|
|
|
|
longa vida! |
|
Enlazando este vídeo que vedes abaixo queremos facer un par de homenaxes.
Unha, a todas as persoas que perderon a súa vida por mor das súas ideas, asasinadas, perseguidas ou marxinadas por pensar diferente, por loitar contra o franquismo, por defender a orde social elixida polo pobo e roubada por un "movemento" fascista e asasino. Parece ser que non chegou con seren perseguidas, asasinadas e tiradas nas gavias coma animais naquel momento. Agora volven ser perseguidas, porque parece que hai xente que non quere que se recuperen os seus corpos e que as súas familias poidan facer que descansen dunha vez en paz. Parece que hai xente que non quere ter memoria (ou que non quere que a teñamos @s demais).
A outra homenaxe, máis actual, é para unha persoa (el xa sabe quen é) que nos está botando un cable cun proxecto no que andamos, que botará a andar próximamente...
|
|
|
|
Tres millóns de euros para destruír o Courel |
|
artigo extraido de vieiros
DENUNCIA
Tres millóns de euros para destruír o Courel
SOS Courel e Adega denuncian os estragos producidos na vexetación autóctona co pretexto da súa rexeneración hidrolóxica e forestal.

Un tras doutro, o colectivo ecoloxista-cultural SOS Courel segue denunciando o que considera atentados sobre o seu patrimonio natural: a serra do Courel, un espazo protexido pola Rede Natura. Unha vez máis, as agresións veñen da man da propia Administración, ben da Xunta, ben do goberno español que, segundo explican, están a malgastar os fondos procedentes da Unión Europea en actuacións de dubidoso respecto ambiental.
A súa denuncia, que xa foi trasladada ao parlamento europeo polo representante de Esquerda Unida, Willi Meyer, refírese ás intervencións enmarcadas na ?restauración hidrolóxica forestal?, para a que xa se dispuxeron duns tres millóns de euros dos fondos europeos. SOS Courel explica que estas intervencións, que están proxectadas para seren realizadas de xeito manual, están a ser acometidas con grande maquinaria. Este intento de aforrar man de obra e de multiplicar os beneficios económicos está a supoñer a destrución sistemática dos hábitats protexidos.
Destrución ambiental
Este luns Adega sumouse a estas denuncias e centrou a súa atención nos traballos de rexeneración forestal que está a executar a empresa Tragsa no monte das Lampas. Pide tamén ás autoridades competentes ?que fagan cumprir a lexislación con respecto á protección dos hábitats? e chama a atención sobre as consecuencias destas actuacións. ?Están destruíndo uceiras protexidas que son decapadas por buldóceres e en plena época de cría dos animais silvestres?. Así, lamentan que o obxectivo non sexa outro que ?plantar milleiros de piñeiros e facer corta-lumes?.
Á situación do monte de Lampas súmase a de tantos outros espazos da serra. SOS Courel denunciou tamén actuacións como as plantacións ilegais de piñeiros en Louzara ou a destrución de hábitats en Ferreirós ou en Ferramulín, entre outros. |
|
|
|
manipulación na radio galega |
|
artigo extraido de avantar
A sección sindical da CRTVG amosa a súa preocupación polas ameazas da subdirectora de contido na redacción da Radio Galega
Exixe ao Director Xeral e á Xerencia que se normalice e reconduza a actuación do equipo directivo da Radio

A Coordinadora da sección sindical da CIG denuncia as ameazas da subdirectora de Contido da Radio Galega, Rosa Sierra, ás/aos locutoras/es e redactoras/es de informativos, a manipulación informativa decretada desde a dirección para a información en xeral, e no que respecta ás mobilizacións que se convocaron contra o Decreto de Plurilingüismo en particular, e demanda a posta en marcha dos Consellos de Redacción para tratar de frear esta situación.
Reproducimos a nota emitida pola Coordinadora da sección sindical da CIG, polo seu interese:
O COORDINADORA da CIG viña prestando especial atención á situación creada nos departamentos de Informativos e Programas durante as últimas semanas, sobre todo a raíz das mobilizacións contra o Decreto do Plurilingüismo.
Tras debater sobre os feitos relatados por algúns dos seus membros e corroborados por diferentes testemuñas de traballadores, acordou propor ó Comité de Empresa a aprobación dun escrito denunciando a situación. Pero por diferentes causas alleas á vontade desta Coordinadora, o Comité non se reuniu este pasado xoves como adoita facer e como estaba convocado.
Daquela a CIG considera que non se pode agardar máis para reaccionar ante uns feitos que consideramos graves e que expomos de contado.
Na xuntanza de hoxe a CIG ACORDOU:
Lamentar e condenar as ameazas que a Subdirectora de Contido, Rosa Sierra, lanzou a toda a redacción, de viva voz , nun intento de meterlle medo ós traballadores que ?ousen? falar de vetos ós redactores.
As súas palabras, dirixidas á toda redacción , ... ?a partir de ahora voy a vetar de verdad? , nun ton exaltado e ameazador, non se poden consentir nunha empresa cunhas relacións laborais ordenadas e razoables. Por se non abondase , ó dia seguinte chegou a repetir a advertencia : ??Hasta ahora fuí una señora. A partir de ahora se van a cagar? frase pronunciada nunha conversa cun traballador pero en ton moi alto e perfectamente audible en boa parte da redacción, con clara intención de que todos a escoitasen.
Os feitos descualifícanse de seu e non pasarían de ser unha lamentable ?saída do testo? se non fose porque representan un intento de asustar ós traballadores ós que se considera co-partícipes do ?pecado? de preguntar polos motivos dunha decisión da Dirección. Estas ameazas son, ademais, un ataque á independencia profesional dos xornalistas, incompatible coa propia existencia dun medio público como a Radio Galega.
Este episodio complétanse co tratamento informativo que tivo todo o referido ó polémico Decreto, tratamento no que a RG amosou, unha vez máis, que está só para servir ós intereses da Xunta.
Poderase negar esta afirmación, pero a realidade é teimuda en demostralo. Dende entrevistas a eito a prol do decreto, con preguntas do entrevistador cargadas de opinión, ata intentos de impoñer convidados en determinados programas, pasando por ordes para abrir as información con determinadas frases, compuxeron un panorama de manipulación informativa só superado coa propia noticia do día da manifestación contra o Decreto. Chegouse a facer ?contra-información preventiva?: na véspera da protesta, o Redactor Xefe xa tiña escrito un texto con cortes de voz de persoas opostas á xornada de folga no ensino. Se os convocantes non tiveron voz para falar da incidencia do paro, si falaron un representante dunha ANPA e o secretario dun CEIP que, a título particular , amosaron a súa oposición á folga.
E nestes días as medidas de control sobre o que escribe o persoal, subiron un grao : ós traballadores de programas e ás delegacións, obrígaselles a escribir no sistema aberto, algo que se levaba pedindo dende hai tempo por necesidades operativas. Pero adoptar agora esa decisión parece obedecer a un intento dos xefes por aumentar o control preventivo da censura, máis que por solucionar os problemas que había de acceso á información.
Resulta particularmente rechamante que estas actuacións partan da Directora de Contido e do Redactor Xefe, dúas persoas que ata hai pouco tempo tiñan responsabilidades ó máis alto nivel na representación dos traballadores : presidenta do Comité de Empresa e Delegado Sindical, respectivamente.
A Coordinadora da CIG considera que sería fundamental, para tratar de atallar esta desfeita na política informativa da RG, botar a andar, dunha vez por todas, os Consellos de Redacción, cuxa constitución está dende sempre recollida nos distintos Convenios Colectivos da CRTVG. E nese senso lembrámoslle ó Director Xeral que moitos dos membros do seu actual equipo directivo na TVG foron arduos defensores, radicais reclamantes, da creación deses Consellos. Nas súas mans está, agora, facelo. Nese labor pode contar con este sindicato.
