CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

Reunión de seguimento de Carreira Profesional
O pasado venres houbo no Sergas unha xuntanza da comisión de seguimento da carreira do persoal de Xestión e Servizos e sanitario de Formación Profesional. Comentar ao respecto o seguinte:

1. Expedientes DENEGADOS: Todos aqueles que foron presentados fora de prazo, neste ano non van a entrar, terán que volver a solicita-lo cando se abra o grado IV, argumentan que é porque este ano están suspendidos os acordos.
2. Expedientes A DENEGAR, neste documento están aqueles que presentaron cursos anteriores ao ano 2002 e aqueloutros que non tendo formación presentaron documentación de COMPROMISO COA ORGANIZACIÓN, comentar que estos quedan pendentes, xa que pola nosa insistencia (a postura de CIG-Saúde en base ao acordado nas Resolucións de Carreira esiximos a valoración de tódolos cursos anteriores ou non ao ano 2002) o dos cursos van a volver a valora-lo, na reunión non estaba a persoa responsable e polo tanto quedaron en que nos remitirían por escrito a sua postura para alegacións. Respecto do COMPROMISO COA ORGANIZACIÓN quedaron en que todos eses certificados teñen que estar asinados polo responsable da Dirección de RRHH e polo menos teñen que explicitar o compromiso nalgo concreto, nalgún protocolo en concreto, non van a valer cousas xerais. Si se acordou dar por válidos aqueles dos liberados sindicais que aportan certificados de Compromiso coa Organización en base ao seu traballo nos Comités de Centro.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 23-02-2010 14:24
Queres comentar ou preguntar algo?
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 28-09-2009 11:34
Queres comentar ou preguntar algo?
carreira extraordinaria
CARREIRA EXTRAORDINARIA.


Despois de preguntar ao SERGAS sobre a situación do pago da carreira extraordinaria de diplomadas/os sanitarios, persoal sanitario de formación profesional e persoal de xestión e servizos comentannos o seguinte:

Baremación das solicitudes:
Non hai ningunha instrución referente a que as solicitudes se baremen apartires do 30 de setembro, día no que finaliza o prazo de presentación de solicitudes. As comisións de baremación, nalgunha xerencia, están constituidas e xa baremaron as solicitudes recibidas.

Pago da carreira:
Este é outro tema.Teñen problemas de liquidez, este mes empezaran a facer as transferencias de creto aos centros. Previsiblemente, empezaran a pagar en outubro; o pago será secuenciado nos futuros meses: outubro, novembro......
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 18-09-2009 14:14
Queres comentar ou preguntar algo?
pola carreira ordinaria
As organizacións sindicais CCOO, CESM, CSIF, USAE, UGT e CIG-SAÚDE queren denunciar perante a opinión pública a actitude que mantén a Consellaría de Sanidade negando o dereito que teñen os profesionais do sistema sanitario galego ao recoñecemento profesional.

O Servizo Galego de Saúde é o único servizo de saúde que non ten desenvolvido o réxime ordinario de carreira profesional das/os súas/seus traballadoras/os. O argumento esgrimido é que o actual goberno non pode asumir o custo desta carreira, e de presentar algún texto este sería mais regresivo que o texto presentado polo anterior goberno e rexeitado polas organizacións sindicais.

É lamentable que non saibamos cal vai ser a proposta que sobre carreira ordinaria ten pensado presentar o actual equipo da Consellaría de Sanidade. Pero todo parece apuntar que a política de ?Xestión de Aforro?, anunciada tantas veces, na sanidade pública preténdese facer en base a impedir que unha parte das/os traballadoras/es do SERGAS teña dereito a unha carreira profesional ?DIGNA? en consonancia co modelo de carreira extraordinaria dos seus compañeiros e do resto de carreiras negociadas e xa implantadas nos servizos de saúde das CCAA.

Estaba aceptado por todas as partes que compoñen a Mesa Sectorial que teríamos RÉXIME ORDINARIO DE CARREIRA, pero a día de hoxe iso xa non está claro no SERGAS, polo que as organizacións sindicais vémonos na obriga de retomar as mobilizacións que no seu momento adiáramos para darlle un marxe de confianza ao novo goberno da Xunta.

Polo tanto a Plataforma Sindical, formada por: CCOO, CESM, CIG, CSIF, USAE e UGT, vai levar a cabo:

1. Campaña informativa nos centros semana do 14 de setembro.

2. Asembleas nos centros semana do 21 de setembro.

INFÓRMATE, DEFENDE OS TEUS DEREITOS
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 17-09-2009 14:24
Queres comentar ou preguntar algo?
solicitude convocatoria de mesa para negociación carreira
COMUNICADO DE PRENSA CO ROGO DA SÚA PUBLICACIÓN.

As organizacións sindicais CCOO, CESM, CSIF, SAE, UGT e CIG-SAÚDE queren denunciar perante a opinión pública a actitude que mantén a Consellaría de Sanidade negando o dereito que teñen os profesionais do sistema sanitario galego ao
recoñecemento profesional.

O Servizo Galego de Saúde é o único servizo de saúde que non ten desenvolvido o réxime ordinario de carreira profesional das/os súas/seus traballadoras/os. O argumento esgrimido é que o actual goberno non pode asumir o custo desta carreira, e de presentar algún texto este sería mais regresivo que o texto presentado pólo anterior goberno e rexeitado pólas organizacións sindicais.

É lamentable que non saibamos cal vai ser a proposta que sobre carreira ordinaria ten pensado presentar o actual equipo da Consellaría de Sanidade. Pero todo parece apuntar que a política de ?Xestión de Aforro?, anunciada tantas veces, na sanidade pública preténdese facer en base a impedir que unha parte das/os traballadoras/es do SERGAS teña dereito a unha carreira profesional ?DIGNA? en consonancia co modelo de carreira extraordinaria dos seus compañeiros e do resto de carreiras negociadas e xa implantadas nos servizos de saúde das CCAA.

Estaba aceptado por todas as partes que compoñen a Mesa Sectorial que a diferenza entre o réxime de carreira extra e o réxime de carreira ordinaria estaría baseado no sistema de avaliación; e non nun sistema de anos e trabas que dificulten que todos as/os profesionais teñan dereito a un recoñecemento do seu desenvolvemento profesional. Esixir si, pagar tamén.

Por todo isto, as organizacións sindicais CCOO, CESM, CSIF, SAE,UGT e CIG-SAÚDE, solicitamos da Consellaría de Sanidade que convoque a Mesa Sectorial para seguir avanzando na negociación do réxime ordinario de carreira: acceso, requisitos...

A dita reunión deberá producirse na 1ª semana do mes de setembro. De non acontecer isto, veriámonos na obriga de retomar as mobilizacións adiadas no seu dia, para darlle un marxe de tempo ao novo goberno.

É responsabilidade da Sra. Conselleira evitar un clima de conflictividade dentro da sanidade pública, recoñecendo o dereito ao desenvolvemento profesional das/dos traballadoras/es.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2009.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 17-08-2009 10:44
Queres comentar ou preguntar algo?
carreira profesional, non máis atrasos!!!

CARREIRA PROFESIONAL: NON MÁIS ATRASOS!!!



* CIG-SAÚDE non aceptou na mesa sectorial a proposta da administración de deixar
a negociación de carreira para o último cuatrimestre do ano, e moito menos a de
vincular esta negociación á financiación autonómica.

* A negociación da Carreira Ordinaria é unha decisión política.

* A Administración fai continuas referencias aos acordos sindicais vixentes.@s traballador@s consideramos que o SERGAS non nos está a regalar as retribucións que percibimos: éstas son froito do NOSO TRABALLO.



Na reunión da Mesa Sectorial de Carreira Profesional celebrada o día 8 de xullo, a Administración, por medio da Directora de Recursos Humanos, trasmitiunos que, no contexto actual o SERGAS non pode asumir nin tan sequer o proxecto de carreira ordinaria que no seu día nos presentara o anterior equipo e que rexeitaramos por insuficiente.
Como argumento utilizan que o goberno anterior non tiña feita a cuantificación económica. Unha vez que eles realizaron esta cuantificación, o custe da implantación do modelo de entronque do anterior goberno seica ascendería a 12 millóns de euros, cantidade que consideran inasumible no contexto actual, e ademais fan continuas referencias ao custe que supón os distintos acordos que están en execución.
A proposta da Administración é deixar a negociación de carreira para o último trimestre do ano, vinculada ao financiamento autonómico, algo co que CIG-Saúde non está de acordo.

