CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

plus dos altos cargos
hoxe o blog de cig-saude ferrol, recolle un artículo publicado en vieiros, polo que parece que o BNG empézase a replantexar chipar abaixo a cacicada do plus dos altos cargos que asinou xunto con PSOE e PP. Será certo que empezan a recapacitar ante a presión da opinión pública? ou será un simple dar largas o tema a ver si nos esquecemos tod@s?
A xuzgar polo que pon o artigo de vieiros, os que non parecen estar dispostos dar marcha atras son o resto de partidos.
polo interese do documento e xa que parece que se aveciñan mobilizaciois contra desta lei da vergoña deixamos no blog o artigo completo:

Quintana abre a porta á supresión do plus de altos cargos
Logo de que o vicepresidente apuntara este luns a posibilidade de derrogar a norma, Vieiros conversou con responsábeis dos tres partidos, sindicalistas e con Encarna Otero.


A intervención do vicepresidente do Goberno, Anxo Quintana, no programa da TVG Hai Debate botou un pouco máis de luz sobre a posición do BNG respecto á polémica disposición adicional 17ª da Lei da Función Pública, que estabelece un suplemento económico anual para altos cargos unha vez estes deixen a política activa para reingresaren nas súas prazas de funcionarios.

A nacionalista Encarna Otero, directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, introduciu o debate na cidadanía e no seo do BNG co artigo publicado neste xornal o pasado 1 de agosto, onde expresaba a súa discrepancia e oposición coa citada disposición adicional e chamaba á "desobediencia política no acatamento desta norma e a insubmisión económica como criterio ético para deste xeito contribuír a que Galiza e o seu Goberno sexan mostra de ética rexenerativa".

Este martes, en declaracións a Vieiros, Encarna Otero sinalaba que "ratifico todo o escrito no artigo", e manifestaba a súa ledicia por que "haxa unha posibilidade de modificar a lei". "Cando deixamos de ser cargos públicos volvemos ser cidadáns cos mesmos dereitos e deberes ca o resto", afirmou.

"Non hai nada pechado", sinalou Quintana este luns á noite. "O proxecto de lei de Función Pública que elabora o Goberno non contemplaba esto, que se introduce no Parlamento porque o PP presenta unha emenda pedíndoo. O Goberno quería sacar a lei por consenso e introduce esta emenda. É normal que se poida revisar, o mesmo conselleiro ten dito que en breve se levará ao Parlamento unha nova lei, e sería un bo momento para facelo".

A posición do BNG: Carlos Aymerich

O voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, confirma as declaracións do vicepresidente na Galega, e expón dúas posibilidades para a modificación da disposición adicional 17ª: unha, xa plantexada polo conselleiro da Presidencia, Méndez Romeu, a través da aprobación dunha nova Lei da Función Pública (a actual, do pasado 17 de xullo foi presentada como lei de medidas urxentes); e outra, "moito máis rápida", introducindo as pertinentes modificacións na Lei de Orzamentos Públicos para 2008 e que ten que ser aprobada antes do vindeiro 31 de decembro.

Segundo Aymerich, o BNG sempre foi contrario á norma que "non estaba no proxecto que chegou ao Parlamento", mais que o PPdeG introduciu como emenda (número 41) transaccionada co PSdeG. "Dentro do pacto de goberno, temos o compromiso de apoiar e outorgar a última palabra aos nosos socios responsábeis de cada área, e aquí foi Presidencia quen a tivo como Medio Rural no caso da Lei do Banco de Terras, por exemplo", afirma o voceiro nacionalista.

A posición do PSdeG: Beatriz Sestayo

Dende o PSdeG sosteñen que a información que está a chegar á cidadanía sobre este tema está a ser "confusa". Beatriz Sestayo, voceira socialista de Administración Pública, di que a maioría dos beneficiarios do sobresoldo xa teñen acadado o nivel 30 (o máis alto dentro da Xunta) polo que, segundo os seus cálculos, "a cantidade media a cobrar é dunhas 14.000 pesetas (84 euros) ao mes; en ningún caso a cifra de 15.000 euros é correcta".

Sestayo quere deixar claro, ademais, que a polémica lei "é unha translación da lexislación básica estatal", que a emenda que introduciu o PPdeG "non tivo oposición por parte de ninguén", e que, sobre todo, "ningún partido nin ningún sindicato se opuxeron nunca" á norma. Unha norma que tivo unha "longa vida parlamentaria, porque tivemos que falar con ao redor de 70 colectivos diferentes para podela consensuar", engade.

Por último considera que as lei non está pechada, aínda que "até o de agora non barallamos a posibilidade de modificala, máis alá do plantexado polo propio conselleiro Méndez Romeu". No entanto, afirma respecto a postura revisionista do BNG que "o que eu ouvín hoxe mesmo (por este martes) no Parlamento non coincide co dito por Quintana".

A posición do PPdeG: Antonio Rodríguez Miranda

O homólogo de Beatriz Sestayo no PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, subliña que "os principais responsábeis da aprobación da norma son os grupos que sustentan o Goberno", o PSdeG e o BNG, e amosa a súa sorpresa polas declaracións de Anxo Quintana.

"Como deputado que é, votou favorabelmente á aprobación da lei. Que o diga un parlamentario de a pé, aínda pode ser, mais que o máximo dirixente do BNG diga agora que se pode modificar non ten lóxica a non ser que fixese unha viaxe astral durante a votación e non lembre o que fixo", sinala Rodríguez Miranda.

Ademais, considera ao igual que o PSdeG que se trata dunha translación da lei estatal, e que en ningún caso a cifra de 15.000 euros é correcta, porque desta cantidade "hai que descontar os complementos de destino que todos os funcionarios teñen dende a lei de 1991". Así, afirma que, por exemplo, aos profesores universitarios que agora son directores xerais xa teñen cubertos estes complementos, e polo tanto non lles repercutirá.

Porén, o voceiro popular incide noutros aspectos da lei que segundo el non se lles está a dar importancia como é que "nos dous últimos anos os gastos en persoal eventual de gabinete (cargos de confianza) aumentasen nun 30%". Por último, defende que a emenda introducida polo PPdeG é de xustiza, xa que o que pretende é "recoñecerlles aos cargos públicos certa cantidade polo seu traballo".

A posición da CIG: Bautista Vega Tato

Bautista Vega Tato, membro da dirección nacional do sindicato CIG e un dos máis destacados opositores á disposición adicional 17ª, coida que dende o PSdeG e o PPdeG estase "a tratar de minimizar a historia". Segundo el, é certo que algúns cargos públicos non van recibir o suplemento de 15.000 euros, "porque xa estaban no anterior Goberno e teñen consolidado o nivel 30".

"Non hai xustificación ningunha para que se suban o soldo xente que xa ten salarios moi altos", di Vega Tato. "Hai necesidades máis importantes no país. É curioso que tomen como referencia o Estado para facer esta lei en Galiza, que non se estaba aplicando, e que en troques non miren para el cando se trata de falar de que temos as pensións máis baixas ou dos problemas de listas de espera", afirma.

