CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

CALENDARIO OPE SERGAS 2008/2009
Por fín nos chega o tan esperado cronograma, aquí o tedes:

CALENDARIO OPE SERGAS 2008/2009


1.- LICENCIADOS SANITARIOS:

Primeira quincena de maio

- Publicación notas definitivas fase de concurso da OPE de FEAS.

- Publicación resolución provisional concurso de traslados de FEAS

Segunda quincena de maio


-Convocatoria concurso de traslados de atención primaria.

Segunda quincena de xuño

- Publicación resolución definitiva concurso de traslados de FEAS
- Publicación notas definitivas da fase de concurso de Médicos de Familia.

- Elección de destino de FEAS.

Pendente decidir data de toma de posesión de ámbolos dous procesos, que será comunicada a vindeira semana.

2.- RESTO DE CATEGORÍAS:

Primeira quincena de maio

-Publicación notas provisionais exercicios de carácter práctico (informática) de grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais.

- Publicación notas provisionais do segundo exercicio do grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa.

Segunda quincena de maio

- Convocatoria concurso de traslados.
-Publicación notas definitivas exercicios de carácter práctico (informática) de grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais.
- Publicación notas definitivas do segundo exercicio do grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa.


Primeira quincena de xuño


- Realización dos exercicios de coñecemento de galego de grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais, así como de coñecemento de galego e exercicio común da categoría de cociñeiros.

- Publicación puntuacións provisionais dos exercicios de coñecemento de galego de grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais, así como de coñecemento de galego e exercicio común da categoría de cociñeiros.

Segunda quincena de xuño

- Realización do terceiro exercicio e do exercicio de coñecemento da lingua galega do grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa.

- Publicación puntuacións definitivas dos exercicios de coñecemento de galego de grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais, así como de coñecemento de galego e exercicio común da categoría de cociñeiros e apertura prazo de presentación de documentación da fase de concurso.

- Publicación notas provisionais do terceiro exercicio e do exercicio de coñecemento da lingua galega do grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa.

Primeira quincena de xullo

- Publicación notas definitivas do terceiro exercicios e do exercicio de coñecemento da lingua galega do grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa e apertura prazo de presentación de documentación da fase de concurso.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 30-04-2010 21:16
Queres comentar ou preguntar algo?
Escrito á Conselleira sobre a OPE
Este escrito sobre a OPE ven de ser remitido á Conselleira:



Sra. Pilar Farjas Abadía
Conselleira de Sanidade
San Lázaro. Santiago de Compostela.




Ante os constantes comentarios e indicios sobre unha posíbel filtración no proceso selectivo de OPE convocado en DOG nº 40, de 26 de febreiro de 2009, en varias categorías, indicios que tamén desde CIG-Saúde foron postos en coñecemento da Dirección de Recursos Humanos do SERGAS no que se refire a persoal deste departamento, sen que se puxese en marcha proceso de investigación ningún, e sen que se clarificase, xa que logo, se existiron ou non filtracións das preguntas dos exercicios de PSX, Auxilar Administrativo e D.U.E. entre outras, dirixímonos a vostede para solicitarlle, esixirlle, que proceda á apertura dunha investigación que aclare dunha vez se houbo ou non tais fallos no proceso de custodia de exames, e de ser certo sexan apartadas do proceso selectivo as persoas beneficiadas, e tamén se proceda a tomar as medidas oportunas con aquelas persoas que facilitaron tais filtracións.

Do mesmo xeito, consideramos ineludíbel a apertura dun grupo de traballo que comece a elaborar os criterios necesarios para garantir a transparencia e o respecto polos principios de igualdade, mérito e capacidade nos procesos vindeiros. Para iso, desde CIG-Saúde propoñemos desde xa a asunción das seguintes premisas, a ser desenvolvidas no grupo de traballo que estamos a solicitar:

1. Composición acaída dos tribunais, con membros de, como mínimo, a titulación requirida para o acceso á categoría que se avalía, e coa capacidade e formación necesarias para a correcta redacción das preguntas, de ser o caso. Asemade, os/as membros dos tribunais deberán ser formadas/os en canto ás bases do proceso, (convocatoria, baremos, etc...) e toda a lexislación aplicable. Elaborarase ademais como apoio unha guía de procedemento sobre as bases correspondentes.
2. Imposibilidade de que todos/as os/as membros dos tribunais coñezan o contido completo dos exercicios, senón unicamente as preguntas propias.
3. Elaboración dunha ampla bolsa de preguntas suficientemente contrastadas e adaptadas ao temario de cada categoría, da que se extraían aleatoriamente e en datas inmediatamente anteriores ao exercicio o número necesario para o mesmo.
4. Publicación, ben dunha bibliografía referida, ben dun temario específico (elaborado por comisións redactoras onde figuraran profesionais de recoñecido prestixio, profesores/as universitarios/as, membros de sociedades científicas, etc...) a fin de que serviran como referencia tanto para elaborar as preguntas os tribunais como para o estudo, no caso dos/as aspirantes.
5. Elaboración duns criterios mínimos de organización do acto único de realización de exercicios, onde se contemplen as diversas casuísticas que se poden dar, para evitar a improvisación e a desorganización no momento de celebración dos mesmos.

Agardando que Vde. teña en consideración a nosa petición de investigación exhaustiva e rigorosa, con aplicación das medidas necesarias, e de convocatoria dun grupo de traballo preparatorio do próximo proceso selectivo, para evitar no sucesivo que se repitan situacións como a actual, quedamos á súa disposición e saudámola atentamente:

Compostela, 30 de abril de 2010

Asdo:

Mª Xosé Abuín Alvarez
Secretaria Nacional

Susana Méndez Rodríguez
Responsabél de Emprego Público.



Na mesma liña que este podedes descargar aqui un escrito dirixido á afiliación no que se pón a disposición da mesma a asesoría xurídica para aquelo que precisaren a este respecto.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 30-04-2010 10:40
Queres comentar ou preguntar algo?
baremación provisional fase concurso medicos de familia
Resolución do 20 de abril de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o acordos do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico de familia de atención primaria do persoal estatuario do Servizo Galego de Saúde, relativo á baremación provisional da fase de concurso

O número 5 da base sexta B) das diversas resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (DOG nº 247, do 22 de decembro) polas que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, dispón que, realizada polo tribunal a baremación correspondente da fase de concurso, se publicará no Diario Oficial de Galicia con indicación da puntuación obtida por epígrafes, así como a valoración total da fase de concurso, para os efectos de que os aspirantes que o consideren oportuno poidan presentar reclamación ante o propio tribunal, por tanto, este centro directivo


RESOLVE:

Primeiro.-Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes da categoría de médico de familia de atención primaria do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, do proceso selectivo convocado pola resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (DOG nº 247, do 22 de decembro), nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na súa páxina web www.sergas.es. relativas á baremación provisional da fase de concurso nas distintas epígrafes e a valoración total, indicando ademais, se é o caso, a relación de aspirantes excluídos da fase de concurso por non teren presentado a documentación requirida ou por non cumprir os requisitos da convocatoria.

Segundo.-Abrir o prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan presentar, de ser o caso, reclamación contra a puntuación outorgada nesta baremación, dirixida expresamente á Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2010.

Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos do Servizo
Galego de Saúde

fonte DOG

listado enviado polo sergas ós sindicatos
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 28-04-2010 10:09
Queres comentar ou preguntar algo?
insistimos na petición do cronograma
Seguimos pendentes do cronograma do SERGAS, hoxe puxeronse de novo en contacto con eles dende a executiva de CIG-Saúde e este é o correo que nos remiten, repetimos que cando teñamos información sobre o tema a publicaremos sen demora, polo tanto non resta mais que ter paciencia.

O Sergas quedara en remitirnos un CRONOGRAMA de cómo está a situación das distintas categorías na ope, postos en contacto hoxe con eles comunican que debido a que a Directora de RRHH está esta semana ausente, demorarase dito cronograma uns dias.


Recibimos ademais estoutra información do SERGAS:

Bos días: está previsto que o mércores, día 28 de abril sexa publicada a baremación provisional da fase de concurso da OPE de Médicos de Familia.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 20-04-2010 12:22
Queres comentar ou preguntar algo?
sobre as filtraciois e as noticias aparecidas na prensa
A denuncia de posibles filtaciois entre persoal adscrito ó departamento de RR.HH. do SERGAS e que se fixo a través deste blog o dia 3 de febreiro e que foi recollida por "el país" o dia 5 de febreiro, chega ahora (case 2 meses mais tarde) á prensa galega, xa publicamos onte a noticia en la voz de galicia e hoxe os nosos políticos apuntanse a denuncia "dos sindicatos" (como que o sindicato que o denunciou non tivera nome), podedes velo, aquí e aquí.

Pois ben, primeiro "agradecer a este xornal" la voz de Galicia que por fín se faga eco da denuncia e ós políticos que fan as declaraciois que por fin se enteren e o tomen en serio.

Pero cumpre aclarar un par de temas con respecto á nosa postura como CIG-Saúde O Barco:

1º As filtraciois, polo menos que nós saibamos limítanse a unha moi pouca xente do entorno dos servizos centrais de RR.HH. do SERGAS, polo que debe ser investigado con seriedade e rigurosidade e de comprobarse certas as filtraciois este persoal debe ser apartado da OPE inmediatamente, tamén terá que haber a asunción de responsabilidades a quén lle competa e a dimisión dos altos cargos implicados por activa ou pasiva. Outra cousa é que en base somente a estas filtraciois se produza a anulación de toda a OPE, non estamos de acordo niso a non ser que as filtraciois vaian moito mais alá do que sabemos ata o momento.
Xa sabemos que isto non gustará á maioria dos suspensos, sobre todo nas categorias de PSX e aux administrativo onde son unha aplastante maioría, pero a pesar do queime que nos poda supoñer, temos que ser serios e coherentes e decir as cousas como as vemos aínda que non goste á maioría. De todas formas se un xuiz decide anulalas pois ben anuladas estarán.

2º: Ante o argumento do SERGAS de que está investigando a pesares de que non hai denuncia de ningún sindicato sobre o tema, temos que decir que se ben é certo que non se presentou denuncia xudicial ningunha, sí se fixo unha denuncia das filtraciois ante o propio SERGAS e despois da primeira resposta que podedes ver no enlace, non voltamos a saber nada. Polo que estamos estudando a posibilidade de levar a denuncia ante o fiscal, adecisión tomarase despois de semana santa e de prosperar a nosa proposta de ir ó fiscal coa denuncia o publicitaremos no seu dia no blog.
O que temos moi clariño é que se a prensa pasara deste tema, moi pouquiño se iba conseguir posto que está mais que demostrado que o que asusta mais a estes señores e que os medios de comunicación lles destapen as súas vísceras.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 26-03-2010 14:18
Queres comentar ou preguntar algo?
artigo sobre as filtraciois
A prensa galega xa tardou en recoller a denuncia que se fixo sobre as filtraciois na OPE do SERGAS, deixamos o artigo de hoxe de la voz de galicia

emprego público
Sanidade abre unha investigación ante posibles filtracións en probas do Sergas

Empregados da área que preparou os exames teñen as notas máis altas, por encima de miles de persoas

O sistema de garantías no acceso aos empregos públicos está cada vez máis en dúbida. A sucesión de noticias nas que se denuncian irregularidades manifestas ou indicios de anomalías está erosionando a súa credibilidade. O último caso salpicou á Consellería de Sanidade, que ten aberta unha investigación para tratar de verificar posibles filtracións en catro categorías das oposicións ao Sergas. Os aspirantes que obtiveron as máximas puntuacións nestas probas, ás que se presentaron miles de persoas, prestan servizo no departamento de Recursos Humanos, concretamente na subdirección xeral que está encargada da xestión e a organización dos exames.
A comezos do pasado mes de febreiro, os sindicatos denunciaron estes feitos en Sanidade. E ata unha funcionaria enviou unha carta persoal de queixa á propia Pilar Farjas. Na información remitida á cúpula da consellería dáse conta de como dúas persoas familiarmente vinculadas á funcionaria responsable da xestión e organización das probas aparecen con notas sospechosamente altas. Un obtén o cuarto lugar da oposición de auxiliar administrativo, exame no que había matriculadas 10.000 persoas, das que finalmente só se presentaron 6.000; e ocupa tamén o segundo lugar na proba de persoal de servizos, onde logra 23,2 puntos sobre un máximo de 25. A este exame presentáronse 7.500 persoas. A outra persoa en cuestión, vinculada familiarmente á anterior e á funcionaria responsable das probas, obtivo o primeiro posto na categoría de auxiliar administrativo e na de persoal de servizos. Dáse a casualidade de que esta mesma persoa logrou notas moito máis baixas -quedando ao fondo das listas- noutras probas ás que se presentou tanto na Xunta como na Administración central.
Nas investigacións feitas polos sindicatos aparecen outros dous casos: o dun subalterno da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, que quedou primeiro na categoría de persoal de enfermería, e o dun traballador da mesma área, que logrou o segundo posto no grupo de función administrativa. Estes feitos xeraron un profundo malestar no persoal funcionario de Sanidade, ao que custa crer que nunhas categorías tan competitivas, nas que se presentan miles de persoas, os mellores sexan aspirantes que traballan na dirección que organiza as probas, onde se imprimen e custódianse os exames.
A directora xeral de Recursos Humanos comprometeuse a enviar aos sindicatos un informe co resultado final da investigación en marcha. Con todo, as pescudas feitas ata agora non arroxaron ningunha proba que evidencie irregularidades ou filtracións. A día de hoxe non existe unha denuncia formal sobre estes feitos senón que simplemente foron comunicado á cúpula da consellería correspondente.
Na investigación aberta por Sanidade participaron diversos técnicos informáticos, que non fixeron constar ningunha alteración na cadea de seguridade das probas. A pesar dos indicios de graves irregularidades, a consellería advirte de que, ao non haber denuncia oficial, non está na obrigación de investigar e recorda que o proceso se abriu en aras da desexable transparencia.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 25-03-2010 12:11
Queres comentar ou preguntar algo?
2º borrador da Guia OPE
Este é o 2º borrador enviado polo SERGAS da guia da OPE, seguramente será o definitivo aínda que caben pequenas modificaciois.

PROPOSTA DE CRITERIOS DA DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE EN RELACIÓN COA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2009 PARA O INGRESO EN DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO DO ORGANISMO.

A Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto Marco establece as bases, entre outras materias, da provisión de prazas do persoal estatutario, e insta as comunidades autónomas a aprobar, en desenvolvemento delas, as normas aplicables nos respectivos servizos de saúde.

En execución desta previsión normativa, no ámbito da nosa comunidade autónoma aprobouse o Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 145, do 29 de xullo), modificado polo Decreto 236/2008, do 16 de outubro (DOG nº 208, do 27 de outubro), que dedica os seus Capítulos II e III á selección de persoal fixo e á promoción interna, respectivamente.

Por Resolución da Secretaría Xeneral do do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro) convocouse concurso-oposición para o ingreso nas diversas categorías de persoal estatutario do organismo, modificada pola Resolución da Xerencia do organismo do 8 de xullo de 2009 (DOG nº 136, do 14 de xullo).

Se ben, de conformidade co establecido no artigo 13.4 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, corresponden aos tribunais de selección, de conformidade co que se estableza na correspondente convocatoria, as funcións relativas á determinación concreta do contido das probas e a cualificación dos aspirantes, tanto na fase de oposición como na de concurso, así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas para o correcto desenvolvemento das probas selectivas, non é menos certo que as resolucións e acordos dos tribunais as vinculan á Administración, o que lle confire un papel de coordinación e supervisión daqueles, en orde a garantir unha axeitada aplicación das bases das respectivas convocatorias.

Para facilitar o labor dos tribunais, para unha axeitada e homoxénea interpretación das bases da convocatoria, a Dirección de Recursos Humanos considera necesario elaborar esta proposta de criterios, que conta co respaldo unánime de todas as organizacións sindicais presentes en negociación.

Estes criterios teñen un carácter interpretativo e orientativo, correspondendo aos tribunais de selección a decisión sobre a súa aplicación.

I.- CONSIDERACIÓNS PREVIAS:

1. - Constitución dos tribunais de selección:

Tras a publicación no Diario Oficial de Galicia dos tribunais de selección, a Dirección de Recursos Humanos convocaraos a unha reunión conxunta na que se exporá esta proposta de criterios para a súa posterior ratificación, se é o caso, por cada un deles.

A Dirección de Recursos Humanos velará para que os tribunais actúen de forma coordinada e homoxénea.

Na devandita sesión procederase igualmente á constitución formal de cada un dos tribunais de selección, para o que será necesario contar coa asistencia da maioría dos seus membros titulares ou suplentes.

O Presidente do tribunal requirirá de todos os membros declaración expresa por escrito, no documento facilitado pola Administración, de non estar incursos en ningunha das causas legais de abstención (na sesión constitutiva entregarase a cada tribunal o listado definitivo de admitidos e excluídos).

Na devandita sesión adoptarase a decisión que corresponda respecto a esta proposta de criterios ou calquera variación acordada respecto a estes.

Igualmente farase constar en acta que para as demais sesións do tribunal se utilizará a fórmula da autoconvocatoria, sen necesidade de citación por escrito aos seus membros.

Os tribunais terán a súa sede nos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, onde celebrarán as súas sesións, sendo necesario que estean presentes, polo menos, a maioría dos seus membros titulares ou suplentes.

De todas as sesións dos tribunais os secretarios deberán levantar a correspondente acta, que será asinada polo Presidente e polo Secretario.

Como regra xeral, as sesións dos tribunais, deberán celebrarse en horario de tarde.

2. - Desenvolvemento dos labores dos tribunais de selección:

Logo de proposta ó órgano convocante, os tribunais de selección poderán contar coa colaboración dos asesores especialistas ou de apoio que consideren oportunos, que se limitarán a prestar a súa colaboración nas especialidades técnicas, con voz e sen voto.

Igualmente, para as tarefas de mecanografado dos exercicios da fase de oposición, os tribunais poderán contar coa axuda do persoal auxiliar da Dirección de Recursos Humanos.

En todos os casos, o Presidente do tribunal deberá solicitar declaración expresa por escrito de non se achar incursos en ningunha das causas legais de abstención.

Os membros dos tribunais, os asesores especialistas e o persoal auxiliar, deberán manter sixilo e confidencialidade sobre os datos ou asuntos dos que teñan coñecemento como consecuencia da súa participación ou colaboración nos labores dos tribunais de selección.

A elaboración dos exercicios da fase de oposición realizarase na sede dos tribunais e cos medios materiais que facilitará a Dirección de Recursos Humanos.

Igualmente, toda a documentación utilizada polos tribunais, incluídos os exercicios da fase de oposición, quedará custodiada na sede dos tribunais.

Os tribunais terán que entregar a Dirección de Recursos Humanos, as preguntas dos exercicios da fase de oposición, para a xestión das tarefas de imprenta que corresponden á devandita Dirección.

Igualmente deberá entregar a devandita Dirección, o día seguinte hábil ao da celebración dos correspondentes exercicios, o equipo de respostas correctas destes.

Os exercicios da fase de oposición de cada unha das categorías e especialidades celebraranse en unidade de acto e no mesmo día.