Acórdase dar publicidade a este escrito e remitirlle copias ó Director Xeral e á Directora Xerente da Radio Galega, como responsables últimos de todo o aquí recollido, facéndolles a petición de que reclamen dos seus mandos intermedios un pouco de sosego e sentidiño, un chisco máis de profesionalidade e o respecto á liberdade no exercicio xornalístico dos seus locutores e redactores. Seguiremos tentando que o Comité de Empresa se pronuncie sobre a situación.
San Marcos, a 8 de Febreiro de 2010.
|
|
|
|
cuestión de dietas |
|
Mentres a unhos se nos esixe un esforzo máximo para capear a crise, incumprimento de acordos, elevar a idade de xubilación, propostas de despido case que gratuito, etc etc, a outros os cartos chóvenlle do ceo, este de abaixo é un artigo e "la voz de Galicia"
salario público
O Parlamento paga máis de 1.000 euros ao mes a deputados por viaxes que non fan.
Hai deputados autonómicos fincados en Santiago a quen, á parte do seu soldo, páganlles un plus de quilometraxe, de máis de 1.000 euros mensuais, coma se vivisen nas montañas do Courel.
Hai deputados autonómicos fincados en Santiago a quen, á parte do seu soldo, páganlles un plus de quilometraxe, de máis de 1.000 euros mensuais, coma se vivisen nas montañas do Courel. Tamén os hai que comparten coche e cobran o desprazamento por separado ou, ata, algún que non ten carné e percibe o extra como o que conduce a diario. A denuncia feita polo PSOE contra o deputado popular Antonio Rodríguez Miranda polo suposto cobro ilícito de viaxes abriu a caixa dos tronos no Parlamento galego e pode acabar chamuscando a todos os grupos políticos.
O dereito a percibir unha compensación económica por acudir a «actos parlamentarios» é practicamente tan antigo como a propia institución. Actualmente, un deputado percibe 0,27 euros por cada quilómetro que realiza para asistir a unha sesión plenaria, a unha comisión, a unha reunión da mesa de comisión ou a unha xunta do seu grupo político.
En total, son entre doce e quince días, máis ou menos, os que se poden cobrar ao mes e para un parlamentario de Ourense a cifra pódese traducir nun plus de 600 euros mensuais, se vive na capital, ou de ata 1.200 se declara o seu domicilio no extremo oriental da provincia, como lle ocorre aos socialistas Carmen Acuña (O Barco) ou a Francisco Rivera (Verín), que acaba de tomar posesión do seu escano en substitución de Laura Seara.
26.000 euros nun mandato
Os socialistas foron quen lanzaron a primeira pedra ao acusar a Miranda de cobrar na anterior lexislatura 26.000 euros en quilometraxes cando adoitaba viaxar no coche oficial de José Manuel Baltar, o que foi o seu rival político no último congreso do PP. A dirección popular reaccionou de inmediato disparando contra Seara, hoxe presidenta do Instituto da Muller, por cobrar desprazamentos cando se movía nun coche oficial de Medio Ambiente, sendo Pachi Vázquez conselleiro. Iso, cando non compartía asento co tamén deputado Pablo López Vidal.
A socialista coruñesa Mar Barcón viuse tamén no medio do disparadero, ao ser acusada polo PP de acudir durante anos ao Hórreo nun coche oficial do Concello da Coruña. Ela defendeuse solicitando un certificado á Mesa da Cámara, no que consta que entre o 2006 e o 2009 non cobrou nin un euro do Parlamento.
Pero o cruzamento de acusacións non fixo senón avivar máis o debate e a marcaxe duns deputados a outros. Ao secretario da Mesa, o popular José Manuel Balseiro, apúntano co dedo por utilizar o seu coche oficial para transportar de paso ao vilalbés Agustín Baamonde, a quen o sistema habilitado no Hórreo permitiríalle cobrar aparte o seu desprazamento. E o mesmo sucedería cos nacionalistas vigueses Carme Adán e Henrique Viéitez cada vez que comparten coche.
«O problema reside en que a quilometraxe se paga sempre de forma automática desde o domicilio declarado», sinala un deputado do PP, quen relata que os parlamentarios nin sequera teñen que reclamar o seu plus. Abonda con que pasen lista nunha comisión e estean presentes para que os servizos da Cámara compútenlles o desprazamento. E aínda que resida en Santiago, dá igual. Se o domicilio declarado é Ribadeo, percibirá 110 euros por cada día de actividade parlamentaria. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
manifesto do comite de empresa do hospital da cruz roja de Vigo |
|
HOSPITAL CRUZ ROJA DE VIGO
As Centrais Sindicais que compoñen o Comité de Empresa do Hospital da ?Cruz Roja? de Vigo, subscriben o seguinte manifesto:
Os intereses partidistas da ONG Cruz Roja e do SERGAS, pecharán un Hospital de case 60 anos de historia e emblema na cidade de Vigo. Un Hospital que lle da unha cobertura social esencial á Comarca de Vigo para a atención a pacientes sen recursos e de longa estancia debido ás especiais circunstancias da súa enfermidade.
Do mesmo xeito, deixará na rúa á totalidade da plantilla, 70 traballadores/as moitos deles con máis de 30 anos de servizo no Hospital e cunhas idades de complexa reinserción laboral.
Polo que, solicitamos da cidadanía e das Administracións competentes que tomen as medidas oportunas para que non se leve a cabo dito atentado socio-laboral por parte da Cruz Roja, co consentimento do SERGAS e por ende da Xunta de Galicia, contra a cidadanía de Vigo.
|
|
|
|
os pecados de Haití |
|
Reproducimos aqui literalmente, no seu idioma orixinal, este artigo de Eduardo Galeano, unha reflexión feita en 1996 sobre a situación de Haiti (previa ao devastador terremoto), e a historia desa situación, que agora se agrava. Non deixa de ser irónico (e triste) que un artigo de 1996 poida describir con tanta actualidade a situación deste pequeno pais caribeño.
Los pecados de Haiti.
Eduardo Galeano
La democracia haitiana nació hace un ratito. En su breve tiempo de vida, esta criatura hambrienta y enferma no ha recibido más que bofetadas. Estaba recién nacida, en los días de fiesta de 1991, cuando fue asesinada por el cuartelazo del general Raoul Cedras. Tres años más tarde, resucitó. Después de haber puesto y sacado a tantos dictadores militares, Estados Unidos sacó y puso al presidente Jean-Bertrand Aristide, que había sido el primer gobernante electo por voto popular en toda la historia de Haití y que había tenido la loca ocurrencia de querer un país menos injusto.
El voto y el veto
Para borrar las huellas de la participación estadounidense en la dictadura carnicera del general Cedras, los infantes de marina se llevaron 160 mil páginas de los archivos secretos. Aristide regresó encadenado. Le dieron permiso para recuperar el gobierno, pero le prohibieron el poder. Su sucesor, René Préval, obtuvo casi el 90 por ciento de los votos, pero más poder que Préval tiene cualquier mandón de cuarta categoría del Fondo Monetario o del Banco Mundial, aunque el pueblo haitiano no lo haya elegido ni con un voto siquiera.
Más que el voto, puede el veto. Veto a las reformas: cada vez que Préval, o alguno de sus ministros, pide créditos internacionales para dar pan a los hambrientos, letras a los analfabetos o tierra a los campesinos, no recibe respuesta, o le contestan ordenándole:
-Recite la lección.
Y como el gobierno haitiano no termina de aprender que hay que desmantelar los pocos servicios públicos que quedan, últimos pobres amparos para uno de los pueblos más desamparados del mundo, los profesores dan por perdido el examen.
La coartada demográfica
A fines del año pasado cuatro diputados alemanes visitaron Haití. No bien llegaron, la miseria del pueblo les golpeó los ojos. Entonces el embajador de Alemania les explicó, en Port-au-Prince, cuál es el problema:
-Este es un país superpoblado -dijo-. La mujer haitiana siempre quiere, y el hombre haitiano siempre puede.
Y se rió. Los diputados callaron. Esa noche, uno de ellos, Winfried Wolf, consultó las cifras. Y comprobó que Haití es, con El Salvador, el país más superpoblado de las Américas, pero está tan superpoblado como Alemania: tiene casi la misma cantidad de habitantes por quilómetro cuadrado.
En sus días en Haití, el diputado Wolf no sólo fue golpeado por la miseria: también fue deslumbrado por la capacidad de belleza de los pintores populares. Y llegó a la conclusión de que Haití está superpoblado? de artistas.
En realidad, la coartada demográfica es más o menos reciente. Hasta hace algunos años, las potencias occidentales hablaban más claro.
La tradición racista
Estados Unidos invadió Haití en 1915 y gobernó el país hasta 1934. Se retiró cuando logró sus dos objetivos: cobrar las deudas del City Bank y derogar el artículo constitucional que prohibía vender plantaciones a los extranjeros. Entonces Robert Lansing, secretario de Estado, justificó la larga y feroz ocupación militar explicando que la raza negra es incapaz de gobernarse a sí misma, que tiene ?una tendencia inherente a la vida salvaje y una incapacidad física de civilización?. Uno de los responsables de la invasión, William Philips, había incubado tiempo antes la sagaz idea: ?Este es un pueblo inferior, incapaz de conservar la civilización que habían dejado los franceses?.
Haití había sido la perla de la corona, la colonia más rica de Francia: una gran plantación de azúcar, con mano de obra esclava. En El espíritu de las leyes, Montesquieu lo había explicado sin pelos en la lengua: ?El azúcar sería demasiado caro si no trabajaran los esclavos en su producción. Dichos esclavos son negros desde los pies hasta la cabeza y tienen la nariz tan aplastada que es casi imposible tenerles lástima. Resulta impensable que Dios, que es un ser muy sabio, haya puesto un alma, y sobre todo un alma buena, en un cuerpo enteramente negro?.
En cambio, Dios había puesto un látigo en la mano del mayoral. Los esclavos no se distinguían por su voluntad de trabajo. Los negros eran esclavos por naturaleza y vagos también por naturaleza, y la naturaleza, cómplice del orden social, era obra de Dios: el esclavo debía servir al amo y el amo debía castigar al esclavo, que no mostraba el menor entusiasmo a la hora de cumplir con el designio divino. Karl von Linneo, contemporáneo de Montesquieu, había retratado al negro con precisión científica: ?Vagabundo, perezoso, negligente, indolente y de costumbres disolutas?. Más generosamente, otro contemporáneo, David Hume, había comprobado que el negro ?puede desarrollar ciertas habilidades humanas, como el loro que habla algunas palabras?.
La humillación imperdonable
En 1803 los negros de Haití propinaron tremenda paliza a las tropas de Napoleón Bonaparte, y Europa no perdonó jamás esta humillación infligida a la raza blanca. Haití fue el primer país libre de las Américas. Estados Unidos había conquistado antes su independencia, pero tenía medio millón de esclavos trabajando en las plantaciones de algodón y de tabaco. Jefferson, que era dueño de esclavos, decía que todos los hombres son iguales, pero también decía que los negros han sido, son y serán inferiores.
La bandera de los libres se alzó sobre las ruinas. La tierra haitiana había sido devastada por el monocultivo del azúcar y arrasada por las calamidades de la guerra contra Francia, y una tercera parte de la población había caído en el combate. Entonces empezó el bloqueo. La nación recién nacida fue condenada a la soledad. Nadie le compraba, nadie le vendía, nadie la reconocía.
El delito de la dignidad
Ni siquiera Simón Bolívar, que tan valiente supo ser, tuvo el coraje de firmar el reconocimiento diplomático del país negro. Bolívar había podido reiniciar su lucha por la independencia americana, cuando ya España lo había derrotado, gracias al apoyo de Haití. El gobierno haitiano le había entregado siete naves y muchas armas y soldados, con la única condición de que Bolívar liberara a los esclavos, una idea que al Libertador no se le había ocurrido. Bolívar cumplió con este compromiso, pero después de su victoria, cuando ya gobernaba la Gran Colombia, dio la espalda al país que lo había salvado. Y cuando convocó a las naciones americanas a la reunión de Panamá, no invitó a Haití pero invitó a Inglaterra.
Estados Unidos reconoció a Haití recién sesenta años después del fin de la guerra de independencia, mientras Etienne Serres, un genio francés de la anatomía, descubría en París que los negros son primitivos porque tienen poca distancia entre el ombligo y el pene. Para entonces, Haití ya estaba en manos de carniceras dictaduras militares, que destinaban los famélicos recursos del país al pago de la deuda francesa: Europa había impuesto a Haití la obligación de pagar a Francia una indemnización gigantesca, a modo de perdón por haber cometido el delito de la dignidad.
La historia del acoso contra Haití, que en nuestros días tiene dimensiones de tragedia, es también una historia del racismo en la civilización occidental.
Publicado inicialmente en: Brecha 556, Montevideo, 26 de julio de 1996.
|
|
|
|
Manifesto en defensa dos dereitos fundamentais en internet |
|
Manifesto en defensa dos dereitos fundamentais en internet
Ante a inclusión no Anteproxecto de Lei de Economía sostible de modificacións lexislativas que afectan ao libre exercicio das liberdades de expresión, información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os xornalistas, bloggers, usuarios, profesionais e creadores de internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que?
1.- Os dereitos de autor non poden situarse por encima dos dereitos fundamentais dos cidadáns, como o dereito á privacidade, á seguridade, á presunción de inocencia, á tutela xudicial efectiva e á liberdade de expresión.
2.- A suspensión de dereitos fundamentais é e debe seguir sendo competencia exclusiva do poder xudicial. Nin un peche sen sentenza. Este anteproxecto, en contra do establecido no artigo 20.5 da Constitución, pon en mans dun órgano non xudicial ? un organismo dependente do ministerio de Cultura -, a potestade de impedir aos cidadáns españois o acceso a calquera páxina web.
3.- A nova lexislación creará inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, prexudicando un dos poucos campos de desenvolvemento e futuro da nosa economía, entorpecendo a creación de empresas, introducindo trabas á libre competencia e retardando a súa proxección internacional.
4.- A nova lexislación proposta ameaza aos novos creadores e entorpece a creación cultural. Con Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratizouse extraordinariamente a creación e emisión de contidos de todo tipo, que xa non proveñen prevalentemente das industrias culturais tradicionais, senón de multitude de fontes diferentes.
5.- Os autores, como todos os traballadores, teñen dereito a vivir do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades asociadas ás súas creacións. Intentar soster con cambios lexislativos a unha industria obsoleta que non sabe adaptarse a esta nova contorna non é nin xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio baseábase no control das copias das obras e en Internet non é posible sen vulnerar dereitos fundamentais, deberían buscar outro modelo.
6.- Consideramos que as industrias culturais necesitan para sobrevivir alternativas modernas, eficaces, cribles e alcanzables e que se adecuen aos novos usos sociais, en lugar de limitacións tan desproporcionadas como ineficaces para o fin que din perseguir.
7.- Internet debe funcionar de forma libre e sen interferencias políticas auspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que o saber humano siga sendo libre.
8.- Esiximos que o Goberno garanta por lei a neutralidade da Rede en España, ante calquera presión que poida producirse, como marco para o desenvolvemento dunha economía sostible e realista de face ao futuro.
9.- Propomos unha verdadeira reforma do dereito de propiedade intelectual orientada ao seu fin: devolver á sociedade o coñecemento, promover o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.
10.- En democracia as leis e as súas modificacións deben aprobarse tras o oportuno debate público e habendo consultado previamente a todas as partes implicadas. Non é de recibo que se realicen cambios lexislativos que afectan a dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que versa sobre outra materia.
Este manifesto, elaborado de forma conxunta por varios autores, é de todos e de ningún. Se te queres sumar a el, difúndeo por Internet.
Tamén podes asinar a petición en:
http://www.petitiononline.com/ed021209/petition.html
http://rede-sostible.net/
|
|
|
|
A sanidade galega: bos profesionais e tempo de espera excesivo |
|
artigo extraido de vieiros
OS PACIENTES OPINAN
A sanidade galega: bos profesionais e tempo de espera excesivo
Un informe da Unión Galega de Consumidores revela que os pacientes desaproban a simultaneidade do exercicio público e privado da profesión médica.

A Unión de Consumidores de Galiza (UCGAL) acaba de presentar as conclusións do II Observatorio da Sanidade Pública Galega, un estudo elaborado a partir dun milleiro de entrevistas anónimas entre maio e setembro do último ano (marxe de erro: 3,1%). No informe abordan o posicionamento dos pacientes galegos ao respecto de temas como os tempos de espera, a calidade da atención profesional, o tempo que se adica ás consultas, a compaxinación co exercicio privado da medicina ou o novo sistema de petición de citas telefónico, entre outros temas.
Tempos de espera e calidade profesional
A opinión dos usuarios galegos do sistema público de sanidade varía en función de diferentes variábeis. Así, consideran os tempos excesivos en maior grao cando nos referimos á atención especializada, á ciruxía ou ás probas diagnósticas, en maior medida que na asistencia primaria. Así, o 80% consideran que os tempos de espera en atención primaria son curtos ou prudenciais mentres que no caso da especializada a porcentaxe dos descontentos aumenta: en especializada, o 77% considera o tempo de espera excesivo; en probas diagnósticas ou cirurxía, o 66%.
No referente ao tempo que cada doutor adica á atención do paciente tamén temos datos diferentes: é escaso para o 49,9% dos pacientes de atención primaria e para o 56,5% dos que acoden á consulta do especialista.
Se falamos da calidade profesional do doutor, na atención primaria os resultados amosan que máis do 62% dos entrevistados cualifica de boa a atención que lle dispensan; unha porcentaxe que baixa até o 46,5% no caso da consulta do especialista e que se sitúa no 41,5 no caso de probas diagnósticas ou intervencións cirúrxicas.
Na privada e na pública
Outra das conclusións que se extraen do informe é a consideración negativa que os pacientes teñen da simultaneidade do exercicio público e privado da profesión médica. Máis do 66% dos entrevistados valoran negativamente esta práctica fronte a algo menos do 17% que a valoran positivamente.
Ao respecto da posta en marcha do novo número de atención telefónica para solicitar cita médica (902 077 333), o 49,5% dos enquisados aseguran que non mellorou en nada o anterior sistema. Finalmente, até un 57,6% dos galegos considera inapropiado o nivel de participación cidadá na xestión sanitaria.
Podes ler aquí todas as conclusións do II Observatorio da Sanidade Pública Galega (UCGAL) |
|
|
|
queremos celadores, XA! |
|
 Os comités de empresa do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee e do Hospital da Barbanza de Ribeira, veñen de xuntar esforzos para formalizar a loita pola dotación de celadores nestes centros creando unha plataforma reivindicativa que leva por nome "queremos celadores xa!".
Parece mentira que a estas alturas siga habendo necesidade desta reivindicación, que xa hai tempo que se ven realizando (desde os tempos en que estes centros eran fundacións públicas) polo persoal destes centros, pero efectivamente en pleno ano 2010, os Hospitais de Cee e Barbanza carecen de celadores, obrigando con isto a que o resto do persoal faga máis traballo do que lle corresponde ao ter que asumir o traballo de mobilización e traslado de pacientes e materiais, creando con isto un grave agravio comparativo co persoal das mesmas categorías do resto de centros do SERGAS, e que o SERGAS non fai nada por arranxar. Xa vai sendo hora, se estes hospitais son da rede do SERGAS deben selo a todos os efectos.
Deixámosvos aqui o enlace á paxina web da Plataforma Queremos Celadores XA! recén creada, onde podedes apoiar as súas reivindicacións.
Vaia por diante o noso apoio a esta xusta loita. |
|
|
|
Haidar volve á terra |
|
Haidar volve á terra: "É unha vitoria para a causa saharahuí"
Logo de 32 días en folga de fame, a activista regresa ao Aiún grazas á presión social e da comunidade internacional.
A independentista Aminatu Haidar saíu rumbo ao Sáhara. O goberno marroquí aceptou por fin a volta á casa da activista saharuí. Un avión fletado polo goberno español despegou a última hora deste xoves (23.30 horas) de Lanzarote rumbo ao Aiún. A comunidade saharauí festexa a vitoria.
Haidar, que se atopa moi feble logo de 32 días en folga de fame, agradeceu as grandes mostras de solidariedade da sociedade civil. A activista subliñou que o seu regreso é "unha vitoria para a causa saharahuí".

O goberno marroquí, que ocupa as terras do Sáhara,aceptou o regreso da independentista "sen condicións". Haidar non terá que pedirlle perdón ao rei marroquí nin recoñecer publicamente a nacionalidade dese país, tal e como pretendían obrigala a facer.
Preocupación polo seu futuro
Agora resta por saber se as forzas marroquís van caer na tentación de tomar represalias contra a Haidar a medio prazo. Defensores da causa saharauí lembraron que o goberno de Marrocos vulnera reiteradamente os dereitos humanos á hora de reprimir a loita independentista.
noticia extraida de vieiros |
|
|
|
Manifesto: Con Aminetu Haidar na súa loita pola Soberanía do Sáhara Occidental |
|
Manifesto: Con Aminetu Haidar na súa loita pola Soberanía do Sáhara Occidental
Os traballadores e traballadoras, seccións sindicais, comités de empresa e sindicatos que asinamos este manifesto facémolo polas seguintes consideracións:

1.- Hai varias semanas que Aminetu Haidar se declarou en folga de fame no aeroporto de Lanzarote protestando pola súa expulsión do Sáhara Occidental e reclamando exercer o dereito de regresar ao seu País.
2.- Aminetu Haidar é unha activista saharui que ten sufrido anos de prisión e torturas nos cárceres marroquinos por defender de maneira pacífica o dereito do Sáhara Occidental á constituírse en Estado Soberano.
3.- A loita de Aminetu Haidar a prol dos dereitos humanos e políticos da poboación saharui que vive nos territorios ocupados militarmente por Marrocos, ten sido recoñecida, mediante premios e nominacións de carácter internacional, por numerosas organizacións e institucións de Europa e América.
4.- Marrocos invadiu o Sáhara Occidental en novembro de 1975 e desde esa data o Reino de Marrocos ven aplicando sistematicamente unha política continuada de ocupación militar, explotación dos recursos económicos, colonización humana con poboación marroquí e asimilación política, administrativa e cultural.
5.- O Reino de Marrocos leva vinte anos boicoteando todas as disposicións e resolucións das Nacións Unidas tendentes á realización de un Referendum de Autodeterminación entre a poboación saharaui.
6.- O Estado español, incumpriu vergonzosamente as súas obrigacións como potencia colonizadora do Sáhara Occidental e no canto de impulsar a súa independencia, repartiu Sáhara Occidental entre Marrocos e Mauritania no ignominioso Tratado de Madrid.
7.- Para as Nacións Unidas, o Estado español segue a ser a potencia responsábel da descolonización do Sáhara Occidental e ano tras ano lle recorda as súas obrigas para con o Pobo Saharaui, único territorio africano sen descolonizar.
8.- Os sucesivos gobernos españois veñen apoiando de maneira explícita ou implícita as teses e as políticas de ocupación e dominio defendidas e aplicadas por Marrocos. Máis aínda, España vende armamento lixeiro e pesado a Marrocos ao tempo que explota os recursos naturais saharauis. A última mostra deste apoio é a colaboración, connivencia e actuación conxunta dos Gobernos de Rabat e Madrid para desterrar a Aminetu Haidar cara as Illas Canarias.
9.- En Europa, Francia lidera un numeroso grupo de Países que apoian a ocupación marroquí por intereses económicos, políticos e xeoestratéxicos. En concordancia con esta posición, a UE considera a Marrocos socio económico e político preferente.
10.- Coa súa loita, Aminetu Haidar está a romper o muro de silencio construído arredor do seu Pobo; está a deixar en evidencia a co-responsabilidade dos gobernos español e marroquí no seu sufrimento individual como persoa e colectivo como pobo. O Pobo Saharaui ten dereito a existir, a expresarse, a ser libre e soberano, a exercer o dereito de autodeterminación.
Galiza, decembro de 2009.
Podes asinalo aquí |
|
|
|
Manifesto "En defensa dos dereitos fundamentais en Internet" |
|
fonte: Vieiros
Internautas rebélanse na defensa dos dereitos fundamentais
Un grupo de blogueiros redactou un decálogo para amosar a súa oposición á lei que prepara o goberno español para pechar sen orde xudicial webs de descargas.
Un grupo de xornalistas, blogueiros e internautas redactaron un manifesto na defensa dos dereitos fundamentais na internet que se está a estender rapidamente e de xeito viral pola rede. O texto nace como unha reacción ao Anteproxecto de Lei de Economía sostíbel, que inclúe modificacións que pretenden salvagardar os dereitos de autor e que lle afectan "ao libre exercicio das liberdades de expresión, información e o dereito de acceso á cultura a través da rede".
O decálogo expresa a oposición a ese texto lexislativo, con argumentos como que "os dereitos de autor non se poden situar por riba dos dereitos fundamentais da cidadanía, como a privacidade, a seguridade, a presunción de inocencia, a tutela xudicial e a liberdade de expresión". Tamén salienta que "a suspensión de dereitos fundamentais é competencia exclusiva do poder xudicial", polo que rexeita a posibilidade de que un organismo do Ministerio de Cultura poida pechar páxinas web alén dos xulgados.
Outro dos aspectos que se mencionan é que a nova lexislación "creará inseguridade xurídica" no sector tecnolóxico, "ameaza os novos creadores e entorpece a creación cultural" ao poñerlle barreiras á internet. Recoñece que os autores, "como todos os traballadores, teñen dereito a vivir do seu traballo", pero non tentando perpetuar un modelo de negocio "obsoleto", polo que avoga por buscar "alternativas modernas" para a supervivencia das industrias culturais.
O decálogo conclúe que internet "debe funcionar de forma libre e sen interferencias políticas" e exíxelle ao goberno español que garanta por lei "a neutralidade da rede" fronte a calquera presión e que reforme "o dereito de propiedade intelectual orientada ao seu fin: devolverlle á sociedade o coñecemento, promover o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras". As modificacións lexislativas, engade, débense aprobar "despois do oportuno debate político e consultando previamente as partes implicadas", pois non se deben modificar leis "que afectan dereitos fundamentais nunha lei non orgánica".
Manifesto "En defensa dos dereitos fundamentais en Internet"
Ante a inclusión no anteproxecto de lei sobre a economía sustentábel das
modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades
de expresión, de información e o dereito de acceso á cultura a través de
Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores
de Internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e
declaramos que ...
1 .- Os dereitos de autor non poden estar por riba dos dereitos
fundamentais dos cidadáns, incluíndo o dereito á privacidade, a
seguridade, a presunción de inocencia, á tutela xurisdicional efectiva e
a liberdade de expresión.
2 .- A suspensión dos dereitos fundamentais é e debe seguir sindo unha
competencia exclusiva do Poder Xudicial. Nin un peche sen unha sentenza.
Este anteproxecto, ao contrario do disposto no artigo 20.5 da
Constitución, pon en mans dun corpo non xudicial, un organismo
dependente do Ministerio de Cultura, a potestade de poder impedir o
acceso dos cidadáns españois a calquera páxina web.
3 .- A nova normativa vai xerar inseguridade xurídica en todo o sector
tecnolóxico español, prexudicando unha das poucas áreas de
desenvolvemento e futuro da nosa economía, dificultando a creación de
empresas, introducindo barreiras á libre competencia, e trabando a súa
expansión internacional.
4 .- A nova lexislación proposta ameaza aos novos creadores e dificulta
a creación cultural. Coa Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos
democratízase drasticamente a creación e emisión de todo tipo de
contidos que xa non veñen principalmente das tradicionais industria
culturais, se non de moitas fontes distintas.
5 .- Os autores, como todos os traballadores teñen dereito a vivir do
seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades
relacionadas coas súas creacións. Tentar de soster con modificacións
lexislativas unha industria anticuada que non sabe adaptarse a ese novo
ambiente non é xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio baséase no
control das copias dos traballos e na Internet non é posíbel sen violar
os dereitos fundamentais, haberán que atopar un outro modelo.
6 .- Cremos que as industrias culturais precisan para sobrevivir de
alternativas modernas, eficaces, credíveles, accesíbeles e que atendan
os novos usos sociais, en vez de limitacións tan desproporcionadas coma
ineficaces para o fin que afirman perseguir.
7 .- Internet debe funcionar libremente e sen interferencias políticas
patrocinadas por grupos que buscan perpetuar modelos de negocio
obsoletos e impedir que o coñecemento humano siga sindo libre.
8 .- Demandamos que o Goberno asegure por lei a neutralidade da rede en
España, ante calquera presión que poda ocorrer, como un marco para o
desenvolvemento dunha economía realista e sustentábel para o futuro.
9 .- Propoñemos unha reforma real dos dereitos de propiedade intelectual
co fin de: retornar á sociedade o coñecemento, impulsar o dominio
público e limitar os abusos das entidades xestoras.
10 .- Nunha democracia as leis e as súas modificacións deben ser
aprobadas despois do debido debate público e de ter consultadas todas as
partes implicadas. É inaceptable que se fagan modificacións lexislativas
que afectan os dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que trata
de outro tema.
|
|
|
|
A Xunta confirma que privatizará 14 centros de día |
|
Di o refrán que cando as barbas do teu veciño vexas afeitar, pon as túas a remollar..
Este de abaixo é un artigo extraido de vieiros
A Xunta confirma que privatizará 14 centros de día
O xerente do Consorcio asegura que é a única opción para abrir estes edificios proxectados polo bipartito e adianta que permitirá un aforro do 25%.
Mentres os traballadores do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar continúan coas súas mobilizacións denunciando o desmantelamento do carácter público deste servizo, o seu responsábel, Roberto Rodríguez, lonxe de negalo, aduce cuestións económicas. Así se desprende do último anuncio da Consellaría de Traballo e Benestar, que confirmou a privatización dos 14 centros de día proxectados polo bipartito e que suman varios meses de atraso nas súas perspectivas de apertura.

Segundo explicou o propio xerente do Consorcio, Roberto Rodríguez, o Goberno entregará estes servizos á xestión privada por medio de concesións administrativas dun ano, prorrogábeis até un máximo de catro. Nas súas palabras, esta decisión tómase por "falta de fondos" e permitira aforrar un 25% no financiamento previsto para a súa xestión. Porén, asegura que "se garantirá o mesmo estándar de calidade", xa que a Xunta "non tolerará residencias de primeira e de segunda".
En concreto, os 14 centros de día ofrecerán máis de 600 prazas para maiores e a actual previsión é que poidan abrir antes do vindeiro mes de marzo nos concellos de Xinzo de Limia, Vilar de Barrio, Nogueira de Ramuín, Carballeda de Avia, A Bola, Rois, San Sadurniño, Culleredo, Cospeito, Begonte, Mondariz e Tomiño.
O BNG denuncia coacción aos concellos
O xerente do Consorcio facía estas declaracións logo de que o portavoz parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, avisase de que este organismo estaba a "coaccionar" a algúns concellos para que apostasen pola xestión privada dos centros de día que deixara comprometidos o bipartito. Segundo explicou, a Xunta "véndelles como vantaxe" aos responsábeis municipais o feito de que a selección e a xestión correría a cargo da empresa privada, polo que así "poderían meter a quen eles quixeran", explicou.
Aymerich puxo de manifesto que esta decisión suporá "incumprir os convenios" que o Consorcio xa pechara cos concellos e avisou de que un cambio de xestión modificará o sistema de "servizos homoxéneos" que se ofrecían até o de agora. |
|
|
|
Dille non! á violencia de xénero |
|
Dille NON á violencia de xénero! Non deixes que che pasen por riba!
25 de novembro. Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Baixo este lema presentábase, en rolda de prensa, a campaña que a Secretaría da Muller da CIG vén desenvolvendo en torno ao día 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Unha campaña que para a Confederación Intersindical Galega non se cingue a unha única data senón que se estende ao longo de todo ano integrando a problemática de xénero nos procesos de negociación colectiva, pero tamén na defensa constante dos dereitos laborais das mulleres, na loita contra a discriminación social, na defensa do dereito ao uso libre do corpo e na defensa do exercicio da maternidade.
?Así é como realmente se combate a violencia estrutural contra as mulleres? explicaba no decurso da presentación da campaña Margarida Corral Sánchez, secretaria confederal de Muller e Mocidade da CIG, quen fixo especial fincapé en que a violencia contra as mulleres non se pode entender só como o uso da forza fisica. ?O físico é o máis visíbel e evidente, pero tamén existe o abuso verbal, emocional, económico, psicolóxico, ambiental e a violencia sexual?.
Por iso, lonxe de recrearse coas consecuencias máis sensacionalistas das agresións, a CIG pretende transmitir, con esta campaña, a imaxe dunha muller decidida, que se enfronta a esta situación e que manifesta un non rotundo contra todo tipo de violencia.
É, xa que logo, unha campaña de sensibilización e concienciación tanto de homes como de mulleres. Sensibilización imprescindíbel para mudar o actual modelo, tanto no plano laboral como social e, nomeadamente ?as estruturas e valores patriarcais que perpetúan e consolidan na sociedade esta violencia sexista, facendo desaparecer situacións e condicións que promoven agresións contra as mulleres?.
Porén, Corral comezou a súa presentación facendo unha lembranza das 5 mulleres que morreron en Galiza vítimas da violencia machista. "Cinco vidas", dixo, "que atoparon a morte por mor da violencia de xénero, pero son moitos máis os casos de mulleres que ven rota a súa vida por culpa dun modelo cultural e social que perpetúa estruturas e valores patriarcais consolidando na sociedade unha violencia sexista, que promove agresións contra as mulleres".
Unha violencia que non se limita á que exercen as "parellas, familiares e viciños , senón tamén a violencia no traballo, tanto na súa modalidade física e psicolóxica, incluíndo por tanto o acoso laboral e sexual, así como as discriminacións laborais que teñen como vítimas ás mulleres".
O mundo do traballo
Corral Sánchez lembrou que desde a CIG se veñen analizando, desde hai anos, os factores socio-culturais que aplican, manteñen e xustifican a desigualdade entre a muller e o home ?comezando pola socialización sexista das nosas crianzas, a división sexual do traballo, a inexistencia dunha conciliación da vida privada e a actividade profesional, a infrarrepresentación das mulleres na toma de decisións, a invisibilización das mulleres no espazo público, todas as formas de violencia de xénero, as dificultades para compatibilizar a saúde reprodutiva co traballo...?
Por iso, a CIG entende que a falta de sensibilización e concienciación dos problemas que suscita na muller a imposición de roles pola sociedade e a forzada distribución do seu tempo, ?todas estas situacións de desigualdade non poden combaterse eficientemente sen o interese, a implicación e o compromiso desta sociedade?.
A secretaria confederal de Muller subliñou que as agresións e os malos tratos cara as mulleres danse en calquera espazo: no fogar, na rúa, nos centros de traballo, nos centros de ensino...
No mundo laboral, en concreto, alertou de que ?o acoso sexual aglutina diferentes xeitos de agresión ás mulleres. En todos os casos, a traballadora ten que facer fronte a unha conduta sexual non desexada. O posto de traballo así como as condicións laborais son empregadas como instrumento de chantaxe, que en moitos casos non se denuncia?.
Para pórlle fin a esta situación, Corral Sánchez insistiu en que é preciso ?mudar o modelo de relacións laborais, transformando tamén as relacións sociais?. Un modelo que é consecuencia dun sistema, o capitalista, que é patriarcal e que afianza o sometemento das mulleres respecto ao dos homes. ?Esta inferiorización é a que dá pe á violencia sexista. As mulleres sempre fomos discriminadas no mundo laboral, que está dividido aínda hoxe, en función do sexo, e onde as posicións das mulleres segue a ser subsidiaria?.
Regulación das relacións laborais
A secretaria confederal de Muller e Mocidade incidiu na necesidade de que se regulen as relacións laborais. Unha regulación que debe sumarse ao rexeitamento colectivo da violencia exercida contra as mulleres en dúas direccións ?explicitando nos convenios colectivos a condena á violencia de xénero, espallando entre os seus destinatarios e destinatarias os contidos da lexislación, e incorporando nos convenios colectivos as melloras que, en cada caso, sexan posíbeis, de cara a asegurar no mundo do traballo a efectividade das medidas contempladas na lexislación.
Recortes orzamentarios do PP para políticas de xénero
Margarida Corral tamén denunciou que, lonxe do que publicita o PP, os recortes orzamentarios en todos os capítulos relacionados coa muller constatan o escaso interese que suscita no goberno galego este asunto. ?Cae fortemente o programa de apoio a conciliación da vida laboral e persoal, un 82,3%, pasando de 5,1 a 0,9 millóns e nas rlativas a accións para a igualdade, protección e promoción da muller descenden un 89,4%, pasando de 31,2 a 8,3 millóns?. O único que medra é o apoio ás mulleres que sofren violencia de xénero, de 2,8 a 3,3 millóns. ?Malia iso, Galiza só conta con 100 prazas públicas destinadas á acollida de mulleres vítimas de violencia de xénero, 75 en casas de acollida e 25 en pisos tutelados?, lembrou.
Tamén se reducen os gastos en todo o que atinxe a temas sociais, agás os destinados á lei de dependencia. E iso, porque ?medran as aportacións procedentes do goberno central e a Xunta de Galiza está obrigada a aportar a parte correspondente?. O resto redúcese, especialmente nos temas de emprego e muller. De feito, os temas de igualdade desaparecen practicamente?, explicou
|
|
|
|
moita solidariedade e restricción de gasto, pero que pasa co plus de altos cargos? |
|
Hai un par de anos, a CIG mobilizábase en contra do plus dos altos cargos, hoxe volta a estar encima da mesa o debate, pero para este plus parece que o PP non pon os mesmos problemas que para cumprir os acordos asinados.
fonte: la voz de galicia
cargos públicos
O PPdeG bloquea de novo o debate para derrogar o plus dos ex altos cargos
Alega que a axenda do próximo pleno do Parlamento «xa era moi voluminosa» e deixa o asunto aparcado
Por segunda vez nos últimos quince días, o PP volveu aplicar a súa maioría para impedir que o Parlamento poida tramitar unha iniciativa lexislativa popular, avalada por 19.000 firmas, na que se pide a supresión do plus que reciben durante toda a súa vida laboral os funcionarios das Administración autonómica e local que durante dous anos ocupen un posto de confianza política na Xunta. A proposta derogatoria, impulsada pola CIG e apadriñada polo Bloque, foi revisada onte polos grupos políticos na reunión da xunta de portavoces, onde o PP impediu a súa inclusión no próximo pleno baixo o pretexto de que a axenda da sesión ía moi cargada.
A conveniencia de tramitar a iniciativa sobre a supresión do plus dividiu onte aos tres grupos da Cámara, que fai dous anos e medio si estiveron de acordo en aprobar por unanimidade este complemento, que inxectará a maiores case 15.000 euros anuais nas nóminas de funcionarios que foron cargos electos ou ocuparon postos de designación política na Xunta. No entanto, o BNG quedouse agora só na súa intención de eliminar o plus, mentres o PP segue defendéndoo e o PSDEG non acaba de definir a súa postura.
O portavoz parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, denunciou onte que se produciu «un veto explícito do PP» á tramitación da iniciativa sobre o plus. O socialista Xaquín Fernández Leiceaga mostrou a súa conformidade con que a proposta «fora alomenos elevada ao pleno» para celebrar o correspondente debate de toma en consideración, aínda que calquera decisión neste sentido pasa polas mans do PP, que ten a maioría.
O portavoz dos populares, Manuel Ruiz, aclarou que o plus dos ex altos cargos non é a única iniciativa lexislativa popular que está pendente de tramitación. «Hai outras», remarcou, antes de insistir en que se a proposta en cuestión non se incluíu na axenda do próximo pleno é porque «xa era moi voluminosa», en tanto que contén asuntos extraordinarios como a petición dunha comisión de investigación sobre a compra da sede do Fegas por parte do último Goberno de Fraga, a aprobación do proxecto de Lei de Pesca ou unha proposición lexislativa dos nacionalistas sobre o comercio interior.
Intercambio de iniciativas
Carlos Aymerich discrepou abertamente coa versión ofrecida por Ruiz, ao sinalar que o seu grupo chegou a retirar da mesa o seu proxecto de lei do comercio con tal de darlle acomodo no próximo pleno á iniciativa do plus dos ex altos cargos. O PP, con todo, dinamitou esta posibilidade, pois Ruiz Rivas asegurou que o seu grupo «non quixo entrar en ningún tipo de mercadeo».
Así as cousas, a tramitación da iniciativa lexislativa da CIG quedará gardada no caixón da xunta de portavoces do Parlamento e unicamente poderá superar este paso para ser elevada ao pleno o día que o PPdeG estea disposto a autorizalo, pois é o grupo que ten a maioría necesaria para facelo. é máis, se os populares non dan o seu visto e prace, a proposta será rexeitada pola vía dos feitos.
O plus dos ex altos cargos é unha prerrogativa da que se beneficiarán, en maior ou menor medida, boa parte dos deputados autonómicos ou provinciais que están agora en activo se algún día incorpóranse ás súas prazas de funcionarios. é o caso, por exemplo, do nacionalista Anxo Quintana, do socialista Ricardo Varela ou do dirixente popular Rafael Louzán. Todos son funcionarios, pero non dos grupos superiores, e o plus da discordia o que fará é equiparar o seu complemento específico co que percibe o persoal dos grupos A e B.
|
|
|
|
A Xunta elimina os 200 euros adicionais que cobraban os pensionistas |
|
artigo extraido de vieiros
A Xunta elimina os 200 euros adicionais que cobraban os pensionistas
A medida, posta en marcha polo bipartito, completaba as pensións non contributivas e beneficiaba a 51 mil xubilados.
Os xubilados deixarán de cobrar os 200 euros anuais que completaban a súas pensións non contributivas, cubertas polo Estado Español. A medida, promovida pola Vicepresidencia pola Igualdade e o Benestar presidida por Anxo Quintana durante o Goberno bipartito, beneficiaba a un total de 51 mil pensionistas.
Os orzamentos para 2010 non inclúen ningunha partida específica para este concepto e, segundo informa na súa edición deste domingo o Faro de Vigo, a Consellaría de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, argumenta que esta medida non era máis que "un parche". Adianta que a cantidade económica que non se destinará a este fin, 10 millóns de euros, adicarase a políticas asistenciais dirixidas ao mesmo colectivo, de momento sen especificar. Mato cuestiona a legalidade deste complemento económico e asegura que non soluciona o problema dos pensionistas. |
|
|
|
O Sergas deu contratos por 800.000 euros á promotora da sede do PP |
|
noticia extraida de el pais
O Sergas deu contratos por 800.000 euros á promotora da sede do PP
A Fegas rexeitou un aluguer de 125.000 euros anuais e acabou gastando 3,9 millóns
A Xunta non quedou nun simple sobreprezo. Se a modificación do contrato para comprar a sede dunha fundación do Sergas elevou o custo nun millón de euros, que foi a parar ao peto do mesmo promotor que construía o local do PP de Galicia, as facturas fixeron outro tanto. Ao longo de 2003 e 2004, a inmobiliaria remitiu á Consellería de Sanidade máis de 140 facturas por 800.000 euros. O importe total do inmoble pasaba así de 3,07 millóns de euros a case 4 millóns. O seu prezo de mercado era de 1,7 millóns, segundo un informe da consultora Tinsa.
Unha vez construído o edificio, a fundación sanitaria foi encargando, sempre á inmobiliaria que construíu a súa sede e a do PP, distintas obras de acondicionamento para a primeira. Todas elas, por valor lixeiramente inferior aos 90.000 euros, de forma que as licitacións tramitounas directamente o director da fundación, Javier Bouzada Romeu, sen necesidade de elevar proposta ao padroado da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas). A empresa Kotlas cobrou así, por exemplo, 154.591 euros en obras de instalación eléctrica, divididas en tres facturas, ademais doutros 60.935 en iluminación.
A Fegas non reparou en gastos. As facturas revelan o pago de 42.793 euros para cadros de alimentación individuais, con tomas de computador e corrente, para os alumnos da escola. En tres bases para tapas de mesas de computadores e outras catro para o salón de actos, a inmobiliaria facturou 14.354 euros. Os gastos inclúen 5.656 euros en tomas de proxectores fluorescentes, 9.241 en azulexos de aseos, 27.437 en pantallas fluorescentes, 3.495 en varandas e 3.616 en tres chapas co anagrama de Fegas.
Con todo, uns meses antes, o 24 de abril de 2002, o director do Fegas recoñecía ante o padroado que a escola dispuña neses momentos "de material informático e de oficina dabondo". O acta daquela reunión recollía a decisión de implantar a actividade docente no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago, cun custo anual de 125.492 euros. O único investimento, sostiña Bouzada, consistiría en dividir con biombos os 228 metros cadrados do bloque D do Pazo para "estruturar as distintas oficinas". Seis meses máis tarde, o 1 de outubro, Bouzada informaba de que "razoes de tipo económico e de política local" facían imposible o uso do Pazo de Congresos.
A esa reunión, o director da Fegas presentouse cunha alternativa: as condicións de adquisición e financiamento dun inmoble para construír a sede da fundación. Javier Bouzada levaba debaixo do brazo as características das instalacións e o prego de condicións para a licitación do contrato, que incluían a localización na propia zona de San Lázaro e unha superficie en metros cadrados coincidente coa que lle ofertaba a inmobiliaria que construiría a sede do PP. Só esa compañía presentou oferta. O 11 de decembro adxudicóuselle o contrato.
"Foi un erro ao cortar e pegar"
Javier Bouzada, director da Fegas durante a operación, atribuíu onte as correccións que elevaron o prezo da sede nun millón de euros ao "erro dun funcionario". Segundo Bouzada, ese traballador empregou distintos borradores de contrato coa inmobiliaria que construíu a sede do PP. "Á hora de cortar e pegar para facer o definitivo, equivocouse; é un erro que ese funcionario asume", declarou.
Bouzada asegura que cando pechou a operación descoñecía que o PP íase a instalar no mesmo edificio, e nega "falar nunca nin coñecer de nada a Jesús Palmou", entón secretario xeral do PP. "Eu despachaba co presidente en funcións do padroado", aclara. Tamén sostén que volveu ao notario para dar conta dos erros, non sen advertir ao padroado da Fegas, senón "por mandato" dese organismo, co obxectivo de emendar as incorrecciones. Bouzada asegura que a operación foi "impecable" e atribúe o caso a que "o PSOE está cinco puntos por baixo do PP".
Sanidade omite a rectificación
A Consellería de Sanidade defendeu onte a "transparencia" da compra da sede da Fegas, e limitou a 79.846 euros a diferenza entre o primeiro contrato asinado ante notario e o rectificado 18 días despois. Nun comunicado, o departamento que dirixe Pilar Farjas asume rectificacións menores, pero conclúe que o prezo establecido na primeira visita ao notario era de 2.994.034 euros. Esa cantidade sae de sumar a compra dunha parte do inmoble (820.992 euros), o pago de alugueres do resto (1.248.883) e as súas respectivas opcións de compra (924.158).
O que as reproducións que acompañan a nota da consellería non inclúen son os dous parágrafos que establecen que as opcións de compra entenderanse abonadas con cargo aos alugueres, de forma que "non procederá, no momento do exercicio e materialización da opción de compra pola Fegas, o abono de cantidade algunha". Sen eses 924.158 euros, o prezo da sede de Fegas sairía en 2,07 millóns de euros, un millón menos do aceptado cando fundación e promotora volveron ao notario. |
|
|
|
curas no SERGAS |
|
Este de abaixo é o escrito que CIG-Saúde remitiu á Conselleira de sanidade manifestando o noso rexeitamento sobre a incorporación dun cura na comisión técnica de coidados paliativos.
CIG-SAÚDE REXEITA A PRETENSIÓN DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE INCLUIR UN CURA NO COMITÉ GALEGO DE COIDADOS PALIATIVOS.
Os coidados paliativos son aquelas atencións que se dan aos doentes con unha enfermidade potencialmente mortal, en fase avanzada e ao que non afectan os tratamentos curativos.
O obxectivo dos coidados paliativos é atender o máis rapidamente posible os síntomas da enfermidade, os problemas psicolóxicos, sociais e espirituais relacionados coa enfermidade. Unha das metas principais dos coidados paliativos é o control da dor e outros síntomas para que o doente poida permanecer o mais alerta e cómodo posible, e para que poida decidir durante todo o proceso da enfermidade.
As organizacións científicas din sobre a atención médica ao final da vida, que :
?Todas as persoas teñen dereito a unha asistencia sanitaria de calidade científica e humana. Pólo tanto, recibir unha adecuada atención médica ao final da vida non debe considerarse un privilexio, senón un autentico dereito?.
Esta atención é a que debe prestar a Admón sanitaria a través dos seus profesionais altamente cualificados . Sen esquecer a atención espiritual moi importante para algunhas persoas na fase final da súa vida.
Pero unha cousa é que a Admón facilite aos doentes ingresados nos seus centros a atención espiritual, independentemente de cal sexa a súa confesións relixiosa, e outra moi distinta é que a Consellería de Sanidade incorpore na Comisión Galega de Coidados Paliativos un representante dunha determinada confesión relixiosa (un cura). Dita comisión debe estar constituída, exclusivamente, por profesionais sanitarios para elaborar o plano estratéxico de coidados paliativos; polo que o seu carácter debe ser de comité Técnico-Cientifico, e de seguro que estes profesionais terán en conta o coidado dos aspectos espirituais ; que non se pode confundir con un comité espiritual.
Ademais a Constitución Española recolle o dereito das persoas a profesar calquera relixión, pólo que, se somos respectuoso coa Carta Magna neste comité deberían estar representadas todas as confesións relixiosas.
Desde a CIG- SAÚDE solicitamos da Consellería de Sanidade que non confunda o plano científico co plano espiritual, , e que garantise a todas/os as/os doentes ingresados nos seus centros, e a petición propia, o apoio espiritual, calquera que sexa a confesión relixiosa que procesan.
Recollendo ao ilustre teólogo. Enrique Miret Magdalena, finado recentemente. ? A igrexa esta formada por homes que non teñen contacto coa realidade social, as autoridades eclesiásticas abusan das súas funcións, cren no seu poder absoluto suplantando a Díos ?. Esta frase ten o seu reflexo nas afirmación do PAPA sobre a SIDA e os métodos de protección.
Esperemos que a Consellería de Sanidade deixe traballar aos seu profesionais con criterios clínicos e non con criterios espirituais impostos desde quen pretende impor, pola forza, que as súas crenzas relixiosas se convertan en Leis civís
Non sabemos se a incorporación de sacerdotes ao mundo sanitario é a solución que pretende dar a Consellería de Sanidade ao déficit de médicos; substituído facultativos por curas.
Compostela, 14 de outubro de 2009.
Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.
Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.
|
|
|
|
Algo fede...... |
|
 O nobelo do Gürtel leva fíos até Louzán, Negreira e Telmo Martín
Os socialistas acusan os actuais altos cargos do PPdeG de favorecer empresas vinculadas coa rede de financiamento irregular do partido.
"Non é certa a escusa que pon Feijoo, porque hai tres persoas do PP galego que estaban e están", arrebólalle a deputada e portavoz do PSdeG, Mar Barcón, ao líder do PPdeG ao respecto do caso Gürtel.
Barcón revelou que o PSdeG reclamou da Deputación de Pontevedra informes de facturas dos anos 1999, 2000, 2001 e 2002. "Hai constancia de que Louzán contratou nestes anos a empresas relacionadas co caso Gürtel", acusou a socialistas ao presidente do ente provincial, Rafael Louzán.
Ao tempo, o PSdeG solicitou datos da Comisión de Pesca onde sae avalía a xestión de Portos de Galicia, para aclarar os contratos que Carlos Negreira, presidente do PP na provincia da Coruña e actual voceiro municipal do PP na cidade herculina, xestionou cando era presidente da entidade portuaria. De xeito concreto, subliñan que hai contratos coa empresa Constructora Hispánica, "vinculada coa trama Gürtel, e outras contratacións a empresas que figuran no expediente policial que investiga este caso de corrupción". Unha empresa que, recordou Barcón, está ademais vinculada a obras relacionadas co goberno español "estando Aznar e Rajoy en postos de responsabilidade do goberno central".
En terceiro lugar, salientan os socialistas os informes das consellarías de Medio Ambiente e Urbanismo sobre a paralización da urbanización de Sanxenxo, autorizada por Telmo Martín cando era alcalde deste concello, á empresa Sedesa, relacionada co caso Gürtel. O PSdeG pedirá ademais no Concello de Sanxenxo información sobre a recualificación de terreos realizada para a construción do polígono neste concello.
"Homes do presidente"
"Parece que todo converxe especialmente na provincia de Pontevedra", chamou a atención a deputada socialista. "Na que é ademais a provincia de Rajoy e Louzán, e na que residiu Feijoo", dixo. Na súa opinión, as vinculacións do PP galego co caso Gürtel "non rematan aquí" e dixo sospeitar que "pode haber máis relacións con este caso tanto na provincia de Pontevedra como noutras provincias galegas".
A voceira do PsdeG esixe que Louzán, Negreira e Martín, aos que define, pola súa proximidade a Alberto Núñez Feijoo como "homes do presidente", dean explicacións sobre eses fíos. Ao tempo, esíxelle a Feijoo que "deixe a pasividade" e ofreza "explicacións da relación dos seus homes de confianza co caso Gürtel, unha trama que salpica o PP en toda España".
"Xa o propio Fraga dixo que isto non ía ben, algo no que nós coincidimos", engadiu Barcón, convidando o líder do PPdeG a "asumir a realidade" e "deixar de escudarse en que el non estaba nese momento".
noticia extraida de vieiros, mais neste enlace |
|
|
|
|
|
|
|
|