CIG-Saúde O Barco






























ecoestadistica.com
CIG-Saúde Barco



Telf: 988 339112



cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 PARA SABER MÁIS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS


Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 16-05-2008 15:04
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
traslados pediatras A.P.
O xoves 15 de maio publicouse no DOG a RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO CONCURSO DE TRASLADOS de Pediatras de Atención Primaria .
para velo preme aquí
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 16-05-2008 14:58
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
alegacións á resolución de elección de destinos
Enviamos unha serie de alegacións á resolución de prazas que se ofrecerán á elección de destino, entre elas as que seguen:

 TER (Técnico Especialista Radiodiagnóstico): Nesta categoría foron convocadas 52 prazas e para destinos só estades ofertando 33 prazas, dende a CIG-Saúde consideramos que se deberían de ofertar tódalas prazas que foron convocadas, xa que iso nos parece que non xeneraría ningun problema e evitaría desconfianzas para os aprobados e para os ceses finais (xa que non ofertando todo parece como si o Sergas decidise de anteman quen cesa e quen non)


 Outra cuestion que nos están preguntando tamén é porque os auxiliares administrativos non se incorporan antes do verán, cando é unha categoría que a día de hoxe está resolta e tamén se podería incorporan a finais do mes que ben. (CIG-Saúde sería partidaria de que todo aquilo que puidese ir agora que fose)


Informarémosvos das repostas que recibamos.
Comentarios (1) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 16-05-2008 14:01
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
publicación baremaciois definitivas
publicación de baremacións definitivas de : Auxiliares Administrativos e Pinches e outra de FEAS pendentes.

puntuacións definitivas da baremación da fase de concurso, obtidas polos aspirantes das categorías do grupo auxiliar da función administrativa e pinche

categorías de anestesioloxía e reanimación, aparello dixestivo, endocrinoloxía e nutrición, farmacia hospitalaria, medicina intensiva, medicina nuclear, medicina preventiva e saúde pública, médico de urxencias hospitalarias, neurofisioloxía clínica, neuroloxía, obstetricia e xinecoloxía, otorrinolaringoloxía, pediatra de atención primaria, psicoloxía clínica, radiodiagnóstico, uroloxía e xeriatría
Comentarios (2) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 16-05-2008 11:30
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 16-05-2008 10:00
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
prazas e eleccion de destino
ista é a resolución das prazas que se ofertarán e a elección de dstino.
podedela ver enteira co anexo de prazas que se ofertan picando aquí

Resolución do 12 de maio de 2008, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, pola que se aproba a relación de prazas que se ofrecen e se cita para o acto de elección de destino aos aspirantes seleccionados no proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde

A base oitava da Resolución da Secretaria Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (DOG nº 156, do 14 de agosto), do 19 de decembro de 2006 (DOG nº 246, do 26 de decembro) e do 22 de decembro de 2006 (DOG nº 247, do 27 de decembro), polas que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, dispón que unha vez recibida pola autoridade convocante a proposta de aspirantes que superaron o concurso-oposición nas categorías correspondentes, procederase á publicación no Diario Oficial de Galicia dunha resolución pola que se aprobe a relación de prazas que se lles ofrecen aos aspirantes seleccionados e o procedemento para elección de destino.
En consecuencia, esta División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional
ACORDA:
Primeiro.- Aprobar a relación de prazas vacantes que se lles ofertarán aos aspirantes seleccionados no concurso-oposición de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde nas categorías de calefactor/a, conductor/a, fisioterapeuta, grupo administrativo, lavandeiro/a, pasadora de ferro, pinche, técnico xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico especialista anatomía patolóxica, técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da
información, técnico especialista laboratorio, técnico especialista radiodiagnóstico, técnico especialista radioterapia, técnico especialista hixienista dental, telefonista, terapeuta ocupacional e matrón/a indicándose a localidad e institución sanitaria onde se ubican as prazas ofertadas.
As prazas que se ofertan corresponden sempre a prazas básicas da correspondente categoría, de acordo co establecido no artigo 17 do Decreto 206/2005, de 22 de xullo.
Segundo.- Convócanse todos os aspirantes seleccionados para que nun único chamamento e acto elixan obrigatoriamente destino definitivo pola orde de puntuación alcanzado no concurso-oposición con preferencia a favor dos aspirantes que accederon pola quenda de promoción interna.
Terceiro.- O acto de elección de destinos celebrarase no edificio administrativo do Servizo Galego de Saúde, sito en San Lázaro s/n de Santiago de Compostela, coa seguinte distribución de categorías:
Día 23 de maio de 2008, ás 11 horas: técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información, calefactor, conductor, telefonista, técnico especialista en anatomía patolóxica e citoloxía e hixienista dental.
Día 23 de maio de 2008, ás 12 horas: técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, terapéuta ocupacional e técnico especialista en radioterapia.
Día 23 de maio de 2008, ás 13 horas: lavandeira e pasadora de ferro.
Día 24 de maio de 2008, ás 9,30 horas: grupo administrativo; ás 10,15 horas: pinche, aspirantes cuia puntuación total esté comprendida entre 117 puntos e 94 puntos; ás 12,15 horas: pinche, aspirantes cuia puntuación total esté comprendida entre 93,99 puntos e 76 puntos.
Día 26 de maio de 2008, ás 16 horas: TEL; ás 17,15 horas: TER; ás 18,30: enfermeira especialista en xinecoloxía e obstetricia; ás 19,15 horas: fisioterapéuta.
Cuarto.- O dito acto de elección someterase ás seguintes regras:
a) A solicitude que formulen os aspirantes será vinculante e irrenunciable.
b) Deberán comparecer provistos do documento nacional de identidade ou outro documento que concrete de modo fidedigno a súa personalidade.
c) Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas provistas de poder suficiente.
d) O aspirante seleccionado que non opte por un destino, no prazo e de acordo ao procedemento establecido, non poderá ser nomeado, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. En todo caso, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non elección de destino.
e) Pola capacidade do recinto e con motivo de facilitar a axilidade na elección, poderíase limitar a presenza de persoas que acompañen ao aspirante no propio acto da elección.
Quinto.- Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima da convocatoria. Santiago de Compostela, 12 de maio de 2008.
Antonio José Fernández Paniagua, DIRECTOR XERAL DA DIVISIÓN DE RECURSOS HUMANOS E DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE.
Comentarios (3) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 16-05-2008 09:50
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
cronograma SERGAS
ista é a información que nos envia o SERGAS