II.- FASE DE SELECCIÓN:

1. - Exercicios específicos:

A fase de oposición, en cada unha das categorías que se convocan, consistirá na realización dos exercicios que se enumeren na correspondente convocatoria e coa forma e sistema de cualificación descrita.

Para a elaboración destes exercicios deberán terse en conta as seguintes recomendacións:

1. - As preguntas serán tipo test con 4 respostas alternativas, cunha soa resposta válida.

2- Evitarase facer preguntas con dobre negación.

3. - As preguntas terán unha formulación sinxela procurando facilitar a súa comprensión polos opositores.

É recomendable que cada tribunal elabore máis preguntas das que formen parte do exame, entre as cales, o presidente ou secretario, como membro do tribunal nomeado por proposta da Dirección de Recursos Humanos, de xeito aleatorio, sorteará as preguntas das que finalmente constará o exercicio.

Estes exercicios serán bilingües, dispoñendo a Dirección de Recursos Humanos dun tradutor de galego que estará a disposición dos tribunais que o soliciten.

2. - Exercicio da parte común:

Para os efectos de garantir o mesmo grao de dificultade para todos os aspirantes, o exame da parte común do programa será idéntico para todas as categorías do mesmo grupo de titulación cuxos exercicios se realicen no mesmo día e hora, correspondendo a súa elaboración á Dirección de Recursos Humanos, debéndose facultar expresamente á devandita Dirección para tal finalidade na correspondente Acta.

3. - Exercicio de coñecemento da lingua galega:

Para os efectos de garantir o mesmo grao de dificultade para todos os aspirantes, o exame de coñecemento da lingua galega será idéntico para todas as categorías do mesmo grupo de titulación cuxos exercicios se realicen no mesmo día e hora, correspondendo a súa elaboración á Dirección de Recursos Humanos, debéndose facultar expresamente á devandita Dirección para tal finalidade na correspondente Acta.

4. - Publicación das plantillas provisionais de respostas correctas:

No prazo dos 2 días hábiles seguintes á realización dos correspondentes exercicios, a Dirección de Recursos Humanos publicará, nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidad e do Servizo Galego de Saúde e na páxina Web do organismo, as plantillas provisionais de respostas correctas dos distintos exercicios, polo que os tribunais deberán entregar á devandita Dirección, o día seguinte hábil ao da celebración dos correspondentes exercicios, a plantilla de respostas correctas destes.

Os aspirantes dispoñen dun prazo de 5 días hábiles seguintes á publicación das plantillas provisionais de respostas correctas para formular reclamacións.

5. - Publicación das puntuacións dos exercicios:

Se o tribunal, de oficio ou de acordo coas reclamacións presentadas, anulase algunha das preguntas incluídas nun exercicio, anunciarao publicamente nos mesmos lugares antes sinalados, xunto coas puntuacións provisionais dos distintos exercicios.

Neste caso serán tidas en conta as preguntas de reserva, que terán unha puntuación igual que o resto das preguntas do correspondente exercicio.

A corrección dos correspondentes exercicios realizarase na sede dos tribunais, cos medios materiais que facilite a Dirección de Recursos Humanos, e nas datas que, por razóns organizativas, determine a devandita Dirección, contando coa presenza dos membros dos correspondentes tribunais que o desexen.

Tras a publicación das puntuacións provisionais dos exercicios os aspirantes disporán dun prazo de 5 días hábiles para formular reclamacións unicamente se existisen erros na confección aritmética da puntuación obtida.

Unha vez estimadas ou desestimadas, as reclamacións que no seu caso se presenten contra a publicación das puntuacións provisionais, publicaranse as puntuacións definitivas e abrirase un prazo de 15 días hábiles para que os aspirantes que superen a fase de selección presenten a documentación acreditativa dos méritos que aleguen.

III.- FASE DE CONCURSO:

NORMAS XERAIS:


1. - Prazo de presentación da documentación:

De acordo coa base sexta b).1 da convocatoria, o prazo para a presentación da documentación do concurso será de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación das notas definitivas.

Por iso, calquera documentación achegada polos interesados con posterioridade ao devandito prazo, non pode ser tida en conta, salvo que fixesen constar que non podían achegala por non a expedir a tempo a institución correspondente, e sempre que acompañasen copia da solicitude de tal documentación.

Por outra parte, de acordo co establecido na base sexta b).4 da convocatoria, os tribunais poderán requirir, de oficio, dos interesados ou de calquera Administración pública, a documentación complementaria ou as aclaracións precisas coa finalidade de asegurar a máxima obxectividade na adxudicación da puntuación no concurso.

2. - Documentación que se debe presentar:

Os aspirantes deberán presentar fotocopia compulsada do título esixido para o ingreso na categoría así como toda a documentación acreditativa dos méritos que desexen sexan tidos en conta de conformidade co establecido no Anexo IV (baremo de méritos).

Deberá presentarse copia traducida por tradutor xurado dos títulos ou certificacións redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español.

En canto ás publicacións redactadas nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español, non será necesario presentar copia traducida por tradutor xurado.

3. - Compulsa da documentación:

Todos os documentos achegados polos interesados deberán ser orixinais ou copias debidamente compulsadas.

As compulsas que se realicen nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, serán gratuítas para o persoal vinculado a estes.

4. - Data de posesión dos requisitos e de valoración dos méritos:

Segundo a base segunda da convocatoria todos os requisitos esixidos para a participación neste proceso deben de ser reunidos polos aspirantes na data en que finalice o prazo de presentación de instancias (31 de marzo de 2009, inclusive)

Igualmente, e de acordo coa base sexta b).3, a valoración dos méritos da fase de concurso referirase ao último día do prazo de presentación de instancias, é dicir, ata o (31 de marzo de 2009, inclusive)

VALORACIÓN DA FORMACIÓN:

1. - Formación académica: (só para as categorías de persoal sanitario).

- Só se valorarán as notas da titulación esixida para o acceso á correspondente categoría.
- Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física, así como tampouco as materias optativas ou de libre elección/configuración.

3. - Formación continuada:

- Só se valorarán os cursos de formación realizados con posterioridade á obtención do título esixido para o acceso á categoría á que se opta, coa excepción daquelas categorías para as que sexa necesaria unha formación especializada (matrón/a e enfermeiro/a de saúde mental) nas que se poderán valorar os cursos de formación realizados durante o período de formación especializada sempre que non estean incluídos no programa docente da correspondente especialidade.
- Os cursos de prevención de riscos e de informática valoraranse para todas as categorías e con independencia da data de realización.
- Cando o certificado exprese os créditos e as horas, a valoración realizarase polos créditos.
- Os cursos nos que figuren créditos outorgados por distintos sistemas de acreditación serán valorados polos créditos outorgados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica.
- Non poderán valorarse os cursos nos que non consten os créditos ou as horas de duración.
- Non poderán valorarse os cursos en que non conste o órgano convocante e impartidor.
- Non poderán valorarse os cursos que non estean relacionados coas funcións propias da categoría e que non estean expresamente dirixidos á categoría.
- A puntuación que se lles outorgará aos aspirantes que impartiran os cursos baremables, será a dobre que a que se outorgue aos que os reciban.
- Non serán obxecto de valoración os diplomas relativos á realización de xornadas, seminarios, simposios ou similares, sempre que non estean debidamente acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica.

VALORACIÓN DA EXPERIENCIA:

1.- Normas xerais:


- Só poderán valorarse servizos prestados nunha categoría con posterioridade á data de obtención do título requerido para o acceso á mesma.
- Para a valoración dos servizos prestados non se terá en conta o réxime xurídico baixo o cal foron prestados (funcionarial, estatutario ou laboral).
- Os servizos prestados en institucións privadas só se valorarán cando se trate de institucións concertadas e/ou acreditadas para a docencia, debendo os interesados presentar documentación que o acredite, pois no caso contrario, non serán obxecto de valoración.
- Para a valoración dos servizos prestados en institucións ou centros de calquera país da Unión Europea, os interesados deberán presentar documentación que acredite a titularidade pública ou privada destes. No caso contrario, non poderán ser valorados.
- Os servizos prestados noutra categoría da mesma área funcional (Anexo V) só se valorarán cando sexan prestados en institucións sanitarias do Sistema Nacional de saúde ou do sistema público dun país de la Unión Europea.
- Para os efectos de valoración dos servizos prestados só se dará validez ás certificacións de servizos expedidas polas Administracións públicas ou entidades privadas, sen que poidan valorarse as certificacións de vida laboral da Seguridade Social ou os nomeamentos ou contratos que poidan ser achegados polos interesados.
- A valoración dos servizos realizarase en función do correspondente nomeamento, de tal maneira que se valorarán como realizados na categoría básica que figure no devandito nomeamento con independencia de que, con base a este, no seu caso, se desempeñasen postos de xefatura ou de carácter directivo.
- Os servizos prestados en categorías do vello modelo de atención primaria terán a mesma valoración que os prestados no novo modelo.

2. - Cómputo dos prazos nos servizos prestados:

- Os servizos prestados valoraranse ata o 31 de marzo de 2009, inclusive.
- Os meses serán computados por días naturais.
- Salvo para os nomeamentos de atención continuada, o cómputo dos servizos prestados efectuarase por meses. Para iso calcularase en cada apartado do baremo o número total de días e dividirase entre 30, de tal forma que o que se valorará en cada apartado será o cociente enteiro, desprezándose os decimais.
- Os nomeamentos de atención continuada computaranse por horas, de tal maneira que 130 horas realizadas nun mesmo mes equivalen a un mes completo de servizos prestados. O exceso de horas realizadas nun mes non pode ser utilizado para completar outro mes diferente.
- En ningún caso, a suma dos servizos prestados con distintos nomeamentos dentro do mesmo mes natural, poderá valorarse por enriba da puntuación establecida para o devandito período dun mes.
- En ningún caso un mesmo período de servizos prestados poderá ser obxecto de valoración en distintos apartados do baremo. De igual forma, un mesmo período de tempo de servizos prestados non poderá ser obxecto de valoración en máis dunha categoría, ou en varios servizos ou unidades, tanto deste coma de diferente centro.

3. - Efecto das situacións administrativas na valoración dos servizos prestados:

- O período de permanencia en excedencia por coidado de familiares, valorarase como tempo efectivo de servizos prestados para os efectos do baremo de méritos.
- O período de permanencia na situación de servizos especiais, salvo no caso de acceder a praza de formación sanitaria especializada mediante residencia, valorarase como tempo efectivo de servizos prestados na categoría para os efectos do baremo de méritos.
- As situacións de maternidade/paternidade, enfermidade, os permisos retribuídos e o servizo militar ou prestación social substitutoria valoraranse como tempo efectivo de servizos prestados aos efectos do baremo de méritos.
- Os períodos de permiso sindical valoraranse como tempo efectivo de servizos prestados aos efectos do baremo de méritos.
- Non se computarán como servizos prestados os períodos de permiso sen soldo e suspensión firme de emprego e soldo.
- Os servizos prestados noutra categoría polo persoal estatutario fixo en situación especial en activo - SEXA- ou nomeado en promoción interna temporal ou en adscrición temporal, valoraranse como servizos temporais na devandita categoría. Pola súa banda, os servizos prestados na categoría que ostentan en propiedade con anterioridade ao período na que foron nomeados nalgunha desas situacións computaranse como realizados con nomeamento fixo na categoría que ostentan en propiedade.
- En ningún caso a valoración dos servizos prestados nas diferentes categorías como fixo ou temporal poderán resultar coincidentes no tempo.

4. - Servizos prestados a tempo parcial:

- Os servizos prestados durante o período en que se goce dunha redución de xornada para o coidado de familiares, serán valorados como servizos prestados en réxime de xornada completa.
- Non obstante, para a valoración dos servizos prestados do persoal especificamente nomeado ou contratado a tempo parcial terase en conta a duración da xornada en relación coa xornada completa, de tal maneira que a puntuación aplicable será obxecto da correspondente redución proporcional.
- Cando nun mesmo período o interesado acredite distintos nomeamentos a tempo parcial, realizarase unha acumulación, sen que poida resultar, en ningún caso, unha xornada acumulada superior á xornada completa.

5. - Servizos prestados con contrato laboral polos residentes:

- Os servizos prestados como persoal en formación polo sistema de residencia non poden ser obxecto de valoración como experiencia profesional, xa que estes servizos se realizan ao amparo dun contrato laboral de formación.
- Igualmente, respecto ao persoal fixo dunha categoría, que fose declarado en SEA ou ao que se lle concedese un permiso para realizar a formación polo sistema de residencia nunha especialidade, ou fóra declarado na situación de servizos especiais, os servizos prestados durante o tempo que dure a formación non se poderán valorar como experiencia profesional.

6. - Servizos prestados con anterioridade ás transferencias aos Servizos de Saúde:

- Os servizos prestados en institucións sanitarias doutras administracións públicas transferidas aos Servizos de Saúde antes da transferencia, serán valorados como prestados para o servizo de saúde cando o interesado prestase servizos na devandita institución na data da transferencia. Neste caso valoraranse no punto 1 todos os servizos prestados sen solución de continuidade do contrato polo que resultou transferido.
- Os servizos prestados en institucións sanitarias doutras administracións públicas transferidas aos Servizos de Saúde antes da transferencia por aspirantes que non foron transferidos ao correspondente servizo de saúde serán computados no punto 2 como prestados a outras administracións públicas.

7. - Servizos prestados en enfermaría de saúde mental:

- Os servizos prestados polo persoal de enfermaría nas unidades de saúde mental serán valorados na categoría de enfermeiro/a de saúde mental.

8. - Servizos prestados como azafatas:

- Os servizos prestados como azafatas serán valorados como prestados na categoría de grupo auxiliar da función administrativa, xa que é a lista de vinculacións temporais utilizada para cubrir os devanditos postos de traballo.

9. - Servizos prestados en programas da Consellería de Sanidade ou do Servizo Galego de Saúde

- Os servizos prestados en programas de carácter asistencial da Consellería ou do Servizo Galego de Saúde (saúde mental, cancro de mama, hixiene bucodental, etc) serán valorados como prestados no punto 1 como prestados para o Sistema Nacional de Saúde.
- Os servizos prestados en programas non asistenciais da Consellería de Sanidade ou do Servizo Galego de Saúde (programas de saúde pública, xestión de fondos documentais biomédicos, EDO, etc) serán valorados no punto 2 como prestados para outra administración.

OUTRAS ACTIVIDADES:

1. - Valoración de titulacións oficiais:

I.- Categorías sanitarias:


- Categorías de diplomados sanitarios: Outorgaranse 2 puntos aos aspirantes que estean en posesión dunha ou varias diplomaturas sanitarias ou especialidades de diplomados sanitarios que non sexan requisito para o acceso á categoría.

- Outras categorías sanitarias: Outorgaranse 2 puntos aos aspirantes que estean en posesión dunha ou varias formacións profesionais da rama sanitaria que non sexan requisito para o acceso á categoría sempre que teñan, polo menos, o mesmo nivel académico que o esixido para o acceso á categoría.

II.- Categorías non sanitarias:

- Para as categorías dos grupos C, D e E outorgaranse 4 puntos aos aspirantes que estean en posesión dunha ou varias titulacións oficiais específicas de formación profesional non esixidas para o acceso á respectiva categoría sempre que estean directamente relacionadas coas funcións de esta, de acordo co seguinte:

- Categorías administrativas (grupo administrativo e auxiliar administrativo) e P.S.X: valoraranse as titulacións oficiais de formación profesional de administración e de informática, sempre que teñan, polo menos, o mesmo nivel académico que o esixido para o acceso á categoría.
- Categorías informáticas: valoraranse as titulacións oficiais de formación profesional de informática, sempre que teñan, polo menos, o mesmo nivel académico que o esixido para o acceso á categoría.
- Categorías de mantemento: valoraranse as titulacións oficiais de formación profesional de oficios (mecánica, electricidade, carpintaría, fontanaría, etc.) sempre que teñan, polo menos, o mesmo nivel académico que o esixido para o acceso á categoría.
- Categorías de hostalaría: valoraranse as titulacións oficiais de formación profesional de cociña e gastronomía ou de restauración sempre que teñan, polo menos, o mesmo nivel académico que o esixido para o acceso á categoría.

2. - Valoración dos traballos publicados:

- O tribunal de selección valorará libremente os traballos publicados sempre que estean directamente relacionados coa categoría e que sexan posteriores á data de obtención do título correspondente.
- A valoración dos artigos, capítulos e libros completos axustarase ao baremo establecido na correspondente convocatoria, non podendo asignarse puntuacións diferentes ou que se correspondan de xeito parcial coas fixadas no citado baremo.
- Serán obxecto de valoración os artigos recollidos en revistas de publicación periódica, sempre que garden relación directa coa categoría na que se participa.
- Os abstract, en tanto que sexan o resultado de comunicacións, relatorios, conferencias, etc, non serán obxecto de valoración.
- A autoría de capítulos de libros ou de libros completos, será obxecto de valoración cando corresponda a publicacións que se atopen axeitadamente referenciadas en termos bibliográficos.
- En ningún caso un mesmo contido determinado e obxectivable, publicado baixo diferentes formas (abstract, artigo, capítulo, etc) poderá ser obxecto de máis dunha valoración.
- Non poderán valorarse máis de tres capítulos dun mesmo libro.

ANEXO I

ÁREAS FUNCIONAIS

CATEGORÍAS DO GRUPO A :


• BIBLIOTECARIO/A: Áreas administrativa/ informática.
• ENXEÑEIRO/A SUPERIOR: Área de mantemento.
• GRUPO TÉCNICO DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA: Áreas administrativa/ informática.
• TÉCNICO/A SUPERIOR DE SISTEMAS E TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN: Áreas administrativa/ informática.
• TÉCNICO/A SUPERIOR EN BIOLOXÍA: Áreas administrativa/ informática.
• TÉCNICO/A SUPERIOR EN ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN SANITARIA: Áreas administrativa/ informática.
• TÉCNICO/A SUPERIOR EN PSICOLOXÍA: Áreas administrativa/ informática.

CATEGORÍAS DO GRUPO B

• DIPLOMADOS SANITARIOS: Área sanitaria.
• ENXEÑEIRO/A TÉCNICO/A INDUSTRIAL: Área de mantemento.
• GRUPO DE XESTIÓN DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA: Áreas administrativa/ informática.
• PROFESOR/A EXB: Área administrativa/ sanitaria.
• TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN SANITARIA: Áreas administrativa/ informática.
• TÉCNICO/A DE XESTIÓN DE SISTEMAS E TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN: Áreas administrativa/ informática.
• TRABALLADOR/A SOCIAL : Áreas administrativa/ sanitaria.

CATEGORÍAS DO GRUPO C

• COCIÑEIRO/A: Área de hostalaría.
• CONTROLADOR/A DE SUBMINISTROS: Áreas administrativa/ informática.
• GRUPO ADMINISTRATIVO DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA: Áreas administrativa/ informática.
• TÉCNICO/A ESPECIALISTA DE SISTEMAS E TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN: Áreas administrativa/ informática.
• TÉCNICO/A ESPECIALISTA: Área sanitaria.

CATEGORÍAS DO GRUPO D

• ALBANEL: Área de mantemento.
• AUXILIAR ADMINISTRATIVO: Áreas administrativa/ informática.
AUXILIAR DE ENFERMARÍA: Área sanitaria.
• AZAFATO/A DE RELACIÓNS PÚBLICAS: Áreas administrativa/ informática.
• CALEFACTOR/A: Área de mantemento.
• CARPINTEIRO/A: Área de mantemento.
• CONDUTOR/A: Áreas de mantemento.
• CONDUTOR/A DE INSTALACIÓNS: Área de mantemento.
• COSTUREIRO/A: Área de hostalaría.
• ELECTRICISTA: Área de mantemento.
• FONTANEIRO/A: Área de mantemento.
• FOTÓGRAFO/A: Áreas administrativa/ informática.
• GOBERNANTE/A: Área de hostalaría.
• MECÁNICO/A: Área de mantemento.
• OPERADOR/A DE MÁQUINA IMPRESORA: Área de mantemento.
• PERRUQUEIRO/A: Área de hostalaría.
•PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS: Áreas administrativa/ sanitaria/ mantemento/ informática.
• PINTOR/A: área de mantemento.
• TELEFONISTA: Áreas de mantemento/ administrativa.

CATEGORÍAS DO GRUPO E

• CELADOR/A: Áreas sanitaria/ administrativa/ mantemento.
• FOGONEIRO/A: Área de mantemento.
• LAVANDEIRO/A: Área de hostalaría.
• LIMPIADOR/A:área de hostalaría.
• PEÓN: área de mantemento.
• PINCHE DE COCIÑA: área de hostalaría.
• PASADOR/A DE FERRO: Área de hostalaría.

A N E X O II

PAÍSES QUE FORMAN PARTE DO ESPAZO ECONÓMICO EUROPEO


● Alemaña
● Austria
● Bélxica
● Bulgaria
● Chipre
● Dinamarca
● Eslovaquia
● Eslovenia
● España
● Estonia
● Finlandia
● Francia
● Grecia
● Hungría
● Irlanda
● Islandia
● Italia
● Letonia
● Lituania
● Liechtenstein
● Luxemburgo
● Malta
● Noruega
● Países Baixos
● Polonia
● Portugal
● Reino Unido
● República Checa
● Romanía
● Suecia
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 22-03-2010 09:14
Queres comentar ou preguntar algo?
aclaracións baremo OPE
No día de hoxe celebrouse unha reunión no Sergas para clarexar conceptos da proposta de criterios da Dirección de Recursos Humanos do Sergas en relación coa oferta de emprego.

Puntos que se trataron:

*Compulsas, obriga de pagamento: Desde CIG-Saúde preguntamos porqué figura na guía OPE que as compulsas só serán gratuitas para a xente que teña nese momento un contrato en vigor co SERGAS. O Sergas indica que non é posible que a xente non vinculada non pague, xa que isto está la Lei de taxas e depende da Cosellería de Facenda.

*Servizos prestados en institucións privadas: solicitábamos que a maiores das que se indican se valorasen os servizos prestados naquelas institucións que tiveran unha acreditación norma ISO. O Sergas indica que para esta OPE só se poden valorar os servizos prestados en institucións concertadas ou acreditadas para a docencia, que para futuras OPEs se podería valorar.

Comentan que para o certificado de que un centro está concertado, pódese solicitar na división de Asistencia Sanitaria do SERGAS.

Ademais, no caso de que a empresa privada non queira facilitar o documento de servizos prestados, valerá que a persoa achegue contrato + vida laboral + nóminas.

* Acreditación da titularidade pública en centros doutros paises europeos: Bastará con que no certificado de servizos prestados indiquen que son nunha institución pública. De non ser así, tamén admitirán o boletín oficial onde figure a titularidade pública do centro.

*Areas funcionais: Pedímoslle ao SERGAS que elaborara un cadro indicando as categorías e a que área funcional irían e en cal se puntuarían. Quedaron en pasalo en canto o teñan preparado. Farán un tratamento especial para as/os traballadoras/es sociais (doble área funcional sanitaria e administrativa).

*Alta Continuada en PACs (neste asunto CIG-Saúde plantexaba a extensión dos efectos das sentenzas que baremaría todo o periodo de Alta Continuada a tódalas persoas afectadas, tal e como se nos comunicou no seu día). O que xa comentamos no post anterior: só se valorará a aquelas persoas que teñen sentenza; cambio de criterio no SERGAS, alegan que non queren variar un criterio xa consolidado nas últimas OPEs. Isto contou co apoio do resto de sindicatos, agás SATSE que pedía o mesmo ca nós.

*Outras actividades: Valoración titulacións oficiais. Para diplomados/as sanitarios/as, valoraranse outras diplomaturas sanitarias ou especialidades de diplomaturas de enfermaría.
Para as categorías non Sanitarias: Valoraranse aquelas titulacións que non son requisito para entrar, pero da rama de Formación Profesional.

Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 18-03-2010 21:15
Queres comentar ou preguntar algo?
calendario OPE
CALENDARIO AVANZADO POLO SERGAS

FEAS: Incorporación antes do verán tanto ope como traslados (seguramente en xuño antes das vacacións)

RESTO CATEGORÍAS: Incorporación seguramente no mes de outubro.

TRASLADOS RESTO CATEGORÍAS: Despois de Semana Santa teremos un borrador, a día de hoxe están traballando nas prazas que van ofertar, esperan te-las pechadas a mediados de abril.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 18-03-2010 21:03
Queres comentar ou preguntar algo?
O SERGAS di "diego"
Podemos adiantarvos da reunión no SERGAS desta mañá, e agardando o resume que nos fagan @s compañeir@s que alí estiveron, que o SERGAS ven de negar o que xa falabamos aqui e aqui, parece ser que non se van contabilizar os períodos en "alta continuada" nos PACs como servizos prestados efectivos completos, senón por horas (130 horas de garda mensuais = 1 mes). É dicir, desdinse do afirmado anteriormente e comentan que "foi un malentendido" e que en CIG-Saúde entendimos o que non era.
Ou sexa: os periodos traballados por gardas en PACs en situación de "alta continuada" van ser contabilizados segundo as horas de garda efectivamente realizadas, a razón de 130 hs por un mes, e de xeito proporcional en caso de menos horas mensuais. A única salvidade a isto é a daquela xente que teña sentenza firme indicando o contrario.
Unha vez máis, o SERGAS di "Diego" onde antes dicía "digo".
Cousas veredes!
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 18-03-2010 13:34
Queres comentar ou preguntar algo?
por fin a Guía OPE
Como saberedes, levábamos tempo pedíndolle ao SERGAS unha guía con aclaracións sobre a OPE en canto a criterios para formular os exercicios como aclaracións sobre baremación (títulos que non son requisito e que puntúan, puntuación dos servizos prestados na privada, puntuación dos servizos prestados como reforzos de PAC...) e por fin aqui está o borrador da famosa Guía. Nestes momentos estamos en período de alegacións, o xoves 18 de marzo haberá unha reunión para negociar os criterios definitivos, polo que tomade isto como o que é, unha proposta inicial:

PROPOSTA DE CRITERIOS DA DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE EN RELACIÓN COA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2009 PARA O INGRESO EN DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO DO ORGANISMO.

A Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto Marco establece as bases, entre outras materias, da provisión de prazas do persoal estatutario, e insta as comunidades autónomas a aprobar, en desenvolvemento delas, as normas aplicables nos respectivos servizos de saúde.

En execución desta previsión normativa, no ámbito da nosa comunidade autónoma aprobouse o Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 145, do 29 de xullo), modificado polo Decreto 236/2008, do 16 de outubro (DOG nº 208, do 27 de outubro), que dedica os seus Capítulos II e III á selección de persoal fixo e á promoción interna, respectivamente.

Por Resolución da Secretaría Xeneral do do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro) convocouse concurso-oposición para o ingreso nas diversas categorías de persoal estatutario do organismo, modificada pola Resolución da Xerencia do organismo do 8 de xullo de 2009 (DOG nº 136, do 14 de xullo).

Se ben, de conformidade co establecido no artigo 13.4 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, corresponden aos tribunais de selección, de conformidade co que se estableza na correspondente convocatoria, as funcións relativas á determinación concreta do contido das probas e a cualificación dos aspirantes, tanto na fase de oposición como na de concurso, así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas para o correcto desenvolvemento das probas selectivas, non é menos certo que as resolucións e acordos dos tribunais as vinculan á Administración, o que lle confire un papel de coordinación e supervisión daqueles, en orde a garantir unha axeitada aplicación das bases das respectivas convocatorias.

Para facilitar o labor dos tribunais, para unha axeitada e homoxénea interpretación das bases da convocatoria, a Dirección de Recursos Humanos considera necesario elaborar esta proposta de criterios, que conta co respaldo unánime de todas as organizacións sindicais presentes en negociación.

Estes criterios teñen un carácter interpretativo e orientativo, correspondendo aos tribunais de selección a decisión sobre a súa aplicación.

I.- CONSIDERACIÓNS PREVIAS:

1. - Constitución dos tribunais de selección:

Tras a publicación no Diario Oficial de Galicia dos tribunais de selección, a Dirección de Recursos Humanos convocaraos a unha reunión conxunta na que se exporá esta proposta de criterios para a súa posterior ratificación, se é o caso, por cada un deles.

A Dirección de Recursos Humanos velará para que os tribunais actúen de forma coordinada e homoxénea.

Na devandita sesión procederase igualmente á constitución formal de cada un dos tribunais de selección, para o que será necesario contar coa asistencia da maioría dos seus membros titulares ou suplentes.

O Presidente do tribunal requirirá de todos os membros declaración expresa por escrito, no documento facilitado pola Administración, de non estar incursos en ningunha das causas legais de abstención (na sesión constitutiva entregarase a cada tribunal o listado definitivo de admitidos e excluídos).

Na devandita sesión adoptarase a decisión que corresponda respecto a esta proposta de criterios ou calquera variación acordada respecto a estes.

Igualmente farase constar en acta que para as demais sesións do tribunal se utilizará a fórmula da autoconvocatoria, sen necesidade de citación por escrito aos seus membros.

Os tribunais terán a súa sede nos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, onde celebrarán as súas sesións, sendo necesario que estean presentes, polo menos, a maioría dos seus membros titulares ou suplentes.

De todas as sesións dos tribunais os secretarios deberán levantar a correspondente acta, que será asinada polo Presidente e polo Secretario.

Como regra xeral, as sesións dos tribunais, deberán celebrarse en horario de tarde.

2. - Desenvolvemento dos labores dos tribunais de selección:

Logo de proposta ó órgano convocante, os tribunais de selección poderán contar coa colaboración dos asesores especialistas ou de apoio que consideren oportunos, que se limitarán a prestar a súa colaboración nas especialidades técnicas, con voz e sen voto.

Igualmente, para as tarefas de mecanografado dos exercicios da fase de oposición, os tribunais poderán contar coa axuda do persoal auxiliar da Dirección de Recursos Humanos.

En todos os casos, o Presidente do tribunal deberá solicitar declaración expresa por escrito de non se achar incursos en ningunha das causas legais de abstención.

Os membros dos tribunais, os asesores especialistas e o persoal auxiliar, deberán manter sixilo e confidencialidade sobre os datos ou asuntos dos que teñan coñecemento como consecuencia da súa participación ou colaboración nos labores dos tribunais de selección.

A elaboración dos exercicios da fase de oposición realizarase na sede dos tribunais e cos medios materiais que facilitará a Dirección de Recursos Humanos.

Igualmente, toda a documentación utilizada polos tribunais, incluídos os exercicios da fase de oposición, quedará custodiada na sede dos tribunais.

Os tribunais terán que entregar a Dirección de Recursos Humanos, as preguntas dos exercicios da fase de oposición, para a xestión das tarefas de imprenta que corresponden á devandita Dirección.

Igualmente deberá entregar a devandita Dirección, o día seguinte hábil ao da celebración dos correspondentes exercicios, o equipo de respostas correctas destes.

Os exercicios da fase de oposición de cada unha das categorías e especialidades celebraranse en unidade de acto e no mesmo día.

II.- FASE DE SELECCIÓN:

1. - Exercicios específicos:

A fase de oposición, en cada unha das categorías que se convocan, consistirá na realización dos exercicios que se enumeren na correspondente convocatoria e coa forma e sistema de cualificación descrita.

Para a elaboración destes exercicios deberán terse en conta as seguintes recomendacións:

1. - As preguntas serán tipo test con 4 respostas alternativas, cunha soa resposta válida.

2- Evitarase facer preguntas con dobre negación.

3. - As preguntas terán unha formulación sinxela procurando facilitar a súa comprensión polos opositores.

É recomendable que cada tribunal elabore máis preguntas das que formen parte do exame, entre as cales, o presidente ou secretario, como membro do tribunal nomeado por proposta da Dirección de Recursos Humanos, de xeito aleatorio, sorteará as preguntas das que finalmente constará o exercicio.

Estes exercicios serán bilingües, dispoñendo a Dirección de Recursos Humanos dun tradutor de galego que estará a disposición dos tribunais que o soliciten.

2. - Exercicio da parte común:

Para os efectos de garantir o mesmo grao de dificultade para todos os aspirantes, o exame da parte común do programa será idéntico para todas as categorías do mesmo grupo de titulación cuxos exercicios se realicen no mesmo día e hora, correspondendo a súa elaboración á Dirección de Recursos Humanos, debéndose facultar expresamente á devandita Dirección para tal finalidade na correspondente Acta.

3. - Exercicio de coñecemento da lingua galega:

Para os efectos de garantir o mesmo grao de dificultade para todos os aspirantes, o exame de coñecemento da lingua galega será idéntico para todas as categorías do mesmo grupo de titulación cuxos exercicios se realicen no mesmo día e hora, correspondendo a súa elaboración á Dirección de Recursos Humanos, debéndose facultar expresamente á devandita Dirección para tal finalidade na correspondente Acta.

4. - Publicación das plantillas provisionais de respostas correctas:

No prazo dos 2 días hábiles seguintes á realización dos correspondentes exercicios, a Dirección de Recursos Humanos publicará, nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidad e do Servizo Galego de Saúde e na páxina Web do organismo, as plantillas provisionais de respostas correctas dos distintos exercicios, polo que os tribunais deberán entregar á devandita Dirección, o día seguinte hábil ao da celebración dos correspondentes exercicios, a plantilla de respostas correctas destes.

Os aspirantes dispoñen dun prazo de 5 días hábiles seguintes á publicación das plantillas provisionais de respostas correctas para formular reclamacións.

5. - Publicación das puntuacións dos exercicios:

Se o tribunal, de oficio ou de acordo coas reclamacións presentadas, anulase algunha das preguntas incluídas nun exercicio, anunciarao publicamente nos mesmos lugares antes sinalados, xunto coas puntuacións provisionais dos distintos exercicios.

Neste caso serán tidas en conta as preguntas de reserva, que terán unha puntuación igual que o resto das preguntas do correspondente exercicio.

A corrección dos correspondentes exercicios realizarase na sede dos tribunais, cos medios materiais que facilite a Dirección de Recursos Humanos, e nas datas que, por razóns organizativas, determine a devandita Dirección, contando coa presenza dos membros dos correspondentes tribunais que o desexen.

Tras a publicación das puntuacións provisionais dos exercicios os aspirantes disporán dun prazo de 5 días hábiles para formular reclamacións unicamente se existisen erros na confección aritmética da puntuación obtida.

Unha vez estimadas ou desestimadas, as reclamacións que no seu caso se presenten contra a publicación das puntuacións provisionais, publicaranse as puntuacións definitivas e abrirase un prazo de 15 días hábiles para que os aspirantes que superen a fase de selección presenten a documentación acreditativa dos méritos que aleguen.

III.- FASE DE CONCURSO:

NORMAS XERAIS:

1. - Prazo de presentación da documentación:

De acordo coa base sexta b).1 da convocatoria, o prazo para a presentación da documentación do concurso será de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación das notas definitivas.

Por iso, calquera documentación achegada polos interesados con posterioridade ao devandito prazo, non pode ser tida en conta, salvo que fixesen constar que non podían achegala por non a expedir a tempo a institución correspondente, e sempre que acompañasen copia da solicitude de tal documentación.

Por outra parte, de acordo co establecido na base sexta b).4 da convocatoria, os tribunais poderán requirir, de oficio, dos interesados ou de calquera Administración pública, a documentación complementaria ou as aclaracións precisas coa finalidade de asegurar a máxima obxectividade na adxudicación da puntuación no concurso.

2. - Documentación que se debe presentar:

Os aspirantes deberán presentar fotocopia compulsada do título esixido para o ingreso na categoría así como toda a documentación acreditativa dos méritos que desexen sexan tidos en conta de conformidade co establecido no Anexo IV (baremo de méritos).

Deberá presentarse copia traducida por tradutor xurado dos títulos ou certificacións redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español.

En canto ás publicacións redactadas nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español, non será necesario presentar copia traducida por tradutor xurado.

3. - Compulsa da documentación:

Todos os documentos achegados polos interesados deberán ser orixinais ou copias debidamente compulsadas.

As compulsas que se realicen nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, serán gratuítas para o persoal vinculado a estes.

4. - Data de posesión dos requisitos e de valoración dos méritos:

Segundo a base segunda da convocatoria todos os requisitos esixidos para a participación neste proceso deben de ser reunidos polos aspirantes na data en que finalice o prazo de presentación de instancias (31 de marzo de 2009, inclusive)

Igualmente, e de acordo coa base sexta b).3, a valoración dos méritos da fase de concurso referirase ao último día do prazo de presentación de instancias, é dicir, ata o (31 de marzo de 2009, inclusive)

VALORACIÓN DA FORMACIÓN:

1. - Formación académica: (só para as categorías de persoal sanitario).

- Só se valorarán as notas da titulación esixida para o acceso á correspondente categoría.
- Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física, así como tampouco as materias optativas ou de libre elección/configuración.

3. - Formación continuada:

- Só se valorarán os cursos de formación realizados con posterioridade á obtención do título esixido para o acceso á categoría á que se opta, coa excepción daquelas categorías para as que sexa necesaria unha formación especializada (matrón/a e enfermeiro/a de saúde mental) nas que se poderán valorar os cursos de formación realizados durante o período de formación especializada sempre que non estean incluídos no programa docente da correspondente especialidade.
- Os cursos de prevención de riscos e de informática valoraranse para todas as categorías e con independencia da data de realización.
- Cando o certificado exprese os créditos e as horas, a valoración realizarase polos créditos.
- Os cursos nos que figuren créditos outorgados por distintos sistemas de acreditación serán valorados polos créditos outorgados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica.
- Non poderán valorarse os cursos nos que non consten os créditos ou as horas de duración.
- Non poderán valorarse os cursos en que non conste o órgano convocante e impartidor.
- Non poderán valorarse os cursos que non estean relacionados coas funcións propias da categoría e que non estean expresamente dirixidos á categoría.
- A puntuación que se lles outorgará aos aspirantes que impartiran os cursos baremables, será a dobre que a que se outorgue aos que os reciban.
- Non serán obxecto de valoración os diplomas relativos á realización de xornadas, seminarios, simposios ou similares, sempre que non estean debidamente acreditados pola Comisión de Formación Continuada del Sistema Nacional de Salud o por la Comisión Autonómica.

VALORACIÓN DA EXPERIENCIA:

1. - Normas xerais:

- Para a valoración dos servizos prestados non se terá en conta o réxime xurídico baixo o cal foron prestados (funcionarial, estatutario ou laboral).
- Os servizos prestados en institucións privadas só se valorarán cando se trate de institucións concertadas e/ou acreditadas para a docencia, debendo os interesados presentar documentación que o acredite, pois no caso contrario, non serán obxecto de valoración.
- Para a valoración dos servizos prestados en institucións ou centros de calquera país da Unión Europea, os interesados deberán presentar documentación que acredite a titularidade pública ou privada destes. No caso contrario, non poderán ser valorados.
- Os servizos prestados noutra categoría da mesma área funcional (Anexo V) só se valorarán cando sexan prestados en institucións sanitarias do Sistema Nacional de saúde ou do sistema público dun país de la Unión Europea.
- Para os efectos de valoración dos servizos prestados só se dará validez ás certificacións de servizos expedidas polas Administracións públicas ou entidades privadas, sen que poidan valorarse as certificacións de vida laboral da Seguridade Social ou os nomeamentos ou contratos que poidan ser achegados polos interesados.
- A valoración dos servizos realizarase en función do correspondente nomeamento, de tal maneira que se valorarán como realizados na categoría básica que figure no devandito nomeamento con independencia de que, con base a este, no seu caso, se desempeñasen postos de xefatura ou de carácter directivo.
- Os servizos prestados en categorías do vello modelo de atención primaria terán a mesma valoración que os prestados no novo modelo.

2. - Cómputo dos prazos nos servizos prestados:

- Os servizos prestados valoraranse ata o 31 de marzo de 2009, inclusive.
- Os meses serán computados por días naturais.
- Salvo para os nomeamentos de atención continuada, o cómputo dos servizos prestados efectuarase por meses. Para iso calcularase en cada apartado do baremo o número total de días e dividirase entre 30, de tal forma que o que se valorará en cada apartado será o cociente enteiro, desprezándose os decimais.
- Os nomeamentos de atención continuada computaranse por horas, de tal maneira que 130 horas realizadas nun mesmo mes equivalen a un mes completo de servizos prestados. O exceso de horas realizadas nun mes non pode ser utilizado para completar outro mes diferente.
- En ningún caso, a suma dos servizos prestados con distintos nomeamentos dentro do mesmo mes natural, poderá valorarse por enriba da puntuación establecida para o devandito período dun mes.
- En ningún caso un mesmo período de servizos prestados poderá ser obxecto de valoración en distintos apartados do baremo. De igual forma, un mesmo período de tempo de servizos prestados non poderá ser obxecto de valoración en máis dunha categoría, ou en varios servizos ou unidades, tanto deste coma de diferente centro.

3. - Efecto das situacións administrativas na valoración dos servizos prestados:

- O período de permanencia en excedencia por coidado de familiares, valorarase como tempo efectivo de servizos prestados para os efectos do baremo de méritos.
- O período de permanencia na situación de servizos especiais, salvo no caso de acceder a praza de formación sanitaria especializada mediante residencia, valorarase como tempo efectivo de servizos prestados na categoría para os efectos do baremo de méritos.
- As situacións de maternidade/paternidade, enfermidade, os permisos retribuídos e o servizo militar ou prestación social substitutoria valoraranse como tempo efectivo de servizos prestados aos efectos do baremo de méritos.
- Os períodos de permiso sindical valoraranse como tempo efectivo de servizos prestados aos efectos do baremo de méritos.
- Non se computarán como servizos prestados os períodos de permiso sen soldo e suspensión firme de emprego e soldo.
- Os servizos prestados noutra categoría polo persoal estatutario fixo en situación especial en activo - SEXA- ou nomeado en promoción interna temporal ou en adscrición temporal, valoraranse como servizos temporais na devandita categoría. Pola súa banda, os servizos prestados na categoría que ostentan en propiedade con anterioridade ao período na que foron nomeados nalgunha desas situacións computaranse como realizados con nomeamento fixo na categoría que ostentan en propiedade.
- En ningún caso a valoración dos servizos prestados nas diferentes categorías como fixo ou temporal poderán resultar coincidentes no tempo.

4. - Servizos prestados a tempo parcial:

- Os servizos prestados durante o período en que se goce dunha redución de xornada para o coidado de familiares, serán valorados como servizos prestados en réxime de xornada completa.
- Non obstante, para a valoración dos servizos prestados do persoal especificamente nomeado ou contratado a tempo parcial terase en conta a duración da xornada en relación coa xornada completa, de tal maneira que a puntuación aplicable será obxecto da correspondente redución proporcional.
- Cando nun mesmo período o interesado acredite distintos nomeamentos a tempo parcial, realizarase unha acumulación, sen que poida resultar, en ningún caso, unha xornada acumulada superior á xornada completa.

5. - Servizos prestados con contrato laboral polos residentes:

- Os servizos prestados como persoal en formación polo sistema de residencia non poden ser obxecto de valoración como experiencia profesional, xa que estes servizos se realizan ao amparo dun contrato laboral de formación.
- Igualmente, respecto ao persoal fixo dunha categoría, que fose declarado en SEA ou ao que se lle concedese un permiso para realizar a formación polo sistema de residencia nunha especialidade, ou fóra declarado na situación de servizos especiais, os servizos prestados durante o tempo que dure a formación non se poderán valorar como experiencia profesional.

6. - Servizos prestados con anterioridade ás transferencias aos Servizos de Saúde:

- Os servizos prestados en institucións sanitarias doutras administracións públicas transferidas aos Servizos de Saúde antes da transferencia, serán valorados como prestados para o servizo de saúde cando o interesado prestase servizos na devandita institución na data da transferencia. Neste caso valoraranse no punto 1 todos os servizos prestados sen solución de continuidade do contrato polo que resultou transferido.
- Os servizos prestados en institucións sanitarias doutras administracións públicas transferidas aos Servizos de Saúde antes da transferencia por aspirantes que non foron transferidos ao correspondente servizo de saúde serán computados no punto 2 como prestados a outras administracións públicas.

7. - Servizos prestados en enfermaría de saúde mental:

- Os servizos prestados polo persoal de enfermaría nas unidades de saúde mental serán valorados na categoría de enfermeiro/a de saúde mental.

8. - Servizos prestados como azafatas:

- Os servizos prestados como azafatas serán valorados como prestados na categoría de grupo auxiliar da función administrativa, xa que é a lista de vinculacións temporais utilizada para cubrir os devanditos postos de traballo.

9. - Servizos prestados en programas da Consellería de Sanidade ou do Servizo Galego de Saúde

- Os servizos prestados en programas de carácter asistencial da Consellería ou do Servizo Galego de Saúde (saúde mental, cancro de mama, hixiene bucodental, etc) serán valorados como prestados no punto 1 como prestados para o Sistema Nacional de Saúde.
- Os servizos prestados en programas non asistenciais da Consellería de Sanidade ou do Servizo Galego de Saúde (programas de saúde pública, xestión de fondos documentais biomédicos, EDO, etc) serán valorados no punto 2 como prestados para outra administración.

OUTRAS ACTIVIDADES:

1. - Valoración de titulacións oficiais:

I.- Categorías sanitarias:

- Categorías de diplomados sanitarios: Outorgaranse 2 puntos aos aspirantes que estean en posesión dunha ou varias diplomaturas ou especialidades sanitarias que non sexan requisito para o acceso á categoría.

- Outras categorías sanitarias: Outorgaranse 2 puntos aos aspirantes que estean en posesión dunha ou varias formacións profesionais da rama sanitaria que non sexan requisito para o acceso á categoría sempre que teñan, polo menos, o mesmo nivel académico que o esixido para o acceso á categoría.

II.- Categorías non sanitarias:

- Para as categorías dos grupos C, D e E outorgaranse 4 puntos aos aspirantes que estean en posesión dunha ou varias titulacións oficiais específicas non esixidas para o acceso á respectiva categoría sempre que estean directamente relacionadas coas funcións de esta, de acordo co seguinte:

-Categorías administrativas (grupo administrativo e auxiliar administrativo) e P.S.X: valoraranse as titulacións oficiais de administración e de informática, sempre que teñan, polo menos, o mesmo nivel académico que o esixido para o acceso á categoría.
-Categorías informáticas: valoraranse as titulacións oficiais de informática, sempre que teñan, polo menos, o mesmo nivel académico que o esixido para o acceso á categoría.
-Categorías de mantemento: valoraranse as titulacións oficiais de oficios (mecánica, electricidade, carpintaría, fontanaría, etc.) sempre que teñan, polo menos, o mesmo nivel académico que o esixido para o acceso á categoría.
-Categorías de hostalaría: valoraranse as titulacións oficiais de cociña e gastronomía ou de restauración sempre que teñan, polo menos, o mesmo nivel académico que o esixido para o acceso á categoría.

2. - Valoración dos traballos publicados:

- O tribunal de selección valorará libremente os traballos publicados sempre que estean directamente relacionados coa categoría e que sexan posteriores á data de obtención do título correspondente.
- A valoración dos artigos, capítulos e libros completos axustarase ao baremo establecido na correspondente convocatoria, non podendo asignarse puntuacións diferentes ou que se correspondan de xeito parcial coas fixadas no citado baremo.
- Serán obxecto de valoración os artigos recollidos en revistas de publicación periódica, sempre que garden relación directa coa categoría na que se participa.
- Os abstract, en tanto que sexan o resultado de comunicacións, relatorios, conferencias, etc, non serán obxecto de valoración.
- A autoría de capítulos de libros ou de libros completos, será obxecto de valoración cando corresponda a publicacións que se atopen axeitadamente referenciadas en termos bibliográficos.
- En ningún caso un mesmo contido determinado e obxetivable, publicado baixo diferentes formas (abstract, artigo, capítulo, etc) poderá ser obxecto de máis dunha valoración.
- Non poderán valorarse máis de tres capítulos dun mesmo libro.

A N E X O I

PAÍSES QUE FORMAN PARTE DO ESPAZO ECONÓMICO EUROPEO

● Alemaña
● Austria
● Bélxica
● Bulgaria
● Chipre
● Dinamarca
● Eslovaquia
● Eslovenia
● España
● Estonia
● Finlandia
● Francia
● Grecia
● Hungría
● Irlanda
● Islandia
● Italia
● Letonia
● Lituania
● Liechtenstein
● Luxemburgo
● Malta
● Noruega
● Países Baixos
● Polonia
● Portugal
● Reino Unido
República Checa
● Rumanía
● Suecia
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 08-03-2010 13:49
Queres comentar ou preguntar algo?
guía OPE
Días atrás xa vos comentaramos que ante as numerosas dúbidas que estaban a xurdir, e que ten que aclarar o SERGAS e non nós, solicitamos no SERGAS unha reunión na que se nos aclararan os diversos puntos escuros do proceso e que se elaborara unha guía técnica para publicar e que as persoas aspirantes tiveran coñecemento desas aclaracións. En vista de que a súa resposta daquela foi que non tiñan tempo para reunións e que quedaron en enviarnos esas aclaracións por escrito pero nunca chegaron, enviamos de novo esta mensaxe ao SERGAS:

________________________________________________
Bo día: desde o inicio da negociación da OPE en curso, acordáramos facer unha guia técnica na que se recolleran os aspectos máis dubidosos da baremación do concurso; para que o persoal participante neste proceso tivese claro cales son os méritos a baremar.

Con data 24 de febreiro publícase a resolución que inicia o prazo de presentación de méritos, non sei cando imos negociar a guía. Tedes pensado convocarnos para este tema?.
De non convocarnos, deberiades de publicar na páxina web do SERGAS unha aclaración sobre os aspectos que presentan maiores dubidas:

*Puntuación contrato reforzos, alta continuada.
*Titulacións que non son requisitos.
*Servizos prestados en institucións privadas...

E todos os temas que temos plantexados.

De non facer isto, o único que fomentades é desconfianza do persoal, ratificando a postura de quen pensa que este proceso é anómalo. Tamén fomentaríades o nº de reclamacións.

Desde CIG-SAÚDE solicitamos, unha vez máis, que de inmediato convoquedes a reunión para elaborar a guía nun prazo breve.

Un saúdo.

Mª Xosé Abuín Álvarez.
Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.



E velaqui a resposta que obtivemos:
_________________________________________________
A guia xa a teño preparada. Só me falta comentar un par de aspectos coa directora. Espero poder enviaros o borrador o luns para que o estudiedes e logo ter unha reunión para pechalos. Grazas.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 26-02-2010 09:22
Queres comentar ou preguntar algo?
Aclaración baremación Vínculos PACs
NOTA IMPORTANTE: no momento en que publicamos este artigo, e por un malentendido á hora de recibir a información, rediximos o mesmo utilizando a expresión "vínculos de PAC" sen aclarar que nos referíamos, tal e como o indican as sentenzas, aos vínculos de PAC desde que foron "altas continuadas", é dicir, desde o momento en que se empezou a cotizar por eses vínculos todos os días e non só os días de garda. Qué significa isto? que o que vai ser baremado vai ser o tempo de servizos prestados en alta continuada (que ata o de agora non eran contabilizados), e non todo o vínculo como se desprendía do texto.



Como lembraredes e como vos informamos neste artigo, o SERGAS quedara en enviar unhas instruccións ás xerencias para que os certificados de servizos prestados das persoas que no seu momento traballaron como vinculados garda a garda nos PACs (reforzos) foran expedidos contabilizando xa (como indican algunhas sentenzas) todo o tempo como vinculado e non só os días de garda.
Pois ben, puxéronse en contacto connosco, telefónicamente e através de comentarios, varias persoas que nos indican que nas xerencias non teñen coñecemento desas instruccións e que van facer os certificados de servizos prestados como ata agora, é dicir, contando só os vínculos dos días de garda.
Postos en contacto con Santiago para aclarar este punto, comunícannos o seguinte:

* Aquelas persoas que no seu momento estiveran traballando nos PACs, vinculados a eles, con contratos por día de garda, independentemente de que teñan ou non sentenza favorable, van ser baremados por todo o tempo de vinculación e non só polos días de garda.

* O SERGAS finalmente non enviou esas instruccións ás xerencias, polo que os servizos prestados non figuran con todo o vínculo senón só cos días de garda, pero vai ser RRHH quen se encargue directamente de baremar estes casos, posto que din coñecer todos e cada un deles.

* En todo caso, aquelas persoas que vos atopades nesta situación, unha vez publicados os resultados provisionais da baremación, comprobade que fostes ben baremados en canto aos vínculos de PAC, posto que poderedes presentar reclamación en caso de non ser así.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 25-02-2010 09:20
Queres comentar ou preguntar algo?
Servizos prestados para a OPE
Como vemos que varias persoas xa nos preguntaron por este tema, poñémosvos aqui a información sobre os servizos prestados:

O SERGAS comunica que todo o persoal debe solicitar o certificado de servizos prestados . A administración non o vai incorporar de oficio apesares de estar no FIDES.

Polo que: hai que solicitar a certificación de servizos prestados e achegalo co resto da documentación.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 24-02-2010 12:31
Queres comentar ou preguntar algo?
Publicadas resolucións OPE
Publícanse hoxe no DOG dúas resolucións sobre OPE:

* Resolución que finaliza a fase de oposición e abre fase de concurso para as categorías non facultativas agás aquelas que inda teñen pendentes exercicios. Publicarán na web do SERGAS as listas de persoas que superaron a fase de oposición.

*Resolución que convoca os exames pendentes de realizar para as categorías de xestión e técnico de función administrativa, cociñeiros, PSX e auxiliares administrativos.
A este último respecto aclarar que na convocatoria de exercicios aparecen convocados só os exercicios prácticos polo que, postos en contacto co SERGAS, comunícannos que os exercicios de galego pendentes serán realizados en data posterior porque contan que non será moita xente.

A nosa opinión sobre este tema é de que isto é improvisación e chapuza, como tantas outras cousas desta ope e outros procesos que leva o SERGAS.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 24-02-2010 10:03
Queres comentar ou preguntar algo?
previsión de datas de exames
PREVISIÓNS DE DATAS PARA A REALIZACIÓN DOS EXERCICIOS DA FASE DE OPOSICIÓN DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE DA OPE DO ANO 20089

1.- Grupo Técnico e Grupo de Xestión da Función administrativa

Día: 9 de marzo de 2010

Lugar: Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS). Santiago de C.

2.- Grupo Auxiliar da Función administrativa e Persoal de Servizos Xerais

Día: 13 de marzo de 2010

Lugar: Recinto Feiral de Silleda (Pontevedra).

3.- Cociñeiro

Días: 2, 3, 4, 5, 9, 10 e 11 de marzo de 2010, en quendas de tres aspirantes cada día excepto os dous últimos días que será en quendas de dos aspirantes.

Lugar: Hospital Materno-Infantil de A Coruña.

Estas datas, así como os horarios concretos serán publicados proximamente no Diario Oficial de Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 21-02-2010 23:03
Queres comentar ou preguntar algo?
publicación notas definitivas e puntuación provisoria
Resolución do 11 de febreiro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, relativa á publicación de puntuacións definitivas dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo convocado pola resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 40, do 26 de febreiro).

Resolución do 12 de febreiro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatuario do Servizo Galego de Saúde, relativos á baremación provisional da fase de concurso.

As notas, premendo aquí.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 19-02-2010 10:33
Queres comentar ou preguntar algo?
apertura fase de concurso
Recibimos esta información:

Bos días: está previsto que o mércores, día 24 de febreiro, sexa publicada no DOG a apertura do prazo (15 días hábiles) para a presentación dos méritos da fase de concurso das categorías cuxos exercicios foron realizados nos pasados meses de outubro e novembro (coa excepción das categorías nas que se debe realizar un exercicio práctico, é dicir, grupo técnico, grupo de xestión, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais e cociñeiros).
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 15-02-2010 13:15
Queres comentar ou preguntar algo?
previsión publicación notas OPE
O SERGAS nos informa que o próximo venres, día 19 de febreiro, están previstas as seguintes publicacións:

- Notas provisionais da fase de concurso de :
- FEA de cirurxía xeral e aparello dixestivo
- FEA de nefroloxía
- FEa de psiquiatría
- FEA de Xeriatría

- Notas definitivas da fase de oposición de todas as categorías cuxos exercicios foron realizados nos meses de outubro e novembro de 2009

Na vindeira semana esperamos poder adiantar un calendario coas datas de realización dos exercicios daquelas categorías que teñen que realizar exame práctico.




Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 15-02-2010 11:25
Queres comentar ou preguntar algo?
datas exames 2ª exercicio
O SERGAS envíanos este corrreo referente á OPE;

Boas tardes: para voso coñecemento se informa que estamos a pechar cos tribunais de selección e cos recintos nos que se celebrarán exercicios pendentes da OPE 2009, as datas de celebración dos segundos exercicios daquelas categorías que aínda non o teñen realizado (Grupo Técnico, Grupo de Xestión, Grupo Auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerias e cociñeiro). Esperamos ter pechadas a data na vindeira semán.

Non obstante podemos confirmar que todos os exercicios serán realizados aproximadamente na primeira quincena do vindeiro mes de marzo. Gracias.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 12-02-2010 10:11
Queres comentar ou preguntar algo?
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis