|
|
|
listas definitivas varias categorías ope Sacyl |
|
Saen hoxe publicadas no Bocyl as resolucións que publican os listados definitivos e as datas de exame de diversas categorías:
auxiliar de enfermaría - 22 de novembro ás 9:30 hs
celador/a - 23 de novembro ás 9:30 hs
traballador/a social - 23 de novembro ás 9:30 hs
lavandeira/o - 23 de novembro ás 10 hs
técnico saúde pública - 27 novembro ás 17 hs
telefonista - 23 de novembro ás 10 hs
anestesista - 23 de novembro ás 10:30 hs
peón - 29 de novembro ás 10 hs
Podedes consultalas no Bocyl de hoxe premendo aqui.
Tamén se poden consultar na páxina web do Sacyl. |
|
|
|
publicada datas de exame varias categorías no Sacyl |
|
Publícanse hoxe no Bocyl as resolucións de listados definitivos e datas de exame das categorías de:
DUE (exame o 30 de novembro ás 11:00hs)
Terapeuta ocupacional (exame o 29 de novembro ás 10 hs)
Limpadora (exame o 16 de novembro ás 10 hs)
Facultativo Especialista en Trauma e Ortopedia (15 de novembro ás 10 hs)
Podedes ver toda a documentación na páxina do Sacyl. |
|
|
|
ope sacyl |
|
Publicadas listas provisionais de admitidos/as e excluidos/as da categoría de celador/a da OPE do SACYL. Podedes velas aqui.
Tamén se publican as listas provisionais de diversas categorías de facultativos. Podedes velas na páxina web de SACYL.
|
|
|
|
adxudicacións prazas SACYL DUE ope 2005 |
|
Despois de moita demora por fin sairon os destinos definitivos das prazas de DUE da ope 2005 do SACYL. Pódese ver a resolución no BOCYL, e ao longo da mañá na páxina web de recursos humanos do SACYL.
Noraboa ás persoas que acadan praza. |
|
|
|
listados SACYL auxiliares enfermaría |
|
Publicados os listados provisionais de admitid@s e excluid@s da OPE (e Bolsa) do SACYL, da categoría de Auxiliar de enfermaría.
Ábrese prazo para presentar reclamacións desde o 27 de setembro ao 11 de outubro, dirixíndoas a Gerencia de Salud de Área de Valladolid, c/ Alvarez Taladriz s/n, 47007 Valladolid.
|
|
|
|
listas provisionais de admitidos Sacyl varias categorías |
|
Saen hoxe no Bocyl publicadas as listas de admitidos e excluidos na ope de Sacyl das categorías de:
? Cociñeiro
? Electricistas
? Médicos de urxencias
? Enxeñeiro superior
? Enxeñeiro técnico industrial
? Xestión da función administrativa
? Odontólogo
? Auxiliar administrativo
? Técnico en saúde pública
? Análises clínicas
Podedes consultalas na páxina web do Sacyl.
|
|
|
|
listas de admitidos |
|
Saen hoxe no Bocyl publicadas as resolucións de exposición das listas provisionais de admitidos para a OPE e Bolsa de contratación das categorías de Diplomado en Enfermería e listados definitivos dalgunhas especialidades de Facultativos, para os que ademáis fíxanse as datas de exame.
Nos últimos días sairon tamén publicadas as listas de Técnicos en Radioterapia, Logopedas, Hixienistas dentais, Técnicos de laboratorio, Técnicos de Rx, Biólogos e varias especialidades de Facultativos. De matronas xa hai listados definitivos e data de exame (27 de setembro). |
|
|
|
traslados SACYL persoal non sanitario |
|
chus avísanos que no Bocyl de hoxe sae a convocatoria de concurso de traslados para persoal non sanitario do Sacyl. Plazo para presentarse: 30 dias naturais dende mañá.
para velo preme aquí.
graciñas chus polo aviso |
|
|
|
SACYL OPE varias categorias |
|
no bocyl de hoxe saen publicada a convocatoria das seguintes categorias de facultativo
Facultativo Especialista en Pediatría
Facultativo Especialista en Aparato Dixestivo
Facultativo Especialista en Otorrinolaringoloxía |
|
|
|
convocatoria sacyl |
|
Saen hoxe publicadas resolucións que convocan OPE do Sacyl para as categorías de FEAs de:
Medicina de Traballo, Reumatoloxía, Microbioloxía, Psicoloxía, Radiofísica, Medicina nuclear, Admisión e Documentación clínica, Neuroloxía, Urxencias, Nefroloxía, Neumofisioloxía, Neumoloxía, Uroloxía, Oftalmoloxía, Radiodiagnóstico
Tamén se publica resolución que modifica a resolución de convocatoria para Auxiliar Administrativo. E tamén se publica a resolución de aspirantes que superaron o proceso selectivo da categoría de Pediatría e se ofertan as vacantes do proceso de OPE anterior.
Podedes velas todas no bocyl de hoxe, ou na páxina de recursos humanos do sacyl. |
|
|
|
convocatoria SACYL |
|
No bocyl de onte sae a convocatoria de ope e bolsa de contratación das seguintes categorías:
Hematólogo, Pinche, Electricista, Mecánico, Otorrino, Cirurxía cardiovascular e Cirurxía plástica.
Coma sempre, podedes consultar as bases de cada convocatoria na páxina de Recursos Humanos do Sacyl. |
|
|
|
convocatoria SACYL |
|
Sae hoxe publicada no Bocyl a convocatoria de OPE e Bolsa de contratacións para as categorías de:
Enxeñeiro Superior, Administrativo, TAP, TERadiodiagnóstico, TERadioterapia, Hixienista dental, Técnico Función Administrativa, Xestión Función Administrativa, e Enxeñeiro Técnico Industrial. Faise ademáis unha corrección de erros sobre a convocatoria xa publicada de Matronas.
Tamén podedes ver as resolucións e demáis datos na páxina de recursos humanos do sacyl.
|
|
|
|
Máis sobre SACYL |
|
Na páxina web de Recursos Humanos do SACYL xa están colgadas as resolucións das categorías que foron convocadas o día 11.
Para aquela xente que baixara a resolución de ATS/DUE antes das 12:30hs de hoxe, revisade se é a correcta, posto que a que estaba colgada antes desa hora era a de matrona, por un erro no enlace do que nos demos conta ao imprimir a convocatoria. Puxémonos en contacto con Recursos Humanos do SACYL e xa está colgada a resolución correcta.
Aproveitando esa chamada a Recursos Humanos do SACYL, preguntamos polo estado dos recursos de alzada dos que falabamos no artigo anterior, sobre a baremación dos títulos redactados en galego. Parece ser que ainda non os estudiaron (e estamos a 10 días de que remate o prazo de resolución) porque tiñan moitísimos recursos pendentes ainda, pero a raiz da nosa chamada comentáronnos que os van estudiar e se pronunciarán. Cando menos quedaron en chamarnos. Informaremos convenientemente.
Acabamos de recibir esa chamada de Recursos Humanos de SACYL. Asegúrannos que ainda que o prazo remata o 25, pensan contestar a todos os recursos de alzada ao longo do ano. Non se pronuncian sobre o tema do galego, porque os dous recursos que consultaron agora sobre este tema parece ser que a non baremación obedece a outros motivos e non ao da lingua (parece ser que falta algún selo e que algún non está relacionado coa categoría). Esperaremos logo esas respostas. |
|
|
|
SACYL e Lingua Galega |
|
IMPORTANTE:
Como xa vos informamos, acaba de convocarse unha nova OPE de SACYL e, conxuntamente, convócase a Bolsa de Contratación. A raíz do sucedido coas últimas listas de contratación, en que non baremaron diplomas ou títulos que estiveran redactados en galego e presentaronse moitos recursos de alzada sobre este tema, nesta convocatoria esixen que todas as certificacións de méritos que non estean redactadas en castellano deben ir acompañadas de tradución xurada.
Como saberedes, na outra ocasión, a xente que fixo recurso de alzada tivo que acompañalo da tradución dos títulos, o que supuxo unha odisea, porque a única forma de facela é ir a Santiago á Secretaría de Política Lingüística co título orixinal, unha fotocopia compulsada e a tradución feita, e ali selan a tradución.
Cig-Saúde xa formulou no seu momento un escrito de alegación ao SACYL este respecto, sen resposta.
Polo tanto, ainda que neste prazo inicial desta nova convocatoria só hai que botar a instancia e os méritos se aportarán máis tarde, prevede esta situación e tede preparadas as traducións.
Membros da nosa sección sindical solicitamos unha entrevista coa Secretaria Xeral de Política Lingüística para falar deste tema. Precisamos ir un grupo de xente. Aquel@s que queirades e poidades acudir a Santiago á entrevista (da que ainda non temos data) poñédevos en contacto connosco. Trátase de conseguir, por un lado que non se esixa a tradución (sobre todo tendo en conta que no Bierzo fálase galego) e por outra que nos faciliten o trámite da tradución para non ter que ir a Santiago. |
|
|
|
OPE e Bolsa de SACYL |
|
Convocada hoxe nova OPE en SACYL, referente á oferta de emprego dos anos 2006, 2007 e 2008. Tamén se convoca no mesmo acto a Bolsa de Contratacións. Categorías de Auxiliar Administrativo, DUE, Auxiliar de Enfermaría, Matrona e algunhas categorías de Facultativo Especialista de Área.
Podedes ver as distintas resolucións de convocatoria no Bocyl de hoxe.
Poderedes ver as diferentes categorías na páxina do SACYL, premendo neste enlace, ainda que polo momento só está colgada a instancia de solicitude para todas as categorías.
Lembrade que é convocatoria conxunta: OPE e Bolsa de contratación.
O prazo é de 20 días naturais contados a partir de mañá, ou sexa que remata o próximo 1 de xullo. |
|
|
|
Lista definitiva e oferta de prazas de enfermeira no SACYL |
|
o xoves pasado saiu a lista definitiva e a oferta de prazas de enfermeir@s correspondente á OPE 2005 do SACYL.
tedes ata o 18/06/2008 para presentar a documentación e solicitar praza.
para ver a convocatoria na páxina do SACYL, preme aquí.
|
|
|
|
novidades ope Sacyl |
|
Saiu publicada a resolución que nomea persoal estatutario no Sacyl a Auxiliares de Enfermaría. Ata o día 5 de abril teñen de prazo para tomar posesión das prazas na Xerencia de Saúde correspondente.
Noraboa ás novas/os propietarias/os.
Podedes consultar a resolución e as listas aqui. |
|
|
|
toma posesión celadores SACYL |
|
hoxe publícanse os destinos acadados polos celadores na OPE do SACYL, que abre prazo para a toma de posesión da praza.
hai un mes de prazo para efectuar a toma de posesión da praza na xerencia a que esté adscrita a praza acadada(ata o 29 de febrero incluido).
|
|
|
|
seguimento OPE Sacyl |
|
Para os que andades pendentes da OPE que está en resolución do Sacyl, deixámosvos aqui o enlace á páxina de Recursos Humanos onde están as últimas novas publicadas.
O resumo vén sendo este:
ATS/DUE: está publicada a resolución da valoración definitiva de méritos.
Auxiliar de Enfermaría, Celadores, Fisioterapeutas, Administrativos: publicada xa a resolución coa lista definitiva de aprobados no proceso e relación de prazas vacantes.
Auxiliar Administrativo, Grupo Xestión, Grupo Técnico, Hixienista Dental, Matronas, Traballador Social: están publicados nomeamentos de persoal estatutario fixo nestas categorías.
TEL: publicada a valoración provisional de méritos.
TER: publicada resolución definitiva de aspirantes que superaron a fase de oposición.
|
|
|
|
Publicado listados de aprobad@s SACYL |
|
Hoxe sairon publicados os listados de aprobad@s do segundo exame da categoría de ATS/DUE da OPE do Sacyl. Podedes consultalos aqui.
A partir de hoxe ábrese o prazo para a presentación de méritos, e remata o 12 de abril.
Ademais, sabedes que o día 21 saiu publicado o listado de aprobad@s do 1º exame de auxiliares de enfermería. O 2º exame será o 21 de abril. Podedes consultar o listado de aprobad@s do 1º exercicio aqui.
Noraboa a tod@s @s aprobad@s. |
|
|
|
|
|
|