CIG-SAÚDE di: A Administración non pode pretender trasladar ás organizacións sindicais o debate do financiamento.
A responsabilidade das organizacións sindicais é negociar acordos que melloren as condicións das/os traballadores. A responsabilidade da Administración é buscar o financiamento dos devanditos acordos.
Que sexa cara ou non, xa se sabia, pois a carreira non ten cotas, e dicir, entraría en carreira todo o persoal que reunira os requisitos esixidos.
Por outra banda, non podemos vincular o acordo de carreira ao financiamento autonómico. O dito financiamento non recolle unha partida específica para sanidade e polo tanto o goberno pódeo destinar a outras ?prioridades?. Ademais disto, como se ven recollendo nos medios de comunicación, o financiamento para Galiza será deficitario, xa que non contemplan nin o envellecemento da poboación nin a dispersión. O acordo de carreira só se pode vincular a unha decisión política.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 16-07-2009 09:36
Queres comentar ou preguntar algo?
MESA SECTORIAL CARREIRA ORDIARIA.8-07-09
Como era de esperar a reunión de hoxe foi máis decepcionante que as anteriores. A Admón, por medio da Directora de Recursos Humanos, trasmitiunos que, no contesto actual non poden asumir nin tan sequer o proxecto de carreira ordinaria que no seu día nos presentara o anterior equipo e que rexeitamos por insuficiente.
Como argumento utilizan que o goberno anterior non tiña feita a cuantificación económica. Unha vez que eles realizaron a cuantificación, o custe da implantación do modelo de entronque do anterior goberno ascendería a 12 millóns de euros; cantidade inasumible no contesto actual, e ademais fan continuas referencias ao custe que supón os distintos acordos que están en execución.
A proposta da Admón é deixar a negociación de carreira par o último trimestre do ano, vinculada ao financiamento autonómico.
Na rolda de intervencións das organizacións sindicais manifestamos o seguinte.
CIG-SAÚDE.
A Admón non pode pretender trasladar ás organizacións sindicais o debate do financiamento. A responsabilidade das organizacións sindicais é negociar acordos que melloren as condicións das/os traballadores. A responsabilidade da Admón é buscar o financiamento dos devanditos acordos. Se é cara ou non xa se sabia, pois a carreira non ten cotas, e dicir entraría en carreira todo o persoal que reunira os requisitos esixidos.
Por outra banda, non podemos vincular o acordo de carreira ao financiamento autonómico. O dito financiamento non recolle unha partida específica para sanidade e polo tanto o goberno pódeo destinar a outras ?prioridades?. Ademais disto, como se ven recollendo nos medios de comunicación, o financiamento para Galiza será deficitario, xa que non contemplan nin o envellecemento da poboación nin a dispersión. O acordo de carreira só se pode vincular a unha decisión política.

Resto de organizacións sindicais.
solicitaron que lles enviara por escrito os datos que comunicaron na mesa: nº de persoas afectadas, datos da memoria económica , os 12 millóns de custe...
As organizacións sindicais non nos reunimos ao rematar a reunión, cada quen foise polo seu sitio. Apesares disto, parécenos oportuno convocalos a unha reunión para a próxima semana e intentar manter viva a plataforma para retomar as mobilizacións no mes de setembro.
No referente a funcionarios e laborais din que tampouco é asumible, xa que o custe de carreira deste persoal incrementaría o custe dos 12 millóns de euros.

Concurso de traslados do persoal facultativo.

Por parte da subdirección de asistencia sanitaria se nos informa de que manteñen o compromiso de convocar no concurso de traslados o 100% das prazas, só se reservan aquelas
prazas que condicionan a asistencia. A petición realizada polos centros referente ás prazas de alta especialización ascendía a 30 prazas. Unha vez recibidas estas peticións, solicitaron aos centros informes específicos que motivaran a devandita petición.

