CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

cursos presenciais O Barco
Lembrámosvos que está aberto o prazo para anotarse nos cursos presenciais realizados por Forga (Fundación para a formación de CIG) que terán lugar no Barco deste xeito:

* Curso "Úlceras por presión: visión actual de prevención e tratamento".
Será impartido desde o 31 de Maio ao 3 de xuño, cun total de 20 horas. Dirixido a Enfermaría. O prazo para anotarse a este curso remata o día 11 de maio.

* Curso "Internet e Correo Electrónico".
Será impartido en datas por fixar, mais despois do verán. Conta cun total de 25 horas e está dirixido a todas as categorías.

* Curso "Plan de Emerxencias Hospitalarias".
Será impartido en datas por fixar, despois do verán. Conta cun total de 20 horas e está dirixido a todas as categorías.

Lembrámosvos que para realizar a preinscrición nestes cursos debedes anotarvos a través da plataforma on-line de Forga, en www.forga.org
Buscade o curso que vos interese e que coincida exactamente co nome que vos puxemos enriba. Un dos datos que vos vai pedir é o CIF da empresa; para aquelas persoas que traballedes no HCV, o número CIF é Q3269008C.
Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 20-04-2010 14:48
Queres comentar ou preguntar algo?
PLAN DE ESTUDOS DO GRAO ENFERMERIA
Deixamos a ligazón ó DOG do día 9 de Marzo no que sae publicado o PLAN DE ESTUDOS DO GRAO ENFERMERIA

Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 10-03-2010 12:33
Queres comentar ou preguntar algo?
cursos FEGAS 2010
Publícase no D.O.G. de hoxe, 3 de febreiro de 2010, a resolución pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde.

As solicitudes poderán tramitarse a través da páxina Web da Escola Galega de Administración Sanitaria(www.fegas.es)onde tamén están publicados os cursos que se imparten.

Os prazos de inscrición son:
*Para os cursos do primeiro semestre: do 5 de febreiro ao 20 de febreiro
*Para os curso do segundo semestre: do 5 de xuño ao día 20 de xuño

Podedes consultar a resolución premendo aqui.
Para ver a guía de actividade docente, preme aqui.
Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 04-02-2010 09:49
Queres comentar ou preguntar algo?
cursos de formación CIG-Valdeorras
Oferta de cursos presenciais de formación para o ano 2010
Pódense apuntar todos os traballadores/as da emprea privada, pública, autónomos e parados
Desde a CIG do Barco de Valdeorras informan da convocatoria de cursos presenciais impartidos por FORGA aos que poden apuntarse todos os traballadores/as da empresa privada, pública, autónomos/as e parados/as. Do listado de máis de 200 accións formativas ofertadas pódense escoller as que máis interesen.

É necesario cubrir a ficha que se adxunta en pdf, asinala e enviala por correo ordinario ou electrónico escaneada para que conste a sinatura. A ficha debe ser entregada directamente nos locais da CIG de O Barco de Valdeorras, no 2º andar, pódese enviar por un compañeiro/a ou por fax ao 988 326 723.

listado de cursos.pdf

ficha cursos Valdeorras.pdf
Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 29-12-2009 12:52
Queres comentar ou preguntar algo?
Curso de "Mecanismos fronte ao estrés"
Ofertamos curso co título "Mecanismos fronte ao Estrés".

DATAS: do 5 ao 9 de outubro
HORARIO: de 4:30 a 8:30 hs
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Academia Gosup - O Barco
Nº DE HORAS: 20
Nº DE PRAZAS: 20
DIRIXIDO A: todas as categorías, persoal que traballara durante o mes de Setembro.


Para máis información diríxete ao noso local no HCV.
Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 29-09-2009 10:41
Queres comentar ou preguntar algo?
Enfermaría: achegándose ás especialidades
Parece que por fin vai habendo pasos de cara á concreción do Real Decreto 450/2005 de 22 de abril, sobre Especialidades de Enfermaría.

O pasado 29 de xullo publicáronse no BOE as bases comúns para as convocatorias de probas obxectivas para o acceso extraordinario ás especialidades de enfermaría. Isto non significa que se vaian convocar inmediatamente (que poidera ser), senón que xa está máis próxima a convocatoria das mesmas, ou, cando menos, que xa hai unhas bases sobre as que convocar.

Segundo a Disposición Transitoria Segunda do mentado Real Decreto, establécese un acceso extraordinario ás especialidades de enfermaría para aquelas/es profesionais que cumpran uns criterios:

Disposición transitoria segunda. Acceso excepcional ao título de Especialista.
1. No entanto o establecido no artigo 1.2, poderán acceder a un único título de Enfermeiro, ou de Axudante Técnico-Sanitario, Especialista das especialidades incluídas no artigo 2 os correspondentes titulados que acrediten o exercicio profesional e superen unha proba de avaliación da competencia, nos termos e polo procedemento previstos nos apartados seguintes.
2. Os aspirantes deberán atoparse nunha das seguintes situacións:
a) Exercer como enfermeiro as actividades propias da especialidade que se solicite durante un período mínimo de catro anos.
b) Exercer como enfermeiro as actividades propias da especialidade que se solicite durante un período mínimo de dous anos, sempre que, ademais, se acredite a adquisición dunha formación continuada acreditada segundo o previsto na Lei 44/2003, de 21 de novembro, de polo menos 40 créditos no campo da respectiva especialidade. A devandita formación complementaria poderá realizarse durante o prazo de presentación de solicitudes establecido no apartado 4 desta disposición transitoria.
Considerarase cumprido o período de formación complementaria cando o interesado acredite estar en posesión dun título de posgrao de carácter universitario que inclúa unha formación relacionada coa respectiva especialidade non inferior a 20 créditos ou 200 horas.
No caso dos aspirantes ao título de Enfermeiro Especialista en Enfermaría do Traballo, entenderase cumprido o período de formación complementaria cando o interesado se atope en posesión do Diploma de Enfermaría do Traballo ou do Diploma de ATS/DUE de Empresa e non poida acceder ao título de Enfermeiro Especialista de acordo co disposto na disposición transitoria terceira.
c) Exercer durante polo menos tres anos como profesor de escolas universitarias de Enfermaría e adscritas, en áreas de coñecemento relacionadas coa especialidade de que se trate, sempre que, ademais, se acredite polo menos un ano de actividade asistencial en actividades propias da especialidade solicitada.
3. Os requisitos establecidos no apartado 2 deberán reunirse con anterioridade á data de publicación no «Boletín Oficial do Estado» da convocatoria da proba anual de carácter estatal na que, por primeira vez, se oferten prazas de formación na especialidade cuxo título se aspira a obter.
No caso de aspirantes ao título de Especialista en Enfermaría de Saúde Mental, tales requisitos deberán ser reunidos antes do 4 de agosto de 1998.
O establecido nos dous apartados anteriores enténdese sen prexuízo de que a formación complementaria poida desenvolverse durante o prazo de presentación de solicitudes previsto no apartado 4.
4. As solicitudes para a obtención do título conforme a esta disposición transitoria poderán presentarse desde a entrada en vigor deste real decreto. O prazo de presentación de solicitudes finalizará, para cada especialidade, aos seis meses da publicación no «Boletín Oficial do Estado» da convocatoria da proba anual de carácter estatal na que, por primeira vez, se oferten prazas de formación na especialidade correspondente.
No caso da especialidade de Saúde Mental, o prazo de presentación de solicitudes será de dous anos, contado desde a entrada en vigor deste real decreto.
As solicitudes dirixiranse á Secretaría de Estado de Universidades e Investigación e presentaranse nos servizos centrais ou periféricos do Ministerio de Educación e Ciencia ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
A solicitude acompañarase da documentación que acredite que o interesado reúne os requisitos establecidos no apartado 2, especialmente os relativos ao título de Diplomado en Enfermaría ou de Axudante Técnico-Sanitario, aos servizos prestados na correspondente especialidade, ás actividades docentes realizadas polo interesado e á formación complementaria, segundo corresponda.
A documentación indicada poderá presentarse en orixinais ou en copias compulsadas.
5. As solicitudes serán tramitadas pola Dirección Xeral de Universidades do Ministerio de Educación e Ciencia, de acordo co procedemento xeral establecido na Lei 30/1992, de 26 de novembro, coas peculiaridades que se establecen nesta disposición transitoria.
Unha comisión mixta, composta por funcionarios dos Ministerios de Educación e Ciencia e de Sanidade e Consumo, analizará as solicitudes presentadas.
A comisión poderá solicitar informe, se o considera necesario, ás comisións nacionais das distintas especialidades, así como á Comisión de formación continuada das profesións sanitarias, no relativo valoración das actividades de formación continuada non acreditada que realizasen os solicitantes.
A proposta da comisión mixta, a Dirección Xeral de Universidades ditará unha resolución que declare a admisión ou exclusión dos interesados á proba obxectiva á que se refire o apartado seguinte, que se notificará aos interesados no prazo máximo de seis meses desde que conclúa o prazo de presentación de solicitudes establecido no apartado 4.
6. O Secretario de Estado de Universidades e investigación do Ministerio de Educación e Ciencia, a proposta da Dirección Xeral de Recursos Humanos e Servizos Económico-Orzamentarios do Ministerio de Sanidade e Consumo e da Dirección Xeral de Universidades, previo informe da Comisión Delegada de Enfermaría do Consello Nacional de Especialidades en Ciencias da Saúde, mediante unha resolución que se publicará no «Boletín Oficial do Estado», aprobará as bases da convocatoria da proba obxectiva. Nas indicadas bases determinarase o contido da proba, a composición da comisión avaliadora, o sistema de avaliación e cantos aspectos se consideren necesarios para a súa adecuada organización.
Na comisión avaliadora participarán polo menos dous membros da comisión nacional da especialidade afectada propostos pola propia comisión nacional.
A proba obxectiva dirixirase a avaliar a competencia dos aspirantes nos seus ámbitos de coñecementos, habilidades e actitudes necesarios para o adecuado exercicio da especialidade de que se trate.
7. O establecido nesta disposición transitoria non será de aplicación á especialidade de Enfermaría Obstétrico-Xinecolóxica (Matrona).