Achégase resolución desta División pola que se publican as prazas que serán ofertadas aos aspirantes que superaron a OPE 2006, e se lles cita para o acto de elección de destino. Esta resolución será publicada no DOG do día 20 de maio, polo que, dada a premura de tempo, rógase a máxima difusión posible nos taboleiros de anuncios dese centro e entre o persoal afectado.

O anuncio será igualmente colgado na páxina web mañá día 16 de maio.

Nos días da vindeira semán, serán publicadas as resolucións pendentes de superación da OPE das categorías que están pendentes, especialmente de facultativos. Igualmente se publicarán as baremación provisionais de celador, P.S.X e cociñeiro. Quedan, polo tanto, pendentes Médicos de Familia, ATS/DUE e Auxiliar de Enfermaría que aínda se están baremando (calculamos que se publicarán antes do verán).

Pola súa parte para o grupo técnico e o de xestión da función administratiava abrirase o prazo para a presentación dos méritos.



As tomas de posesión das categorías que elixirán praza segundo o disposto na resolución que se achega, calcúlase que se producirá a partir do día 5 de xuño ( tanto de OPE como de concurso), xa que calculamos que a resolución cos destinos elixidos será publicada no DO G do día 4 de xuño, e polo tanto, a partir do día seguinte, comenzan os prazos posesorios.



Nos próximos días, e por este mesmo medio, se enviará unha resolución, que esperamos sexa publicada no DOG do 26 de maio, na que se ofertarán as prazas para os facultativos e se lles citará para o acto de elección de destino, que se celebrará previsiblemente os día 30 e 31 de maio. Estas categorías de facultativos está previsto que tomen posesión a partires do 10 de xuno, xa que esperamos que a resolución cos destinos elixidos, sexa publicada no DOG do día 9 de xuño.

De acordo co anterior todas as categorías, excepto as que logo se relacionarán, tomarán posesión, tanto OPE como concurso de traslados, durante o mes de xuño.

Destes prazos, quedan excluídas as seguintes categorías, que tomarán posesión sobre outubro:

- Médicos de Familia

- ATS/DUE

- Auxiliar de enfermaría

- Cociñeiro

- Celador

- P.S.X

- Grupo auxiliar da función administrativa.

Polo que respecta as categorías do grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa, en función do tempo que sexa necesario para a súa baremación, decidirase se a toma de posesión se realiza antes ou despois do verán, aínda que previsiblemente non sexa posible facelo antes de verán.

Polo que se refira a pediatras de atención primaria, estase a valorar a oportunidade de facer a súa toma de posesión antes o despois do verán. En calquera caso, nestes días será comunicada a decisón que se adopte.

Por último e polo que se refire Psiquiatría, tense dedicido que a toma de posesión do concurso sexa realizada nos mesmos prazos que a do resto de facultativos, dado os prexuízos que se poderian ocasionar as lexítimas expectativas do persoal fixo que ten acadado destino no mesmo.
Comentarios (18) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 16-05-2008 09:38
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ACORDOS : UAP e PACs - VOLUNTARIEDADE
O día 14 de maio celebrouse a reunión da comisión de seguimento dos acordos de atención Primaria para tratar de rematar a resolución que regula o procedemento de voluntariedade. A reunión anterior celebrarase o dia 16 de abril e dela saíra un documento “definitivo”. Pese á urxencia do tema, o SERGAS tardou case un mes en convocar esta reunión para pechar o procedemento e as xerencias executen as instruccións..
CIG-Saúde manifestoulle á administración o malestar polo retraso na aplicación dun aspecto tan importante dos acordos de primaria como é o tema da voluntariedade, e se dificulta de feito acadar o obxectivo de lograr a máxima voluntariedade posible no persoal facultativo, ademáis de executalo en datas pre-vacacionaís. Tamen preguntamos sobor da públicación dos acordos en DOG, manifestando a administración descoñecemento de cando sairán, nin unha data aprox., a CIG reiteramos unha vez máis a nosa demanda para que se envien o DOG despois dos tramites necesarios urxentemente, e a súa aplicación inmediata, poís non estamos dispostos a consentir retrasos innecesarios por unha extrema lentitude e eneficacia alarmante do propio SERGAS.
Tamén solicitamos que se puxera unha data para a reunión técnica sobre elaboración das carteleiras dos PACs, que finalmente quedou fixada para o Mércores 21 de maio ás 11:00 horas

Texto Definitivo do procedemento de voluntariedade acordado na comisión de seguimento do 14 de maio.

Ligazón: Preme texto definitivo
Comentarios (2) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 15-05-2008 19:08
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Albergaría
hai uns meses falábamos sobre Albergaría, un pobo do concello da Veiga asolagado cando se fixo o encoro de Prada, hoxe atopamos en Vieiros a seguinte reportaxe.

Medio século despois A Albergaría volve saír a flote

Os veciños dunha aldea do municipio da Veiga que desapareceu pola construción do encoro reviven a súa historia constituíndo unha asociación.

Un 14 de maio de 1958 as augas comezaban a asolagar as terras da Albergaría, no municipio valdeorrés da Veiga. Seiscentas persoas deixaran atrás as súas casas para deixarlle sitio a un encoro programado polas autoridades franquistas. Precisamente, pouco máis de tres anos despois, en setembro de 1961 o ditador, acompañado da súa dona, Carmen Polo, inaugurou o encoro de Prada, propiedade da empresa Hidroeléctrica Moncabril.

Mais a memoria non hai xeito de pechala baixo a auga. E aínda que as casas e os agros quedaron asolagados, os veciños que un día tiveron que deixar todo atrás nunca esqueceron cal era a súa patria pequena. Un exemplo é que cada 15 de agosto os veciños celebran a festa patronal á beira do río Xares, algo que tamén fan os que tiveron que marchar para Bos Aires.

Quizais por iso mesmo, este mércores cando se cumpren exactamente cincuenta anos do éxodo, A Albergaría volve a rexurdir. Un grupo daqueles exiliados forzosos e dos seus descendentes constitúen no Barco de Valdeorras a Asociación Cultural da Albergueiría-Oleiros (A.C.A.O)

A asociación nace para que nunca morra na memoria aquel lugar e as xentes que o poboaron. Como explican os estatutos do novo colectivo que acaba de nacer, a misión é transmitirlle a lembranza dun pobo que xa non aparece nos mapas.

Poden ampliar información nesta páxina.


Comentarios (1) - Categoría: lembranzas - Publicado o 15-05-2008 18:00
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
resolución definitiva traslados varias categorías
Publícase hoxe no DOG por fin a resolución definitiva de traslados das categorías de:

ATS/DUE
auxiliar de enfermaría
celador
grupo auxiliar da función administrativa
persoal de servizos xerais
pediatras de atención primaria

Podedes consultar a resolución aqui.
Comentarios (11) - Categoría: traslados - Publicado o 15-05-2008 09:35
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
sobre OPE




este é o correo que nos chega do SERGAS con respecto á OPE no que se nos informa que intentarán facilitarnos un cronograma esta semana.

espero nesta semana poder enviarvos un calendario das próximas publicacións, así como dos actos de elección de prazas dos aspirantes aprobados, así como das prazas que imos ofertar aos aprobados.
Comentarios (24) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 14-05-2008 09:50
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
o problema da silicose da pizarra na revista interviu
Silicosis Valley

Cientos de trabajadores están afectados por silicosis en el valle orensano de Valdeorras, pero muchos de ellos no lo saben todavía. Un informe que maneja la Xunta de Galicia alerta de la presencia de esta enfermedad en el 6,3 por ciento de los 4.000 operarios que manipulan pizarra en esa comarca.

Reportaje por: Luis Miguel MONTERO
Fotografías por: Fernando CÁRDENAS 12/05/08


El valle de Valdeorras no respira buen ambiente. Desde hace unos treinta años el hombre ha ido dejando en sus montañas unas heridas grises tras arrancar de sus entrañas un rico mineral, la pizarra, que después de ser cortado, tratado y embalado se destina a cubrir los tejados y forrar las casas de sus vecinos del norte, sobre todo británicos, franceses y alemanes. Uno de los que más tiempo han pasado labrando el monte es Ceferino Hernández, de 52 años. “Comencé a trabajar en la pizarra con 14 años y hasta la jubilación sólo fallé durante la mili”, afi rma con orgullo.

Más información en la revista interviú
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 14-05-2008 09:10
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
retranca nº 7

retranca lerasnos de morto se non nos les de vivo
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 14-05-2008 00:47
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
concentración diante do SERGAS

Pois como estades a decir mais de un estes dias no blog, tocou a hora de mobilizarse. A tardanza na resolución de moitos temas, como son OPE-traslados, listas e pacto de contrataciois, a reclasificación de grupos, a negiciación de permisos que non queren ter e que está ocasionando moitísimos problemas nos Centros ós traballadores, o que nos tememos vai ser unha longa espera á hora de cobrar os trienios o persoal interino, a reclasificación de grupos etc,etc, pon de manifesto a maquinaria administrativa obsoleta do SERGAS nalgún caso e o seu desprezo polo persoal e ós seus representantes noutros.

por todo iso o próximo martes dia 20 ás 12 horas diante do SERGAS en Santiago os delegados e delegadas de CIG-Saúde de tódalas áreas de saúde levaremos a cabo unha concentración e invitamos a todo o persoal afectado a participar nela.


a xente da área de O Barco que queira participar que se poña en contacto c@s nos@s delegad@s co fin de organizar o transporte.
Comentarios (9) - Categoría: sindical - Publicado o 13-05-2008 10:31
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
en breve sobre OPE
o responsable de OPE de CIG, está intentando porse en contacto dia sí e dia tamén co SERGAS para que facilite datos ou un novo cronograma sobre a OPE, estalle sendo imposible contactar ca persoa do SERGAS que leva o tema, pero hoxe conseguiu os seguintes datos de xente de ese departamento.
auxiliares administrativos: ó parecer aínda deciden hoxe se a sua incorporación será en xuño ou non.
grupos A e B da función administrativa: incorporaranse no mes de xullo probablemente,

esperamos ter un novo cronogramaéntre hoxe ou mañá, iso a lo menos é o que nos dixeron, veremos se é certo.
Comentarios (19) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 13-05-2008 10:15
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
carreira profesional facultativos
Resolución que abre prazo do grao IV dos licenciados sanitarios.

Ligazón: Preme aqui

Borrador grao III facultativos ope extraordinaria.

para velo, Preme aqui

O prazo de solicitude rematara o 30 de xuño
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 12-05-2008 14:35
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
tebras
a santa compaña percorre errante tódalas noites os camiños, e visita cada casa na que en breve haberá difuntos, se a veis, marca un círculo no chan, non vaia ser que te leve con ela.
TEBRAS é unha curta sobre a santa compaña.

Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 10-05-2008 12:33
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
baremacion acoplamentos internos HCV
esta mañá acabamos de baremar ó persoal interino e en comisión de servizos para os acoplamentos internos do HCV, deixamovos un enlace onde podedes descargalos e velos, se vedes algún erro notificainolo que o martes revisaremolos e darase paso a sua publicación en intranet.
este de abaixo é o enlace.

http://www.mediafire.com/?yoy09ymhn3i


unha vez na paxina, premede: Click here to start download.. para baixar o arquivo.

lembrade que estes acoplamentos levaranse a efecto en outubro cando se incorpore o persoal con praza.

xa están correxidos os erros que detectamos a auxiliar de enfermaria quedou fora posto que a Dirección informounos que estaba nunha acumulación de tarefas, cando en realidade estaba nunha prevacante, xa está incluida e non hai modificación algua na lista.

Comentarios (4) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 09-05-2008 23:32
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
auxiliares administrativo
temos confirmación por parte da Xerencia de Atención Primaria de Ourense que o persoal auxiliar administrativo, incorporarase na tanda de categorias que se incorporan en xuño.
do resto de categorias aínda non temos mais noticias
Comentarios (18) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 09-05-2008 12:07
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
entrega de sinaturas
onte @s delegad@s de CIG-Saúde de tódalas áreas de saúde, procedimos a dar rexistro e entregar ó SERGAS en Santiago, as sinaturas recollidas entre as auxiliares de enfermaria nos centros de traballoreivindicando o cabio ó grupo C1.

seguiremos cas protestas en defensa do cambio de grupo de auxiliares e técnicos, a próxima como xa sabedes o 23 concentración nos centros de traballo.
Comentarios (3) - Categoría: sindical - Publicado o 09-05-2008 11:54
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis