CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

O Ministerio de Sanidade non acepta a Cualificación Profesional de Nivel 2 e Familia Sanitaria para Celadores
Logo de 2 anos esperando a resolución do CONTRASTE EXTERNO da Cualificación Profesional dos Celadores o Consello Xeral de Formación Profesional do INCUAL, infórmanos á CIG Saúde que o Ministerio de Sanidade non acepta a Cualificación Profesional de Nivel 2 e Familia Sanitaria, e que debido a esto se retira dita Cualificación Profesional.

A modo de aclaración:

O proceso de CUALIFICACIÓN PROFESIONAL de calquera cualificación pasa por 5 etapas:

Etapa A: preparación de datos e conformación do grupo de traballo.

Etapa B: deseño das unidades de competencia que constituen a cualificación profesional.

Etapa C: definición dos módulos formativos que constituen a formación asociada á cualificación profesional.

Etapa D: contraste externo da competencia da cualificación e a formación asociada a través do Consello xeral de Formación Profesional e doutras organizacions vinculadas á cualificación, para realizar observacions e, polo tanto, contribuir á mellora da calidade das culificacions.

Etapa E: aprobación das cualificacions. Sometense ao Consello Xeral de Formación Profesional, así como ao Consello Escolar do Estado. O proxecto de Real Decreto polo que se establecen esas cualifiacións consultase cós departamentos ministeriais, para a sua aprobación final polo Goberno.

A dos CELADORES estaba na ETAPA D, contraste externo, que na xuntanza que houbo en Madrid o pasado 12 de abril o CGFP ( Consello Xeral de Formación Profesional ) tiña que aprobar dita cualificación, por por mor de que diversas organizacións sindicais, entre outras, alegaron non estar dacordo no NIVEL, nin na FAMILIA DE ENCADRE, polo tanto e logo de facer as consultas pertinentes co MINISTERIO DE SANIDADE:

a cualificación profesional dos CELADORES retírase, xa que o Ministerio non acepta que dita cualificación sexa de Nivel 2 e estea na familia sanitaria


Polo tanto a día de hoxe non hai ningunha proposta de cualificación profesional para os celadores.

CIG-Saúde ten que decidir os pasos a dar a continuación, para o que convoca unha xuntanza de CELADORES do sindicato para o vindeiro día 5 de maio.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 30-04-2010 11:22
Queres comentar ou preguntar algo?
Máis de 2000 persoas rexeitan o peche do hospital da Cruz Vermella de Vigo
nova extraida de A Nosa Terra:

Máis 2.000 persoas protestaron onte en contra do peche do hospital da Cruz Vermella de Vigo, o único centro sociosanitario da cidade e que conta con 70 camas.

Na mobilización, convocada polo comité de empresa, estiveron presentes membros do Goberno local como os concelleiros socialistas Xulio Calviño e Santos Héctor Rodríguez, a edil do BNG María Méndez, a deputada nacionalista Carme Adán, así como representantes de sindicatos e familiares dos pacientes que permanecen no hospital.

O percorrido terminou ante a sede da Xunta en Vigo, onde un representante dos traballadores do hospital, recordou que o persoal leva nunha loita de dous meses polo mantemento da actividade no centro e en defensa dos 70 postos de traballo.

Así mesmo, lamentou que a recollida dun total de 25.000 firmas en apoio ás súas reivindicacións non foi suficiente para cambiar a vontade da ONG de frear o centro e avisou de que a desaparición deste hospital sociosanitario levará a "saturación" do resto de infraestruturas sanitarias.

Finalmente, demandou á Cruz Vermella que "dea marcha atrás" na súa decisión e á Xunta que "tome cartas no asunto" para evitar o peche dun centro que cualificou como "insubstituíbel".

Cinco pacientes

Actualmente, só quedan cinco pacientes no centro, que se resistiron a abandonalo mentres non se lles garanta que serán trasladados a outro centro en Vigo onde permanezan nas mesmas condicións que teñen agora no hospital da Cruz Vermella.

Pola súa banda, os traballadores están en negociacións coa Cruz Vermella sobre un expediente de regulación de emprego (ERE) de extinción e o día 26 de abril celebrarase a próxima reunión.

Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 22-04-2010 15:39
Queres comentar ou preguntar algo?
plan de ordenación de RRHH
Como hai xente que se está a interesar polo borrador do plan de ordenación de RRHH do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, enlazámolo da páxina do SERGAS
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 19-04-2010 13:34
Queres comentar ou preguntar algo?
Manifestación contra o peche do Hospital da Cruz Vermella
Ante o peche do Hospital da Cruz Vermella de Vigo:

MANIFESTACIÓN CIDADÁ EN VIGO

MÉRCORES, 21 DE ABRIL, ÁS 20:00HS

DENDE O CRUCE VIA NORTE-URZAIZ,
ATA A XUNTA (PZA. DA ESTRELA)


NON AO PECHE DO HOSPITAL CRUZ VERMELLA

Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 15-04-2010 11:14
Queres comentar ou preguntar algo?
María Xosé Abuín, re-elixida secretaria nacional da CIG-Saúde no seu V Congreso
Preséntase unha única candidatura para a Executiva Nacional da CIG-Saúde que conta co apoio de 114 votos de 126 emitidos

A única candidatura presentada para a Secretaria Nacional, de María Xosé Abuín, obtivo o respaldo do V Congreso da CIG-Saúde con 85 votos e 7 votos en branco. Así mesmo, a candidatura encabezada tamén por María Xosé Abuín, e que foi a única presentada consegueu 114 apoios e 9 votos en branco. Na sesión de clausura ademais da re-elixida secretaria nacional da federación, participou o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, quen fixo un chamamento a continuar na loita contra as políticas privatizadoras do goberno do PP e defender con forza a sanidade pública galega.


A sesión da mañá do domingo 14 de marzo comezou ás 11.30 coa votación dos relatorios de Organización e Implantación, así como os Estatutos, cun resultado de 73 votos a favor, 10 en contra e 9 abstencións.

Unha soa lista

A continuación presentouse unha só lista para a Executiva Nacional da federación da Saúde da CIG encabezada por María Xosé Abuín, única candidata tamén á Secretaría Xeral, a quen segue nesta candidatura, Xan Ramón Fernández, Susana Méndez, Lois Méndez, Camilo Agulleiro, Xoana Zamudio Manuel González, Vitor Vila e Carme Aira.

Resultados do proceso

A candidatura á Secretaria Nacional de María Xosé Abuín obtivo votos 85 votos, 2 nulos e 7 votos en branco. A candidatura para a Executiva Nacional da CIG-Saúde conseguiu 114votos, 3votos nulos e 9 votos en branco.

Resolucións

Presentáronse catro resolucións deste encontro, que tiñan que a ver coa vontade privatizadora das políticas do PP contra a sanidade pública galega, asi como pola mobilización e integración nas plataformas na defensa da sanidade existentes ou outras que podan xurdir. Tamén o ataque contra a galega e a posta na defensa da língua propia de Galiza foi protagonista doutra resolución, e tamén o rexeitamento ao peche do hospital da Cruz Vermella en Vigo

Sesión de clausura
Para por remate a estas dúas xornadas do V Congreso Nacional da CIG-Saúde tivo lugar a sesión de Clausura, na que participaron tanto a re-elixida secretaria nacional sa CIG-Saúde, María Xosé Abuín, como o secretario xeral da CIG, Suso Seixo.

A re-elixida secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, agradeceu a confianza depositada e fixo referencia ao grande reto que "toca afontar nesta nova etapa. A partir de hoxe comeza o traballo en todos os ámbitos, tanto na sanidade pública como na privada, para loitar e non sermos pisoteadas polas políticas privatizadoras do PP".

Rematou sinalando que "temos que demostrar que este país continúa a ser distinto a calquera outro porque aquí está e aquí traballa a CIG".

Intervención de Xan Cons

María Xosé Abuín solicitou que Xan Cons, anterior secretario nacional da CIG-Saúde, intervirá tamén neste remate congresual para agradecer o "respecto exquisito polo meu silencio e as miñas ausencias", e anunciou que "me poño a disposición de todos vós e da nova Executiva para establecer aquelas vías de participación e colaboración cos organismos".

Cons subliñou que "este V Congreso representa un antes e un despois, e é un orgullo observar e ser partícipe despois dos problemas, a presenza dunha federación forte, cunha Executiva de luxo, á que traslado a miña noraboa".

Intervención de Suso Seixo

O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, fixo fincapé no importante traballo que se realiza desde esta federación "nun sector complexo, e máis nos tempos que corren, nos que teredes que realizar un grande esforzo para derrotar a vontade do PP de recortar o orzamento dos servizos públicos, e tamén na sanidade, coa sua política de privatización".

Sobre a crise económica, salientou que as causas da crise "non se encontran na rixídez do mercado, nin nos altos salarios da clase traballadora, senón que se debe ao reparto desigual da riqueza e ao fomento da economia especulativa. Mesmo estase tentando fomentar a economia especulativa a través dos recursos públicos, como no caso das axudas á banca, que non se trasladaron ao tecido produtivo".

Seixo avogou por unha política fiscal distinta e acabar cos paraisos fiscais, entre outras medidas.

O secretario xeral da CIG realizou un chamamento a responder a estas agresións, e denunciou a ocultación das mobilizacións do 10 de marzo por parte dos medios de comunicacións, unhas manifestacións das que participaron milleiros de traballadores e traballadoras.

Apostou por traballar para mudar a correlación de forzas actual, crear conciencia social, "organizarnos e mobilizarnos para un cambio de políticas e de modelo. Temos que ter esperanza e traballar porque esa é a nosa función como organización sindical nacionalista e de clase. Asi, entre todos e todas conseguiremos que non se nos impoña o modelo de privatización da sanidade".
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 15-03-2010 14:12
Queres comentar ou preguntar algo?
estamos de congreso
CIG-Saúde celebra esta fin de semana, días 13 e 14 de marzo, o seu V Congreso.

A Federación de Saúde da CIG celebrará o seu V Congreso durante os días 13 e 14 de marzo, no Hotel Auriense, en Ourense. As/os 143 congresistas que están convocadas/os, debaterán, a partir das 11:15 horas do sábado, os relatorios de Acción Social e Política Sanitaria e de Organización e Estatutos e elixirán á/ao nova/o secretaria/o nacional e á Executiva.

María Xosé Abuín, actual secretaria nacional, salienta que entre os temas a debater, a CIG-Saúde definirá as súas posicións a respecto da situación da sanidade pública e privada, da mesa sectorial, a negociación colectiva e sobre as novas fórmulas de xestión integrada de áreas.

Para a CIG-Saúde, este V Congreso, debe ser, ante todo, unha reafirmación do compromiso na loita sindical, “non debemos conformarnos con parar as agresións que recibimos, debemos ter un posicionamento máis ambicioso xa que a transformación social é posíbel”.

CIG-Saúde aposta por construír unha organización sindical forte, para enfrontar as agresións que o conxunto da sanidade está a sufrir “pola implantación das políticas neoliberais e a receptividade e o fomento dos gobernos a dar entrada ao capital privado no sistema sanitario, convertendo este nun negocio que de futuro só dará beneficios ao mundo empresarial en detrimento da calidade asistencias, da carteleira de servizos que se ofertan á poboación e dos dereitos dos/as traballadores/as”.

A federación parte de que con estas políticas sanitarias foméntanse cada día máis as desigualdades sociais, rachando cos principios básicos que contén a Lei Xeral de Sanidade “universalidade, gratuidade e equidade no aceso ao sistema sanitario”.

Desde a CIG-Saúde tamén se observa con preocupación que, desde algúns sectores da sociedade, se pretenda responsabilizar dos males do sistema á descentralización. Por iso manifestan, como punto de partida, o seu rexeitamento a “calquera opción que tenda a burocratizar e acartonar a negociación colectiva e o ámbito das relacións laborais a través de pactos estatais”.

Estes serán, entre outros, os temas a tratar durante a que xa se prevé como unha intensa fin de semana.

Como reza o noso lema, traballamos avanzando na defensa da Sanidade Pública e dos nosos Dereitos.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 12-03-2010 13:35
Queres comentar ou preguntar algo?
resistimos!!! loitamos!!!

Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 07-03-2010 11:54
Queres comentar ou preguntar algo?
autobus manifestación 10 de marzo
A CIG celebra o 10 de Marzo, 'Día da Clase Obreira Galega' con mobilizacións nas sete cidades
Baixo o lema “O emprego, os salarios e as pensións deféndense loitando”


Diante das alternativas que se están a barallar por parte dos gobernos central e galego para atallar a crise económica, “a conta dun sacrificio enorme por parte da maioría social, que son os traballadores/as, mentres que aqueles que a provocaron van saír de rositas”, a CIG acordou darlle un carácter máis mobilizador a este 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega. Por iso, este ano convocará manifestacións nas sete cidades do país baixo o lema “O emprego, os salarios e as pensións deféndese loitando”. Ademais, celebrará, por cuarto ano consecutivo, o Premio do Día da Clase Obreira Galega, nun acto que terá lugar, en Compostela, o día 9 de marzo.

Emprego, salarios e reforma das pensións son algúns dos aspectos nos que a CIG centrará as mobilizacións do vindeiro 10 de Marzo. Xunto a isto e alén de presentar as súas alternativas, a central sindical denunciará as políticas que se están a seguir por parte dos gobernos, tanto central como galego, “coa complicidade das centrais sindicais estatais”. Así o explicou Suso Seixo, secretario xeral, na rolda de prensa convocada para explicar en que consistirá a campaña do Día da Clase Obreira Galega.

Seixo lembrou que ao comezo da crise, a CIG xa adiantaba que a saída podía darse por dúas vías, incidindo aínda máis en medidas neoliberais ou apostando por un modelo socioeconómico máis solidario, xusto e democrático. Lamentablemente, o primeiro “é o modelo que se está a seguir por parte dos gobernos, coa connivencia das centrais sindicais estatais. Non hai máis que ver o que está a ocorrer coa reforma laboral e co pacto salarial a nivel de estado, que supón na práctica un recorte de salario para os próximos 3 anos”.

O secretario xeral da CIG denunciou que a crise económica viu motivada polo fomento dunha economía especulativa que “xerou enorme lucro para os oligarcas e especuladores nos mercados financeiros”. Porén, a idea que se está a transmitir é que a saída da mesma “está na reforma laboral e no recorte de salarios”. Por iso, afirmou que “somos profundamente críticos co que se está a facer e hai que mobilizarse porque de darse algún tipo de reforma no mercado laboral, tería que ser para acabar cos altos índices de temporalidade e de precariedade e nunca para abaratar o despedimento”.

Alternativas


Fronte a isto, a CIG aposta por unha política de mellora do poder adquisitivo dos salarios, porque entende que unha das causas fundamentais da crise económica está en que “nos últimos anos os salarios perderon peso no PIB e os traballadores e traballadoras moito poder adquisitivo”. Segundo Seixo, entre mentres, incrementáronse os beneficios empresariais, que foron destinados, nunha grande parte, a especular nos mercados financeiros, no canto de destinarse a crear ou potenciar o tecido produtivo. “A recuperación da actividade económica vai vir pola vía de recuperar a capacidade adquisitiva dos salarios. Polo tanto calquera pacto de contención salarial vai en contra de favorecer a recuperación económica”, explicou.

A CIG tamén aposta por incrementar o gasto público, fronte o recorte anunciado, para investir en servizos públicos, servizos de asistencia social, I+D ou apoiar o tecido produtivo; facer unha reforma profunda da política fiscal, incrementando os impostos ás rendas máis altas, recuperando o imposto de patrimonio, perseguindo a fraude fiscal e eliminando os paraísos fiscais. “Así pódese rematar co déficit público e non cunha política de impostos indirectos ou recortando os impostos ás grandes fortunas”.

O secretario xeral da CIG tamén manifestou a aposta da central sindical por unha política de intervención pública nos sectores estratéxicos, “sectores claves na economía como son o sector financeiro, o enerxético ou o das telecomunicacións, que son profundamente especulativos. Porque a única maneira de cortar con esa especulación e coa xeración permanente de burbullas é a través da intervención pública”. E coa creación dunha banca pública que canalice recursos cara o tecido produtivo e cara as familias. “A banca privada o que está a facer co diñeiro barato que lle están proporcionando os bancos centrais, é dedicarse a especular nos mercados financeiros pero non os están canalizando cara o tecido produtivo. O problema da pequena e mediana empresa non está na reforma do mercado laboral, senón na falta de liquidez e nas dificultades que ten para acceder ao crédito”

Para a CIG, “estas son as políticas que non se están a seguir por parte do goberno e polas que temos que manifestarnos na rúa. Mentres non sexa así cremos que a saída á crise económica non é real e á volta dun breve período volveremos atoparnos na mesma situación”.

O papel da Xunta de Galiza

Suso Seixo, malia recoñecer que hai unha serie de materias clave como a política fiscal e financeira, nas que a Xunta de Galiza non ten competencias, si denunciou que o goberno galego non pode adoptar a actitude de “pasar” intentando que sexa o goberno central quen presente todas as alternativas. “É tremendamente criticábel o que están a facer nese sentido e en todo o que ten que ver cos servizos públicos e cos servizos de asistencia social, fundamentais para a calidade de vida dos galegos e galegas, pero tamén para a xeración de emprego”.

Mobilizacións

* A Coruña: Ás 20:00 horas da Praza da Palloza
* Compostela: Ás 20:00 horas da Praza Roxa
* Lugo: Ás 20:00 horas da Ronda da Muralla (local CIG)
* Ferrol: Ás 20:00 horas da Avda de Esteiro (local CIG)
* Ourense: Ás 20:00 horas, do Pavillón dos Remedios
* Pontevedra: Ás 20:30 horas da Praza da Ferrería
* Vigo: Saída ás 20:00 h da Vía Norte


Premio do Día da Clase Obreira Galega


O día 9 de marzo celebrarase o acto de entrega do Premio do Día da Clase Obreira Galega, no marco dun xantar de confraternidade que terá lugar en Compostela. Desde a CIG concíbese este agasallo como unha forma de recoñecer o conflito ou o sector que, coa súa mobilización, teña contribuído a dignificar a loita polos dereitos da clase traballadora.

Entregaranse ademais uns pergamiños de recoñecemento a sobranceiros/as militantes sindicais que contribuíron a desenvolver, ampliar e consolidar o sindicalismo nacionalista.

Cómpre lembrar que o 10 de marzo a CIG conmemora a histórica defensa da liberdade e dos dereitos laborais dos traballadores e traballadoras galegos que, no ano 1972, se enfrontaron ao fascismo e, nomeadamente, a Amador e Daniel, que foron asasinados pola ditadura franquista polo simple feito de defenderen, xunto cos seus compañeiros, a súa dignidade, como traballadores e como galegos.

CIG-Valdeorras pon un autobús de balde para participar na manifestacións do 10 de marzo en Ourense
As/os interesados/as poderán anotarse até o lúns 8

A Unión Local da CIG de Valdeorras porá a disposición da xente desta localidade un autobus de balde para participar na mobilización do 10 de marzo en Ourense. O persoal interesado poderá anotarse até o lúns 8 ata as 20:00 horas no local da central no Barco ou chamando por teléfono: 988 321 511.

A CIG-Valdeorras fai un chamamento a todas/os as/os traballadoras/es para que acudan masivamente o vindeiro mércores día 10 de marzo a manifestarse na defensa do emprego, os salarios e das pensións.

Para facilitar a participación, a central porá un autobús gratuíto que sairá ás 17:00 horas do Concello do Barco, 17,30 horas no Concello de A RUA e regresará ao mesmo lugar ao remate da mobilización.

Horarios e paradas

Estes son os horarios e paradas que realizará o autobus:
-O Barco diante do concello ás 17.
-A Rúa diante do concello ás 17.30.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 05-03-2010 18:43
Queres comentar ou preguntar algo?
colexiación obrigatoria
Entráronnos un par de preguntas sobre a colexiación, un deles preguntaba se afectaba a técnicos superiores, posto que había algunha organización que andaba repartindo información decindo se era así. Puxémonos en contacto coa nosa asesoria e esta é a súa resposta:

Segundo contempla a LOPS ( lei de ordenación das profesions sanitarias ) no seu artigo 2 fala de profesions sanitarias tituladas ( licenciados e diplomados ), a continuación no artigo 3 fala de profesionais do área sanitaria de formación profesional, e cando regula a colexiación no artigo 4 contempla que só é obrigatoria para as PROFESIONAS SANITARIAS ou sexa só para Diplomados e Licenciados.

A outra cuestión referíase a data en que o persoal debe estar colexiado, posto que houbo xente que se deu de baixa no colexio o ano pasado e agora pretenden facerlle pagar os "atrasos", se isto lle está pasando a mais xente, pregaríamos nolo fixérades saber para actuar en consecuencia e denunciar a estes estafadores.
Non poden cobrar antes da data en que é obrigada a colexiación.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 05-03-2010 14:00
Queres comentar ou preguntar algo?

o blog de eneko
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 26-02-2010 14:50
Queres comentar ou preguntar algo?
Éxito da mobilización en Vigo onte
Éxito da manifestación celebrada o día 24 de febreiro ás 20h que saíu diante do Hospital Xeral e coa participación de preto de 6000 persoas, principalmente traballadoras e traballadores do sector da sanidade. A pesar do mal tempo, que puido restar algo de afluencia á manifestación, durante o percorrido a chuvia fixo unha pausa e permitiu completar todo o traxecto de forma apacible.

A gran participación desta manifestación demostra que a loita vai seguir cos ánimos reforzados con vistas ás próximas citas. Este acto foi a punta de lanza con vistas á GRAN MANIFESTACIÓN que se celebrará o 25 de marzo e onde os esforzos volcaranse en mobilizar a toda a cidadanía para mostrarlle ao goberno do PP que a sanidade pública non está en venta e que as galegas e galegos merecemos uns servizos sanitarios públicos de primeira calidade, sen hipotecar nin mercantilizar os recursos tanto materiais como humanos da sanidade pública.


Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 25-02-2010 13:38
Queres comentar ou preguntar algo?
reclamación sobre colexiación
Posto que coa nova lei Omnibus se obriga a moitos/as profesionais a colexiarse para exercer, CIG Saúde ven de comezar unha campaña pola que todas e todos lle pidamos á Consellería que asuma os gastos de colexiación.
Podedes copiar e pegar o texto de abaixo, enchendo os ocos cos vosos datos, nun procesador de textos, imprimir a instancia e remitila através de rexistro á Consellería.
Xa que nos obrigan a colexiarnos, cando menos que asuman uns gastos que nos obrigan tamén a ter, simplemente polo feito de traballar.



Á CONSELLERÍA DE SANIDADE


D./Dna. ---------------- con D.I. ----------- que presta servizos na categoría de ------------- do Servizo Galego de Saúde, con destino en ------------------------------------------

EXPÓN

PRIMEIRO. Que a Lei 1/2010, de 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior (D.O.G de 23 de febreiro de 2010) pola que se dá unha nova redacción ao art. 3 da Lei 11/2001, de 18 de setembro de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, establece a colexiación obrigatoria para as/os profesionais médicas/os e demais profesionais das ciencias da saúde ao servizo das administracións públicas, cuxas funcións comprendan a realización de actos profesionais que teñan por destinatarios/as inmediatos/as os/as usuarios/as do Sistema Público de Saúde de Galicia.
Esta esixencia supón a obriga de aboar as correspondentes cotas de colexiación por parte dos/das devanditos/as profesionais, para poderen exercer as súas tarefas, en canto que persoal ao servizo dunha administración pública e non como profesionais privados/as, derivándose deste feito un prexuízo económico.
SEGUNDO. Que o art. 17.1.b) da Lei 55/2003, de 16 de decembro, pola que se aproba o Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos Servizos de Saúde declara o dereito do devandito persoal á percepción das indemnizacións por razón de servizo correspondentes.
TERCEIRO. Que D./Dna ----------------------- declara prestar servizos en exclusiva para o Servizo Galego de Saúde non realizando ningunha actividade de carácter privado relacionada coa súa profesión e pola que obteña retribución ningunha.

SOLICITA


Que, en base ás normas legais citadas nos pontos anteriores se proceda a aboar, por parte desta Consellería os gastos derivados da esixencia legal de colexiación obrigatoria.

Asdo.


Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 25-02-2010 13:17
Queres comentar ou preguntar algo?
CIG-Saúde contra a colexiación obrigatoria
Considera que a consellaría amosa, unha vez máis o seu desprezo absoluto aos representantes sindicais e á Mesa Sectorial de Negociación.

CIG-Saúde denuncia que Sanidade vulnera a liberdade de decisión dos profesionais ao impor a colexiación obrigatoria.

Compostela, 24 de febreiro de 2010

O pasado 23 de febreiro de 2010 saíu publicada no DOG a Lei 1/2010, do 11 de febreiro, pola que se modifican diversas leis de Galiza para a súa adaptación á directiva 2006/123/CE, Lei que aproveita o Sergas de forma escurantista e sen previa comunicación ás organizacións sindicais para modificar a Lei vixente nesta comunidade autónoma de Colexios profesionais de Galiza. Con esta modificación será obrigatorio para todos os profesionais de Ciencias da Saúde da administración pública que realicen actos profesionais e que teñan como destinatarios os usuarios do servizo público de saúde, a súa colexiación.

Desde a CIG-Saúde queremos lembrar que a colexiación obrigatoria é unha norma creada na Lei 2/1974 do 13 de febreiro e modificada posteriormente pola Lei 74/1978 do 26 de decembro, normas claramente preconstitucionais.

A CE recolle como requisito para acceder ao emprego público os criterios de igualdade, mérito e capacidade e ningún artigo recolle a obrigatoriedade das/os cidadáns de pertencer obrigatoriamente a un órgano en contra da súa vontade, co que ademais non comparten nin os seus obxectivos nin posíbelmente se poidan sentir representados nel.

Así mesmo a Lei 16/1986, Lei Xeral de Sanidade, non outorga no entramado do sistema nacional de Saúde ningún papel aos colexios profesionais nin vincula a asistencia sanitaria pública á obrigatoriedade de integración dos profesionais nos respectivos colexios.

Con esta medida que anula a lexislación vixente na comunidade autónoma onde o goberno bipartito recollía a colexiación voluntaria de todos os profesionais, o que fai a consellaría de Sanidade e moi especialmente a súa conselleira, é darlle un papel relevante a quen lle fixo a campaña electoral ou a quen pretende gobernar a consellaría desde a sombra.

A CIG-Saúde seguirá defendendo a colexiación voluntaria dos profesionais aos colexios e reclamando que a conselleira de Sanidade respecte a normativa vixente, os preceptos legais e a Constitución Española, que recollen o recoñecemento da participación dos representantes sindicais e dos órganos de representación lexitimamente elixidos na Mesa Sectorial.

María Xosé Abuín
Secretaria Nacional de CIG-Saúde


Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 24-02-2010 12:42
Queres comentar ou preguntar algo?
Resolución CIG Saúde contra a privatización da sanidade pública.
CONTRA Á POLÍTICA PRIVATIZADORA QUE PROMOVE A XUNTA DO P.P. E EN APOIO DAS MOBILIZACIÓNS DAS/OS TRABALLADORAS/ES E DAS PLATAFORMAS CIDADÁNS QUE DEFENDEN A SANIDADE PÚBLICA.


Resolución do Consello Nacional de CIG-Saúde do 22 de febreiro de 2010.

A chegada do PP á Xunta de Galiza despois das últimas eleccións, está tendo como consecuencia unha forte ofensiva contra a sanidade pública e a prol da privatizacións da construción das infraestruturas sanitarias e da xestión privada da sanidade pública. Nunha estratexia dirixida directamente polo Presidente da Xunta e a Conselleira de Sanidade, a ultraconservadora Pilar Farjas, o PP pretende aplicar rancias receitas neoliberais privatizadoras na sanidade pública, que xa teñen demostrado amplamente (no Reino Unido, en Valencia, en Madrid,...) que son ineficaces para solucionar os problemas que teñen que afrontar os sistemas sanitarios públicos, e que teñen nefastas consecuencias de deterioro da calidade da atención prestada aos usuarios e de precarización das condicións laborais dos traballadores da sanidade pública. Resulta realmente rechamante o feito de que un goberno que, nas eleccións de marzo de 2009, sacou 4.000 votos menos que a oposición, e só un deputado máis, actúe de xeito tan sectario e unilateral, sen pretender nin buscar ningún tipo de consenso, nun tema tan delicado e transcendente para o futuro do sistema sanitario público como este.

Os elementos máis evidentes, malia que non os únicos, desta ofensiva conservadora son a decisión de PP de construír os novos hospitais de Vigo e Pontevedra e todos os centros de saúde co modelo denominado “Iniciativa de Financiamento Privado” (PFI), así como de facer responsábel da xestión de toda a tecnoloxía do novo hospital de Lugo a Galaria.

Nesta situación CIG-Saúde:
-Oponse rotundamente aos intentos de privatizar a sanidade pública galega, e reafirma a súa aposta por unha sanidade pública de calidade, con financiamento e xestión plenamente públicos.
-Promoverá todas as mobilizacións que sexan precisas para conseguir que esta brutal ofensiva privatizadora que promove o PP fracase. Que é posíbel conseguilo, demóstrao a experiencia de que as mobilizacións dos traballadores e da cidadanía foron o elemento clave para o retorno ao sistema sanitario público das Fundacións Hospitalarias (Cee, Barbanza, Verín,...) e das outras “novas formas de xestión” (INFO, Medtec,...) que no pasado xa tentou poñer en marcha o PP.
-Apoiará e se integrará en todas as plataformas cidadáns existentes no noso pais que defendan a sanidade pública e se opoñan a súa privatización, como é o caso das plataformas existentes nestes momentos, así como naquelas outras que poidan xurdir con eses mesmos obxectivos.
-En todos os órganos de representación (xuntas de persoal, comités de centro,...) e en todas as instancias de negociación (mesas sectoriais,...), os representantes de CIG-Saúde xogarán un papel activo defendendo as posicións da CIG e das plataformas cidadáns en defensa da sanidade pública e contra a privatización.
-Esiximos que as novas infraestruturas sanitarias conteñan unha carteira de servizos que garanta as prestacións sanitarias que por dereito lle corresponden a poboación.

Compostela, 22 de febreiro de 2010.

Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 23-02-2010 14:43
Queres comentar ou preguntar algo?
modificados os estatutos do 061
Sae hoxe publicada en DOG a modificación dos estatutos do 061. Podedes consultala premendo aqui.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 02-02-2010 12:20
Queres comentar ou preguntar algo?
Contra o retroceso no sistema público de servizos sociais
O PP está intentando por tódolos medios chimpar do mapa a nosa lingua, privatizar a asistencia sanitaria, esta semana dimos información dabondo no blog sobre estas duas cuestiois, pero é que ademais pretende privatizar moitos dos servizos públicos que xa temos, onte produciuse unha carga policial con varios feridos, incluidos un par de periodistas (será por isto que os medios de comunicación recollen a noticia) contra unha manifestación de bombeiros en A Coruña, avantar daba asi a noticia:

Un milleiro de persoas maniféstanse en A Coruña contra a privatización dos servizos de emerxencias.

A marcha, convocada por CIG, UGT e CCOO, rematou diante da Deputación provincial logo dunha carga da policía.

Arredor de mil persoas, entre bombeiros chegados de toda Galiza e delegados/as sindicais, participaron na manifestación convocada este venres en A Coruña, en contra da privatización dos servizos de emerxencia. A protesta, que transcorreu entre os ruídos das sirenas e os petardos, rematou diante do edificio da Deputación provincial, onde se produciu unha carga policial na que afortunadamente non se rexistraron feridos, mais onde tampouco foron recibidos os representantes dos traballadores/as polo presidente do organismo, Salvador Fernández Moreda.

“Moreda acaba de dicir que é un incompetente; se non se fai competente nesta materia, entón é un incompetente”, afirmaba Xavier Picón, responsábel da Administración Local da CIG logo de que o presidente da Deputación se negase a recibir aos representantes dos traballadores. “O máximo responsábel da maior parte dos servizos privatizados e di que non son competencia del, que non está na súa man resolver nada. Acaba de declararse incompetente, cousa que por outra parte tampouco nos sorprende”, sentenciaba Picón.

O sindicalista da CIG lamentaba o resultado da xuntanza mantida o xoves con Moreda, pois o responsábel político ten apostado pola privatización dos servizos de emerxencia na provincia, praxis que, por outra banda, se está levando a cabo en todo o País. “Para que nos serven estes políticos, para nada”, aseguraba.

As tres organización sindicais convocantes, CCOO, UGT e CIG, solicitaron, ao remate da manifestación en A Coruña, a intervención do secretario xeral do PSdeG-PSOE, Manuel Vázquez, polas evidentes contradicións entre o que defenden os socialistas nos seus programas electorais, e mesmo nas intervencións no Parlamento, e as políticas que poñen en práctica, apostando pola privatización dun servizo tan importante para a cidadanía como as emerxencias.

Marcha polas rúas de A Coruña


A ruidosa manifestación, na que participaron arredor dunhas mil persoas e na que tamén estivo presente o secretario xeral da CIG, Xesús Seixo, saíu por volta das once e media da Praza da Palloza con destino ás portas da Deputación provincial. A escolla da cidade de A Coruña, chegou logo de que o organismo provincial, por acordo dos tres partidos políticos que o compoñen (PSOE, BNG e PP), e en complicidade coa Consellería de Presidencia da Xunta de Galiza, decidise impoñer para toda a provincia unha xestión das emerxencias pola vía da externalización dos seus servizos. Isto supón que o Consorcio de Emerxencias creado entre Deputación e Xunta será xestionado definitivamente por empresas privadas.

Carga policial

Logo de chegar ás portas da Deputación, que rapidamente foron pechadas pola seguridade privada do edificio, a policía nacional instalouse diante das escaleiras de acceso, fronte mesmo da pancarta de cabeceira. Ruído de sirenas, berros reclamando a presenza de Moreda, bengalas e petardos enmarcaron durante un bo anaco a situación que se vivía, até que finalmente a tensión estourou e a policía iniciou unha carga que separou en varios grupos aos manifestantes. Foi entón cando comezou unha verdadeira batalla campal, na que as pelotas de goma lanzadas polos axentes non deixaron de voar entre os alí congregados e ante a que os bombeiros non quedaron calados.

Tras dun bo anaco, a situación foise calmando sen que se produciran feridos nin houbese detencións. Mais coa impotencia marcada na cara daqueles que viñan loitar pola defensa dun servizos públicos e de cualidade para toda a cidadanía e pola dignificación das súas condicións laborais.

Parques privatizados

En Galiza existen actualmente 7 parques de bombeiros públicos nas grandes cidades (dependentes dos Concellos e cuxo ámbito de actuación se limita á área municipal), 1 parque público en Silleda xestionado pola Deputación de Pontevedra e 17 parques privatizados.

Pola súa banda, as empresas que xestionan os parques privatizados limítanse á contratación do persoal, xa que todos os gastos (instalacións, mantemento, protocolos de actuación, planos directores, etc.) dependen da administración. Por iso, o suposto aforro da xestión privada vén pola vía da precarización dos traballadores/as das emerxencias, mentres que as empresas levan un 19% de beneficios e aínda reciben un 8% máis en concepto de gastos.

As organizacións sindicais lembraron que tan só en Galiza se ten apostado por un modelo privatizado da xestión das emerxencias, pois nas demais autonomías a lexislación concibe estes servizos como de titularidade pública nos que os seus membros teñen a condición de axentes da autoridade. A respecto deste último punto, dende a CIG tamén se reclama a inmediata creación do estatuto do bombeiro profesional.


Por outra banda celebrouse hoxe en Santiago unha manifestación en defensa dos servizos públicos. Así da Vieiros a noticia

Contra o retroceso no sistema público de servizos sociais

Máis de 60 entidades manifestáronse en Compostela denunciando a actitude privatizadora do Goberno, que "vai contra o propio Estado de Benestar".

A Plataforma en Defensa do Sistema Público Galego de Servizos Sociais, acabada de constituír, manifestouse este sábado en Santiago de Compostela. Dous milleiros de persoas partiron dende a Praza do Toural para chegar até os edificios administrativos da Xunta, encabezada por unha pancarta co lema: “Servizos Sociais Públicos, non á privatización do Consorcio”.

Na protesta tomaron parte unha ampla representación de dirixentes da CIG e do BNG, entre eles o portavoz nacional, Guillerme Vázquez; o deputado no Congreso, Francisco Jorquera; ou membros do Parlamento como Anxo Quintana, Carlos Aymerich ou Ana Pontón.

Entre as súas reivindicacións subliñaron “a protección do sistema público de servizos sociais, que se garanta a infraestrutura necesaria para cubrir as carencias do conxunto da poboación, a consolidación de servizos comunitarios dirixidos á cidadanía con carácter predominantemente local, e a atención integral as familias. Ademais, a Plataforma demanda que a Xunta “volva atrás” no seu modelo de xestión dos servizos sociais e acusa o Goberno de “facer negocio” a través do “proveito económico, maximizando o beneficio e reducindo a calidade da prestación ao cidadán”.

Privatización do Consorcio
O secretario xeral da CIG-Ensino, Anxo Louzao, explicou ao inicio da marcha que esta tamén se trata dunha mobilización máis “contra a privatización que pretende o PP do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, contra os 61 despidos deste organismo e en demanda de que se aplique o convenio asinado en marzo de 2009”. Así, subliñou que “nunha época de crise, os servizos sociais públicos son os que poden amortecer os seus efectos, que sempre son os máis desfavorecidos quen os sofren”, polo que dixo que “deben ser públicos para garantir que sexan de calidade e universais”.

Na mesma liña, o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, asegurou que “o carácter público é a única fórmula capaz de prestar os servizos en igualdade de condicións para todos os cidadáns en todo o ámbito territorial”.

Pola súa parte, o anterior vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana denunciou que “este Goberno está a destruír o que era a xénese dunha rede pública de servizos sociais, que constituiría a cuarta pata do Estado de Benestar”. Ademais lamentou que teñamos “un Goberno que xestiona de costas á xente que máis o precisa” e engadiu que “a cidadanía debemos reclamar unha mudanza no seu rumbo e iso é o que estamos facendo hoxe aquí”.


Como vedes, a temperatura crece por momentos, estamos en mans dun goberno que leva a súa ideoloxia raiante coa extrema dereita, ata as súas últimas consecuencias e non podemos quedar de brazos cruzados ante semellantes ataques, nós dende logo non imos quedar parados, pero a pregunta é,, e ti que pensas facer?
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 30-01-2010 18:06
Queres comentar ou preguntar algo?
xubilación ós 67 anos
artigo extraido de vieiros

MÁIS ANOS DE TRABALLO PARA PODER COBRAR

O goberno español quere ampliar a 67 anos a idade de xubilación

Segundo diferentes informacións, o executivo de Rodríguez Zapatero discutirá esta posibilidade no Consello de Ministros deste venres

O avellentamento da poboación require ampliar a idade de prexubilación para garantir o sistema de pensións. Esta é unha das conclusións dun informe que este ventes vai analizar o Consello de Ministros. Segundo diferentes axencias e medios españois, o executivo de Rodríguez Zapatero valora seriamente a posibilidade de atrasar dous anos a idade do retiro laboral e fixala en 67 anos.

Para que saia adiante esta reforma, o informe terá que ser aprobado previamente no consello deste venres e posteriormente debatida na Comisión do Pacto de Toledo. O xornal madrileño El País asegura na súa edición dixital que na proposta contémplanse prazos para unha aplicación progresiva da medida, que comezaría dentro de tres anos e estaría definitivamente pechada en 2025. Así, cada traballador que se xubile a partir de 2013 tardará, cada ano que pase, dous meses máis en poder retirarse.

O plans do goberno estatal sábense poucos días despois de que o presidente da patronal española, Díaz Ferrán, chegase a propoñer unha nova normativa que levase a idade de xubilación até os 70 anos. Porén, o executivo de Zapatero considera que o retiro aos 67 anos (tal e como ocorre na actualidade en Holanda, modelo que toma como referente) garante sobradamente o actual sistema de pensións.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 29-01-2010 11:30
Queres comentar ou preguntar algo?
o youtube pola sanidade pública
Atopamos no tubo, varios cortos que versan sobre a sanidade pública, Case todos son de Madrid que xunto con Valencia é a punta de lanza na privatización da sanidade no estado español.
Deixámosvos mostra dalgúns deles no blog:

a sanidade pública ten un precio




curso para ladrois: como destruir a sanidade pública




Estamos preparados para curarnos solos?




informáticos estatutarios




¿en que consiste a privatización da sanidade pública?


Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 28-01-2010 17:34
Queres comentar ou preguntar algo?
NON ÁS PRIVATIZACIOIS NO SERGAS
Como xa vimos informando hai varios dias, o Partido Popular empeza coas privatizaciois na sanidade pública, parece ser que será Vigo por onde empece o exterminio da sanidade pública, un exterminio lento e doloroso, que de seguir adiante e non tomar conciencia o persoal e mobilizarse contra él acabará repercutindo non solo nas categorias e lugares afectados, senon en todo o persoal estatutario, funcionario e laboral do SERGAS.
Aquí hai algo mais de 10 anos, sofrimos a privatización da lavanderia, que hoxe por certo xenera moitos mais gastos que co persoal SERGAS, e a pesares de que o persoal se mobilizou non fumos quén de paralizar, o brazo executar naquel momento foi o hoxe xerente de CEE Ramós Ares, (ímonos morder a lingua e non falar mais deste mercenario a soldo da privatización nin relatar tampouco como o levamos ó xulgado por prevaricación, nin tan xiquera da multitude de chanchullos que se deron durante a súa xestión a nivel de contratación.).

Para ter todos e todas as ideas un pouco mais claras sobre o que supón a privatización trasladamos ó blog un artigo que nos deixou un dos nosos blogueiros que versa sobre as consecuencias da privatización na comunidade de Madrid, e imos recuperar a continuación un artigo de Xoan Cons que explica as novas formas de xestión (Privatización) que publicamos no mes de setembro do ano pasado.


NON Á PRIVATIZACIÓN

enlace do artigo de grupos emagister.com

Vou tratar de relatalo o máis breve posible pero tratarei de ser o mais claro e conciso.
En primeiro lugar, a Comunidade de Madrid presidida polo Goberno de Aguirre e co Conselleiro de Sanidade Güemes, van finalizar un longo proceso apoiado por unha serie de leis aprobadas nas súas 14 anos de lexislatura polas cales, creáronse 8 novos (gestion pública-privada) e teñen 1 feito (o de Valdemoro) máis outros 4 en proxecto que van ser de xestión privada. Dos clásicos hospitais madrileños: Ramón e Cajal, A paz, 12 de outubro, Gregorio Marañón, Puerta de Hierro...... Que van ser sometidos a un "plan funcional" cun "plan de reestruturación".

Ben, darei unha breve definición deses termos:

Xestion publica-privada. Consiste en que un hospital en lugar de ser xestionado por un señor que determine a Comunidade de Madrid, vai ser substituído por unha empresa privada (por exemplo CAPIO) e vai ser a responsable de recoller os fondos que a Comunidade destine para ese hospital e vainos a utilizar como boamente a pareza. Canto lle vai a dar a Comunidade de Madrid? Pois moi fácil, estimaranse cantos cartóns sanitarios vai atender ese hospital e para cada cartón dáse unha cantidade de diñeiro. Como se acorda a remuneración por cartón por parte da Comunidade? Máis sinxelo todavia, faise unha poxa e o que máis baratito déixeo..... Para el. Este modelo de xestión contratará ao persoal non sanitario (informaticos, administrativos, celadores.... mediante subcontratas.

Xestión privada. Moi similar ao anterior, pero as subcontratas encargásense de todo o persoal do hospital. Así mesmo, en lugar de dar a xestión ao que máis racanee o prezo por xestión de cada cartón sanitario, farase a quen constrúa o hospital. Imos que na xestión do hospital atoparémonos a empresas construtoras.

Plan funcional. Estudo que se está realizando nos hospitais de toda a vida por parte dunha empresa privada para indicar que servizos manterse en devanditos hospitais e con canta xente débese contar. Obviamente a misión é a misión, quitar camas nese hospital e quitar traballadores.

Plan estrutural. Xa que os hospitais tradicionais non van ser destruídos, vanos a reformar ( ¡OLLO ao concepto de reforma, xa que no inclúese unha simple pintura de paredes! ) iso se, tras ese plan estrutural, meterase na xerencia ou ben a empresa construtora que fai esa reforma, ou ben os xestores que falamos antes (CAPIO).

Consecuencias.

Para os Pacientes

Dotacións económicas insuficientes mantidas no tempo que se agudizaron nos últimos anos e que se agravan no último orzamento (2008) con incrementos nas partidas que supón financiamento do sector privado: atención especializada con medios alleos (51,6%) e listas de espera (21,2%), mentres que o destinado a infraestruturas e equipamentos dos centros públicos sofre unha diminución do 35,4%. A iso hai que unir o pago en 2008 do canon polos novos hospitais, producindo unha situación financeira crítica que se concreta tamén nunha restrición moi importante dos fondos para contratacións (substitucións, cobertura de vacantes, etc.).

Infraestruturas deficitarias. O número de camas e de profesionais sanitarios é insuficiente coa apertura dos novos hospitais, que cubriron os seus persoais mediante a chamada ?reordenación de efectivos?, é dicir traslados desde os hospitais tradicionais que non foron cubertos. A iso hai que sumar o peche de centros de especialidades en Aranxuez, Coslada, etc. , como resultado da apertura dos novos hospitais.

O aumento das externalizaciones/privatizacións Onde máis incidiu a política da Comunidade de Madrid foi nun aumento brutal das externalizaciones/privatizacións que fomenta de xeito descarado o negocio privado á conta dos orzamentos públicos. Entre as actuacións máis significativas cabe resaltar: A potenciación da multinacional de servizos privados CAPIO mediante a adxudicación de novas áreas sanitarias á Fundación Jiménez Díaz e ao hospital de Valdemoro, ambos os pertencentes a este grupo.

A saúde mental. A privatización dos centros de saúde mental tamén se incrementou, fundamentalmente nos centros de día e de rehabilitación, casas de acollida, etc.

A informatización sanitaria que se deixou en mans do sector privado, que así ten acceso a información confidencial sobre a saúde dos cidadáns madrileños.

Os plans funcionais dos centros tradicionais adxudicados a consultoras privadas.

A concesión a un macrolaboratorio privado do procesamiento das análises clínicas.

Aumento do papel da Igrexa católica, coas concesións de coidados paliativos.

Privatización do ensino, utilizando os centros públicos polas universidades privadas en detrimento de as públicas.

Ausencia de planificación sanitaria e postergación da Saúde Pública.
Ausencia de planificación sanitaria e postergación da Saúde PúblicaLas propostas de futuro que pretenden avanzar neste camiño coa creación de hospitais mediante concesións administrativas, incluíndo a atención primaria e a posibilidade que dan as leis de acompañamento de 2007 e 2008 de introducir a xestión privada nos centros sanitarios públicos.

Non hai planificación sanitaria na Comunidade de Madrid en función das necesidades de saúde da poboación e consecuentemente non existe o imprescindible (e ademais obrigatorio segundo a Lei de Cohesión do SNS).

Plan de Saúde na Comunidade. De xeito coherente, a Dirección Xeral de Saúde Pública desapareceu do organigrama da Consellería de Sanidade, deixando sen cobertura un dos aspectos fundamentais da Sanidade Pública.

Plan de Saúde na Comunidade. De xeito coherente, a Dirección Xeral de Saúde Pública desapareceu do organigrama da Consellería de Sanidade, deixando sen cobertura un dos aspectos fundamentais da Sanidade Pública.

Os novos hospitais abertos na Comunidade de Madrid polo goberno do PP son de DOUS TIPOS: Un, maioritario ata o presente, é o que seguen oito dos nove novos centros e é o modelo PFI (iniciativa de financiamento privado), cuxo orixe está no Reino Unido, onde cultivou estrepitosos fracasos.

Un número baixo de camas por 1. 000 habitantes, que en ningún caso supera as 2 (0,73, moi inferior ao dos hospitais actuais que teñen máis de 2).

Unha escasa dotación dos persoal por 1. 000 habitantes (0,53 médicos e 1,31 profesionais de enfermería/1. 000 habitantes, mentres os centros tradicionais superan 1 médico e 4 enfermeiras/1. 000 habitantes).

Uns custos desproporcionados, que se aproximan a 6 veces o investimento inicial da empresa construtora e cuxa diferenza vai pagar o erario público da Comunidade de Madrid os próximos 30 anos, con fondosprocedentes dos impostos de todos. O resultado é a descapitalización da Sanidade Pública.

A externalización dos laboratorios e a radioloxía. Os laboratorios cédense a CAPIO, deixando sen utilizar os recursos propios, mentres que a radioloxía constitúese nunha empresa pública diferenciada coa intención de que se faga cargo de toda a radioloxía da Comunidade de Madrid.

Problemas nas relacións entre a empresa privada (que xestiona o que non é directamente sanitario) e a empresa pública que se han empezando a producir desde os primeiros días (dificultades para o mantemento, problemas cos consumibles, etc.).

Descontento xeneralizado dos usuarios con numerosas protestas que ata levaron a problemas de orde pública e intentos por parte dos pacientes para continuar a súa atención nos antigos hospitais de referencia.

O outro modelo é o de concesión administrativa directa a unha empresa privada, como o caso xa sinalado do hospital de Valdemoro, adxudicado á empresa CAPIO que é a que, discrecionalmente, toma todas as decisións que considera oportunas en todos os ámbitos: persoais, dotacións tecnolóxicas, etc. Este é o modelo que se quere aplicar aos tres hospitais en proxecto (Móstotes, Villalba, Torrexón a agora Carabanchel).

Progresivo incremento da presión asistencial sobre o sistema sanitario público co desbordamento das urxencias, os servizos hospitalarios e os centros de saúde.
As listas de espera e as demoras excesivas e xeneralizadas favorecen a procura de solucións no sector privado e deterioran a credibilidade e o prestixio da Sanidade Pública , o que obviamente amplifica o problema e dá coartadas á Administración sanitaria madrileña para continuar e profundar a súa política privatizadora.

Todo iso supón un cambio de modelo sanitario e de contrato social no que a privatización e as súas consecuencias (deterioración da calidade asistencial, espolio patrimonial do público e exclusión social) instálanse nas relacións dos cidadáns coa Sanidade Pública , convertendo á saúde nunha mercancía obxecto de lucro empresarial que se administra en función da conta de resultados, intentando unha diminución permanente de custos e a rendibilidade económica, deixando de lado as necesidades de saúde da poboación.
Dado que hai unha retribución por cartón sanitario, os centros de xestión privada ou privada estarán tremendamente interesados en atender as patoloxías pequenas e de baixo custo e derivarán aos grandes hospitais as cousas importantes, de longo custo. Ex, quererán tratar catarros en habitacións moi bonitas e individuais e mandasen os canceres ás habitacións dobres e vellas dos hospitais de sempre.

Para os traballadores.

Despedimentos sen precedentes nos hospitais tradicionais (10000 en todos os hospitais da Comunidade Madrileña). A CAM alega que se trata de desprazar ao persoal que non vai ser necesario nos hospitais tradicionais para que se poidan abrir as plantas dos novos. Simplemente iso non é correcto: en primeiro lugar se pecha plantas e diminúe persoal, deberíanse abrir case automaticamente as outras plantas nos outros hospitais e iso, non se produciu, tardará en producirse e mentres as persoas que traballan ven sobrecargadas, as presión asistencial aumenta, as listas de espera aumentan e a atención nos hospitais tradicionais degrádase. É aí onde dentro dun tempo (un ano aproximadamente) cando o descontento sexa xeral, a CAM liquida os males que eles mesmos nos crearon, ofrecerannos como solución os hospitais que eles fixeron. En definitiva, non se crean máis camas hospitalarias (que é un dos males que ten a nosa sanidade, senón que lla vai a empeorar para que logo pareza que a salvan).
Durante case 4-5 anos nos hospitais estivéronse cubrindo prazas libres mediante persoal contratado renovándolle constantemente os contratos en lugar de crear interinidades (como contratos indefinidos). Óiano ben, 4-5 anos de contratos consecutivos de 3-4-5-6-7-e 12 meses. A este persoal, estívoselle discriminando xa que traballaban durante todo o ano como calquera outra persoa (as súas 12 meses) e con todo gozáronnos NUNCA o 100 % das súas vacacións. E agora, a todas esas persoas, despídellas e só a poucos deles ofrécenselles por orde da xerencia explicita un máximo de 3 meses.
Vanse a cambiar a modalidade de contratos coas novas xestións de maneira que o persoal que traballa nos hospitais van pasar de ser "Estatutarios" a ser "Laborais". A diferenza é as prazas que son cubertas con persoal "laboral" non vai poder quedar a praza en propiedade, e iso, é moi importante xa que leva a: non cobrar trienios, non cobrar conceptos como a carreira profesional e un longo etc.

Ruptura dun tipo de contrato "Estatutario" que é o que esta realizado en practicamente o resto de España (salvo Valencia e Murcia onde o PP esta tratando de facer o mesmo que en Madrid) e que lle permite a parte de ter a praza en propiedade, a mobilidade xeográfica e un longo etc.

O novo persoal laboral, en caso do non sanitario que se esta facendo fixo que os soldos rebáixense de maneira que un celador que podía cobrar entre 1000-1200 ? pase a cobrar 800 ? e a súa xornada transfórmese (antes como estatutario 140 horas/mes e agora como laboral 160 horas/mes).

Desaparecerá a convocatoria pública de prazas de traballo (algo que non ocorre no resto de España).

Volven contrátoos lixo". A consejeria ditou ordes expresas de non facer contratos por tempo superior a 3 meses.

Dificultade no sindicalismo xa que nun futuro os traballadores dos distintos centros seran subcontratados por diferentes empresas o que carrexase diferenzas entre os distitnos hospitais da comunidade xerando problematicas ademas distintas fronte á cal non abrá unha verdadeira unión entre compañeiros.

Todos os traballadores da sanidade, tamén poden ser pacientes na mesma.

Aínda hai máis, moito mais, aquí poño un enlace de senllos artigos publicados por 20 minutos:

Http://www.20minutos.é/noticia/414343/0/urxencias/sanidade/madrid/

O problema final e aquí conclúo é o pouco interese por parte dos medios en dar difusión e producir a alarma social que o tema merece, por iso insto a que calquera que o lea, indague, só hai que pór especulación sanidade Madrid en Google e aparecerán centos de entradas que o explican.

Só pido unha cousa, que calquera que vexa, léao, enténdao e preocúpelle o mais mínimo como vai ser atendido, o ou os seus pais, ou os seus fillos, apoie as manifestacións, as repulsas. É gravisimo o que pode pasar e:

PP vanglóriase.
PSOE veino e non di nada (e iso que tería que intentar loitar por arrebatar unha maioría absoluta).
EU: non se nada deles nin para o bo nin para o malo.
Sindicalmente, non hai un verdadeiro esforzo por facelo chegar ao pobo e facer macromanifestaciones que o poñan freo.

Os medios non lle dan a importancia que debe ( é mais fácil ver que se fai unha exposición na tele destinando para iso 5 minutos que medio minuto para dicir que se privatiza o que levamos toda a vida pagando e pretendendo que sexa publico).

________________________________________________


O SERGAS INVITA: ¿QUEN PAGA?

artigo de Xoan Cons publicado o 28-9-09

O SERGAS INVITA: ¿QUEN PAGA?

Reflexións sobre as novas políticas de búsqueda de financiamento privado para a construcción de novos hospitais.

O xogo da información-desinformación ao que nos ven sometendo este Goberno galego en xeral, e a nosa Consellería de Sanidade en particular, sobre as distintas políticas a aplicar durante o seu mandato ten a todo o mundo perplexo e desorientado sobre o sentido das decisións que vaian adoptar respecto das diferentes parcelas do sistema sanitario.

Sen dar a cara, sen falar nunca claro, de case todo se limitan a decir que se fixo horriblemente mal durante os últimos catro anos (mesmo daquelas cousas e daqueles males que empezaron hai moito máis de catro anos), e sobre case todo se excusan nos malos momentos económicos para amparar e para xustificar unha política que farían de todas as maneiras. Pero claro, “como estamos en crise…”, pois parece que todo pode colar.

Efectivamente, agora que tanto se fala dos problemas para construir e dotar novos hospitais (Vigo, Pontevedra, Lugo, etc), e de buscar financiamento privado para poder abordar esas infraestruturas imprescindibles, quizáis sexa bo recordar duas cousas:
- que este mesmo goberno liderou no seu dia a experimentación sobre novas formas de xestión do sector sanitario, que en Galicia se concretou en tres exemplos inda vivos na nosa memoria recente: as fundacións (parte delas xa restituidas ao Sergas, outras inda non), as empresas públicas (Medtec, hoxe Galaria, inda funcionante), ou a asignación a un centro privado da atención sanitaria dunha área de poboación (Povisa, igualmente en vigor),
- e que as fórmulas de financiamento das que se está a falar non teñen dous anos de vida, non se orixinan nin son producto da crise, senón que son fórmulas que viron a luz hai máis de dez anos, en plena fase expansiva da economía, e que xa dende o ano 2003 forman parte das políticas impulsadas polas institucións da Unión Europea a partir dos conceptos da liberalización dos servizos, da libre competencia, e da consideración do sector público como mero supervisor dos servizos públicos e non xa como proveedor dos mesmos.

Así pois, dende aquel discurso entre autoritario e ramplón co que nos golpean a intelixencia todos os dias, é de rigor recoñecer que este goberno da dereita parece estar conseguindo que se impoña con naturalidade a tese de que o importante é que un hospital se faga, e de onde salgan os cartos ou quen o pague dá igual. Pois lamento (é un decir) discrepar.

Non é intención destas notas abrumar con tecnicismos nin cifras sobre as características dos modelos posibles de participación privada no financiamento dun hospital, e moito menos co relato das múltiples experiencias xa coñecidas (bastante de Europa, USA, Canadá, Australia,…) pero algunha liña básica haberá que dibuxar para saber exactamente de qué estamos falando. Para elo, no esquema anexo poden atoparse os rasgos esenciais dos modelos de PFI coñecidos.

Da revisión das suas características e das suas experiencias, inda sabendo que continúan sufrindo cambios sucesivos en base á técnica do ensaio e o erro, e tomando como referencia de análise a modalidade máis extendida consistente na contratación da obra máis a contratación da xestión de todos os servizos non sanitarios, máis a contratación da explotación de dotacións complementarias (locais comerciais, parkings, cafeterías, máquinas,etc), podería sintetizar a miña visión crítica destes modelos como sigue:

a) Non se xustifican por razóns económicas, pois os datos de todos os estudios independentes apuntan á inexistencia de aforros, ao tempo que advirten do perigo dos incrementos incontrolados de custes a longo plazo dificilmente previsibles con 20 ou 30 anos de anticipación. Asimesmo se apunta sobre unha realidade inda máis preocupante: demostrado o encarecemento dos custes totais do modelo PFI sobre o modelo de investimento “tradicional”, só hai duas formas de conseguir que parezan máis baratos: ou ben mediante o falseamento das suas estimacións iniciais de custes, ou ben mediante o recorte do tamaño ou dos servizos do novo hospital.
b) Non se xustifican por razóns de celeridade na disposición do hospital, pois como demostran os escasos exemplos existentes é posible conseguir o mesmo obxectivo mediante mecanismos estrictamente públicos. Outra alternativa sería modificar as leis orzamentarias e de contratación pública para facelas máis compatibles coa realidade multidisciplinar, complexa e cambiante do entorno sanitario.
c) Non se xustifican por razóns de eficacia na xestión, pois nesto si temos experiencia contrastada no ámbito do Sergas como para poder negar que unha subcontrata preste mellor servizo per se que os medios propios, ou que un centro privado preste mellor asistencia que un centro público.
d) Non se xustifican por razóns da propiedade do hospital, que con PFI queda condicionada ao que ocurra durante os trinta anos nos que o Sergas permanecería no edificio como “realquilado” en función das condicións do contrato, e que condena ademáis a xestionar todo o non sanitario con empresas e con persoal subcontratado, prexuzgando así unha importantisima decisión de política sanitaria (a externalización global de servizos) coa excusa da necesidade de financiar a construcción dun hospital.
e) Non se xustifican por razóns da titularidade do servizo público, pois (esto sí é ideolóxico) non creo no papel da Administración Pública (da Consellería-Sergas, neste caso) como mera supervisora dos servizos públicos prestados á poboación, senón que creo na necesidade da sua responsabilidade directa sobre a forma, o alcance, as condicións e os medios da sua prestación. Porque para a garantía duns servizos públicos de calidade, universais e con equidade, a Administración está obrigada a decidir en base ao interés xeral, e as Empresas están obrigadas a decidir en base ao interés dos seus propietarios. Asi de lexítimo, pero así de claro.

En conclusión, e fronte a aquela afirmación antes citada, e hoxe tan extendida, respecto de que o importante é construir o hospital e o de menos é quen pague, eu formulo outra afirmación producto desta análise, no sentido de que a interrogante principal xa non é quen paga ou quen pon os cartos, senón a qué precio. E considero que o precio a pagar por unha IPF típica no sector sanitario é de todo punto inasumible. O reto será propoñer outras fórmulas; algunhas quedaron apuntadas nestas breves reflexións.

Xoán Cons
Setembro de 2009


ANEXO

Características básicas dos modelos de colaboración público-privada no financiamento de obras de infraestructuras e de equipamentos sociais

¿Qué é a PFI?

Baixo a denominación xenérica de PFI (ou PPP, ou CPP, que tanto monta) teñen amparo distintas modalidades de contratación pública, sobre a base sempre de comprometer o adxudicatario a construcción e financiamento dunha infraestructura (estradas, redes ferroviarias, estacións depuradoras, escolas, hospitais, centros penitenciarios, etc), vinculado a tres condicións principais:
- a xestión posterior de todos ou dunha parte dos servizos asociados a esa infraestructura (e principalmente a responsabilidade sobre o seu mantemento integral),
- o pago pola Admón a partir da entrada en funcionamento da infraestrutura dun precio anual pactado,
- e a longa duración do contrato (habitualmente 30 anos no caso dos equipamentos sociais).

¿Quen opta a este tipo de contratos?

Normalmente unha serie de empresas especializadas que se agrupan temporalmente para ese fin; adoitan agruparse empresas constructoras, entidades ou sociedades financeiras, empresas de servizos xerais, empresas de mantemento e/ou enerxía, e sociedades especializadas en dirección de proxectos. Cada unha delas se ocupa da sua parcela, dentro dun proxecto común. As grandes constructoras (ACS, Sacyr, Ferrovial, FCC…) son as que lideran estes procesos, ata o punto de seren as impulsoras de modificacións na Lei de Contratos do Sector Público para “legalizar” este tipo de contratación. Por estas características se dí tamén que estas fórmulas de contratación fomentan prácticas monopolísticas e expulsan do mercado da contratación pública ás PeMEs e aos Autónomos; a propia Comisión Europea manifesta estar “preocupada” por este fenómeno.

¿Quen define as necesidades e o plan funcional do hospital a facer?

Inicialmente é a Administración quen define loxicamente as características básicas do servizo ou da necesidade que quere satisfacer, e logo é o grupo de empresas adxudicatario quen define o proxecto concreto e os medios necesarios; eso inclue, por exemplo, definir número de camas, distribución, etc. Este control sobre a fase de proxecto, realizado con criterio económico (menor coste posible), é o que permite que as características e dimensións dos hospitais con financiamento privado nazan sempre recortados respecto dos proxectados con criterio asistencial: menos camas, menos recursos, menos servizos de valor engadido (docencia, investigación, etc)…

¿Cómo se determina o precio?

Este tipo de contratos se pagan mediante un canon, actualizado anualmente e abonado mensualmente, a partir do momento en que o hospital (no noso caso) está operativo. O valor inicial do canon se determina no propio contrato, tendo en conta os seguintes factores: custes de construcción e de dotación material inicial, custes de xestión dos servizos a explotar directamente polo grupo empresarial, custes do financiamento (intereses) disponible polo constructor, custes do beneficio industrial, e custes do Ive; e todo elo estimado para os 30 anos de duración normal do contrato.

¿Cales son os beneficios económicos para a Admón?

Inda é un asunto controvertido saber realmente si esta fórmula de contratación é máis beneficiosa economicamente (en fin, máis barata) para a Admón que a contratación “ordinaria”. Inda que as Directivas comunitarias e as Leis estatais obrigan a facer unha análise comparativa entre os dous métodos de financiamento (o tradicional e o privado) con carácter previo a optar por unha PFI, a realidade é que non existe un método contrastado nin fiable para realizar tan complexa estimación. Así, os defensores “ideolóxicos” destas fórmulas din que si hai aforro, e os detractores “ideolóxicos” din que non. E os datos ¿din algo? Pois a pesar de que o Tesouro británico (gran valedor deste sistema) afirmaba inicialmente que existía un aforro medio do 17%, a experiencia demostrou a inconsistencia de tales estimacións. Cito só dous exemplos de fontes pouco sospeitosas: a Oficina Nacional de Auditoría do propio RU fiscalizou en 2001 121 proxectos e concluiu que poñer a andar un hospital con PFI representaba tan só un aforro global en 30 anos dun 1,7%; e o Goberno autonómico de Madrid estima, no caso do Hospital de Vallecas, un aforro tamén en 30 anos dun 0’7%. Eses son os datos e os cálculos máis optimistas en entornos favorables a esta fórmula de financiamento de hospitais. Que cadaquén tire conclusións.

¿Cales son os beneficios para as empresas?

Mediante este tipo de contratos baixo as modalidades PFI, as empresas consiguen varios obxectivos atractivos: estabilidade no negocio durante un periodo mínimo igual á duración do contrato (falemos de 30 anos); ingresos estables durante ese tempo, a través do pago do canon mensual; rentabilidade dos aforros que podan conseguir mediante a reducción de custes na xestión da construcción e na explotación de servizos complementarios; concesión da xestión de servizos complementarios (limpeza, arquivos, esterilización, centraliña telefónica, parking, cafeterías, transporte, etc) en bloque e por eses 30 anos. Si ademáis no grupo empresarial adxudicatario do contrato participa algunha aseguradora ou empresa sanitaria, influe na definición do plan funcional do hospital a construir. Todo elo, claro, ademáis do beneficio económico directo derivado do marxen industrial recoñecido.

¿Existen limitacións para contratar mediante PFI?

A contratación da construcción e posterior explotación dun hospital mediante as modalidades PFI non ten na práctica limitación. Ten diferentes formas de concretarse, vinculadas sobre todo á propiedade do hospital unha vez transcurridos os 30 anos, e ao número e características dos servizos (sanitarios ou non sanitarios) a xestionar polas empresas. Eses aspectos (e outros tamén relevantes sobre os que non me quero extender aquí) defínense no propio contrato, polo que é moi importante observar con detenimento o contido das condicións de cada concurso.

¿Hai algunha outra característica relevante para optar polo sistema PFI?

Pois si. Cando menos unha certamente relevante, porque a modalidade contractual mediante PFI permite escapar das limitacións legais e contables impostas pola normativa orzamentaria, singularmente en dous aspectos moi sustanciais: o gasto asociado a estes contratos non contabiliza como débeda pública, polo cal non se incumple formalmente (anque sí realmente) o límite legal de endebedamento; o gasto asociado a estes contratos pode comprometerse a plazos máis longos que si se tratase como un investimento. Esta maior flexibilidade orzamentaria é precisamente un dos principais argumentos esgrimidos a favor das PFI, fronte á que cabe preguntarse ¿entón para qué tanta normativa orzamentaria e de contratación pública? ¿para qué tanto doble discurso?

¿É certo que tamén existe a vantaxe da maior inmediatez na construcción e posta en funcionamento do hospital?

Para construir, a Admón necesita ir cumplindo en cada paso con formalidades, plazos e burocracias (esixidas pola lei de contratos) que alongan certamente os procesos. Para construir o mesmo, unha empresa só necesita conseguir financiamento e poñerse a elo. Así que o método PFI se inventa unha ficción: facemos parecer que o hospital é da empresa que o construe e non da Admón que o encarga, e así se reducen os plazos de inauguración de forma sustancial. Logo como o hospital é virtualmente da empresa e non da Admón, ésta lle paga un “aluguer” por usalo durante 30 anos, e ao cabo dese tempo xa veremos de quen é a propiedade. Por esto se dí que a Admón que encarga o hospital é quen invita á sua inauguración, pero quen paga é o que veña detrás (durante 30 ou máis anos).

¿É imprescindible que as empresas concesionarias da obra tamén xestionen determinados servizos?

Non, esa entrega da xestión de determinados servizos é o habitual pero non é imprescindible. A modalidade PFI escollida non ten por qué levar aparellada a cesión privada da definición do proxecto de hospital nin a xestión de ningún dos seus servizos, que son os seus puntos máis críticos, pero a tónica xeral nos máis de 600 PFI realizados na UE nos últimos anos é esa. Pero tamén se podería optar por escoller a constitución dunha empresa pública que asuma a xestión desas partes “privadas” do contrato, contratando coa empresa privada unicamente a construcción do hospital; con elo conseguimos igualmente acelerar a sua posta a disposición pero sen hipotecar nin a sua dimensión nin a sua xestión futura. Asturias (Oviedo) e Murcia (Cartagena e Mar Menor) son illados exemplos desta versión light das PFI.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 28-01-2010 11:39
Queres comentar ou preguntar algo?
O gasto sanitario galego, entre os máis baixos do Estado
A Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública advirte dunha maior deficiencia presupostaria nos gobernos do PP.

O Goberno adica este ano 1.333 euros á cobertura sanitaria de cada cidadán, é dicir, 27 euros menos por persoa que nos orzamentos da Xunta de 2009. Atendendo a estes datos, a Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública (FADSP) alerta sobre a insuficiencia do gasto sanitario per cápita, que se sitúa en Galiza por debaixo da media estatal (1.343 euros por persoa).

Nun estudo no que comparan o gasto sanitario de cada comunidade autónoma, a FADSP subliña que hai unha maior deficiencia presupostaria naqueles territorios que goberna o PP. Así, denuncian "diferencias notorias" no orzamento per cápita entre os gobernos que máis adican e os que menos: Euskadi destina 1.623 euros á sanidade de cada cidadán mentres que Baleares é o que menos gasta neste concepto (1.066 euros).

Finalmente, estas asociacións destacan que, como xa ocorrera no ano pasado, as comunidades gobernadas por progresistas teñen uns orzamentos per cápita maiores que as outras: 1.366 euros de media fronte a 1.317 nas gobernadas por conservadores. Do mesmo xeito, subliñan que o modelo de financiamento autonómico "non supuxo melloras nos orzamentos sanitarios por mor do seu carácter non finalista".
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 05-01-2010 10:47
Queres comentar ou preguntar algo?
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis