CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

empezan as embestidas do PP contra os hospitais de O Barco, Verín e Monforte
O outro día avísaronnos @s nos@s compañeir@s de Monforte que a Xerencia do hospital de Monforte quería unificar as gardas dos servizos de radioloxia dos hospitais de Monforte, O Barco e Verín.

Tamén foron avisados o resto de sindicatos polo que se convou unha reunión urxente da comisión de centro para o luns 3 de maio.

Pero vamos informar da proposta que lle fixeron ó persoal de radioloxía por parte das Xerencias dos 3 centros.

En primeiro lugar tanteouse ó persoal de unificar as gardas dos 3 hospitais nun deles e deste xeito reconvertir as gardas que eran localizadas en presenza física, que irían rotando entre os radiólogos dos 3 hospitais.

As probas de TAC realizaríanas os técnicos e serían enviadas via telemática ó centro onde estivera o radiólogo de garda.

A urxencia da ecografia terían que ser valoradas pol@ facultativ@ que a solicita se pode esperar ou non ó dia seguinte, de ser extremadamente urxente, derivaríase ó centro de referencia, (en O Barco e Verín a Ourense e no caso de Monforte ó de Lugo).
Contemplan como opción, que as ecografias urxentes as realice o persoal facultativo de urxencias, ou incluso que fosen os TEL "posto que nalgúns hospitais son eles quenes realizan estas probas".

NON ESTAMOS BROMEANDO, todo isto díxoselle @s radiólog@s.

E para rematar e deixar ben clara a súa actitude foron ameazad@s con que de non querer adscribirse a este "novo modelo de gardas", estas serían privatizadas.

Non vamos dicir nada de como repercutiría isto, de poñerse en marcha este modelo de gardas, no persoal implicado e resto de persoal, nin da porta que se abriría de extendelo a outros colectivos e servizos, posto que resulta obvio.

No que sí queremos facer fincapé, é como repercutiría n@s usuar@s, este modelo que non busca outra cousa que o aforro en primeiro lugar, para rematar nunha privatización do servizo que sairá moito mais cara que o sistema actual.
Porque de entrada unha persoa que necesite unha ecografia urxente será remitida (no caso de O Barco) a 120 km para facela, con todos os problemas que isto supón.

Moitas das probas realizadas ademais, habería que repetilas ó dia seguinte.
Estas, sumadas ás que queden do dia anterior para a xornada ordinaria, incrementará en moito as listas de espera deste servizo.

Ademais en determinados casos utilizarase unha proba mais agresiva como é o TAC cando podería valer perfectamente unha ecografía.

Todos estes argumentos e moitos máis foron dados pol@s radiólog@s ás xerencias, e a resposta dalgunha delas foi: "Isto ten que estar FUNCIONANDO antes do verán se o tomades ben e senon xa temos 2 empresas interesadas na externalización do servizo".

A noticia xa foi recollida en diversos medios de comunicación:
el pais
la región
la voz de galicia

En fín, como podedes ver esta consellería non se anda con medias tintas á hora de implantar o seu modelo privatizador e non regatea en presiois nin ameazas.
Como dixemos antes, o luns dende a comisión de centro decidiremos as medidas que consideremos oportunas, porque ademais nun tema que afecta claramente as condiciois laborais do persoal non fumos informados como marca claramente a normativa vixente.
Comentarios (0) - Categoría: privatización da sanidade - Publicado o 30-04-2010 13:09
Queres comentar ou preguntar algo?
non esquezades: mañá manifestación en Compostela
En defensa dos Servizos Públicos

MANIFESTACIÓN

Domingo, 25 de abril de 2010


12 horas, Alameda de Santiago de Compostela


Diante da política privatizadora do PP no goberno da Xunta e da política de recortes no gasto público do goberno central, é preciso saír á rúa e esixir con voz firme:

* Un sistema sanitario público de calidade, garantindo á poboación os principios básicos de universalidade, gratuidade e equidade no acceso ao sistema.
* Un ensino público de calidade, dotándoo de maiores orzamentos e suprimindo os concertos educativos.
* O reforzo e ampliación dos servizos públicos, creando emprego e transformando o temporal e estábel. Ampliación da propia administración pública como proposta de defensa do público fronte ao privando.
* A consolidación dun sistema público galego de servizos sociais que garanta os equipamentos precisos para acadar uns servizos que cubran as necesidades sociais do conxunto da poboación galega, -viva onde viva esta-, co obxectivo de favorecer a cohesión social do país, reforzando vencellos sociais e combatendo os procesos de desestruturación territorial e social, abordando, tanto as situacións de falla de autonomía persoal, como a pobreza e exclusión social ou nas que existan menores en conflito ou desamparo.
* O rescate e ampliación da xestión pública en servizos que foron e están sendo privatizados na administración local como a limpeza, abastecemento de auga e depuración, parques e xardíns, escolas infantís, servizos socioculturais e administrativos, servizos provinciais de emerxencia, parques comarcais de bombeiros, ...
* Un servizo de correos público galego, xa que o servizo de correos é algo necesario para impedir que o mundo rural se sinta discriminado e se poda revitalizar.
* O restabelecemento da xestión pública dos servizos que prestaban SEAGA e SOGASERSO.
* A revitalización e dotación de persoal e medios ás Oficinas Agrarias Comarcais para que volvan prestar todo tipo e servizos de asesoramento, incluído o aconsellamento, e tramitación ás explotacións, rescatando todos os servizos que xa foron privatizados.
* A xestión directa da administración en todo o relacionado coa sanidade animal e vexetal, que só se realizará con garantías se non están sometidas a intereses privados e particulares e se é asumida desde a Administración Pública.
* Artellamento duns servizos de transporte público no medio rural acorde coas necesidades existentes, mantendo e mellorando o que xa existe, recuperando liñas, e ampliando horarios, tanto de autobuses como de tren.


NON Á PRIVATIZACIÓN DOS SERVIZOS PÚBLICOS


Comentarios (0) - Categoría: privatización da sanidade - Publicado o 24-04-2010 12:58
Queres comentar ou preguntar algo?
manifestación en defensa dos servizos públicos
Comentarios (0) - Categoría: privatización da sanidade - Publicado o 19-04-2010 13:35
Queres comentar ou preguntar algo?
miles de persoas maniféstanse en Pontevedra contra a privatización da sanidade

O pasado venres levouse a cabo unha grande manifestación en contra da privatización da sanidade en Pontevedra, coa presenza de máis de 8000 persoas. CIG-Saúde tamén estivo apoiando esta manifestación, como non podía ser doutro xeito. Na fotografía, membros de CIG-Saúde O Barco portando a pancarta da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área O Barco.

Temos que continuar as mobilizacións por unha sanidade pública e digna. A seguinte terá lugar o próximo xoves, día 22, en Vigo.

noticia extraida de Vieiros:

A convocatoria Plataforma contra a Privatización expresou o descontento dos concellos e da veciñanza contra o proxecto do hospital de Monte Carrasco.

Miles de persoas manifestáronse o venres ao serán en Pontevedra contra o proxecto de novo hospital en Monte Carrasco, no que se demostra a aposta da Xunta pola privatización da sanidade. A convocatoria, organizada pola Plataforma contra a Privatización, levou como lemas "Por un hospital único e público. Contra a privatización da sanidade" e "Onde están os 100 millóns de Montecelo. A sanidade non é un negocio".

A manifestación, que partiu ás 20 horas da Praza da Ferraría, estivo encabezada polos alcaldes de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e de Marín, Francisco Veiga, xunto cos doutros concellos da área sanitaria de Pontevedra. Tamén estiveron presentes parlamentarios do PSdeG e do BNG, como Modesto Pose e Bieito Lobeira, ademais do portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez.

Manuel Martín, voceiro da plataforma, afirmou que o proxecto de Monte Carrasco é unha "manobra do PP" que lle atribuíu ao presidente local do partido en Pontevedra, Telmo Martín, para utilizar a sanidade pública "no beneficio político particular". Considerou un "dispendio" gastar 1.400 millóns de euros nun novo hospital podendo desenvolver un proxecto por 141 millóns polas mesmas prestacións. "A sanidade pública de Pontevedra está en perigo", concluíu.

O parlamentario socialista Modesto Pose acusou a Sanidade de mentir sobre a situación dos hospitais e reclamoulle que "rectifique e recoñeza a verdade". Guillerme Vázquez denunciou a postura "caprichosa" da Xunta e a súa intención de facer un "pelotazo" coa construción do novo hospital. Na mesma liña, Fernández Lores alertou dunha mudanza do modelo sanitario "camiño da privatización parcial dos servizos non clínicos".

A convocatoria da Plataforma contra a Privatización explicou que a Xunta non ten diñeiro para ampliar Montecelo, mentres lle "regala" a un consorcio de bancos e aseguradoras a xestión dun novo centro por 20 anos, "que custará seis veces máis". Denuncia que o modelo privado xa está desacreditado por experiencias anteriores, como a posta en marcha por Margaret Thatcher no Reino Unido, ou o que está a acontecer en Madrid, con carencias de persoal e de camas. Por iso, a plataforma denuncia que "privatizar a sanidade é o primeiro paso para instaurar o copago: pagará máis quen máis enfermo estea".
Comentarios (0) - Categoría: privatización da sanidade - Publicado o 18-04-2010 20:45
Queres comentar ou preguntar algo?
manifestación en Ferrol
na web do colectivo ártabra 21, hai un amplo reportaxen sobre a Manifestación contra a privatización da Sanidade Pública que se celebrou o Domingo 11 de Abril de 2010 en Ferrol - Audio, Vídeo, Fotos, Artigos, ...

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol -que a integran 44 entidades da comarca-, diante do grave deterioro ao que se está sometendo á Sanidade Pública, á falla de compromiso que con esta Área ten a Xunta de Galicia e ante as medidas privatizadoras do Partido Popular, realizou es Domingo 11 de Abril de 2010 unha manifestación, a cal reflexou na rúa o descontento e o rexeitamento destas medidas por parte da cidadanía da comarca.

Tamén aparecen declaraciois Lois Méndez compañeiro da executiva de CIG-Saúde, que trasladamosó noso blog.

Contra a privatización da Sanidade Pública

Lois Méndez Pérez [*]
11.04.2010

As Iniciativas de Financiamento Privado (PFI) son unha ferramenta para privatizar a Sanidade Pública, poñendo os seus activos e o seu financiamento nas mans do sector privado e os seus accionistas

Con estas ferramentas de privatización increméntanse os custes finais de construción dos hospitais e dos centros de saúde moi por riba dos construídos polo sistema público tradicional

Estes custos tan elevados e progresivos hipotecan os orzamentos, de investimento e de gasto corrente do sistema sanitario público, durante moitos anos e trasladan ás xeracións futuras o pago dos actuais centros. Conleva ceder as empresas á construción do edificio, adquisición do equipamento, mantemento e contratación do persoal non sanitario, ademáis de explotar tódolos servizos (cafetería, aparcamento, subministros, almacén ?.), O Sergas pagará un aluguer como inquilino durante máis de 20 anos, o custe final será seis veces superior ao que custaría o hospital de terse construído con financiamento totalmente público. Cando o Sergas, pasados máis de 20 anos, sexa o propietario do hospital ou dos centros de saúde, xa estarán obsoletos e necesitaran grandes investimentos para poñelos en valor. Este modelo de xestión xa fracasou no Reino Unido, Valencia, Madrid, pois deteriora a calidade asistencial, con peor atención ao usuario, ademáis este modelo privado sae máis caro, desviando recursos a favor da empresa privada que só busca beneficios. Para compensar os maiores custes, as infraestruturas son de peor calidade, redúcese o número de camas e de persoal, co que se deteriora a calidade da asistencia sanitaria. A experiencia inglesa demostrou que os maiores custos condicionan problemas de infraestruturas e reducións en camas, persoal e en calidade da asistencia sanitaria:

Por cada 200 millóns de libras de incremento de custos perdéronse 1.000 postos de traballo, polo que o persoal reduciuse nun 25% desde a posta en marcha da PFI. Perdéronse 13.000 camas entre 1997 e 2001. Estes hospitais teñen unhas listas de espera moi elevadas (en áreas esenciais que pon en perigo a saúde dos pacientes).

Construtoras deseñan e constrúen.

Proporcionan e repoñen mobiliario e resto do equipamento básico.

Xestionan persoal e servizos non sanitarios. As empresas concesionarias son as responsables de:

Mantemento integral del edificio, Xestión de residuos Seguridade, Lavandería.
Transporte exterior e interior, desinfectación e Xestión do arquivo de documentación clínica e administrativa.
Conservación de vías e xardinería, limpeza, esterilización, almacenaxe, distribución é restauración

Estes centros sanitarios teñen un 68% menos camas, 0,95 fronte a 3 camas por mil habitantes dos públicos da comunidade. Teñen externalizada a radioloxía e laboratorio, que quedan fóra dos centros impedindo contacto con profesionais clínicos. Poñen en perigo a confidencialidade dos datos clínicos dos pacientes, que están en poder de empresas privadas. Teñen menos médicas/os por mil habitantes: Centros con xestión privada (PFI) oscilan entre 0,46 e 0,73 por mil habitantes. Centros Públicos entre 1,3 e 2,4 por mil habitantes. Teñen menos persoal de enfermaría por mil habitantes:

Centros con xestión privada (PFI) oscilan entre 1,07 e 2,47 por mil habitantes. Centros Públicos 4,5 por mil habitantes. As fórmulas de financiamento das que se está a falar non son novas nin teñen dous anos de vida, non se orixinan nin son produto da crise, senón que son fórmulas que viron a luz hai máis de dez anos, en plena fase expansiva da economía, e que xa dende o ano 2000 nas comunidades de Valencia e Madrid, gobernadas polo Partido Popular, e en Galicia co goberno Fraga, con Romay Becaría na Consellería de Sanidade e con Alberto Nuñez Feijóo no Sergas liderou no seu día a experimentación sobre novas formas de xestión do sector sanitario, as fundacións: hospital de Verín, Barbanza e Cee (xa restituídas ao Sergas, que constituíron un rotundo fracaso de xestión: economica e asistencial) ou a asignación a un centro privado da atención sanitaria dunha área de poboación (Povisa, aínda en vigor e polo que o Sergas paga un canon anual superior aos 74 millóns de euros). Nesta área sanitaria, a unión do centro de especialidades co hospital A. Marcide (a entrada actual ao hospital: citas) foi financiada pola empresa privada, como contraprestación da explotación do aparcadoiro construido en chan público, por un período de 50 anos.

Consecuencias para os usuarios, cada vez que teñen que acudir a consultas externas, facer probas ou visitar algún familiar, pagan as tarifas máis caras por usar o aparcadoiro de toda a cidade: a necesidade convírtese nun negocio.

As consecuencias da privatización son catastróficas: abandono de valores fundamentais; universalidade, equidade, gratuidade, carácter redistributivo, planificado por necesidades e participativo. Incrementa a irracionalidade e a desigualdade sanitaria (acceso servizos). Aumenta o gasto sanitario sen mellorar resultados.

Os efectos dos orzamentos destinados pola Xunta de Galicia no ano 2010 nesta Área Sanitaria son:

A falla de orzamento para adicar á alta tecnoloxía: nin un só euro.

A escasa dotación de 100.000 euros ao plano director.

Aumento alarmante das listas de espera.

Aumento de derivacións de usuarios a outras Áreas Sanitarias e a centros privados concertados.

Conxelación dos cadros de persoal, anulación do plan mellora de atención primaria e redución drástica de contratacións temporais: peor calidade asistencial.

A construción dos centros de saúde de Ares, A Capela, Cedeira e Narón pola iniciativa privada.

O nulo investimento na adaptación do Hospital de Defensa, coa conseguinte paralización de novos servizos e a plena utilización desta infraestrutura.

Por todo isto temos que dar a batalla en defensa da Sanidade Pública.

Contra a Privatización da Sanidade Pública, contra o deterioro dun servizo público esencial, contra a perda e precarización dos postos de traballo. Por unha sanidade pública, gratuíta e de calidade.

Hoxe dende o ambulatorio Fontenla Maristany na praza de España, convido a participar a tódolos traballadores e traballadoras da sanidade e a todos/as os/as usuarios/as na manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, porque aínda estamos a tempo de parar esta agresión a un dos pilares básicos do estado de benestar, o que non defendamos agora, no futuro ímolo lamentar, pero daquela xa será demasiado tarde.
Comentarios (0) - Categoría: privatización da sanidade - Publicado o 12-04-2010 14:02
Queres comentar ou preguntar algo?
o persoal de Pontevedra tamén se bota á rua co berro de NON Á PRIVATIZACIÓN

Onte ás 20 horas, convocada pola xunta de persoal e todos os sindicatos con presenza nela, saia a manifestación en defensa da sanidade pública e contra dos intereses de privatizar do Partido Popular, a ela acudiron preto dun milleiro de traballadores e traballadoras desta área de saúde, á que acudimos solidariamente varios membros da sección sindical de CIG-Saúde O Barco como xa fixemos anteriormente nas duas manifestacións celebradas en Vigo.
Iso sí botamos en falla representantes doutras áreas, ante un tema tan grave como é a pretensión do governo de finiquitar a sanidade pública, temos que estar unid@s.

Lembramos que en Pontevedra o próximo venres 16 celebrarase unha nova manifestación, esta vez convocada pola plataforma en defensa da sanidade pública; pero antes, o domingo 11 de abril as 12 horas sera á plataforma en defensa da sanidade publica de Ferrol quen sairá á rua.
Comentarios (0) - Categoría: privatización da sanidade - Publicado o 08-04-2010 16:34
Queres comentar ou preguntar algo?
En defensa dos servizos públicos
As políticas económicas e sociais deseñadas e aplicadas polo sistema económico neoliberal, como é sabido, procuran a privatización e mercantilización de todo o que é público e aproveitan a actual crise económica para acelerar o desmantelamento ou privatizar, aínda máis, os servizos públicos.

O goberno do Partido Popular está aplicando políticas o máis ultraliberais posíbeis, reducindo o gasto público na educación, na sanidade e nos servizos sociais, e desviando cantidades inmensas de diñeiro público para o negocio privado, mediante o incremento dos concertos ou a privatización de diferentes servizos.

Resulta inaceptábel a abusiva privatización da xestión de diferentes servizos que os concellos están levando a cabo. Son cada vez mais os servizos que se privatizan ou se xestionan a través de concesións, de cesións ilegais de traballadores ou a través de asistencias técnicas.

A deriva neoliberal de adelgazamento da propia administración é constante e permanente. Así un ano máis, o goberno central do PSOE, mediante a Lei de orzamentos do estado, restrinxe a oferta pública de emprego en moitas áreas da administración e impide, así, cubrir diferentes servizos mediante a xestión directa. Isto implica reducir o emprego e empeorar servizos prestados, xa que ese traballo será realizado mediante empresas privadas subcontratadas ou asistencias técnicas que procurarán abaratar custes para obter o maior beneficio posíbel en detrimento do servizo e precarizando as condicións laborais.

A aposta pola privatización e mercantilización de todo tipo de servizos públicos implica diminuír a calidade do servizo ou prestación e precarizar e reducir o emprego. A empresa privada pretende o máximo beneficio co mínimo custe, a conta do rebaixe da calidade do servizo da redución do persoal, de baixos salarios, contratos temporais e precariedade laboral dos seus traballadores e traballadoras. Non hai mellor proposta para defender o público fronte ao privado que ampliar a xestión directa dos servizos e non recorrer a órganos ou empresas con menos garantías para prestar o servizo e con traballadores/as que teñen os seus dereitos laborais reducidos.

Non hai sociedade do Benestar nin xustiza social sen uns servizos públicos universais de calidade, xa que significan unha garantía para reducir as desigualdades sociais e reforzar a cohesión social. A súa calidade e eficiencia soamente é posíbel mediante a xestión pública, xa que esta busca exclusivamente o ben público e social. O público é garantía de calidade, o privado é negocio e beneficio.

Resulta inxustificábel que, neste momento de crise motivada pola aplicación de políticas neoliberais, se liquiden servizos, se despidan traballadores e traballadoras e se deixe de atender sectores sociais máis desfavorecidos que sofren de xeito máis duro as consecuencias desta situación. Por iso, rexeitamos o desmantelamento das oficinas I+B co despedimento de 61 traballadoras/es, a privatización dos centros de día e a pretensión de eliminar o carácter público do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar,como instrumento de xestión interadministrativa entre a Xunta e os entes locais para o desenvolvemento de servizos sociais comunitarios específicos comarcais acaídos ao País, asi como a entrega total á empresa privada de SOGASERSO, destinada a xestionar as Residencias de maiores.

A aposta do Partido Popular pola mercantilización do ensino, lévaos a privilexiar modelos educativos retrógrados mediante concertos educativos que segregan o alumnado por razón de xénero. A Xunta destina 259 millóns de euros, o 11% dos orzamentos de Educación, ao ensino privado, mentres o ensino público continúa con carencia de profesorado e de recursos suficientes para facer fronte ao fracaso escolar e non garante a demanda de prazas escolares de 0 a 3 anos. Esta xenerosidade do PP coa patronal do ensino concertado contrasta coa redución do orzamento da Consellaría de Educación, coa supresión da gratuidade dos libros de texto, coa negativa a reducir o número de alumnado por aula, a universalizar o servizo de comedores escolares e á gratuidade das actividades extraescolares.

A redución dos orzamentos dedicados á sanidade pública para o ano 2010 constatan a continua aposta polo financiamento da sanidade privada coa introdución do modelo de financiamento privado de obra pública para a construción do hospital de Pontevedra e Vigo que veñen a completar a privatización de numerosos servizos que hoxe xa están externizados. As listas de espera fanse insufríbeis e intolerábeis, os servizos sanitarios teñen múltiples deficiencia e carencias, mais isto non lle impide á Xunta amortizar prazas e perpetuar a precariedade laboral. A aposta pola sanidade pública comporta impedir que a saúde se converta nun negocio, ter control público, garantía e calidade.

Un capítulo á parte é a privatización e eliminación dos servizos ás explotacións agrícolas e gandeiras. As oficinas de asesoramento e de apoio ás explotacións comarcais sufriron dende hai anos recortes de persoal e de medios, perdendo o seu carácter de dinamizadoras para quedarlles encomendada só unha parte dos trámites burocráticos.

Mención à parte merece o desmantelamento da empresa pública SEAGA, privatizando a xestión agroforestal e encomendando a empresas privadas a extinción de incendios forestais, atención veterinaria, atención telefónica ao agro, etc, que comportaron o despedimento de máis de 2000 traballadores/as. Así mesmo persiste unha total incerteza na extinción de incendios de cara ao verán onde traballan arredor de 2000 persoas. Así mesmo ficaron paralisados os proxectos UXFOR e o BANTEGAL actúa co mínimo persoal.

A xestión privada tamén se apoderou dos parques comarcais de bombeiros. Desde as administracións non se rescata ningunha privatización e continúase coa vontade de que todos os que abran de novo sexan de xestión privada.


PERANTE ESTA GRAVE SITUACIÓN

ESIXIMOS:

 A mellora, reforzo e ampliación dos servizos públicos, creando emprego e transformando o temporal en estábel. Ampliación da propia administración pública como proposta de defensa do público fronte ao privado.

 A revogación progresiva dos concertos estabelecidos coas empresas privadas, nomeadamente no ensino e na sanidade, e absorción e prestación destes servizos directamente pola administración correspondente.

 A supresión de todas as fundacións constituídas para xestionar empresas, institucións ou órganos públicos, integrándoas na administración correspondente. Absorción paulatina dos servizos privatizados das diferentes administracións e supresión das asistencias técnicas.

 A eliminación da restrición da oferta de emprego imposta polo estado na Lei de Orzamentos. As Administracións galegas (autonómica e local) terán plenas competencias para, previa negociación coas OOSS, crear e ofertar o emprego necesario.

 A defensa inequívoca do ensino público, dotándoo de maiores orzamentos e suprimindo os concertos educativos.

 O mantemento e extensión das Galescolas como modelo educativo público galego para a educación infantil de 0 a 3 anos. A Administración ofertará prazas suficientes de 0 a 3 anos, na rede pública.

 A ordenación e o incremento da oferta de ciclos formativos no ensino público, satisfacendo a demanda existente para facilitar o emprego e o desenvolvemento daqueles sectores estratéxicos do tecido industrial e produtivo galego. Eliminar os concertos educativos na formación profesional

 A dotación de profesorado suficiente nos centros públicos para satisfacer as necesidades educativas dos centros, reducir a ratios, atender a diversidade, prever e actuar contra o fracaso e o abandono escolar e acadar a máxima calidade posible. Dotación, en todos os centros públicos, de administrativos e de coidadores, educadores sociais e outros profesionais nos que sexan necesarios.

 Acceso en todo o territorio a un ensino público de calidade, paralización da supresión de servizos e recuperación dos mesmos, nomeadamente no medio rural (escolas unitarias, unidades educativas, ciclos formativos...)


 O fornecemento de servizos complementarios necesarios, nomeadamente de comedores escolares, a todos os centros educativos públicos. Garantiráselle a gratuidade a todo aquel alumnado con escasos recursos. Así mesmo, a Administración facilitará a gratuidade e universalidade das actividades extraescolares nos centros públicos. Restabelecemento da gratuidade dos libros de texto a todo o alumnado do ensino infantil e obrigatorio.

 A dotación orzamentaria que permita acadar un sistema sanitario público de calidade, garantindo á poboación os principios básicos de universalidade, gratuidade e equidade no acceso ao sistema. Os orzamentos do ano 2010 para sanidade implican o seguinte: en Atención primaria un 4,2% menos, en Persoal un 3,5% menos e en Equipamentos un 2,5% menos. Con esta anemia orzamentaria só se pode esperar un empeoramento da Sanidade pública

 Unha defensa activa do sistema sanitario público. Rexeitamos a actual política de concertos coa sanidade privada, que ten como máxima pretensión crear unha confusión entre a sanidade pública e privada: incumprimento da Lei de incompatibilidades e do traballo en réxime de exclusiva. Exiximos o cumprimento do Plan de Mellora de Atención Primaria e o Plan de Saúde Mental.

 O rexeitamento de calquera intención de introducir no sistema sanitario público os modelos de iniciativa de financiamento privado (que implican segundo a OMS unha redución de camas do 30% e unha redución do persoal sanitario, médicos e enfermeiras do 38%, datos xa contrastados) onde estes modelos xa están funcionando. Exiximos que o plan directorio de infraestruturas sanitarias se financie integramente con fondos públicos, tanto na construción como na xestión destes: hospitais de Vigo e Pontevedra, posta en funcionamento do hospital de Lugo, construcións dos centros de saúde e as obras de adaptación nos distintos hospitais.

 A igualdade territorial dos recursos sanitarios e a paralización do proceso de supresión de areas sanitarias consolidadas (Barco, Monforete, A Mariña, Ferrol...) Implantación das medidas que permitan corrixir os problemas de acceso á atención sanitaria, en particular ás listaxes de espera para diagnóstico e tratamento cirúrxico, que é o problema máis grave da sanidade pública e un indicador claro do deficiente funcionamento do sistema.

 Un servizo público de servizos sociais que atenda e cubra as necesidades de poboación galega, asentados na prevención, na atención integral a persoas e enmarcados nun sistema público galego de servizos sociais. Sistema público galego que cubra as necesidades do conxunto da poboacións galega.

*Desenvolvemento da Lei 13/2008 do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia en vigor dende o 18 de marzo de 2009 na que se define aos servizos sociais como un sistema público de servizos, constituíndose no 4º piar do benestar xunto coa educación, a sanidade e a seguridade social; recoñece o dereito aos servizos sociais como un dereito subxectivo das persoas, do conxunto da poboación, e obriga a incluír nos orzamentos anuais da Xunta e das entidades locais as partidas necesarias para o financiamento do sistema galego de servizos sociais.

A consolidación dun sistema público galego de servizos sociais que garanta os equipamentos precisos para acadar uns servizos que cubran as necesidades sociais do conxunto da poboación galega ? servizos aos que temos dereito, vivamos onde vivamos- co obxectivo de favorecer a cohesión social do país, reforzando os vencellos sociais e combatendo os procesos de desestruturación territorial e social, abordando, tanto as situacións de falla de autonomía persoal, como as de pobreza e exclusión social ou nas que existan menores en conflito ou desamparo.

A consolidación dos servizos sociais comunitarios dirixidos ao conxunto da poboación dun territorio determinado que teñen un carácter predominantemente local, baseado no desenvolvemento de accións preventivas, de atención integral a persoas e familias e de incorporación social e laboral, enmarcados no sistema público galego de servizos sociais estruturado en rede e coordinado cos outros servizos para o benestar: de saúde, educación, emprego, vivenda, migracións, etc.

 Un servizo de correos público galego, xa que o servizo de correos é algo necesario para impedir que o mundo rural se sinta discriminado e se poida revitalizar

 O rescate e ampliación da xestión pública en servizos que foron ou están sendo privatizados nas administracións locais como a limpeza, abastecemento de auga e depuración, parques e xardíns, escolas infantís, servizos socioculturais e administrativos, servizos provinciais de emerxencia, parque comarcais de bombeiros.


 O restabelecemento da xestión pública dos servizos que prestaba SEAGA e SOGASERSO.

 A revitalización e dotación de persoal e medios ás Oficinas Agrarias Comarcais para que volvan prestar todo tipo de servizos de asesoramento, incluído o aconsellamento, e tramitación ás explotacións, rescatando todos os servizos que xa foron privatizados

 O rexeitamento total ás recentes decisións de eliminar servizos e postos de traballo nas entidades públicas e ao traspaso de tarefas tan importantes como os traballos de prevención de incendios a empresas privadas sen ningún tipo de control.

 A xestión directa da administración en todo o relacionado coa á sanidade animal e vexetal, que só se realizarán con garantías se non están sometidas a intereses privados e particulares e se asumen dende a Administración Pública.

 Artellamento duns servizos de transporte público no medio rural acorde coas necesidades existentes, mantendo e mellorando o que xa existe, recuperando liñas, e ampliando horarios, tanto de autobuxes como de tren.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2010
Comentarios (0) - Categoría: privatización da sanidade - Publicado o 06-04-2010 13:21
Queres comentar ou preguntar algo?
manifestacións en defensa da Sanidade Pública

PONTEVEDRA

Os sindicatos CSIF, CEMSATSE, CIG, OMEGA, SAE, UGT, CCOO e USO, integrantes da Xunta de Persoal da Área Norte de Pontevedra veñen de convocar unha Manifestación para o día 7 de abril de 2010, ás 20,30 horas con saída diante da Porta Principal do Hospital Provincial(rúa Loureiro Crespo), pasando polas ruas Benito Corbal, Peregrina, Oliva , Rosalía de Castro, Gagos de Mendoza, Xeneral Rubín e rematando diante do Edificio da Xunta de Galicia en Campolongo, co lema:

SANIDADE PÚBLICA 100%

EN DEFENSA DOS POSTOS DE TRABALLO


esta manifestación servirá de antesala para a do venres 16 tamén en Pontevedra.

FERROL

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, da que forma parte a CIG, diante do grave deterioro ó que se está sometendo á Sanidade Pública, á falla de compromiso coa Área Sanitaria de Ferrol que ten a Xunta de Galicia e ante as medidas privatizadoras do Partido Popular respecto da Sanidade Pública, convoca para o vindeiro día 11 de abril unha Manifestación Comarcal; a cal agardamos que reflexe na rúa o descontento e o rexeitamento destas medidas por parte do conxunto da cidadanía da comarca. A manifestación partirá ás 12 do mediodía do Ambulatorio Fontenla Maristany.

NON Á PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE
A SAÚDE NON É UN NEGOCIO
Comentarios (0) - Categoría: privatización da sanidade - Publicado o 31-03-2010 11:25
Queres comentar ou preguntar algo?
mareas de xente contra a privatización
Recollemos o artigo de CIG-Saúde Vigo sobre a gran mobilización de onte en Vigo.

A cidadanía de Vigo di un NON rotundo á privatización do novo hospital de Vigo nunha IMPRESIONANTE manifestación. Mais de 70.000 persoas marcharon dende o cruce de Vía Norte ata o edificio da Xunta.

A marea humana era tal que cando a cabeceira da manifestación chegou ao seu destino aínda non arrancara a cola da mesma, cando se rematou de ler o manifesto e a xente se retiraba a cola aínda estaba no cruce da Gran Vía, era un cruce entre os que ían e os que volvían.

A gran participación da sociedade viguesa mostra deste xeito a concienciación que ten pola defensa da sanidade pública na comarca de Vigo. Vigo non se vende foi unha das frases que berrou a cidadanía nunha das maiores manifestacións mais multitudinarias da súa historia.

O goberno do PP ten que tomar nota e os responsables da sanidade galega teñen que reflexionar sobre a súa capacidade para representar os intereses sanitarios da cidadanía. Vigo xa fixo historia con esta mobilización e converteuse na punta de lanza da loita en Galiza en defensa da sanidade pública. En Vigo foi o primeiro ataque á sanidade pública por parte do goberno do PP e en Vigo comezou a súa defensa.

Algún xornal próximo ao PP como Atlántico Diario, intenta minimizar o éxito da manifestación e fala segundo "se rumorea" (quen rumorea?) menudas fontes de información mais rigorosas, de mesa camilla, dunhas 10.000 persoas. Non hai peor cego que o que non quere ver, as decenas de miles de persoas que alí estábamos sabemos que non éramos 4 ou 5.

Lembramos que as próximas mobilizacións en defensa da sanidade pública serán o día 11 de abril en Ferrol e o día 16 de abril en Pontevedra. A marea humana en defensa da sanidade pública estase expandindo por todo o pais de forma imparable, e Vigo converteuse no símbolo desta loita con esta demostración de forza cívica na defensa dunha sanidade pública, gratuíta e de calidade.

Señores e señoras arrogantes do PP, a rúa e da cidadanía, os guetos para cegos como vostedes. A loita continúa.

Soriano lambón vaite para León.

Pilarita Pilarita a sanidade pública non se quita

VIVA A SANIDADE PÚBLICA E GRATUÍTA


Grande expresión de rexeitamento á política privatizadora do goberno de Feijoo


Milleiros e milleiros de persoas encheron as principais rúas do centro da cidade de Vigo para manifestar con forza o rexeitamento a vontade privatizadora da Consellaría de Sanidade e do goberno do PP da Xunta de Galiza de privatizar a sanidade galega, e concretamente no caso de Vigo, no caso da construción do novo hospital de Vigo. Convocadas e convocados pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública esta mobilizaciónn recebeu moitos apoios, e non só de distintas forzas sindicais, sociais e políticas desta comarca, senón que tamén sumou apoios e solidariedades desde moitos outros recunchos do noso país: Pontevedra, Monforte, A Coruña, e Ferrol, entre outras plataformas que tamén están a mobilizarse na defensa da sanidade pública galega

Desde antes das oito da tarde xa eran moitas as persoas que se xuntaban no cruce de Vía Norte, diante do chamamento desta manifestación en defensa da sanidade pública. Se en outubro eran 15.000 persoas, desta volta todas as previsións ian quedar curtas nunha noite de reivindicación e demostración de forza dunha cidade e dunha comarca que non se rende diante da teimuda política privatizadora do goberno do PP na Xunta.

"Non á privatización"

Estaba marcha ía encabezada por unha pancarta c lema 'A privatización prexudica a túa saúde: hospital público xa', e ao longo desta manifestación houbo canticos, berros e consignas como 'Non, non, non á privatización', 'Xerente dimite, o Chuvi non te admite', 'Conselleira dimisión' ou 'Feijóo, atende, Vigo non se vende'.

Solidariedade das plataformas

Foron moitos os colectivos, e moitas tamén as plataformas sindicias, de traballadoras e traballadores da sanidade pública, mesmo doutras zonas do país como Pontevedra, A Coruña, Ferrol, Monforte, O Barco de Valdeorras ou Compostela que participaron desta mobilización, que colapsou o centro de Vigo durante perto de dúas horas.

Valoración moi positiva

Manuel G.Moreira, presidente da Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo, declaraba diante dos medios de comunicación, ao remate desta mobilización na Praza da Estrela en Vigo, valorou moi positivamente a resposta da cidadania a esta convocatoria, e "pensamos que a Conselleira de Sanidade e o presidente da Xunta teñen que facer unha lectura de que a maioría da cidadanía de Vigo está amosando que non quere esa política para a sanidade de Vigo, e estamos dicindo que non pode privatizar, e que se privatiza é por unha decisión política, e non é unha cuestión de xestión, nin de organización nin económica. A cidadania de Vigo está a dicir que non pode privatizar, que esta non é a política que queremos e este non é o hospital que precisamos".

Acto final

Manuel Martín, portavoz da Plataforma en defensa da Sanidade Pública, tomou a palabra, e agradeceu a presenza de todas as persoas e especialmente doutras plataformas en defensa da sanidade pública porque "é preciso poñerlle freno a esta situación para que non se estenda".

"Tamén saudamos ás traballadoras do Hospital da Cruz Vermella de Vigo que está en proceso de desmantelamento porque entendemos a súa situación e porque Vigo como toda Galiza, precisa camas de longa estancia. A vosa presenza é unha demostración de que hoxe estamos aqui porque coa saúde non se xoga", engadiu.

Por último, lembrou que "é un asunto da maior importancia para toda a cidadanía: a atención futura da nosa saúde. A nosa, que pronto precisará coidados, mais aínda a das nosas fillas e fillos. A elas e eles debemos deixarlle unha Sanidade Pública mellor que a que recibimos das nosas nais e pais. E porque o futuro da sanidade galega ficará en máns da mocidade e ao seu servizo, vaivos ler este manifesto Uxia, unha estudante dun instituto de Vigo, que está nerviosa por ver tanta xente, mais convencida do que este escrito defende".
Comentarios (0) - Categoría: privatización da sanidade - Publicado o 26-03-2010 11:13
Queres comentar ou preguntar algo?
manifesto plataforma en defensa da sanidade pública
MANIFESTO DE DENUNCIA DA PRIVATIZACIÓN DO SISTEMA SANITARIO EN GALICIA
PLATAFORMAS PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA


O actual goberno da Xunta de Galicia pretende deteriorar e privatizar a sanidade pública en Galicia cunha serie de medidas
1.- Restrinxindo o gasto sanitario público
- Reducindo o prepuesto sanitario por primeira vez de en 23 millóns de euros
- Reducindo o investimento sanitario noutros 22 millóns de euros
2.- Reducindo os recurso do sistema
- Ha despedimento en 2009 a máis de 100 médicos especialistas que traballan con carácter interino ou provisional nos hospitais públicos, que emigraron a poldras CCAA, Portugal ou Reino Unido
- Ha paralización da aplicación do Plan de Mellora de AP acordado con todos os sindicatos e organizacións profesionais de AP de Galicia como consecuencia non creou ningunha das 450 prazas orzadas para Atención Primaria o pasado ano 2009.
- Paralización de servizos previstos para os hospitais de Monforte, Burela e Salnés
3.- Paralizando a actividade dos centros sanitarios públicos
- Anulouse a actividade dos hospitais pola tarde (consultas, probas diagnósticos e intervencións cirúrxicas), alegando irregularidades nas peonadas pero desviando esta actividade aos hospitais privados e incrementado as listas de espera de primeria consulta, probas diagnósticas e cirurxía.
- A paralizado o desenvolvemento Plan de Saúde Mental e o Plan da Muller
4.- Propiciando a destrución do sistema público
- Non detido o desenvolvemento Plan Director de novas infraestruturas que tiña previsto investir 1.300 millóns de euros , incluídos o Novo Hospital de Vigo, o Hospital Único de Pontevedra e a apertura do Hospital de Lugo (terminado fai máis dun ano)
- Pretende eliminar as Áreas sanitarias comezando por de Burela, Monforte e Salnés, para poder crear un mercado sanitario a nivel de toda Galicia onde compitan os centros públicos e privados, como fixo o PP en Madrid
- Rompeu todos os acordos cos sindicatos que incluían incentivos como a carreira profesional do persoa, a ampliación do horario dos centros públicos e o mantemento da dedicación exclusiva. Esta medidas ademais xerará descontento e frustración entre os traballadores do sistema e un incremento da conflitividade.
- Ha paralización do desenvolvemento dos instrumentos de participación social
5.-Privatizando as novas infraestruturas sanitarias
- Os Novos Hospitais de Vigo e de Pontevedra, e os novos centros de Atención Primaria vanse a financiar e explotar por consorcios privados e que multiplicarán entre 4 e 6 veces os seus custos
- Esta medida estenderase a todas as obras de de remodelación dos centros os xa existes
Consideramos que os obxectivos desta política están dirixidos a:
- Aforrar gasto sanitario público paralizando a execución dos investimentos xa previstos polo anterior goberno
- Desviar diñeiro público ao sector privado incrementado a concertación co sector privadso (a Xerente do SERGAS foi ata hai pouco a xerente dun hospital do Grupo POVISA) e utilizando a colaboración privada (Concesións de Obra Pública) para financiar as novas infraestruturas, como ante se dixo.
- Deteriorar os servizos sanitarios públicos para xerar un clima de malestar cara a eles entre a poboación
- Eliminar a áreas sanitarias que son instrumentos para asignar recursos en base ás necesidades da poboación e crear así espcios para a competencia público privada
- Potenciar do sector privado como alternativa a un sistema público deteriorado
- Reducir man de obra do sector público e abaratar o custo ao sector privado que se fará cargo do persoal sobrante
As consecuencias xa se están facendo notar
- Incrementáronse espectacularmente as das listas de espera no ano de goberno
- Está crecendo de xeito imparable a frustración e o malestar entre os traballadores do sistema
- Se esta xerando un clima de descredito da sanidade pública
- Mantense a masificación e a falta de capacidade resolutiva da AP
O futuro ou do sistema está en peligo

- Os custos da colaboración privada hipotecará o sistema sanitario público durante anos pondo en risco a súa solvencia, como paso previo ao copago e a redución da oferta de servizos de cobertura pública
- A única beneficiaria desta situación será a sanidade privada colocou aos seus axentes nos órganos de decisión sanitaria da Consellería de Sanidade
As plataformas facemos un chamamento a toda a poboación a reaccionar e oporse a esta política que acabará coa sanidade pública que tantos anos e esforzos ha custade ou levantar o que ademais de dificultar o acceso ao dereitos á saúde de todos os cidadáns e xerará diferenzas sanitarias inaceptables

En Vigo a 18 de marzo de 2010


HOXE ÁS 20 HORAS ACUDE Á MANIFESTACIÓN DE VIGO EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA.
Comentarios (0) - Categoría: privatización da sanidade - Publicado o 25-03-2010 12:51
Queres comentar ou preguntar algo?
xoves 25 de marzo mobilización en vigo pola sanidade
o xoves 25 celebrarase en Vigo unha manifestación en defensa da sanidade pública e en contra da privatización do novo hospital de Vigo. O Persoal desa área está convocado ademais a unha folga nunha xornada que preetende ser histórica para iniciar unha mobilización a nivel de toda Galiza en contra da pretensión do governo popular de privatizar a nosa sanidade.

A manifestación acudirán as plataformas en defensa da sanidade pública de todo o pais, Monforte, Salnés, Burela, Pontevedra, Ourense, Lugo, O Barco e un longo etc.

A xente da nosa área que queira acudir que se poña en contacto con nós para organizar o transporte.

Sexas de onde sexas, se eres usuario ou persoal do SERGAS debes acudir a ela para intentar parar esta agresión contra a sanidade pública, porque despois non vale queixarse

Tedes mais información do que pretende o PP, neste enlace.
Comentarios (0) - Categoría: privatización da sanidade - Publicado o 23-03-2010 12:47
Queres comentar ou preguntar algo?

o blog de eneko
Comentarios (0) - Categoría: privatización da sanidade - Publicado o 09-03-2010 14:12
Queres comentar ou preguntar algo?
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0