Como consecuencia disto, sorprendentemente, a Admón propón reservar só 4 prazas, as demais peticións foron rexeitadas.
Prazas de alta especialización que se cubriran como na OPE 2006.
.- 1 praza de Radioloxía intervencionista na Coruña e unha praza de Radioloxía Intervencionista en Ourense.
.- 1 praza de traumatólogo e unha praza de ciruxía plástica reparadora en Santiago. Estas prazas son as de ciruxía da man. Até a creacíon desta unidade, a ciruxía da man estaba concertada con Povisa.
En principio, comentamos que podíamos aceptar isto, alegrabámonos de que a prestación da ciruxía da man se incluíse dentro da rede pública.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 08-07-2009 19:21
Queres comentar ou preguntar algo?
MESA SECTORIAL CARREIRA ORDINARIA. 25-06-09
INFORMACIÓN REUNIÓN MESA SECTORIAL CARREIRA ORDINARIA. 25-06-09.
A devandita reunión desenvolveuse na tónica do resto de reunións: non prosperamos en nada. Pendente da memoria económica que non fixera o anterior goberno.
Despois da intervención da Admón, e antes de entrar a valorar o documento que se nos remitira para debater hoxe, manifestamos o noso desacordo coa dinámica de negociación da Admón, xa que o documento non recollía as disposicións transitorias. Nas disposicións transitorias do documento presentado póla Admón anterior era onde tiñamos maior discrepancias e non íamos aceptar un documento que empeore as condicións de carreira.
Para entrarmos no debate do documento de hoxe esiximos que a Admón nos puxera data para unha próxima reunión, antes de esta reunión, a Admón remitiranos o documento de carreira completo; incluídas as disposicións transitorias. Dita reunión queda para o día 8 de xullo.
Os temas recollidos neste documento e que son mais regresivos que os que recollía o documento anterior son:

Funcionarios e laborais:
Non ofertan carreira sen integración.
Si se integran poden acceder ao réxime ordinario

Recoñecemento de graos:
I e II serán irreversíbeis.
III e IV reversíbeis

Grao inicial:
So poderá acceder o persoal temporal con vínculo de longa duración. A maioría do persoal eventual queda fora, xa que até acadar un vínculo de longa duración o persoal ten moitos anos de vínculos de curta duración.

No próximo documento que nos envíen, as disposicións transitorias teñen que recoller:

a.- Enlace entre o réxime extraordinario e o réxime ordinario.
b.- Tratamento do persoal da OPE 2006.
c.- Permanencia en cada grao. Esixencia dun mínimo dun ano de permanencia.

Ademais disto temos que seguir insistindo en:

Anexo I: baremo Que con diferentes combinacións de factores avaliables se poida acadar o 100%. No baremo de méritos, na área IV: implicación e compromiso coa organización, suprimiron: ?ter dedicación exclusiva á organización".

Avaliación negativa: Regular o procedemento. Adiencia ao interesado

Promoción interna: Licenciados e diplomados sanitarios.
Para o resto de categorías o documento anterior mantiña a escala do réxime extraordinario.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 25-06-2009 19:07
Queres comentar ou preguntar algo?
cobertura de solicitudes de carreira
Todos aqueles afiliados e afiliadas da área de O Barco que o desexedes podedes acercarvos polo local da sección sindical a cubrir a solicitude de carreira extraordinaria, xa que desta vez tense que facer via fides.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 15-06-2009 16:36
Queres comentar ou preguntar algo?
carreira profesional: publicadas resolucións
Publícanse hoxe as resolucións para solicitar, dentro da Carreira Profesional Extraordinaria:

- o grao III da Carreira Profesional de Persoal de Xestión e Servizos e Sanitario de FP

- o grao IV de determinado Persoal Diplomado Sanitario (III grao para o Persoal Diplomado Sanitario que acadou praza na OPE extraordinaria)

- o grao III de certo persoal do grupo A que desempeñe praza de FEA por presentar título de ciencias da saúde.

Podedes ver as resolucións premendo na ligazón que corresponda.

Lembrade que o prazo remata o 30 de setembro.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 15-06-2009 10:05
Queres comentar ou preguntar algo?
proposta grado 3 carreira extrordinaria resto do persoal
O SERGAS ven de remitirnos a proposta do grado III de carreira profesional extraordinaria:

Remítovos a proposta de resolución pola que se abre o prazo para solicitar o grao III de carreira profesional das categorías de xestión e servizos e sanitarias de formación profesional.

Para o grao III, do mesmo xeito que se fixo para o persoal diplomado sanitario, esixiranse 9 créditos para acadar unha avaliación favorable (un crédito mais que no grao II, seguindo a progresión utilizada ata o momento en graos anteriores).

Ademais introducimos a novidade de cubrir a solicitude e obter os anexos a través de FIDES, o que axiliza o proceso de resolución. Os profesionais terán apoio informático así como un ordenador á súa disposición no servizos de persoal dos centros, onde o persoal encargado de tramitar os expedientes recibirá a correspondente formación sobre o novo programa para xestionar os procesos de carreira de agora en adiante, o CADES.

Podedes facernos chegar as vosas alegacións antes do vindeiro mércores, 3 de xuño.

A publicación no DOG producirase na semana do 15 de xuño e o prazo estará aberto ata o 30 de setembro.

podedes ver o borrador de resolución, picando aquí e despois clicando en Click here to start download..
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 27-05-2009 12:29
Queres comentar ou preguntar algo?
CARREIRA ORDINARIA DO PERSOAL DO SERGAS
CARREIRA ORDINARIA DO PERSOAL DO SERGAS

O SERGAS SEGUE A MANTER PARALIZADA A NEGOCIACIÓN
DA CARREIRA ORDINARIA


NA REUNIÓN DE MESA SECTORIAL DO PASADO 15 DE MAIO, Á QUE FOMOS CONVOCADOS OS SINDICATOS PARA A PRESENTACIÓN DO NOVO EQUIPO DO SERGAS, AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS DEMANDAMOS DA ADMINISTRACIÓN A CONVOCATORIA URXENTE DE MESA SECTORIAL PARA ABORDAR ENTRE OUTROS TEMAS A NEGOCIACIÓN DO RÉXIME ORDINARIO DE CARREIRA PROFESIONAL. NON OBTENDO NINGUNHA RESPOSTA POR PARTE DA ADMINISTRACIÓN

ESTAS SEGUEN A SER AS REIVINDICACIÓNS DA PLATAFORMA SINDICAL:


? MELLORA DO RÉXIME TRANSITORIO

? PERSOAL INTERINO

? PROMOCIÓN INTERNA

? AVALIACIÓN XUSTA

? FUNCIONARIOS E LABORAIS

? TRATO MÁIS FAVORABLE AO PERSOAL DA OPE 2006

AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS CCOO, CESM, CIG, CSI-CSIF, SAE e UGT ESIXIMOS DA DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS DO SERGAS A CONVOCATORIA DE XEITO INMEDIATO DA MESA SECTORIAL, PARA NEGOCIAR O DECRETO QUE O ANTERIOR GOBERNO DEIXOU PARALIZADO ATA ACADAR UN MAIOR CONSENSO NA MESA SECTORIAL.

ESIXÍMOSLLE Á CONSELLERÍA, SE NON QUERE INICIAR A SUA ETAPA CON CONFLITIVIDADE NO SECTOR, A CONVOCATORIA INMEDIATA DA MESA SECTORIAL PARA RETOMAR DE NOVO AS NEGOCIACIÓNS.

IMPOSICIÓNS NON ? NEGOCIACIÓN SI

CCOO CESM CIG CSI-CSIF SAE UGT


Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 22-05-2009 14:43
Queres comentar ou preguntar algo?
oferta do Grao IV de carreira para o persoal facultativo da ope extraordinaria
Resolución do 8 de maio de 2009, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se abre o prazo para que determinado colectivo de persoal estatutario das categorías de licenciados sanitarios do Servizo Galego de Saúde solicite o recoñecemento do grao IV de desenvolvemento profesional.

Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 20-05-2009 11:53
Queres comentar ou preguntar algo?
carreira odinaria do SERGAS
A PLATAFORMA SINDICAL CONSTITUIDA POR: CCOO, CESM, CIG, CSI-CSIF, SAE e UGT , TRALAS MOBILIZACIÓNS REALIZADAS ESTABAMOS CONVOCADOS Á UNHA MESA DE NEGOCIACIÓN O DÍA 6 DE MARZO DE 2009, NA QUE PREVIAMENTE O SERGAS SE COMPROMETERA Á ACADAR ACORDOS NAS REIVINDICACIÓNS PRESENTADAS POLA PLATAFORMA.

TRALA NOVA SITUACIÓN POLÍTICA, ENTENDEMOS A POSTURA DA ADMINISTRACIÓN DE NON NEGOCIAR, POR ESTAR NUN GOBERNO PROVISIONAL QUE NON PODE RESPALDAR AS DEMANDAS DA PLATAFORMA SINDICAL.

A PLATAFORMA SINDICAL MANTENSE CONSTITUIDA E O PRIMEIRO DÍA DE TOMA DE POSESIÓN DO NOVO CONSELLEIRO/A LLE SERÁ REMETIDO ESCRITO SOLICITANDO A CONVOCATORIA DE ESTA MESA PARA RETOMAR ÁS NEGOCIACIÓNS DO RÉXIME ORDINARIO DE CARREIRA.

TÁBOA REINVIDICATIVA

? MELLORA DO RÉXIME TRANSITORIO

? TRATAMENTO DO PERSOAL INTERINO

? PROMOCIÓN INTERNA AXEITADA

? AVALIACIÓN XUSTA

? TRATAMENTO DE FUNCIONARIOS E LABORAIS

? TRATO MÁIS FAVORABLE AO PERSOAL DA OPE 2006


APRAZASE A NEGOCIACIÓN DE CARREIRA ORDINARIA

ESPERAREMOS Á TOMA DE POSESIÓN D@ NOV@ CONSELLEIR@

MANTÉÑENSE AS NOSAS REIVINDICACIOIS




SE O NOVO GOBERNO QUERE PARAR AS MOBILIZACIÓNS TEN QUE ACEPTA-LAS DEMANDAS SINDICAIS
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 06-03-2009 12:47
Queres comentar ou preguntar algo?
desconvócanse as mobilizacións de carreira
A PLATAFORMA SINDICAL CONSTITUIDA POR: CCOO, CESM, CIG, CSI-CSIF, SAE e UGT, APLAZA AS MOBILIZACIÓNS TRA-LO COMPROMISO ADQUIRIDO POLO SECRETARIO XERAL DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE DE CONVOCAR AOS INTEGRANTES DA MESA SECTORIAL O DÍA 6 DE MARZO DE 2009 PARA ESTABLECER UN CALENDARIO DE REUNIÓNS ONDE SE ABORDEN OS ASPECTOS INCORPORADOS Á TABOA REINVIDICATIVA DA PLATAFORMA SINDICAL

TÁBOA REINVIDICATIVA

?MELLORA DO RÉXIME TRANSITORIO

?TRATAMENTO DO PERSOAL INTERINO

?PROMOCIÓN INTERNA AXEITADA

?AVALIACIÓN XUSTA

?TRATAMENTO DE FUNCIONARIOS E LABORAIS

?TRATO MÁIS FAVORABLE AO PERSOAL DA OPE 2006


COMO OS OBXETIVOS DA PLATAFORMA ERAN QUE A CONSELLERÍA CONVOCASE A MESA SECTORIAL PARA RETOMAR DE NOVO AS NEGOCIACIÓNS, CONSIDERAMOS QUE ESTE OBXETIVO ESTÁ CUMPRIDO MOMENTANEAMENTE, E ESPERAMOS QUE NA REUNIÓN DO DÍA 6 DE MARZO A ADMINISTRACIÓN TEÑA UNHA ACTITUDE CONSTRUCTIVA PARA ACADAR UN AMPLO CONSENSO NA NEGOCIACIÓN DO DECRETO DE RÉXIME DE CARREIRA ORDINARIA.

ESTE VOTO DE CONFIANZA NA NEGOCIACIÓN NON SUPÓN BAIXO NINGÚN CONCEPTO A RENUNCIA A PLANTEXAR NOVAS MOBILIZACIÓNS SI A NEGOCIACIÓN NON DA OS FROITOS ESPERADOS.

IMPOSICIÓNS NON
NEGOCIACIÓN SI

Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 19-02-2009 14:30
Queres comentar ou preguntar algo?
recrudecemos as mobilizacións
Hoxe levouse a cabo a concentración diante do SERGAS contra o decretazo da Carreira Profesional Ordinaria, con grande éxito de participación.

Ao acabar a concentración, ben ruidosa por certo para que nos oiran os do SERGAS, os representantes das organizacións sindicais da plataforma conxunta foron chamados a unha reunión, que simplemente foi unha maniobra de despiste ou por tocar as narices, posto que o SERGAS nesa reunión o único que fixo foi reafirmarse na súa actitude de tramitar o decreto sen escoitar as reivindicacións do persoal.

Á vista desta tomadura de pelo, os representantes sindicais decidiron pecharse no SERGAS á espera de que o Secretario Xeral, Cayetano Rodríguez, aparecera e fixese un cambio no rumbo da situación. E o Secretario Xeral o que fixo foi ratificar a tramitación do decreto.

Por este motivo, IMOS RECRUDECER AS MOBILIZACIÓNS, para que nos escoiten e que lles quede claro: DECRETAZO NON, NEGOCIACIÓN SI!!!

XOVES, 19 de febreiro, CONCENTRACIÓNS en todos os centros.

MÉRCORES, 25 de febreiro, nova CONCENTRACIÓN diante do SERGAS.

VENRES, 27 de febreiro, FOLGA.

abaixo fotos da concentración de hoxe ante o SERGAS.

Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 17-02-2009 20:26
Queres comentar ou preguntar algo?
3ª concentración de carreira

Hoxe levamos a cabo a terceira concentración de carreira, o xoves voltamos ás 11 na entrada do HCV.

E lembrade que o martes imos a santiago, quen se queira anotar para o transporte que se dirixa a calquera local das secciois sindicais convocantes (CIG, UGT, SI-CSIF, SAE e CC.OO).


Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 10-02-2009 14:27
Queres comentar ou preguntar algo?
Concentración Carreira Profesional
Mañá terá lugar a terceira concentración en contra do decretazo de Carreira Profesional Ordinaria, convocada pola plataforma sindical.
A mobilización está convocada en todos os centros e trátase de pedir ao SERGAS que se sente a negociar a Carreira Profesional Ordinaria na mesa sectorial, en lugar de impoñela por decreto como pretenden facer.

Na área do Barco será ás 11 hs na entrada do Hospital Comarcal Valdeorras.

Animámosvos a participar dada a importancia do tema, que nos afecta a prácticamente tod@s @s traballador@s. A nosa forza está en vós, se as mobilizacións non son exitosas, non poderemos acadar os obxectivos.

POR UNHA CARREIRA PROFESIONAL DIGNA!!!
DECRETAZO NON, NEGOCIACIÓN SI!!!
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 09-02-2009 09:59
Queres comentar ou preguntar algo?
2ª concentración de carreira profesional
hoxe levamos a cabo a 2ª concentración contra do decretazo de carreira, a asistencia no HCV foi mais pequena que a do primeiro dia, ou tomamos conciencia e participamos nas mobilizaciois masivamente, ou moito nos tememos que o decretazo vai ir adiante, lembrarlle ó persoal interino e temporal que é o mais afectado por este decreto e que a sua participación nas mobilizaciois, polo menos aquí, é moi baixa.

O martes e o xoves da semana que ven seguiremos coas mobilizaciois, a ver se nos animamos a participar e sería de moita importancia que a concentración ante o SERGAS en Compostela o dia 17 fixésemos o máximo esforzo para acudir.

Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 05-02-2009 13:04
Queres comentar ou preguntar algo?
Primeira concentración contra o decretazo
Hoxe levouse a cabo con éxito a primeira concentración en contra do decretazo de carreira profesional ordinaria que pretende implantar o SERGAS.

Previamente en Asemblea o persoal foi informado das características desta carreira (de obstáculos) que o SERGAS quere impoñer por decreto, sen negociación, sen atender as peticións dos sindicatos.

No HCV xuntáronse sobre 40-50 persoas que apoiaron a reivindicación da reapertura das negociacións para acadar unha Carreira Profesional Ordinaria digna.
Temos noticias de que tamén en Burela, no Hospital da Costa, foi un éxito a concentración, así como en Ferrol.

O próximo xoves día 5, ás 11 hs quedamos emprazados na entrada do Hospital para unha nova concentración.

Animámosvos a tod@s a participar por unha Carreira Profesional Digna!!!
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 03-02-2009 13:48
Queres comentar ou preguntar algo?
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0