sanitario público xestionados por entidades adscritas á Consellería de Sanidade, e en cumprimento do establecido na súa disposición transitoria primeira.

Non obstante, peculiaridades de índole organizativa así como a especificidade do labor asistencial que desenvolve a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, centrado na atención ao paciente en situacións de urxencia e emerxencia, así como na atención a accidentes de múltiples vítimas e catástrofes incluído o transporte sanitario de pacientes críticos, terrestre e aéreo, obrigaron a demorar a formalización da selección temporal do persoal de enfermaría (DUE) do citado organismo, prevéndose a realización posterior dunha convocatoria complementaria e específica para dito ámbito.

A presente resolución vén así a dar cumprimento á citada previsión, instrumentando un proceso complementario e específico de selección temporal para o persoal de enfermaría (DUE). Proceso complementario, na medida que estende o ámbito funcional das vinculacións temporais do persoal de enfermaría (DUE) do organismo autónomo ao da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. E proceso específico, na medida que sendo desagregado, incorpora as singularidades deste colectivo profesional e da súa xestión, tales como, o encadramento destas persoas aspirantes nunha única lista configurada como área especial de enfermaría do 061 e sobre a cal pivotarán todas as vinculacións temporais do persoal de enfermaría desta Fundación Pública ?independentemente do tipo e duración do seu vínculo-, a xestión dos chamamentos no ámbito da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, ou a determinación de requisitos específicos para o acceso de aspirantes á citada listaxe.

Logo do acordo do contido desta convocatoria no seo da comisión central de seguimento do pacto de selección temporal, a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no exercicio das facultades atribuídas no Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG nº 119, do 19 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, esta Dirección de Recursos Humanos

RESOLVE:

Primeiro.- Obxecto

Por medio da presente resolución procédese a convocar ás persoas interesadas en presentar a súa solicitude de inscrición na listaxe que se confeccione, en aplicación da norma 12.2 do Pacto sobre selección temporal do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, para o acceso ás vinculacións temporais na área especial de Urxencias do 061, na categoría de persoal de enfermaría (DUE).

Na elaboración e xestión da citada listaxe serán de aplicación as bases contidas na presente convocatoria así como as normas previstas no vixente Pacto de selección temporal de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia nº 104, do 1 de xuño de 2004).

En ningún caso, a admisión e baremación efectuada consonte a esta convocatoria afectará ás listaxes vixentes de aspirantes a vinculacións temporais de persoal de enfermaría (DUE) nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, non outorgando ningún dereito de admisión nas mesmas, nin modificación da puntuación que determina a orde de prelación destas.

Segundo.- Ámbito

O ámbito de selección da listaxe xurdida da presente convocatoria será de comunidade autónoma, xestionándose a mesma no ámbito da propia Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Terceiro.- Requisitos

1.- As persoas aspirantes deberán acreditar, documentalmente, posuír ou estar en condicións de cumprir, dentro do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:

a) Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder a idade de xubilación forzosa.

b) Acreditar a nacionalidade española ou dun país da Unión Europea ou, de ser o caso, dispor de autorización para poder residir e traballar legalmente en España.

c) Posuír a titulación que, segundo se fai constar no modelo de solicitude, habilita para o exercicio da profesión correspondente, ou a formación requirida para o acceso. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá areditarse a habilitación mediante documento que acredite de xeito fidedigno a súa homologación.

d) Acreditar o aboamento de taxas, agás os supostos previstos na base novena da presente resolución.

e) Non estar separada mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración Pública, nin atoparse inhabilitada por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

2. Ademais, e como requisito específico, as persoas aspirantes deberán acreditar unha experiencia profesional mínima de dous meses no desenvolvemento das funcións propias da categoría obxecto de convocatoria nas áreas de urxencias e emerxencias extrahospitalarias tipo SEM, urxencias extrahospitalarias, urxencias hospitalarias, UCI ou reanimación e/ou formación específica adquirida mediante a realización debidamente acreditada de cursos de formación que, cumprindo os requisitos para baremación definidos no anexo V do Pacto de selección temporal de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 104, do 1 de xuño de 2004), inclúan os contidos de soporte vital avanzado cardiolóxico, pediátrico e traumatolóxico e/ou atención a accidentes de múltiples vítimas e catástrofes, directamente relacionados co desenvolvemento das funcións do posto.

Cuarto.- Solicitudes e documentación

As persoas interesadas en participar na convocatoria deberán presentar solicitude, segundo modelo normalizado que se xunta como anexo I e que estará á súa disposición na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), nas direccións provinciais, centros hospitalarios e xerencias de atención primaria do citado organismo así como na sede da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Xunto coa solicitude, e dentro do prazo de presentación das mesmas, as persoas interesadas deberán achegar copia do DNI, debidamente compulsada así como a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos esixidos e dos méritos alegados. Tal acreditación efectuarase mediante documentos orixinais ou fotocopias compulsadas, segundo se recolle no modelo de solicitude, e con base no disposto nos anexos do propio pacto para o baremo correspondente á categoría de DUE.

Non será obxecto de valoración a documentación que se presente fóra do prazo de presentación de solicitudes.

Para a baremación das epígrafes de desemprego e experiencia profesional, as persoas aspirantes deberán presentar a seguinte documentación:

1.- Para a acreditación do desemprego: certificado de vida laboral expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social correspondente aos tres últimos anos.

2.- Para a acreditación de servizos prestados:

- En institucións sanitarias públicas ou entidades públicas: certificado asinado polo director ou directora da institución sanitaria ou responsable do organismo público correspondente, no que conste a información necesaria para a baremación de tal mérito consonte o anexo V do vixente Pacto de selección temporal (Diario Oficial de Galicia nº 104, do 1 de xuño de 2004).

- En institucións ou empresas privadas: certificación na que conste a información necesaria para a baremación de tal mérito consonte o anexo V do vixente Pacto de selección temporal e, ademais, o informe de vida laboral expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou calquera outro documento de carácter público, no que se ratifique a veracidade dos datos reflectidos no certificado. A única presentación do contrato ou contratos laborais ou do informe de vida laboral non será suficiente para a acreditación de tal mérito.

As persoas aspirantes que figuren admitidas na listaxe normal elaborada na última convocatoria ordinaria de aspirantes a vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, na categoría de DUE, estarán exentas de achegar a documentación relativa a experiencia profesional, formación académica, formación continuada e coñecementos do idioma galego, incorporada na citada convocatoria, agás a relativa ao cumprimento dos requisitos específicos esixidos na base terceira.2 da presente resolución que deberá ser achegada por todas as persoas aspirantes, sen excepción, dentro do prazo de presentación de solicitudes.

Ao dispoñer a administración convocante de dita información, non será necesario que as persoas aspirantes acrediten documentalmente a superación do exercicio ou exercicios da fase de oposición da categoría de persoal de enfermaría (DUE), convocado polo Servizo Galego de Saúde por Resolución do 18 de febreiro de 2009 (Diario Oficial de Galicia nº 40, do 26 de febreiro).

Quinto.- Prazo e lugar de presentación

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais contados a partir do seguinte ao de publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes, xunto coa documentación a aportar, poderán presentarse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, nos rexistros das direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde e nos rexistros dos hospitais, complexos hospitalarios e xerencias de atención primaria do Servizo Galego de Saúde. Así mesmo, poderán presentarse por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e dirixiranse á Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

Constituirá causa de inadmisión no citado procedemento a presentación extemporánea da solicitude pola persoa interesada.

Sexto.- Méritos

Para a avaliación dos méritos das persoas aspirantes aplicarase o baremo contido no anexo V do Pacto de selección temporal do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia nº 104, do 1 de xuño de 2004).

Só se valorarán os méritos causados ata o día inmediatamente anterior ao de publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e que resulten acreditados dentro do prazo de presentación de solicitudes.

Sétimo.- Elaboración das listas

As listaxes de aspirantes aos nomeamentos temporais elaboraranse pola estrita orde de puntuación que resulte da aplicación do baremo que se establece na disposición sexta da presente resolución.

Unha vez que se teña realizada a baremación, publicaranse as listaxes provisionais nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde, e dos centros asistenciais dependentes delas, incluíndo a relación das persoas aspirantes admitidas coa súa puntuación e orde de prelación, así como das excluídas, indicando as causas da súa exclusión.

Resoltas as reclamacións, publicaranse as listaxes definitivas do xeito establecido para as listaxes provisorias.

Contra as listaxes definitivas, as persoas aspirantes poderán presentar recurso de reposición perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde a data seguinte á da súa publicación.

Serán compatibles, e non constituirá causa de exclusión en ningunha delas, a inscrición dunha mesma persoa aspirante na listaxe correspondente á última convocatoria ordinaria de persoal de enfermaría (DUE) e na que se confeccione en aplicación da presente resolución.

Oitavo.- Entrada en vigor das listaxes

As listaxes que se elaboren en execución da presente convocatoria entrarán en vigor na data indicada na resolución de publicación das listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas.

Sen prexuízo do disposto na norma 12.2.2 do pacto de selección temporal vixente, as persoas admitidas nestas listaxes serán chamadas para a formalización de nomeamentos derivados de todas as vinculacións temporais (de substitución con presenza física, de substitución como garda localizada, eventuais por acumulación de tarefas, interinidades e demais vinculacións de longa duración) que xurdan no ámbito da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, independentemente da duración previsible dos mesmos.

Noveno.- Aboamento de taxas

Efectuarase o aboamento de taxas consonte ás formalidades, importes e, de ser o caso, normas de exención que se prevén na disposición novena da resolución do 1 de abril de 2009, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional (Diario Oficial de Galicia nº 73, do 17 de abril).

Malia o anterior, estarán exentos de aboamento das respectivas taxas, aquelas persoas aspirantes que acrediten o aboamento das taxas de inscrición correspondentes á convocatoria ordinaria de enfermaría vehiculada pola resolución citada no parágrafo precedente.

Décimo.- Incorporación automática de novas persoas aspirantes

Consonte ao réxime disposto na norma décima da resolución do 1 de abril de 2009, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional (Diario Oficial de Galicia nº 73, do 17 de abril), as persoas aspirantes interesadas, que reúnan os requisitos establecidos na base terceira da presente convocatoria, poderán presentar a súa solicitude, sen necesidade dunha convocatoria previa durante os primeiros quince días dos meses de xullo e outubro de 2010, e nos primeiros quince días dos meses de marzo, xullo e outubro dos anos sucesivos, de ser o caso.

Santiago de Compostela, ____ de ______________ de 2010

A Directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde

Esperanza Fernández Lago

Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 26-03-2010 13:49
Queres comentar ou preguntar algo?
aclaración incompatibilidade listas especiais
Logo de falar co Sergas sobre as incompatibilidades que recolle a Resolución que publica as listaxes definitivas, coméntannos o seguinte:

Cando fala de incompatibilidade está falando de cando a persoa ten a condición de TITULAR, ou sexa que polo feito de estar anotado nunha lista ( ex. Pool hospital e nunha lista especial ) só sería incompatible si está de titular, se non chega a estar na lista de titular mantense na outra lista especial.

Quedou o Sergas en remitir unhas instruccións para clarexar este asunto, en canto a teñamos publicaremola no blog.

Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 17-03-2010 09:43
Queres comentar ou preguntar algo?
chamamentos
As preguntas e a información que dades sobre que número van chamando nesta ou outra área e categoria dirixídeas a este post, posto que últimamente estanse facendo no post adicados as preguntas, tedes enlace a este post na parte esquerda do blog no menú dos iconos onde pon chamamentos, tamén o poñemos en destacados para accceder a él, por favor dirixide a este post a información de como van as listas nas diversas áreas e categorias e tamén as peguntas sobre esta cuestión, é polo ben de todos.

Como de momento o SERGAS non está a publicar os chamamentos na sua web; e visto que moitos de vos estades a informar no apartado de preguntas onde van os chamamentos en cada área. Imos a abrir este post onde podedes tod@s aqueles que queirades informar dos chamamentos que se van producindo na vosa área e así poda servir de axuda ó resto do persoal.

Polo tanto debedes poñer os seguintes datos, ÁREA, CATEGORIA, Nº DE LISTA e duración do contrato se a sabedes.
Así mesmo poñemos un enlace directo a esta nova no lateral esquerdo do blog para que poidades acceder con maior facilidade.

Nós pola nosa banda seguiremos intentando que o SERGAS os publique diariamente na rede.

Podedes acceder tamén dende este post ós chamamentos das áreas de pontevedra norte e sur que teñen colgados na súa web @s nos@s compañeir@s de CIG-Saúde Vigo, picando aquí
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 16-03-2010 12:23
Queres comentar ou preguntar algo?
modelo de recurso de alzada listas
Deixámosvos aqui un modelo de recurso de alzada aproximado. Para evitar que nos inundedes de preguntas repetidas e redundantes, lede ben antes estas instruccións:

1. Para facer un recurso de alzada é preceptivo ter realizado antes unha reclamación. O recurso de alzada tén que estar baseado nunha reclamación previa, da que se debe axuntar copia ao recurso. Pódese presentar o recurso de alzada sen reclamación previa naqueles casos en que nas listas provisionais non houbera nada que reclamar, pero nas definitivas cambia a situación.

2. Este modelo é orientativo. Depende da causa pola que presentedes o recurso tendes que adaptalo ao que corresponda. Facemos un modelo do que sería o máis habitual, que é reclamar puntos nun apartado, pero tendes que adaptalo se o recurso o presentades para que vos cambien de área ou de categoría, por exemplo, poñendo o que corresponda.

3. Unha vez que teñades o recurso feito tendes que presentalo xunto cunha copia da reclamación previa e da documentación que creades oportuna para xustificar a vosa petición, en calquera rexistro, do SERGAS ou doutra administración, dirixido á División de Recursos Humanos (isto xa vai posto no escrito). Os rexistros do SERGAS atópanse en cada xerencia (ben sexa hospitalaria, ben sexa de primaria) e nas direccións provinciais do SERGAS.

Dito isto, velaqui vos deixamos un modelo que vos servirá de base, pero tende en conta as adaptacións oportunas. Todos os ocos que están cubertos con XXXXXXXX, son ocos que tendes que rechear cos datos correspondentes.



De: XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX
A: División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do SERGAS


Dona/Don XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX, con D.I. nº XXXXXXXXXXXXXXXXX, e enderezo a efectos de notificación en XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX, a Vde:

EXPOÑO:

1. Que presentei solicitude para as listas de contratación do SERGAS na convocatoria realizada por Resolución do 1 de abril de 2009 (DOG do 17 de abril) na categoría de XXXXXXXXXXXXX. na área de saúde de XXXXXXXXXXXXXXX.

2. Que ante a publicación das listas provisionais o pasado 18 de decembro de 2009, presentei reclamación en tempo e prazo (da que axunto copia), por non estar de acordo coa puntuación no apartado de XXXXXXXXXXXXXXXXXX.

3. Que na publicación de listas definitivas de día 12 de marzo de 2008, aprecio que non é subsanado o problema e sigo coa mesma puntuación. Polo que volvo expoñer a causa do meu desacordo con esa baremación:

a. xxxxxx.

b. xxxxxx.

c. xxxxxx.

SOLICITO: Se teña por presentado este escrito e sirva como RECURSO DE ALZADA, xa que por todo o exposto, non podo estar de acordo cos XXXX puntos que se me outorgan no apartado de XXXXXXXXXXXXXXXXX e solicito que se revise a miña baremación e se me concedan os XXXX puntos que me corresponderían polos motivos expostos, quedando eu nos listados cun total de XXXX puntos no apartado de XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX


Asdo: XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX.



En XXXXXXXXXXXXXX a XX de XXXXXXXXXXXXXXX de 2010
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 12-03-2010 12:20
Queres comentar ou preguntar algo?
publicadas listas definitivas pendentes
Publícanse, tal e como se anunciou, no DOG de hoxe, as listas definitivas das categorías de DUE, TCAE, Matronas, Cociñeir@s, Odontólog@s, Médic@s de Familia, Médic@s de Urxencias Hospitalarias e Pediatras.

Podedes ver a resolución premendo aqui.

E as listas na páxina web do SERGAS.

Ao contrario do que viñamos indicando, parece ser que as listas entran en vigor hoxe mesmo, é dicir, hoxe mesmo xa se fan chamamentos por estas listas.

O prazo para presentar recursos de alzada empeza mañá e é dun mes.

Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 12-03-2010 08:59
Queres comentar ou preguntar algo?
resolvendo dúbidas
Posto que xa nos preguntastes en varias ocasións cando entraban en vigor as novas listas, procedemos a aclaralo, para non ter que repetir constantemente a mesma resposta:

* A previsión é que se publiquen as listas definitivas de DUE, TCAE, Matronas, Cociñeir@s, Odontólog@s, Médic@s de Urxencias Hospitalarias, Médic@s de Familia e Pediatras mañá venres día 12 de marzo.

* A publicación de mañá de resolución das listas incluirá a data na que entren en vigor. Habitualmente (ata o de agora nunca foi doutro xeito) a data de entrada en vigor é o día seguinte á publicación. É dicir, de ser desta vez doutro xeito indicaríase na resolución, de ser coma sempre, empezarían a chamar polas novas listas o sábado día 12.

* Unha vez publicada a resolución, tamén se abrirá prazo, que se indicará igualmente na resolución, para presentar recursos de alzada aquelas persoas que consideren que están mal baremadas ou calquera outra reclamación. Para a resolución destes recursos de alzada, o SERGAS dispón de 3 meses, pasados os cais publicará uns novos listados coas modificacións que haxa. Pero, mentres, as listas que se publiquen mañá serán totalmente vixentes.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 11-03-2010 11:27
Queres comentar ou preguntar algo?
data prevista de publicación de listas definitivas
@s nos@s compañeir@s de CIG-Saúde Lugo mantiveron esta mañá unha reunión na Mesa de Contratacións de Lugo onde se lles indicou que probablemente este venres día 12 de marzo publicaríanse as listas definitivas de contratación das categorías pendentes (DUE, TCAE, cociñeir@s...).

Velaqui tendes o texto que publican @s nos@s compañeir@s no seu blog:

PROBABLE DATA DE PUBLICACIÓN: VENRES 12 DE MARZO

ENFERMERÍA, AUX. ENFERMERÍA, COCIÑEIRO, MEDICO FAMILIA, ODONTOLOGOS, PEDIATRAS..


Hoxe tivemos reunión da mesa de contratacións provincial, na cal, a administración nos informou da probable publicación das listaxes definitivas de contratación temporais pendentes, o próximo venres 12 de marzo de 2010.

Veremos si é así.

CIG-SAUDE



O SERGAS ACABA DE CONFIRMALO: PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS O VENRES 12 DE MARZO.

Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 09-03-2010 14:14
Queres comentar ou preguntar algo?
sobre as dúbidas do borrador novo pacto de contrataciois
O documento que nos entregou o SERGAS, é o documento de partida da negociación; como poderíades observar polo menos os que nos seguides dende hai tempo( podedes ver todo o publicado no blog neste vínculo), contempla a nosa principal proposta que é a de vincular listas de contratación e OPE para deste xeito dar mais axilidade e operatividade as listas.

Tedes exposto nos dous post anteriores varias dúbidas que imos intentar aclarar na medida en que podamos.

Habrá convocatoria de listas este ano?:

A posición de CIG-Saúde exposta na reunión de onte foi que se convocaran antes do verán as que levan dende decembro de 2008 en vigor (psx, aux administractivos, celadores, pinches, técnicos, etc) e o resto (enfermaria, cociñeiras, tcae, etc), convocarase a finais de ano, ou a principios do que ven; serían convocadas polo actual pacto de contrataciois, posto que entendemos que para aplicar esta vinculación, hai que advertirlla ó persoal no momento da convocatoria de OPE e non se fixo.
A postura do SERGAS, néganse a abrir novas listas co paco anterior, pero están abertos a negociar unha convocatoria coa referencia da OPE en curso, baixo o novo Pacto de contrataciois.

POOL: É unha das materias a negociar, a postura de CIG-Saúde é que se siga tendo en conta nas listas de contratación, o resto da baremación de méritos sería a mesma ca da OPE descoñecemos a postura do SERGAS.

Tempo por desemprego:
neste novo pacto eliminaríase, non nos gosta demasiado que así sexa (nós mesmos dentro de CIG-Saúde mantemos distintas posturas), pero entendemos que se o que se quere primar é a axilidade na elaboración de listas, é un punto do baremo que ten que desaparecer e polo tanto asumimos que así sexa. É un dos apartados que o SERGAS está mais empecinado en que desapareza, polo tanto parece mais que probable que será eliminado e non se terá en conta no novo Pacto.

E para rematar, lembramos que a postura de CIG-Saúde na negociación deste Pacto de Contrataciois, se fixo en base ás asembleas que houbo en tódalas áreas de saúde que foron coordinadas polo grupo de traballo que se creou a tal efecto integrado por persoas de tódalas áreas, nalgúns puntos estábase de acordo e noutros houbo que debatir e nalgún caso ata votar para definir a nosa postura nalgún punto concreto, incluso se repetiron asembleas para ratificar ou rectificar algún dos puntos da nosa proposta, así é como traballamos.
Repetimos tamén que se tiveron en conta moitas das aportaciois que fixestes nos comentarios do noso blog, e agora que empeza unha nova etapa nas negociaciois, posto que xa temos un documento base que nos serve, seguiremos atentos as vosas opiniois, pero deixar claro que as decisiois nesta Central se toman en base ó pronunciamento dos traballadores e traballadoras nas asembleas e ós grupos de traballo e debate de CIG-Saúde.
Categoría: contratacion - Publicado o 27-02-2010 16:34
Queres comentar ou preguntar algo?
información de mesa sectorial sobre contratación
Xa temos a información escrita do acontecido na mesa sectorial desta mañá.

Nesta reunión a Admón fíxonos entrega do documento que se vos enviou pola mañá, no que se recolle a baremación do novo pacto.

Previa á entrega do documento a Admón infórmanos que aceptan a petición sindical de que exista unha única listaxe baremada con criterios OPE. A simulación que fixeron para comprobar que este sistema non prexudicaba moito aos opositores que superaron o proceso selectivo e que non acadaron praza é insignificante.
Pola contra, coa simulación que realizaron beneficiase máis persoal, xa que a todo o mundo se lle vai ter en conta a nota de OPE.
Nós manifestémonos a favor disto, e máis, co sistema de exame actual dun só exercicio con dúas partes, o prexuízo para quen non superase a OPE é maior; ou tes O puntos ou tes 18 puntos.

Temas que plantexamos como CIG-SAÚDE.

- Queremos negociar un único baremo para selección temporal e definitiva. Se este baremo vai entrar en vigor despois da OPE 2010, non corre presa negocialo. A Admón non é partidaria, xa que o seu argumento é que non queren negociar unha OPE até que finalice esta. Argumento perigoso, preguntamos se estaban a dicir que non van convocar a OPE 2010?. Seguiremos insistindo cando enviemos as nosas alegacións.

- Das novas convocatorias non queren nin falar. A Admón dí que non van publicar unha nova convocatoria co sistema actual de baremación. Comentan que están a recibir numerosas peticións do persoal que superou este proceso selectivo para que se faga unha nova convocatoria.

- En todo caso, a Admón podería valorar facer unha nova convocatoria co baremo de OPE (que entregaron hoxe), xa que segundo nos informaron a plataforma dixital está bastante avanzada. Na reunión anterior acordarase que o novo pacto entraría en vigor con posterioridade á OPE 2010, previa publicación para que todo o persoal fose coñecedor das regras de xogo. Temos que valorar isto para nos posicionar; é importante que se debata nas comarcas e que enviedes os posicionamentos.

- Puxemos enriba da mesa a dificultade que ten este sistema nos baremos de médico de familia; segundo o baremo de OPE puntuación da experiencia profesional é por categoría e especialidade. Neste colectivo o pacto actual contempla no apartado de experiencia profesional a puntuación de primaria e de urxencias hospitalarias.

- Solicitamos que as listaxes se rexeneren cunha periodicidade anual, iniciándose con posterioridade á próxima OPE.

Esta reunión non deu máis de si, seguiremos insistindo nas nosas propostas, enviaranse ao SERGAS por escrito.

Un saúdo

Mª. Xosé Abuín Álvarez
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 26-02-2010 18:55
Queres comentar ou preguntar algo?
adianto reunión mesa de contrataciois
Acaba de rematar a mesa sectorial sobre contratación, en vista de que hai moita xente pendente por este tema e antes de que nos envien a información escrita do que alí aconteceu; podémosvos adiantar que o SERGAS parece non querer convocar mais listas polo novo Pacto aparte de aportar un documento como base para a negociación no novo acordo, se o queredes ver deixámolo colgado, neste link.
En canto teñamos a información escrita e permermenorizada do acontecido o publicaremos.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 26-02-2010 15:14
Queres comentar ou preguntar algo?
Mesa sectorial: pacto de contrataciois
Chéganos esta convocatoria do SERGAS para a negociación do novo Pacto de contrataciois.

Asunto: Grupo de Traballo. Novo Pacto de Selección Temporal.
Órgano convocante: Subdirección Xeral de Relacións Laborais, Réxime Xurídico e Recursos e Reclamacións

Orde do día:
?Proposta de Bases para a elaboración dun novo Pacto de vinculacións temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde.

Lugar e data de reunión: Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2010 ás 11:00 horas na sala 02-03 da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde

Convocados:
?Subdirección Xeral de Planificación, Selección e Desenvolvemento Profesional
?Subdirección Xeral de Xestión e Políticas de Persoal
?Organizacións sindicais: CIG; CC.OO; UXT; CSI-CSIF; CEMSATSE e USAE

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2010

O subdirector xeral de Relacións Laborais, Réxime Xurídico
e Recursos e Reclamacións

Francisco Javier Pena Corredoira

ORGANIZACIÓNS SINDICAIS: CIG; CC.OO; UXT; CSI-CSIF; CEMSATSE E USAE
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 17-02-2010 23:19
Queres comentar ou preguntar algo?
Baremación desemprego
Contratacións: baremación desemprego.

Segundo nos informa o SERGAS, o programa de desemprego remitido polo INSS ten erros; están enviando cartas ao persoal que detectaron para que presente unha certificación da vida lavoral. As persoas que detecten que estan mal baremadas que presenten xunto coa reclamación a certificación da vida laboral. O SERGAS dí que esta é a formula máis sinxela de solucionalo, pois se volven a pedir os datos á tesoreria non saben cando os recibiran.

Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 04-01-2010 12:11
Queres comentar ou preguntar algo?
reclamación colectiva
Por iniciativa dalgún persoal de listas de contratación, facémonos eco da recollida de sinaturas que están levando a cabo, en denuncia da cantidade de irregulariedades que se están dando nos chamamentos.
Podedes asinalas no noso local sindical no HCV

deixamos un arquivo en .doc, por se alguén quere descargalas e recoller sinaturas.

para descargalo, premede aquí
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 23-12-2009 14:24
Queres comentar ou preguntar algo?
modelo de reclamación listas

Deixámosvos aqui un modelo de reclamación para as listas de contratación; o único que precisades é substituir os XXX polos datos correspondentes:




DE: XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX
A: DIRECCIÓN PROVINCIAL DO SERGAS DE XXXXXXXXX


Don/dona XXXXXXXXXXXXXXXXXXX, con DI nº XXXXXXXX-X, con enderezo a efectos de notificación en Rúa XXXXXXXXXXXXXX de XXXXXXX, a Vde:


EXPÓN:
? Que entreguei solicitude para as listas de contratación convocadas por Resolución de 1 de abril de 2009 e publicada en DOG o 17 de abril de 2009, para a categoría de XXXXXXXX, na área de saúde de XXXXXX.
? Téndose publicadas as listas provisorias atopo un erro que penso debe ser correxido:
- Figuro con XXX puntos no apartado de XXXXXXXX, cando debería de figurar con XXX puntos dado que (aqui escribides os vosos argumentos)XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX. Axunto documentación que así o acredita.
(Isto só no caso de que incluades algunha documentación).

SOLICITA: Sexa subsanado este erro, xa que debería aparecer con XXXXX puntos no apartado de XXXXXXXXXXXXX na miña baremación.



En XXXXXXX a XX de XXXXXXX de 2009 ou 2010 (segundo corresponda).




Asdo: XXXXXXXXXXXXXX.

Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 21-12-2009 11:00
Queres comentar ou preguntar algo?
pautas para as reclamaciois as listas
Deixamos aquí un artigo que xa posteamos, sobre as reclamaciois das listas provisorias, foi de cando sairon a do resto de persoal pero serve perfectamente para estas.
Aproveitade este post para facer as preguntas que consideredes oportunas, sobre as reclamaciois.

Pero antes de pegalo aclaramos un par de cuestiois que xa tedes preguntado.

O tempo de paro somente serve de 3 anos para atras dende o dia anterior da publicación da convocatoria, é decir dende mediados de abril do 2006.

Para facer reclamaciois sobre outra xente, tedes que seguir o mesmo procedemento e indicar as causas polo que pensades que esa xente non pode ter os puntos cos que aparecen.

Por último, as reclamaciois fanse pola xente afectada, non por sindicato ningún.

Preguntas máis comúns sobre as listaxes provisionais de selección temporal do Servizo Galego de Saúde, correspondentes á convocatoria de 2007 (DOG do 19 de xullo).

¿Onde podo consultar as listas de selección temporal?
As listas publícanse nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde e das xerencias de atención primaria, hospitais e complexos hospitalarios; así como tamén na páxina web da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde (accedendo ao cadro Espazo PROFESIONAL >> Emprego público >> Listados de contratación, marcando finalmente o nome da categoría/s do seu interese).

¿Que podo facer se non estou de acordo coa puntuación que teño asignada, ou se figuro na relación de aspirantes excluídos?
Ten a posibilidade de presentar unha reclamación contra a lista provisional, dirixida á dirección provincial do Servizo Galego de Saúde que corresponda coa provincia da área de xestión solicitada ou, no caso de ser unha categoría de ámbito autonómico, á dirección provincial que vostede indicara na súa solicitude de inclusión nas listas (lémbrase que as áreas de xestión das correspondentes provincias figuran no modelo de solicitude empregado). Nesa reclamación deberá expoñer os motivos dela, podendo xuntarlle a documentación que estime conveniente para fundamentala, ou para corrixir o erro que segundo vostede se puidese ter cometido.

¿Onde podo presentar unha reclamación contra as listas provisionais?
As reclamacións poden presentarse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, nos rexistros das direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde, nos rexistros dos centros hospitalarios e das xerencias de atención primaria do Servizo Galego de Saúde, así como tamén nas oficinas de correos e nas demais dependencias ás que se refire o artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; indicando sempre a dirección provincial do Servizo Galego de Saúde á que corresponda a súa recepción e revisión.

¿Que prazo teño para presentar unha reclamación contra as listaxes, e a partir de qué data podo facelo?

Con carácter xeral, o prazo para formular as reclamacións contra as listas ante as direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde é de 10 días hábiles (neste caso lembrade que son 20 dias hábiles), pero deberá estar pendente do que indique ao respecto o correspondente anuncio de publicación das listas no Diario Oficial de Galicia. Nese anuncio indicaranse expresamente as datas de comezo e remate do dito prazo de reclamacións, con independencia de que as listaxes se publiquen con anterioridade nos taboleiros de anuncios dos centros e nesta web; pois estas publicacións previas teñen tan só un carácter informativo, iniciándose o período de reclamacións sempre a partir da data indicada no Diario Oficial de Galicia e non antes.

¿Se presento unha reclamación, cando e como me contestan?

As reclamacións enténdense estimadas ou desestimadas coa resolución pola que se publican as listas definitivas, do xeito establecido para as provisionais (con publicación no DOG, ademais de nos taboleiros de anuncios das oficinas administrativas e nesta web). Coa citada publicación se dará resposta ás reclamacións contra as listaxes provisorias, iniciándose o prazo dun mes, que se indicará na propia resolución, para presentar un recurso administrativo contra as listas definitivas, no suposto de que os aspirantes entendesen que a súa puntuación nelas (ou a súa exclusión, de ser o caso) aínda non fose a correcta.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 18-12-2009 20:28
Queres comentar ou preguntar algo?
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0