Como vedes, o punto sexto desta Transitoria acaba de cumprirse. Agardamos que se vaian cumprindo os demáis tamén.
Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 06-08-2009 13:51
Queres comentar ou preguntar algo?
normas cursos FEGAS
NORMAS CURSOS FEGAS 2009


1. ESTRUTURA

O programa de actividades docentes está integrado, basicamente, por tres tipos de
actividades formativas, segundo a súa fonte de financiamento:

a. Actividades incluídas dentro do Plan de formación continua do persoal de
institucións sanitarias do SERGAS (Plan AFCAP).
b. Actividades docentes incluídas dentro do Plan estratéxico de formación (PEF) dos traballadores ao servizo da sanidade pública galega.
c. Actividades incluídas dentro do Plan de formación para a calidade na prescrición de medicamentos (CPM).

2. INFORMACIÓN

Sen prexuízo do uso doutros medios de información, a Escola ten permanentemente operativa a páxina Web, na que se inclúe toda a información actualizada das súas actividades formativas (www.fegas.es).

3. MODIFICACIÓN

Debe terse en conta que a actividade incluída neste programa pode sufrir algunha modificación ou pode verse incrementada con outras actividades. Nestes supostos, a Escola proporcionará información e difusión específica sobre elas, reservando para si, igualmente, o dereito a suspender a execución dalgunha das actividades programadas.

4. QUÉN PODE INSCRIBIRSE

a. Actividades incluídas dentro do Plan de formación continua do persoal de institucións sanitarias do SERGAS (Plan AFCAP). Poderá participar nas accións formativas todo o persoal que preste ou prestase servizos nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde así como os traballadores pertencentes ás fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas adscritas á Consellería de Sanidade que btivesen a condición de persoal estatutario. Ademais deberá cumprir os requisitos esixidos para cada curso.

b. Resto de actividades. Persoal da Consellería de Sanidade, do Servizo Galego de Saúde e de fundacións e empresas públicas adscritas á Consellería de Sanidade (tamén os traballadores incluídos nas listaxes de contratación).
Poderá participar nas accións formativas outro persoal cando así veña especificado no anexo.
Non se poderá participar nunha actividade ormativa se ao inicio do curso se está en situación de incapacidade temporal. Esta circunstancia deberá comunicarse por escrito á Escola para cubrir a vacante e evitar a penalización que conlevaría a non comunicación. En todo caso, o persoal que se atope disfrutando dun permiso por parto, adopción ou acollemento tanto preadoptivo como permanente ou simple, adopción internacional ou en excedencia para o coidado de fillos e familiares poderá participar nos cursos, consonte establece o punto vinte e catro e trinta e un da Lei 13/2007 de modificación da Lei da Función Pública da Comunidade Autónoma de Galicia e a disposición adicional decimonovena, punto trece da Lei orgánica 3/2007 para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
En ningún caso se poderá participar nun curso si se ten feito previamente, excepto si fai máis de cinco anos que se realizou.
Ao longo do ano soamente se poderá solicitar un máximo de seis cursos.
Poderán ser excluidas automáticamente aquelas solicitudes que non teñan correctamente cumprimentados os datos necesarios para realizar o proceso selectivo de alumnos.
A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á súa exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso nos seguintes 12 meses. A Escola reservarase o dereito a solicitar a información necesaria para verificar os datos.

5. COMO INSCRIBIRSE

O persoal que desexe participar nos cursos deberá enviar o formulario de preinscrición debidamente cuberto exclusivamente a través da páxina web da Escola (www.fegas.es).
Ante posibles incidencias, os aspirantes deberán imprimir unha copia do formulario de preinscrición enviado ou conservar o que recibirán no seu correo electrónico, para o que deberán prestar especial atención na cobertura de datos comprobando que o enderezo de correo electrónico esta correctamente escrito.
Os traballadores incluídos no artigo 45 da Lei 7/2004, galega para a igualdade de mulleres e homes, deberán enviar, nos mesmos prazos, a certificación orixinal ou fotocopia legalizada desta que acredite a súa situación a seguinte dirección:
Escola Galega de administración Sanitaria (FEGAS)
Avda. Fernando de Casas Novoa. Edificio CNL, Nº 37 ? Portal A 1ª Planta
O envío da solicitude non implica a admisión inmediata á actividade senón que se deberá esperar á publicación das listaxes definitivas de admitidos e excluídos na propia páxina web da Escola.

6. PRAZOS PARA INSCRIBIRSE

Para as edicións das accións formativas do primeiro semestre, o prazo comezará o 20 de xaneiro de 2009 e rematará o día 20 de febreiro de 2009.
Para as edicións das accións formativas do segundo semestre, o prazo
comezará o 1 de xuño de 2009 e rematará o día 20 de xuño de 2009.

7. CRITERIOS DE SELECCIÓN DE ALUMNOS

a. Actividades incluídas dentro do Plan de formación continua do persoal de institucións sanitarias do SERGAS (Plan AFCAP).
1. Ser necesariamente destinatario, de conformidade co establecido no anexo para cada curso. Excluiranse aos solicitantes que xa teñan feito o mesmo curso nos últimos cinco anos.
2. Unha vez aplicado o criterio anterior, de existir máis solicitudes que prazas, terán prioridade os aspirantes que realicen tarefas máis directamente relacionadas co contido básico e obxectivos do curso.
3. Menor número de cursos realizados no ano anterior.
4. Terán prioridade os empregados públicos con vínculo fixo sobre os temporais.
5. Terán prioridade os empregados públicos con maior número de tempo de servizos prestados. Este dato consultarao directamente a comisión de
selección das bases de datos de persoal (FIDES) e o solicitante deberá aportar, nos prazos establecidos para o envío das solicitudes de preinscrición, unicamente os servizos prestados fora do Sistema Público de Saúde de Galicia enviándoos a:

Escola Galega de administración Sanitaria (FEGAS)
Avda. Fernando de Casas Novoa. Edificio CNL, Nº 37 ? Portal A 1ª
Planta
15707 - Santiago de Compostela (A Coruña)

6. En cada un dos tres apartados anteriores, terán preferencia na selección os aspirantes que nos últimos dous anos estean utilizando ou utilicen unha licenza de maternidade, un permiso de paternidade, unha reducción de xornada ou excedencia para coidado de familiares, de acordo co previsto no artigo 45 da Lei 7/2004, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
Así mesmo, terán preferencia para participar nos cursos de formación as/os aspirantes que, durante o ano anterior á data de publicación da presente convocatoria, se tiveran incorporado ao servizo activo procedentes do permiso de maternidade ou paternidade, ou teñan reingresado dende a situación de excedencia por razóns de garda legal e atención a persoas maiores dependentes ou persoas con discapacidade, de acordo co previsto no artigo 60.1 da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
Tamén, e de conformidade co disposto no artigo 37 bis, accións positivas nas actividades formativas, da Lei 7/2004 galega para a igualdade de mulleres e homes, engadido pola Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, na súa Disposición dicional 1ª, nos cursos, xornadas ou outras actividades formativas organizadas ou financiadas pola Administración pública galega reservarase un cincuenta por cento das prazas a mulleres que reúnan os requisitos esixidos na convocatoria, que accederán ao turno reservado só si non houbera suficientes solicitudes de participación de mulleres.
7. Por último, no caso de empate resolverase por sorteo.
b. Resto de actividades.
Os criterios selectivos para participar nos cursos serán, con carácter xeral, os que a continuación se relacionan:

1. Ser necesariamente destinatario, de conformidade co establecido no anexo para cada curso. Excluiranse aos solicitantes que xa teñan feito o mesmo curso nos últimos 5 anos.
2. Unha vez aplicado o criterio anterior, de existiren máis solicitudes que prazas, terán preferencia na selección os aspirantes que realicen tarefas máis directamente relacionadas co contido básico e obxectivos do curso.
3. En caso de empate terán preferencia aqueles alumnos que teñan menor número de cursos realizados no ano anterior.
4. Por último, de continuar existindo un número maior de solicitudes que de prazas, resolverase por orde de inscrición.

8. PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DE ADMITIDOS

As listas de admitidos serán publicados na páxina web da Escola dentro do curso correspondente e con 15 días naturais de antelación ao seu inicio. Os alumnos disporán de 10 días hábiles para subsanar erros ou facer as reclamacións que estimen pertinentes.

9. ANULACIÓN DE RESERVA

Se o aspirante seleccionado para a realización dunha actividade docente, decide non asistir a ela, deberá comunicar a súa renuncia exclusivamente a través da páxina web da Escola, con, como mínimo, catro días naturais de antelación á súa data de inicio.
De non facelo así, e salvo motivo xustificado, non será admitido en ningunha outra actividade formativa no transcurso dos 12 meses seguintes.

10. COTAS DE INSCRICIÓN

No caso de actividades para as cales se esixa o aboamento dunha cantidade en concepto de cota de inscrición, informarase debidamente sobre a forma e prazo para realizar o pagamento da correspondente matrícula.

11. REQUISITOS DE ASISTENCIA ÁS ACTIVIDADES DOCENTES

Primeiro.- Expedirase certificado de asistencia ás persoas que asistan á actividade.
Só se poderá faltar ao 10% das horas lectivas como máximo.
Ademais, no suposto de que os cursos esixan a realización dalgunha proba ou traballo, expediráselles o certificado unicamente aos alumnos que a superen.
Só se atenderán reclamacións para a emisión do certificado ata 12 meses despois de finalizado o curso.
Segundo.- Para acreditar a asistencia, os participantes deberán asinar nos controis
de entrada e saída.
Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 29-01-2009 13:10
Queres comentar ou preguntar algo?
cursos de formación continua
Resolución conxunta do 20 de xaneiro de 2009, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional e da Escola Galega de Administración Sanitaria, pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde.

para ver a resolución, preme aquí.
Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 27-01-2009 12:27
Queres comentar ou preguntar algo?
convocatoria cursos CELGA
O DOG do 15 de xaneiro 2009 pública a resolución da convocatoria de probas para a obtención dos certificados des lingua galega: celga1 - celga2- celga3- celga4, para o ano 2009
Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 15-01-2009 18:19
Queres comentar ou preguntar algo?
convocado curso de diplomado en sanidade
Publícase hoxe no DOG a convocatoria da FEGAS para un curso de diplomado en sanidade.
Podedes ver as bases aqui.
O prazo de solicitude remata o 28 de novembro.
Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 11-11-2008 10:16
Queres comentar ou preguntar algo?
plans de estudo
Plans de estudo. Habilitación profesional.

Orden CIN/2134/2008, de 3 de julio, pola que establecense os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enfermeiro.

Orden CIN/2135/2008, de 3 de julio, pola que establecense os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de fisioterapeuta.

Orden CIN/2136/2008, de 3 de julio, pola que establecense os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de dentista

Orden CIN/2137/2008, de 3 de julio, pola que establecense os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de farmacéuticos
Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 22-07-2008 10:25
Queres comentar ou preguntar algo?
Director
PROF. XOAN MIGUEL BARROS DIOS
Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública


Datas de celebración
14-18 de xullo de 2008.
Lugar: Casa da Cultura ?Avilés de Taramancos?
Rúa Luís Cadarso s/n ? NOIA (A Coruña)
Entidades colaboradoras:
Concello de Noia, Exma Deputación de A Coruña,
Consejo de Seguridade Nuclear
Matrículas on-line en:
http://www.usc.es/cultura/cveran08.htm

Obxectivos do Curso
1.- Dar a coñecer e revisar o papel da exposición radioactiva mais ubicua e prevalente á que se ve sometida a poboación e que supón o 50% da dose efectiva anual de radioactividade dun humano (1,2 dos 2,4 mSv/ano), e considerada pola Axencia de Investigación sobre o Cancro (IARC) como canceríxeno humano dende 1988.
2.- Esclarecer a importancia desta exposición ambiental nas casas
e edificios de Galiza, considerada zona de alto risco polo Consejo de Seguridad Nuclear e polos estudos da propia Universidade de Santiago de Compostela nos últimos anos.
3. Presentar os últimos dados derivados das investigacións do Grupo de Radon de Galiza (Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública) sobre o radon e o cancro de pulmón e os Mapas Comarcais de radon que nesa altura fiquen rematados.
4.- Dar a coñecer a iniciativa da Organización Mundial da Saúde
(OMS) ?International Radon Project? desenvolvida entre 2005 e 2007 que dará orixe ao Informe Técnico no 2008 sobre políticas e programas de redución de radón e prevención do cancro pulmonar ligado a dita exposición.
5.- Informar aos asistentes ao Curso das normativas e medidas existentes nos países que levan décadas lexislando sobre o tema e as posíbeis adecuacións das normativas españolas e galegas ás recomendacións
das axencias internacionais (Environmental Protection Agency-USA; ICRP; UNSCEAR; etc)
6.- Por último o curso pretende ser un avance dun futuro Curso de especialista da USC dirixido a titulados medios e superiores nas disciplinas implicadas no problema do radon: médicos, biólogos, farmacéuticos, arquitectos, arquitectos técnicos, persoal das diversas administracións (local e autonómica) e técnicos das Consellerías implicadas:
Medio Ambiente, Sanidade, Traballo, Vivenda, Educación, Innovación e Industria, cando menos. E por último, construtores e axentes inmobiliarios e calquera outra persoa relacionada co sector.


Teléfonos de información:
Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública
981-581237 981-594488 Ext-12302
Secretario: Joaquín Peón González
600-942434
Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 24-06-2008 13:09
Queres comentar ou preguntar algo?
curso de formación

hoxe levamos a cabo a 2ª xornada de formación de delegados e delegadas.

Xoan Cons púxonos o dia en materia de nóminas e permisos, para deste xeito poder ofrecer unha mellor atención ó persoal dende a nosa sección sindical.

Sempre é un pracer contar ca presencia de Xoan Cons que é sen dúbida algunha unha das persoas que mellor coñece a normativa do SERGAS.

graciñas Xan polo teu esforzo e dispoñibilidade con esta sección sindical.
Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 23-06-2008 21:13
Queres comentar ou preguntar algo?
CURSOS PARA TRABALLADORES/AS EN ACTIVO DA EMPRESA PRIVADA
CURSOS PARA TRABALLADORES/AS EN ACTIVO DA EMPRESA PRIVADA

A CIG-Valdeorras, ten previsto a partires do mes de OUTUBRO a impartición dos seguintes cursos:


INFORMÁTICA DE USUARIO: 55 HORAS, 15 ALUMNOS/AS

INTERNET: 45 HORAS, 15 ALUMNOS/AS

MANIPULADOR DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS: 12 HORAS, 15 ALUMNOS/AS

INSTALADOR DE FONTANERIA: 55 HORAS, 15 ALUMNOS/AS

COCIÑA INICIAL: 70 HORAS, 15 ALUMNOS/AS

PREVENCION DE RISCOS LABORAIS: 55 HORAS, 15 ALUMNOS/AS



Para apuntarse a estes cursos pasa polo local da CIG, (frente o concello), ou ben chama por tlfno ao 988321511
Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 23-06-2008 13:09
Queres comentar ou preguntar algo?
cursos CIG-Saude Barco
xa temos datas para o cursiño de informática básica:

será na seman do 26 ó 30 de maio na academia arco iris de O Barco.
as prazas son 15
en horario de 16,30 a 21,30

para anotarse tedes de prazo dende o 29 de abril ata o 15 de maio no local sindical de CIG-Saúde no HCV.

o curso de saúde laboral, será no mes de outubro sen precisar datas, xa as anunciaremos cando as teñamos.
Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 10-04-2008 11:23
Queres comentar ou preguntar algo?
INFORMÁTICA DE USUARIO
CURSO DE FORMACIÓN CONTÍNUA PARA TRABALLADORES EN ACTIVO DA EMPRESA PRIVADA

número de horas: 55H

prazas: 15

do 07/04/08 ó 14/05/08

organiza: CIG-Valdeorras

Para inscribirse no curso é necesario dirixirse a CIG/ Barco Valdeorras e aportar a seguinte documentación: FOTOCOPIAS DA NÓMINA DO ÚLTIMO MES, DO DNI E TARXETA DA SEGURIDADE SOCIAL.

Enderezo : CIG/ Barco Valedorras . Praza do Concello Nº 2. Telefóno 988/32 15 11


a este curso teñen aceso tres parados/as e un ou unha traballador/a da administracion publica
Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 14-03-2008 13:04
Queres comentar ou preguntar algo?
plan de estudios varias categorias
hoxe aparece publicado no BOE a Resolución que publica os ACORDOS polos que se establecen as condicións ás que deberán adecuarse os plans de estudios de:
Dentista
Enfermaría
Farmacéutico
Fisioterapeutas.
Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 27-02-2008 09:41
Queres comentar ou preguntar algo?
I XORNADA DA ASOCIACION DE ENFERMARIA FAMILIAR E COMUNITARIA
Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 14-02-2008 10:04
Queres comentar ou preguntar algo?
CURSOS
CIG-VALDEORRAS INFORMA


Cursos para traballadores/as en activo da empresa privada:

* Instalador/a de antenas. 15 alunos. 55 horas.

* Enerxía solar fotovoltaica. 15 alunos. 55 horas.

Se estades interesados/as podedes informarvos nos locais sindicais de CIG-Valdeorras (Praza do Concello, 2 1º - O Barco) ou no teléfono: 988 32 15 11.

Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 12-12-2007 13:08
Queres comentar ou preguntar algo?
cursos de AFCAP 08
colgamos no servidor copia da relación de cursos para o vindeiro ano do plan afcap de Fegas, en formato de folla de cálculo, por si vos resulta máis manexable. Incorpora follas distintas por cada zona.
para velo, preme aqui.
unha vez dentro premede Download CURSOS AFCAP 08 (2).xls
Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 03-12-2007 13:27
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0