Respecto ás declaracións do vicepresidente do Goberno, Vega Tato, que nun artigo enviado aos medios recentemente cargaba duramente contra o novo goberno por esta cuestión, manifestou a súa satisfacción e considerou que "rectificar é de sabios". "O Bloque tense que posicionar e cómpre facelo antes de que entre en vigor a lei, porque despois será moito máis difícil modificala", engadiu.
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 12-09-2007 20:05
Queres comentar ou preguntar algo?
NOTA EXPLICATIVA DO ACORDO DE MÉDICO DE URXENCIAS HOSPITALARIAS
ACORDO POLO QUE SE REGULA A XORNADA, RETRIBUCIÓNS E CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSOAL MÉDICO DE URXENCIAS HOSPITALARIAS DO SERGAS


Aplicación a partires da nómina de xullo das retribucións derivadas do acordo

Logo das xuntanzas mantidas cos centros e coa comisión de seguimento do dito acordo, respostando ao compromiso adquirido, incorporanse as retribucións derivadas do mesmo, na nómina correspondente ao mes de xullo.

O prazo comprometido e a complexidade técnica inherente determinan a aplicación do acordo a partires dos devengos do mes de xullo en dúas fases:

Fase I: Na nómina de xullo incorpóranse os conceptos FIXOS asociados ao posto:

1. Traballo a Quendas (só quendas rotatorias simple e complexa).
2. Atención Urxente (todos os postos).

As gardas realizadas en xuño, nesta nómina, aboaranse como se viña facendo ata agora (“vello modelo”).

Fase II: A partires da nómina de agosto incorporaranse os conceptos retributivos derivados da actividade realizada en xullo:

1. Nocturnidade
2. Festividade
3. Xornada Complementaria

Na nómina de agosto, liquidaranse tamén os vínculos temporais de duración inferior a 30 días que se refiran a devengos do mes de xullo, con base no número de horas efectivamente traballadas (valor hora = garda médica de servizos xerarquizados de presenza física).

Este centro directivo remitíu a todos os hospitais, a semana pasada, uns criterios iniciais orientativos para posta en marcha das retribucións na reiterada nómina do mes de xullo. Nos ditos criterios inclúense:

• O cálculo de prorrata de atención continuada en vacacións para os médicos comprendidos no Acordo.
• A compensación económica nas mesmas condicións que os demais facultativos de Atención Especializada nos casos de incapacidade temporal ou maternidade.

Logo deste arranque, prevese pechar o proceso de regularización de devengos xaneiro-xuño de 2007, nos meses de setembro e outubro. Así mesmo prevese a elaboración dunhas instrucións definitivas relativas á incorporación das retribucións no aplicativo de persoal.


Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 30-08-2007 12:36
Queres comentar ou preguntar algo?
Lei 13/2007 de modificación da Lei 4/1988 da función pública de Galicia
esta é a Lei 13/2007 de modificación da Lei 4/1988 da función pública de Galicia, mais coñecida pola lei de consolidación dos 15.000 ¬ para altos cargos de Galiza ou Lei da vergoña.
Aparte de encher os petos de polítiquill@s con poucos ou nulos escrúpulos morais, tamén regula unha serie de temas como permisos que os adecua a nova normativa estatal que hai, sobre todo en materia de coidado de fillos e acceso de minusválidos os postos de traballo da Administración, entre outra serie de asuntos.


lembremos como reflexaban a noticia @s compañeir@s de CIG-Saúde Ferrol

Touriño avala que los altos cargos consoliden un plus de 15.000 euros
Sostiene que la medida favorecerá la eficiencia de una Administración «ben seleccionada e incentivada»
Justifica el complemento retributivo de los funcionarios que ocuparon puestos políticos en los últimos 26 años
El presidente de la Xunta respaldó ayer la consolidación retributiva que permitirá a todos los funcionarios que desde 1981 han ocupado altos cargos en la Administración autonómica, durante dos años consecutivos o tres alternos, percibir hasta su jubilación, con independencia de la actividad funcionarial que desempeñen al dejar la Xunta, un complemento de destino de 14.721 euros brutos al año. Emilio Pérez Touriño justificó en la necesidad de disponer de un cuerpo directivo en la Administración «eficiente e ben seleccionado e incentivado» el blindaje retributivo para esos cargos políticos, que fue incorporado en la reforma de la Lei da Función Pública a través de una disposición adicional pactada por los tres grupos parlamentarios y que no figuraba en el texto que la Xunta negoció con los sindicatos.
Con tono crispado, Touriño proclamó, en la rueda de prensa posterior a la reunión del Consello de la Xunta, su apuesta por «ter unha boa Administración», por «defender o noso interese público, cun staff directivo eficiente e ben seleccionado e incentivado. Non traballo para a empresa privada nin para outras Administracións. A miña función é defender Galicia e a súa Administración», apuntó a preguntas de los periodistas. El jefe del Ejecutivo, visiblemente molesto con las informaciones publicadas en los últimos días sobre la mejora retributiva para los cargos elegidos a dedo, recordó que tanto la Administración del Estado como otras autonomías ya adoptaron hace años medidas similares, como explicó el miércoles en este periódico. Touriño concretó que, en el caso de la Administración estatal, aprobó por unanimidad la consolidación del complemento de destino de altos cargos en 1991, y que después lo hicieron Cataluña, el País Vasco o Andalucía, entre otras comunidades.
El presidente señaló que los altos cargos públicos gallegos están «na cola de España» en comparación con las condiciones retributivas de los directores generales en el Estado y otras comunidades. Según los datos facilitados por Presidencia, los ingresos brutos de un director general en la Xunta en este ejercicio ascienden a 56.899,88 euros, lo que supone 3.500 euros menos que la media española (60.290,50). Sólo La Rioja (53.904) y Baleares (53.655) están por debajo de Galicia, donde las retribuciones de cargos que elige discrecionalmente el Gobierno de turno son inferiores en más de 15.000 euros brutos al año a las de sus homólogos de las Administraciones de Madrid (88.416) y Cataluña (84.985).
Con las cifras de esos desequilibrios salariales en la mano, Touriño expuso las dificultades de la Xunta para captar a los mejores profesionales: «Probablemente sexa desexable, para ter unha mala Administración, non poder competir. E que cada vez que queremos ter un director xeral aquí sexa un exercicio brutal de competitividade imposible, xa non coa empresa privada, senón con concellos e coas comunidades onde máis se gaña», lamentó el presidente.
Según los sindicatos, la medida, aprobada por iniciativa del PP, beneficiará a más de 2.000 funcionarios elegidos a dedo.

CIG-Administración pedi ó governo galego que derogue a disposición transitoria da Lei Pública de Galiza que establece un sobresoldo de 15.000 euros de por vida para tódolos altos cargos que sexan empregados públicos, presentes, pasados e futuros por inxusta, discriminatoria e improcedente.

@s compañeir@s de CIG-Administración, solicitaron ó Presidente da Xunta que se fagan públicos os nomes das persoas que van a percibir esta "extra" de por vida.


Somente dous altos cargos se opoñen públicamente a este "plus indecente" (Encarna Otero directora xeral de Vivenda e o secretario xeral de Vicepresidencia, Antón Losada) mentres que uns 200 altos cargos do actual governo se mostran partidarios de cobrar, o que van supoñer 30 millóns de euros anuais para os orzamentos públicos galegos.


Hai nada sofrimos unha longa folga pola carreira profesional, onde a cabeza visible da conselleria, sr Paniagua amosou ser un fiel servidor das arcas públicas racaneando un complemento xusto ó persoal e provocando dese xeito un conflicto sin precedentes.

Agora veremos que fai él a Conselleira e o resto de altos cargos ante esta propina que lles da este governo de "esquerdas".

Lembremos que ese complemento é igual ó soldo que cobra moito persoal do SERGAS anualmente (grupo E).

PUBLICADO NA VOZ DE GALICIA:

La CIG pide que se derogue la subida de 15.000 euros para los altos cargos
El sindicato cifra en 3 millones de euros el coste del aumento este año.
Intersindical Galega (CIG) pide al Gobierno gallego que «derogue la disposición transitoria 17 de la Ley de la Función Pública de Galicia, que establece subidas salariales de 15.000 euros anuales para los altos cargos de la Xunta, que sean empleados públicos.
El sindicato, en una nota de prensa hecha pública hoy, indica que entre los doscientos altos cargos actuales de la Xunta que se verán beneficiados con este incremento salarial cuando se reincorporen a sus antiguos puestos de trabajo, están los miembros del Gobierno gallego Anxo Quintana, Ricardo Varela y Alfredo Suárez Canal.

Además esta medida afectará también a los parlamentarios Alberto Núñez Feijóo, Carlos Negreira, José María Sánchez González, Celso Currás, Carlos del Álamo y Juan Caamaño, entre otros.
La aplicación de esta medida, que la CIG califica de «injusta, discriminatoria e improcedente», supondrá un costo de 3 millones de euros para los altos cargos del actual Gobierno gallego, que se eleva a 30 millones al incluir a los 2.000 altos cargos que desarrollaron su función, más de dos años, en la Xunta desde la creación de la Autonomía gallega en el año 1981.
La CIG denuncia «dificultades» para acceder al listado de todos los altos cargos que se verán beneficiados con esta medida, por lo que solicita al presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, y al vicepresidente, Anto Quintana, que, «en un acto de transparencia, hagan pública la lista de todos los altos cargos afectados por disposición».
El sindicato CIG-Administración destaca la actitud adoptada por la directora general de Vivienda, Encarna Otero, que se pronunció en contra de esta resolución, que propicia que los empleados públicos que desempeñaran un puesto de alto cargo en la Xunta en un tiempo superior a los dos años perciban un incremento salarial anual de 15.000 euros, cuando se reincorporen a sus puestos de trabajo.
La CIG denuncia ante el Valedor los sobresueldos de la Xunta
El sindicato CIG presentó una denuncia ante el Valedor do Pobo por los controvertidos sobresueldos aprobados por la Xunta para las personas que desde 1981 ocuparon altos cargos en la Administración autonómica, medida que tendrá un coste de unos 30 millones de euros anuales, según la estimación de la central sindical.
Los nuevos complementos salariales para el personal mejor pagado de la Xunta fueron incluidos en una disposición adicional de la Lei da Función Pública, modificada recientemente, decisión calificada por la CIG de «abusiva, inxusta, discriminatoria e anticonstitucional», pues entiende que con ella se vulnera «de maneira aberrante» el principio de igualdad recogido en la Carta Magna.

«Amigos do xefe»

Y es que la vía de acceso de muchos altos cargos de la Xunta a este puesto es duramente reprobado por la CIG, al alegar que en la mayoría de los casos se trata de personal de confianza o con un determinado carné político que ahora son premiados «polo mérito de ser amigos do xefe». El sindicato va más allá en su denuncia y califica los sobresueldos de expolio
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 27-08-2007 14:49
Queres comentar ou preguntar algo?
pasos para obter as especialidades de enfermaría
Este é un documento no cal se explican os pasos para obter as especialidades de enfermaría, información que foi sacada da páxina web do Ministerio de Educación, neste enlace podédelo ver mais claro, posto que o documento conten táboas e a estrutura do blog non as recoñecede; de tódolos xeitos pegamos a información (traducida ao galego):

ESPECIALIDADES DE ENFERMARÍA
Información Xeral


Co fin de proporcionar unha información que facilite a análise e contido do Real Decreto 450/2005 sobre Especialidades de Enfermaría, preséntanse algúns dos aspectos máis destacados do mesmo. A súa entrada en vigor iníciase o 7 de maio de 2005.

Título de Enfermeiro/a Especialista
O Título de Especialista:
É expedido polo Ministerio de Educación e Ciencia.
Ten carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.
É necesario para utilizar de forma precisa a denominación de Enfermeiro/a Especialista e para exerce-la profesión como especialista.
É necesario para ocupar postos de traballo con denominación de Especialista en Centros e establecementos públicos e privados.

O Real Decreto 450/2005 sobre Especialidades de Enfermaría, establece as seguintes Especialidades de Enfermaría:

Enfermaría Obstétrico - Xinecolóxica.
Enfermaría de Saúde Mental.
Enfermaría Xeriátrica.
Enfermaría do Traballo.
Enfermaría de Coidados Médico - Cirúrxicos.
Enfermaría Familiar e Comunitaria.
Enfermaría Pediátrica.

Asimesmo, suprime as antigas especialidades de Axudantes Técnicos Sanitarios e Diplomados de Enfermería, que a continuación se detallan:

Neuroloxía.
Uroloxía e Nefroloxía.
Análises Clínicas.
Radioloxía e Electroloxía.
Enfermaría de Coidados Especiais.
Pediatría e Puericultura.
Asistencia Obstétrica (Matrona).
Enfermaría de Saúde Comunitaria.
Xerencia e Administración de Enfermaría.

Normativa aplicable

O Real Decreto 450/2005, de 22 de abril, sobre Especialidades de Enfermaría, publicado no Boletín Oficial do Estado con data 6 de maio de 2005, establece unha nova ordenación, para poder obte-lo título de Enfermeiro/a Especialista.
(Publicado no BOE o 06-05-2005)


ACCESO ÁS ESPECIALIDADES DE ENFERMARÍA

Enfermeiro Interno Residente
Requisitos:

Título de Diplomado/a en Enfermaría, ou o seu equivalente recoñecido ou homologado en España.
Nacionalidade española ou exerce-lo dereito á libre circulación de traballadores conforme á súa definición no Tratado da Comunidade Europea ou outros tratados ratificados por España, ou ter recoñecido tal dereito por norma legal.

Forma de acceso:

Para acceder á formación de enfermeiro/a especialista a través do sistema de residencia (EIR), hai que superar unha proba de carácter estatal, que convoca anualmente o Ministerio de Sanidade e Consumo.

Formación:

Realízase en unidades docentes acreditadas para a formación especializada.
Os/as enfermeiros/as residentes formalizan co Servicio de Saúde ou entidade responsable, o oportuno contrato de traballo.
Tempo de dedicación completo.
Metodoloxía docente está baseada na autoaprendizaxe titorizada.

Cambio de título de especialista

Poden solicitar cambio de título, os Axudantes Técnicos Sanitarios / Diplomados en Enfermería que posúen un título de especialista de especialidades que foron suprimidas e desexan que se lles emita un novo título de especialista.

Real Decreto 450/2005 - Disposición adicional segunda
Especialidades suprimidas Neuroloxía
Uroloxía e Nefroloxía
Análises Clínicas
Radioloxía e Electroloxía
Coidados Especiais
estas poden solicitar Enfermaría de Coidados Médico - Cirúrxicos

Especialidades suprimidas
Pediatría e Puericultura que pode solicitar Enfermaría Pediátrica
Suprimida psiquiatría que pode solicitar Enfermaría de Saúde Mental.

suprimida Asistencia Obstétrica (Matrona) pode solicitar Enfermaría Obstétrico - Xinecolóxica (Matrona)

Solicitudes ¿a quen hai que dirixilas?

As solicitudes do novo título de Enfermeiro/a Especialista, dirixiranse ó Ministerio de Educación e Ciencia, xunto á documentación requirida.
Lugar de presentación das solicitudes:
No Rexistro da Secretaría de Estado de Universidades e Investigación (C/ Serrano 150 - 28071 Madrid) Horarios Luns a Venres de 09:00 a 14:00 horas.
Nos Rexistros centrais ou periféricos do Ministerio de Educación e Ciencia.
Nos Rexistros das Subdelegacións de Goberno.
Nos consulados de España no estranxeiro.
Aqueles Concellos que suscribiron o convenio de Ventanilla Única coa Administración Xeral do Estado.
Nos Rexistros das Administracións das Comunidades Autónomas.
Por correo certificado, en sobre aberto para que selen a solicitude e tamén a fotocopia da solicitude, que unha vez selada serve de resgardo. A data de selado en Correos é a que se considera como data de rexistro da solicitude no Ministerio de Educación e Ciencia.
Ademais dos lugares indicados, en calquera outro previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro.

Documentación:

Ó obxecto de facilita-la tramitación, achégase modelo de instancia para a solicitude do novo título. Descargar modelo de instancia
Xunto á solicitude cumprimentada e asinada polo solicitante, hai que aportar:
DNI ou pasaporte en vigor.
Título de Diplomado en Enfermaría ou de Axudante Técnico Sanitario ou título estranxeiro equivalente, recoñecido ou homologado en España.
Título correspondente á especialidade suprimida.
As copias de tódolos documentos aportados deben estar debidamente compulsadas.

Acceso excepcional ó título de Enfermeiro Especialista

Está dirixido ós Axudantes Técnicos Sanitarios / Diplomados/as en Enfermaría, que desexan acceder a algunha das especialidades aprobadas neste Real Decreto e que acrediten un exercicio profesional no campo específico da especialidade solicitada, nalgunha destas situacións.
Real Decreto 450/2005 - Disposición transitoria segunda
Requisitos sobre Experiencia Profesional e Formación.
Exercicio profesional Proba obxectiva
A 4 anos de exercicio profesional nas actividades propias da especialidade Supera-la proba de Avaliación da Competencia.
B 2 anos de exercicio profesional nas actividades propias da especialidade.

Formación mínima de 40 cretos no campo da especialidade ou Título postgrado de carácter universitario, non inferior a 20 cretos ou 200 horas no campo da especialidade
C 3 anos como Profesor de Escolas Universitarias de Enfermaría e adscritas, en áreas de coñecemento relacionadas coa especialidade.

1 ano de actividade asistencial en actividades propias da especialidade
D 2 anos de exercicio profesional nas actividades propias da especialidade de Enfermaría do Traballo

Diploma de Enfermería do Traballo ou Diploma de ATS/DUE de Empresa

Solicitudes ¿a quen hai que dirixilas?

As solicitudes hai que dirixilas unicamente á Secretaría de Estado de Universidades e Investigación do Ministerio de Educación e Ciencia, C/ Serrano nº 150, 28071 Madrid.
Ó obxecto de facilita-la tramitación, achégase modelo de instancia para a solicitude de cambio de título. Descargar modelo de instancia.
Nota importante: A presentación repetida dunha mesma solicitude, só serve para atrasa-lo proceso xeral, polo que se dirixirá exclusivamente ó Ministerio de Educación e Ciencia.

Presentación de solicitudes:

No Rexistro da Secretaría de Estado de Universidades e Investigación.
(C/ Serrano 150 - 28071 Madrid). Horarios: Luns a Venres de 09:00 a 14:00 horas.
Nos Rexistros centrais ou periféricos do Ministerio de Educación e Ciencia.
Nos Rexistros das Subdelegacións de Goberno.
Nos consulados de España no estranxeiro.
Aqueles Concellos que han suscrito o conveño de Ventanilla Única coa Administración Xeral do Estado.
Nos Rexistros das Administracións das Comunidades Autónomas.
Por correo certificado, en sobre aberto para que selen a solicitude e tamén a fotocopia da solicitude, que unha vez selada serve de resgardo. A data de selado en Correos é a que se considera como data de rexistro da solicitude en lle Ministerio de Educación e Ciencia.
Ademais dos lugares indicados, en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro.

Documentación:

Xunto á solicitude cumprimentada e asinada polo solicitante, hai que aportar:
DNI ou pasaporte en vigor.
Título de Diplomado en Enfermaría ou de Axudante Técnico Sanitario ou título estranxeiro equivalente, recoñecido ou homologado en España.
Certificado acreditativo de exercer as actividades propias da especialidade solicitada.
As copias de tódolos documentos aportadas deben estar debidamente compulsadas.

Prazos de presentación de solicitudes:

I. Enfermeiro/a Especialista en Enfermaría en Saúde Mental:O prazo de presentación de solicitudes ó título de Enfermeiro/a especialista en Saúde Mental, finalizou o día 7 de maio de 2007.

II. Resto de Especialidades:
O prazo de presentación de solicitudes para o resto de Especialidades prolongarase ata pasados seis meses da publicación no Boletín Oficial do Estado da convocatoria da proba anual de carácter estatal, (proba de acceso a través do sistema de Residencia - EIR) na que por primeira vez se oferten prazas de formación na especialidade correspondente.

Tendo en consideración o anteriormente exposto, non resulta posible tramitar as solicitudes ata a aprobación dos programas formativos de cada especialidade polo que é aconsellable non apresurarse na presentación de solicitudes. A partir da aprobación destes programas, poderanse identificar adecuadamente as actividades propias de cada unha das especialidades.

Respecto ás solicitudes xa presentadas, o Ministerio de Educación e Ciencia, unha vez aprobados os correspondentes programas formativos, dirixirase, cando sexa preciso, a cada solicitante que deba completa-la documentación necesaria.

Especialidades que se poden solicitar e obter a través da Disposición Transitoria Segunda:

Todos aqueles enfermeiros/as que reúnan os requisitos descritos no cadro poden solicita-las especialidades nas que exerceron e no seu caso, teñan formación complementaria.
Non obstante, en virtude do establecido no punto 1 desta disposición, só se poderá acceder a un único título de especialista por está vía.
Comisión Mixta
Está formada por funcionarios dos Ministerios de Educación e Ciencia e de Sanidade e Consumo, para proceder á análise das solicitudes presentadas.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, e previa análise das solicitudes aportadas, o Ministerio de Educación e Ciencia publicará unha resolución que referirá a admisión ou exclusión dos solicitantes á proba obxectiva. Dita resolución será notificada ós interesados.
Proba de Avaliación da Competencia
As bases da convocatoria á proba obxectiva, serán publicadas no Boletín Oficial do Estado.

Acceso automático á Especialidade de Enfermaría do Traballo

Está dirixido ós Axudantes Técnicos Sanitarios / Diplomados/as en Enfermaría, que desexan acceder directamente ó título de Especialista en Enfermaría do Traballo e que se atopan en posesión do Diploma de ATS / DUE de Empresa ou de Enfermaría do Traballo, sempre que acrediten que exerceron como mínimo catro anos no correspondente ámbito desta especialidade.
Real Decreto 450/2005 - Disposición transitoria terceira

Prazos de presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes ó título de Enfermeiro/a especialista en Enfermaría do Traballo, finalizou o día 7 de maio de 2006.

Situación Actual:

A Comisión Nacional da Especialidade de Enfermaría do Traballo estableceu os criterios xerais do ámbito de actuación profesional desta especialidade.
O Ministerio de Educación e Ciencia, realizando a análise administrativa da documentación aportada polos solicitantes, xa iniciou a valoración técnica para poder resolver este procedemento.

Comisións Nacionais de especialidades de Enfermaría

Son órganos técnicos que asesoran ós Ministerios de Educación e Ciencia e de Sanidade e Consumo no campo da correspondente especialidade.
Composición:
As Comisións Nacionais, integradas por enfermeiros/as de recoñecido prestixio, están compostas por:
a. Dous vocais propostos polo Ministerio de Educación e Ciencia
b. Catro vocais propostos pola Comisión de Recursos Humanos do Sistema Nacional de Saúde
c. Dous vocais en representación das Sociedades Científicas de ámbito estatal
d. Un vocal en representación do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enfermaría
e. Dous representantes dos enfermeiros especialistas en formación
Datas de constitución:
Tódalas Comisións Nacionais están constituídas dende o mes de abril de 2007.
Función das Comisións Nacionais
a. Designar, de entre os seus membros, ó Presidente e Vicepresidente
b. Elaborar e propo-lo programa de formación e a súa duración
c. Establece-los criterios para a avaliación das Unidades Docentes e formativas
d. Establece-los criterios para a avaliación dos especialistas en formación
e. Informar sobre programas e criterios relativos á formación continuada dos enfermeiros especialmente no referente á acreditación e a acreditación avanzada de profesionais en áreas funcionais específicas dentro do campo da especialidade.
f. Participar no deseño dos Planes Integrais dentro do ámbito da correspondente especialidade.
g. Establecer criterios de avaliación no suposto de nova especialización.
h. Propo-la creación de áreas de capacitación específica.

Programa formativo de cada especialidade.
Os programas formativos de cada unha das especialidades de Enfermaría, deben especifica-los obxectivos cuantitativos e cualitativos e as competencias profesionais que deben te-los enfermeiros especialistas.
A aprobación dos programas formativos require o seguinte proceso:
I. Elaboración do programa formativo por parte da Comisión Nacional da especialidade correspondente.
II. Informe emitido por:
ou Comisión de Recursos Humanos do Sistema Nacional de Saúde.
ou Ministerio de Educación e Ciencia.
III. Notificación á Comisión Delegada de Enfermería
IV. Proposta da Comisión delegada de Enfermaría ó Consello Nacional de Especialidades en Ciencias da Saúde.
V. Ratificación polo Consello Nacional de Especialidades en Ciencias da Saúde.
VIN. Aprobación polo Ministerio de Sanidade e Consumo.
VII. Publicación no Boletín Oficial do Estado.

Comisión delegada de enfermaría

Composición
a. Os Presidentes das comisións nacionais de especialidades de Enfermaría.
b. Os dous vocais do Consello Nacional de Especialidades en Ciencias da Saúde, designados polas Comisións Nacionais de especialidades de Enfermaría e polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Diplomados en Enfermería.
c. Un representante do Ministerio de Sanidade e Consumo e outro do Ministerio de Educación e Ciencia.
d. Un representante das comunidades autónomas designado pola Comisión de Recursos Humanos do Sistema Nacional de Saúde.

Función:

Informar ou propor sobre as seguintes materias:
a. Requisitos de acreditación das unidades docentes para a formación de enfermeiros especialistas.
b. Propostas de programas de formación de especialidades de Enfermaría.
c. Promoción e difusión das innovacións metodolóxicas no campo da Enfermería especializada.
d. Fomento e promoción da investigación no campo dos estudos das especialidades de Enfermaría.
e. Normas reguladoras da proba de acceso á formación en especialidades de enfermaría, anual, única e simultánea de carácter estatal (Vía EIR).
f. Oferta de prazas das convocatorias para o acceso á formación de especialidades de Enfermaría.
g. Proxectos de disposicións de carácter xeral relativos a especialidades de Enfermaría, ou que pola súa específica natureza afecten ó ámbito de ditas especialidades.

Consultas frecuentes

¿Podo presentar xa a solicitude para acceder a unha especialidade de enfermaría través da vía excepcional da Disposición Transitoria Segunda? ¿É mellor presenta-la solicitude agora ou convén agardar á aprobación do programa formativo da especialidade que solicito?
Aínda que xa se poden presenta-las solicitudes o certo é que aínda non están definidas as actividades propias da especialidade. Serán os programas formativos da especialidade, en cuia elaboración trabállase actualmente, os que definirán tales actividades.
Por iso, e dado que o solicitante debe acredita-lo exercicio das actividades propias da especialidade que desexa obter, convén que as solicitudes se presnten unha vez que se aproben os programas formativos, porque será entón cando o solicitante poderá achegar un certificado adecuado.
Unha vez aprobados os programas formativos, os interesados disporán de prazo amplio para presenta-la súa solicitude, tal e como se explica no apartado seguinte.
¿Cando finalizará o prazo de presentación de solicitudes para o acceso excepcional da Disposición Transitoria Segunda?
O prazo de presentación de solicitudes para tódalas especialidades, a excepción de Saúde Mental que finalizou o 7 de maio de 2007, se prolongará ata pasados seis meses da publicación no Boletín Oficial do Estado da convocatoria da proba anual (proba de acceso a través do sistema de Residencia - EIR) na que por primeira vez se oferten prazas de formación na especialidade correspondente. Con carácter previo a esta convocatoria, aprobaranse os programas formativos correspondentes.
¿A que organismo hai que dirixi-la solicitude para o acceso excepcional ó título de enfermeiro/a especialista a través da Disposición Transitoria Segunda?
As solicitudes haberán de dirixirse exclusivamente á Secretaría de Estado de Universidades e Investigación do Ministerio de Educación e Ciencia, C/ Serrano nº 150, 28071 Madrid. Por tanto, a presentación dunha mesma solicitude dirixida a varios Ministerios só serve para atrasa-lo proceso xeral.
Cando se producen cambios nos datos persoais dos solicitantes aportados inicialmente (enderezo, teléfono, correo electrónico.....) ¿Debo comunicalo?
Si. Hai que comunicalo por escrito ó Ministerio de Educación e Ciencia, para manter actualizados os datos dos solicitantes e poder contactar con eles cando sexa preciso informarlles sobre asuntos do seu interese.
¿Cantos títulos de enfermeiro especialista se poden obter por unha enfermeira a través da vía excepcional da disposición transitoria segunda?
De acordo coa Disposición Transitoria Segunda do Real Decreto, só se pode obter un título por esta vía.
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 24-08-2007 23:42
Queres comentar ou preguntar algo?
tarifas dos servizos sanitarios
para ver as tarifas dos servizos sanitarios
prestados nos centros dependentes do
Servizo Galego de Saúde e nas fundacións
públicas sanitarias, preme aquí.

No blog enfergal, tedes mais información sobre este e outros asuntos, recomendamos que o visitedes posto que resulta de gran interese.
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 24-08-2007 16:14
Queres comentar ou preguntar algo?
orde de nóminas
engadimos nos accesos directos a orde de nóminas do 2007, nela poderedes ver canto se cobra no SERGAS en tódalas categorias e tódolos conceptos.
tamén está o que cobran no resto da Administración Pública de Galiza.
ahi podedes ver o soldo base, trienios, turnicidade, complementos de festivo, gardas, nocturnidade etc.
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 21-08-2007 17:42
Queres comentar ou preguntar algo?
Trienios interinos SERGAS
Este é o Borrador da Orde que vai regular os trienios do persoal estatutario temporal do Sergas, picade no enlace de abaixo para descargar.
Lembrade que somente é un borrador, xa avisaremos no momento e da forma en que podades solicitalos.


por certo que xa aterramos das vacaciois pero polo que vemos @s compañeir@as que quedaron a cargo do blog non se durmiron, en vista do tema casi que nos poderiamos ir outros 15 dias mais sen problema ;-)).
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 16-08-2007 15:42
Queres comentar ou preguntar algo?
PUBLICANSE ACORDOS DA MESA DE CONTRATACION DOG Nº 154 Xoves, 9 de agosto de 2007
Publicanse os acordos adoptados
pola comisión central de seguimento do
pacto de selección temporal de persoal
estatutario para vinculacións temporais
nas institucións sanitarias do Servizo
Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia
número 104, do 1 de xuño de 2004) na
reunión mantida o 3 de maio de 2007.

Para ver o texto completo do acordo picade no lin de abaixo, e logo na páxina que se abre download
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 11-08-2007 11:08
Queres comentar ou preguntar algo?
CALENDARIO LABORAL 2008
Decreto 152/2007, do 19 de xullo, polo que se determina o calendario laboral para o ano 2008 na Comunidade Autónoma de Galicia.


as festas laborais, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, serán as seguintes:

-1 de xaneiro: Aninovo.


-19 de marzo: San Xosé.


-20 de marzo: Xoves Santo.


-21 de marzo: Venres Santo.


-1 de maio: Festa do Traballo.


-17 de maio: Día das Letras Galegas.


-25 de xullo: Día Nacional de Galicia.


-15 de agosto: Asunción.


-1 de novembro: Todos os Santos.


-6 de decembro: Día da Constitución.


-8 de decembro: Inmaculada.


-25 de decembro: Nadal.


As festas mencionadas terán carácter retribuído e non recuperable. tamén serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, dúas festas locais,
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 06-08-2007 17:07
Queres comentar ou preguntar algo?
TABOA GRAOS DE PARENTESCO SERGAS
O ENLACE Á IMAXE EN BOA CALIDADE ABAIXO
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 06-08-2007 16:45
Queres comentar ou preguntar algo?
CADRO DEFINITIVO DE APLICACIÒN DE PERMISOS SERGAS
Permiso por parto


Duración: 16 semanas ininterrompidas, ampliadas en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do fillo e, por cada fillo a partir do segundo, nos supostos de parto múltiple.

Nos casos de parto prematuro e naqueles nos que, por calquera outra causa, o neonato deba permanecer hospitalizado a continuación do parto, este permiso ampliarase en tantos días como o neonato se atope hospitalizado, cun máximo de 13 semanas adicionais.



Condicións de aproveitamento:

Distribución: O permiso distribuirase a opción da traballadora sempre que 6 semanas sexan inmediatamente posteriores ao parto. No caso de falecemento da nai, o outro proxenitor poderá facer uso da totalidade ou, no seu caso, da parte que reste de permiso.

Aproveitamento compartido (simultáneo ou sucesivo): Sen prexuízo das 6 semanas inmediatas posteriores ao parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que ambos proxenitores traballen, a nai, ao iniciar o período de descanso por maternidade, poderá optar por que o outro proxenitor aproveitamento dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ao parto, ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai. O outro proxenitor poderá seguir aproveitando do permiso de maternidade inicialmente cedido, aínda que no momento previsto para a reincorporación da nai ao traballo esta se atope en situación de incapacidade temporal.

Nos casos de aproveitamento simultáneo de períodos de descanso, a suma dos mesmos non poderá exceder das 16 semanas ou das que correspondan no caso de discapacidade do fillo ou de parto múltiple.

Este permiso poderá aproveitarse a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades do servizo o permitan, e nos termos que regulamentariamente se determinen.


Observacións:

Supoñen innovación lexislativa a inclusión de supostos de ampliación de período para o caso de nacemento de discapacitado/prematuro/neonato hospitalizado.

Asemade, denótese que para o caso que aproveitamento compartido a incapacidade temporal da nai chegada a súa reincorporación non obriga á “reversión” do tempo de permiso restante que estea nese momento aproveitando o pai, é dicir, este seguirá aproveitando da parte do permiso que lle foi cedida con independencia da saúde da nai.

Outra novidade supón a posibilidade da transferencia da licenza por maternidade nos matrimonios de mulleres, é dicir, a cónxuxe que non sexa a nai biolóxica, poderá aproveitar a parte da licenza de maternidade que non corresponda co descanso obrigatorio e que se podería transferir ao pai.

Permiso por adopción ou acollemento tanto preadoptivo como permanente ou simple


Duración: 16 semanas ininterrompidas, ampliadas en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do menor adoptado ou acollido e por cada fillo, a partir do segundo, nos supostos de adopción ou acollemento múltiple.

Condicións de aproveitamento:

Cómputo: á elección do traballador o prazo contará a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou a partir da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción sen que en ningún caso un mesmo menor poda dar dereito a varios períodos de aproveitamento deste permiso.

Aproveitamento compartido: No caso de que ambos proxenitores traballen, o permiso distribuirase a opción dos interesados, que poderán aproveitalo de xeito simultáneo ou sucesivo, sempre en períodos ininterrompidos.

Nos casos de aproveitamento simultáneo de períodos de descanso, a suma dos mesmos non poderá exceder das 16 semanas ou das que correspondan no caso de adopción ou acollemento múltiple e de discapacidade do menor adoptado ou acollido.

Este permiso poderá aproveitarse a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades de servizo o permitan, e nos termos que regulamentariamente se determine.

Desprazamento internacional previo:

Este permiso poderase iniciar ate catro semanas antes da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou a decisión administrativa ou xudicial de acollemento.

Cando fóra preciso dito desprazamento dos proxenitores ao país de orixe do adoptado, terase dereito, ademais, a un permiso de ate dous meses de duración, percibindo durante este período exclusivamente as retribucións básicas.


Formación:Durante o aproveitamento deste permiso poderase participar nos cursos de formación que convoque a Administración.

Duración mínima do feito causante: Os supostos de adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple, previstos neste artigo serán os que así se establezan no Código Civil ou nas Leis civís das Comunidades Autónomas que os regulamenten, debendo ter o acollemento simple unha duración non inferior a un ano.


Observacións:

No caso de desprazamento internacional previo permitirase o fraccionamento do período e asemade entenderanse como retribucións básicas: soldo, trienios e respecto das pagas extraordinarias enténdese como básicas as súas compoñentes básicas, é dicir, soldo e trienios.




Permiso por nacemento de fillos prematuros ou que por calquera outra causa deban permanecer hospitalizados


Titulares:

A traballadora ou o traballador (de xeito excluínte, é dicir, se os dous traballan deberán decidir quen aproveita o permiso, se ben, é certo que na maior parte dos supostos a nai estará aproveitando do permiso por parto, en todo caso nas súas seis primeiras semanas indispoñibles)

Condicións de aproveitamento:

2 horas diarias como máximo percibindo as retribucións íntegras.

Este permiso é compatible coa redución de xornada de máximo de dúas horas coa diminución proporcional das súas retribucións

Observacións:

En canto ao permiso de ausentarse xustificadamente (dúas horas retribuídas) establécese un aproveitamento alternativo (traballadora ou traballador) e en ningún caso simultáneo,

Debe entenderse compatible coa redución de xornada de dúas horas non retribuídas, é dicir, podería chegarse ate un total de ausencia do traballo máxima de 4 horas/día.




Permiso por paternidade, nacemento de fillo, adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente


Titulares:

1º O pai sempre que estea casado ou sexa parella de feito da nai ou teña recoñecida a garda do fillo-a por resolución xudicial (ditada en proceso de nulidade, separación ou divorcio antes da utilización do permiso)

2º A nai a continuación da licenza de maternidade cando o pai non cumpre os requisitos anteriores ou tivese falecido antes de utilizar integramente ou se a filiación paterna non estivese determinada.

3º No caso de adopción ou acollida preadoptiva ou permanente poderá ser aproveitado polo pai ou pola nai (de xeito excluínte se ambos prestan servizos na Administración Pública galega)

4º No caso de matrimonio ou unións de feito de mulleres pode aproveitar deste permiso a que non sexa nai biolóxica.

Duración:

15 días naturais ou 20 se parto/adopción/acollida múltiple a aproveitar polo pai a partir da data de nacemento, da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción

Observacións:

Substitúen aos 3/5 ou máis días do Acordo de Concertación Social
Substitúe ao establecido na lei de igualdade galega no que atinxe aos días de aproveitamento

Permiso de lactación


Por lactación dun fillo menor de doce meses terá dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderá dividir en dúas fraccións. Este dereito poderá substituírse por unha redución da xornada normal en media hora ao inicio e ao final da xornada ou, nunha hora ao inicio ou ao final da xornada, cunha mesma finalidade. Este dereito poderá ser exercido indistintamente por un ou outro dos proxenitores, no caso de que ambos traballen.

Igualmente a traballadora poderá solicitar a substitución do tempo de lactación por un permiso retribuído que acumule en xornadas completas o tempo correspondente.

Este permiso incrementarase proporcionalmente nos casos de parto múltiple.


Observacións:

Condicións de aproveitamento:

O beneficiario do dereito é o menor de 12 meses

Permiso sustitutivo: poderá sustituirse o tempo de lactación por un permiso retribuído que acumule en xornadas completas o tempo correspondente (4 semanas ininterrompidas), ou ben por crédito horario (150 horas)

Non necesariamente se esixe o aproveitamento acumulado ao permiso por parto/adopción/acollida, mais deberá aproveitarse durante o primeiro ano:
- de vida do acabado de nacer, ou
- contado dende a resolución xudicial ou administrativa de adopción ou acollida.Necesariamente durante o primeiro ano de vida no nacido ou durante o primeiro




Permiso para asistir e/ou acompañar a exames prenatais/técnicas de preparación ao parto / tratamentos de fecundación asistida


Titulares:
a traballadora embarazada para asistencia a exames prenatais e técnica de preparación ao parto
o/a traballador-a que se somete a tratamento de fecundación asistida
cónxuxe ou parella de feito acompañante a eses tratamentos ou a exames prenatais ou técnicas de preparación ao parto


Condicións de aproveitamento:
Polo tempo indispensable para a súa realización, en caso de desprazamento concederanse 2 días, entendéndose que existe o desprazamento sempre que sexa necesario -atendidas as circunstancias do caso concreto- pernoctar fóra do lugar de residencia.
Acreditación da realización no SNS e dentro da xornada de traballo
Aviso previo con 48h antelación, agás imposibilidade obxectiva.

Permiso por falecemento, accidente ou enfermidade grave de familiar

Por falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do primeiro grado de consanguinidade ou afinidade, tres días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade, e cinco días hábiles cando sexa en distinta localidade.

Cando se trate do falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do segundo grado de consanguinidade ou afinidade, o permiso será dous días hábiles cando se produza na mesma localidade e de catro días hábiles cando sexa en distinta localidade.

Observacións:

O permiso establecido polo ACS vese superado polo normado polo EBEP.

Trátase de días hábiles, é dicir, os previstos na carteleira do traballador.
Auméntanse a todo familiar de 2º grado consanguíneo ou por afinidade (cando no ACS limitábase a irmáns, avós e netos) téñase en conta o esquema que se anexa.


Permiso por accidente ou enfermidade moi grave


Feito causante:accidente ou enfermidade moi grave de:

-fillos ou fillas, acollidos ou acollidas ou conviventes menores de idade
-familiares, enfermos ou de idade avanzada,que necesiten a asistencia doutra persoa e convivan con eles


Duración:máximo de 30 días naturais por cada feito causante, que poderán aproveitarse nun único ou en diversos períodos.

Condicións de aproveitamento:

Este permiso concederase por unha súa vez ( con independencia do seu aproveitamento partido) é dicir, respecto dun mesmo proceso causante –accidente ou enfermidade moi grave- e sen dar lugar a novos permisos por recaídas sucesivas ou procesos concomitantes inherentes ao proceso principal.

En todo caso, deberá persistir a necesidade

A súa concesión requirirá autorización previa da División de RRHH e Desenvolvemento Profesional.


Permiso para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal e por deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral

Deberase entender cun carácter restritivo a alegación de deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral dada a crecente normación de permisos nesta materia (doutro xeito converterase nun caixón de xastre ausente límites) polo que deberá limitarse a aqueles supostos que non respondan a feitos causantes que se poidan inscribir dentro doutros permisos.

Faltas de asistencia xustificadas por razón das violencia de xénero

Titular: a muller traballadora vítima de violencia de xénero

Duración: as faltas de asistencia, totais o parciais, terán a consideración de xustificadas polo tempo e nas condicións en que así o determinen os servizos sociais de atención ou de saúde segundo proceda..

Acreditación:
A regra xeral para acreditar a existencia da situación de violencia de xénero será a presentación da orde de protección a favor da vítima, e excepcionalmente o informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de que a demandante é vítima de violencia de xénero ate que se dite orde de protección

Manteñen a súa regulación inalterada os seguintes permisos:

Licenza por matrimonio ou parella de feito
Permiso por traslado de domicilio
Permiso por exames
Permiso para a formación
Permiso en materia electoral
Permiso para o exercizo do dereito de voto
Permiso por causas excepcionais ou extraordinarias
Permiso para realizar funcións sindicais


CADRO RESUMO REDUCIÓNS DE XORNADA


A) NON RETRIBUÍDAS

Redución por fillo prematuro/hospitalizado ao nacer
Titulares:

A traballadora ou o traballador (de xeito excluínte, é dicir, se os dous traballan deberán decidir quen aproveita a redución, se ben, é certo que na maior parte dos supostos a nai estará aproveitando do permiso por parto, en todo caso nas súas seis primeiras semanas indispoñibles)

Condicións de aproveitamento:

2 horas diarias como máximo coa correspondente redución de retribucións.

Esta redución é compatible co permiso xa sinalado máis arriba tamén de dúas horas de duración

Redución por garda legal
Suxeitos causantes:

Menor de 12 anos sobre o que o titular ten garda legal e coidado directo
Persoa maior que requira especial dedicación
Persoa con discapacidade que non desenvolva actividade retribuída

Pendente de determinación a porcentaxe de redución

Redución por causa de violencia de xénero
Titulares: as traballadoras vítimas de violencia sobre a muller

Duración: Non está determinada a porcentaxe de redución nin a súa duración (estremos pendentes de desenvolvemento)

Acreditación:
A regra xeral para acreditar a existencia da situación de violencia de xénero será a presentación da orde de protección a favor da vítima, e excepcionalmente o informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de que a demandante é vítima de violencia de xénero ate que se dite orde de protección

B) RETRIBUÍDAS (en realidade trátase de ausencias xustificadas)

Redución por lactación
Esta redución de xornada recóllese máis arriba como permiso de lactación.

Redución por fillo prematuro/hospitalizado ao nacer
Esta redución de 2 horas xornada recóllese máis arriba como permiso.

para velo en pdf, preme aqui
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 04-08-2007 07:45
Queres comentar ou preguntar algo?
LDs adicionais en base a trienios
Hoxe por fin tivemos confirmación por parte da Dirección do HCV que en base ó Estatuto Básico del Empleado Público, iste ano vanse aplicar o aumento de L.Ds, lembremos que son 2 LDs mais a parte dos 9 para a xente que teña 6 trienios e un mais por trienio a partires do 8º.
.

Por outra banda aínda non se sabe canto tempo tardará o SERGAS en aplicar o atigo 25. 2 do mentado Estatuto, que se refire ós trienios do persoal non fixo, esperemos non ter que recurrir a reclamaciois xudiciais para conseguilo.

Estaremos atentos ó tema e seguiremos informando.
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 18-06-2007 14:28
Queres comentar ou preguntar algo?
trienios persoal contratado SERGAS
A CIG reclama mediante un escrito dirixido a Dirección Xeral de Recursos Humanos, os trienios para o persoal temporal do SERGAS.
Estaremos á espera da contestación do SERGAS, a ver si acaso non fose necesario presentar reclamaciois individuais, senon distribuiremos entre a afiliación o modelo de reclamación.

Aquí abaixo tedes o texto íntegro do escrito enviado.


Dirección Xeral de Recursos Humanos
SERGAS
San Lázaro, s/n
SANTIAGO


Trienios de persoal temporal do Sergas

A Lei 7/2007, do Estatuto Básico do Empregado Público, establece no seu artigo 25 o dereito dos funcionarios interinos a percibir a totalidade das retribucións básicas da correspondente categoria, incluidos trienios. Máis en concreto, o apartado 2 do mesmo artigo recolle o dereito ao recoñecemento dos trienios derivados da totalidade dos servizos prestados antes da entrada en vigor do Estatuto Básico (13 de maio de 2007) con efectos económicos desa mesma data.

En aplicación dese precepto básico, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ven de publicar a Orde do 9 de maio pola que se ditan normas relativas ao recoñecemento de trienios ao persoal funcionario interino ao servizo da Administración da C.A.G., na que establece entre outras cousas o procedemento para a aplicación de tales dereitos.

Entendemos que esa previsión legal é de plena aplicación ao persoal temporal dos centros sanitarios do Sergas (estatutario interino, eventual ou sustituto, funcionario interino e laboral temporal), pero descoñecemos o procedemento previsto para o seu recoñecemento e para a sua execución.

Reclamamos por tanto que por parte desa Administración Sanitaria se nos informe á maior brevidade, por escrito ou en mesa sectorial, sobre as previsións e o procedemento para o recoñecemento de trienios de todo o persoal temporal dos centros sanitarios do Sergas, cos indicados efectos económicos do 13 de maio.

Agardando polas suas novas ao respecto,

Vigo, a 14 de maio de 2007



Asdo/ Xoán Cons
Secretario Xeral de CIG-Saúde
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 14-05-2007 22:39
Queres comentar ou preguntar algo?
Lexislación Saúde Laboral
Para consultar a lexislación en materia de saúde laboral, preme aqui.
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 01-02-2007 13:39
Queres comentar ou preguntar algo?
Decreto de Provisión de Prazas do SERGAS
Para consultar o Decreto de Provisión de Prazas do SERGAS, preme aqui.
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 01-02-2007 13:35
Queres comentar ou preguntar algo?
Conciliación Familiar e Laboral
Para consultar a Lei de Conciliación Familiar e Laboral preme aqui.

Para consultar a Lei para a Igualdade de Homes e Mulleres preme aqui.
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 01-02-2007 13:32
Queres comentar ou preguntar algo?
Pacto de Contratacións
Para consultar o Pacto de Contratacións en Vigor preme aqui.
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 01-02-2007 13:28
Queres comentar ou preguntar algo?
Acordo de concertación social
Para informarte de como son as xornadas, permisos e licencias do persoal do SERGAS preme nesta ligazón.
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 01-02-2007 12:47
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] 2
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis