DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA
O MARTES 10, ÁS 20:00 ACUDE A MANIFESTACIÓN QUE CONVOCA A CIG, POLO DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA.
SAIREMOS DA PRAZA DA PALLOZA
O EMPREGO, OS SALARIOS E AS PENSIÓNS DEFÉNDENSE LOITANDO !!!
COMITÉ DE EMPRESA ATENTO A CORUÑA
Hoxe, ás 17:00 tivemos a reunión mensual do Comité de Empresa, na que se apróvou por maioría absoluta (UGT, CIG, CGT e CCOO), apoiar publicamente ao Comité de SYKES e ao conxunto d@s traballador@s, nas súas reivindicacións, mobilizacións e accións que leven a cabo para garantir os postos de traballo tanto na plataforma da Coruña, como na de Lugo.
A continuación colgamos o comunicado literal do Comité de Empresa de Atento A Coruña.
RESOLUCIÓN DO COMITÉ  DE EMPRESA DE ATENTO CORUÑA
Reunido en pleno ordinario o Comité  de Empresa de Atento Coruña, por unanimidade dos presentes acorda:
-Rechazar rotunda e enerxicamente o despido de case a totalidade dos compañeiros que traballan na Coruña para a empresa Sykes, así como o de tódolos despedidos en Lugo.
-Apoiar publicamente as mobilizacións dos traballadores de Sykes que teñan como fin a paralización dos despidos e o mantemento de tódolos postos de traballo.
-Facer un chamamento á solidariedade da cidadanía da Coruña, e en particular á dos traballadores do Telemarketing, para que participen en cantas accións se convoquen en defensa dos postos de traballo en Sykes.
Comité de Empresa Atento Coruña
A Coruña 3 de Marzal de 2010
MANIFESTACIÓN SYKES
Novo éxito nos paros en Sykes e manifestación até as oficinas de Vodafone para denunciar os despedimentos masivos
A empresa pretende desfacerse de case 500 persoas nos centros de A Coruña e Lugo
Baixo a consigna “polo mantemento do emprego en Sykes, non aos despedimentos, non á deslocalización”, preto de catrocentos traballadores e traballadoras da multinacional do telemárketing participaron nos paros de dúas horas convocados en contra das intencións da empresa de desfacerse de máis da metade do seu persoal. Durante o paro da mañá, que se volveu repetir na quenda de traballo da tarde, traballador@s e delegad@s sindicais desenvolveron unha manifestación que partiu dende ás portas de Sykes até as oficinas que Vodafone ten situadas en Agrela, dificultando a circulación do tráfico en boa parte do polígono industrial.
Paros e manifestación en Sykes
Os paros desenvolvéronse entre ás dez e ás doce do mediodía e entre ás cinco e as sete da tarde, afectando ás dúas quendas de traballo. Ademais realizouse unha marcha até as oficinas principais de Vodafone na cidade, onde o persoal permaneceu concentrado durante unha hora, para denunciar a deslocalización dos servizos da empresa de telefonía a países de América Latina. Nas mobilizacións desta mañá, que terán continuidade todos os martes de marzo, participaron tamén os deputados do BNG Henrique Vieitez e Carlos Aymerich.
Fins dos contratos por obra e expediente de regulación
O pasado luns 22 de febreiro, a empresa Sykes presentou un expediente de regulación de emprego que afecta a 241 traballadores en A Coruña e a 37 en Lugo, con contratos indefinidos. Sykes tamén pretende despedir a todos os contratados por obra no servizo 1004 de Telefónica, aplicando o artigo 17 do convenio. Isto incrementaría a cantidade de despedimentos até os 350 na Coruña e a 120 en Lugo.
Intervención da Xunta
Dende a CIG demandouse á Xunta que asuma a súa responsabilidade e interveña de xeito inmediato para frear as intencións de Sykes. “A Xunta ten que escoitar este clamor. Estes despedimentos, que afectarán a case 500 persoas, supoñen un pau tremendo para a economía de A Coruña e Lugo. A Xunta ten que paralizalos, porque non hai causas económicas que os avalen, novamente volvemos estar diante dunha pura e dura deslocalización na procura do máximo beneficio empresarial”
A CIG quere denunciar que estes despedimentos son froito dunha decisión empresarial, coa complicidade do goberno central e que nin este, nin a Xunta de Galiza teñen adoptado medida algunha ante a transferencia de datos de clientes de Vodafone e Telefónica, dúas das empresas que teñen contratas campañas en Sykes e que agora van levar os seus servizos a terceiros países. De feito, a primeiros de febreiro a Axencia española de Protección de Datos autorizou a Vodafone a transferir os datos dos seus clientes a países de Latinoamérica.
SYKES GALIZA,…….. ¡¡¡ DESLOCALIZA!!!
O pasado luns 22 de Febreiro, a empresa Sykes presentou un expediente de regulacion de emprego que afecta a 241 traballadores en A Coruña e a 37 en Lugo, con contratos indefinidos. A decision de este ERE, segundo a empresa, é debido a razóns economicas, organizativas e de producción, ademáis da “imposibilidade de chegar a un acordo cos sindicatos” (cousa complicada pois o que pretendía era que se lle aceptaran os despidos fiandose unicamente da súa palabra).
Pero non fica aquí a cousa pois tamén pretenden despedir a todos os contratados por obra no servizo 1004 de Telefónica, aplicando o famoso artigo 17 do convenio. O cal incrementa o número de despidos ata os 350 na Coruña e a 120 en Lugo. E dicir que ESTA EMPRESA PRETENDE DEIXAR SEN EMPREGO A 470 PERSOAS O 31 DE MARZO, e iso sen incluir a outras campañas que segundo a empresa teñen os días contados.
Neste senso os despedimentos e recortes son froito dunha decisión empresarial coa complicidade do goberno central. Dende a CIG queremos denunciar que non estamos ante os efectos da crise, estamos ante unha deslocalización pura e dura por parte de Vodafone e Telefónica coa complicidade do goberno do PSOE.
As transferencias dos datos dos  clientes é o primeiro paso para que se deslocalicen todos os servizos de atención que actualmente se realiza entre outras empresas nas plataformas de telemárketing de Sykes, Atento ou Eurocén na cidade da Coruña. E teñen sido denunciadas unha e outra vez pola CIG sen que a administración da Xunta ou do Estado teñan feito nada por evitalo.
O Comite de Empresa de Sykes convoca UNHA SERIE DE MOVILIZACIÓNS PARA O VINDEIRO MES DE MARZO QUE VOS ANIMAMOS A SECUNDAR.
TODOS OS MARTES ENTRE AS 10 E AS 12 (en quenda de mañá) e entre as 17 e as 19 (en quenda de tarde) diante de Sykes e con desplazamento ate as sedes dos clientes (Vodafone e Telefónica)
Polo tanto animámoste a participar na medida en que poidas nestas mobilizacións, mañá pódeche pasar a ti...
O vindeiro martes, 2 de marzo ás 10:00, e ás 17:00 saída desde SYKES (Work Center da Grela) estaremos loitando polo emprego no sector do telemárketing na Coruña. PARTICIPA CON NÓS!!!!
POLO MANTEMENTO DO EMPREGO NO TELEMÁRKETING
NON AOS DESPIDOS, NON Á DESLOCALIZACIÓN
SIKES
Comezaron as mobilizacións en SYKES contra os despedimentos masivos e a deslocalización da empresa.
SIKES ten intención de despedir a máis de 300 traballador@s do centro de A Coruña.
@s traballador@s de Sykes secundaron os paros e concentracións convocadas pola CIG para  o martes 9 e o luns 15 en contra dos despedimentos masivos previsto pola multinacional, co obxectivo de deslocalizarse. As mobilizacións terán continuidade até que a empresa desista nas súas intencións de despedir a 300 persoas (a metade do actual cadro de persoal) e retome as negociacións para acadar un plano que garanta a continuidade do emprego no centro de A Coruña.
Pouco antes das doce do mediodía comezaban a saír os traballador@s de Sykes, para participar no paro de media hora e na concentración convocada pola CIG en contra das intencións da empresa de proceder ao despedimento da metade do persoal. A imaxe repetíase pola tarde, entre as seis e as seis e media, coincidindo coa segunda quenda de traballo; aínda que nesta segunda concentración se rexistrou unha m
aior participación.
Deslocalización dos servizos
Sykes comunicou o inicio de despedimentos masivos como resposta a unha suposta baixada na contratación dos servizos de atención telefónica que presta a Vodafone, despedimentos que pretende amortizar dun xeito barato mediante baixas incentivadas e que afectarían a 128 persoas.
E xa comunicóu o peche do servizo 1004 de Telefónica, que suporía o despedimento doutras 180 persoas.
A CIG advirte que non vai tolerar ningún despedimento en Sykes e levara a cabo todas as mobilizacións que sexan precisas para garantir a continuidade do emprego. Así mesmo, a CIG esixe a actuación inmediata da Xunta de Galiza diante deste novo abuso.
Pregunta no Congreso
A respecto da seguridade dos datos persoais manexados polas empresas, o BNG, a través do deputado Francisco Jorquera, vén de preguntar no Congreso pola decisión da Axencia estatal de Protección de Datos de autorizar a Vodafone a transferir os datos dos seus clientes a varios países de América Latina, para que poda deslocalizar así os servizos de atención ao cliente. Hai que lembrar que en Galiza estes servizos dan traballo a máis de 700 persoas distribuídos en Sykes, Unísono e Bosch (estas dúas situadas en Vigo), empregos que agora perigan.
O deputado nacionalista lembra no seu escrito que a autorización da AEPD é o primeiro paso para deslocalizar os servizos a países con man de obra máis barata, logo de se embolsar “cuantiosas axudas públicas por instalárense previamente no Estado español”. Por iso, tamén reclamou un cambio urxente na lexislación para que sexa obrigatorio que as empresas conten coa autorización expresa dos/as clientes cando se produza transferencias de datos a terceiros países.
Continuidade das mobilizacións
As accións de protesta continuarán nos vindeiros días. De feito, a CIG xa ten convocados novos paros e concentracións para o martes 23 de febreiro, que afectarán ás dúas quendas de traballo.
TUTORIAS ADSL
TUTORIAS ADSL
O pasado mes de novembro a empresa comezou a facer “tutorías” en ADSL, argumentando que obedecen á intención de mellorar a calidade na atención aos clientes do mesmo, e obter maior satisfacción nos resultados do servicio para co noso cliente, segundo a empresa.
Sabemos que as tutorías non son aleatorias nin seguen un baremo obxetivo e que consideramos abusivo, ilegal, desproporcionado, e consideramos acoso laboral.
Temos constancia de que algúns compañeir@s néganse a que se lle realicen estas tutorías e que solicitan que se lles xustifique este feito por escrito, e a empresa non só se nega, senón que está notificando sancións por escrito por este feito.
Como nós consideramos que estamos no noso dereito tanto de negarnos como de exisilo por escrito, esta Sección Sindical o puxo en coñecemento da autoridade legal competente facendo unha denuncia ante a Inspección de Traballo no mesmo momento no que tivemos constancia destes feitos, no pasado mes de novembro.
Como aínda non temos resposta algunha por parte da Inspección de Traballo, para facer máis forza ante a empresa, o venres día 5 de febreiro aproveitando a reunión mensual do Comité de Empresa, a CIG expúsolle ao resto de forzas sindicais este tema para facelo conxuntamente.
A CGT comunicóunos que eles tamén xa denunciaran o tema coma nós, CCOO e UGT indicaron que non fixeran nada ao respecto pero que de todas as maneiras hoxe martes 9 de febreiro darían unha resposta indicando si apoian a denuncia conxunta ou non, porque tiñan que consultalo.
A resposta de CCOO foi que non faría nada ao respecto e UGT indicou que aínda non o consultara, dando voltas e voltas por non decir claramente que non.
Dende a CIG cremos unha vez máis, que ante estas prácticas abusivas da empresa non podemos permanecer calados. Aínda que a maioría do Comité ( UGT e CC.OO) unha vez máis, parece non darlle maior importancia a estes feitos, esta Sección Sindical non deixará de loitar para que se respeten os nosos dereitos, PESE A QUEN LLE PESE !!!
A Coruña, 9 de Febreiro de 2010
EXITO DA FOLGA NO ENSINO E A MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DO GALEGO
Miles de persoas enchen o Obradoiro para manifestarse “en defensa da convivencia e do galego”
Os estudantes sumáronse masivamente á marcha
A manifestación convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego colapsou Compostela superando mesmo a asistencia prevista pola organización, que cifrou a participación nunhas 80.000 persoas, cunha máis que significativa asistencia de estudantes, que apoiaron masivamente a mobilización. A plataforma cidadá tamén valorou como un éxito o seguimento da folga convocada no ensino, que foi secundada por preto do 90% do profesorado e o estudantado.
Unha marea humana colapsou a cidade de Compostela e a praza do Obradoiro quedou pequena para acoller a todos/as os que, na mañá deste xoves 21 de xaneiro, quixeron proclamar, coa súa presenza, que non están dispostos a retroceder a aqueles tempos escuros nos que o galego era unha lingua proscrita no ensino.
Bases de extinción do galego
O secretario nacional de CIG-Ensino afirmou que esta proposta, á que denominou de “bases para a extinción do galego” é a “agresión máis severa contra o noso idioma nos últimos trinta anos” e denunciou que a consellaría “abandona a normalización lingüística e elude as súas responsabilidades, levando o conflito aos centros, coa intención de crear unha fractura social importante e buscar a desaparición do noso idioma no ensino”.
GRAZAS A TOD@S @S QUE PUIDECHEDES ACUDIR Á MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DO NOSO IDIOMA !!!
FOLGA NO ENSINO O XOVES 21
Folga no ensino o 21 de xaneiro
A CIG rexeita o borrador do novo decreto porque supón unha involución na normalización lingüística e unha agresión ao galego.
CIG esixe a retirada deste borrador e o mantemento do Decreto vixente (124/2007), única ferramenta posíbel para garantir os dereitos das galegas e dos galegos, o cumprimento da Lei de Normalización Lingüística e da Carta europea das linguas que obriga ao goberno galego a poñer os medios necesarios para a aprendizaxe do noso idioma como única medida que garante o cumprimento da Declaración Universal dos Dereitos lingüísticos.
Ante este novo ataque, a CIG-Ensino, como ten anunciado, conxuntamente coa Plataforma Queremos Galego, levará a cabo unha folga no ensino o día 21. Con esta folga xeral do ensino daremos contestación a esta nova agresión coa que o Goberno da Xunta e o seu presidente Núñez Feijóo pretenden reducir os dereitos das galegas e dos galegos e moi especialmente os das xeracións máis novas, reducindo o seu contacto co noso idioma e, deste xeito, o seu recoñecemento como galegas e galegos.
ACUDE A MANIFESTACIÓN DESTE XOVES 21 NA ALAMEDA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA ÁS 11:30. PODES CHAMAR Á CIG (TLF. 981169293) PARA INFORMARTE SOBRE OS AUTOBUSES QUE SAIRÁN DA CORUÑA GRATUITAMENTE.
QUEREMOS GALEGO !
Unha marea humana berra ao unísono en Compostela “Queremos galego!”
Con esta histórica manifestación ponse a primeira pedra para a presentación dunha Iniciativa Lexislativa Popular en defensa da nosa lingua
Galegos e galegas de todas as idades chegados dos máis diversos puntos da nosa xeografía uníanse este domingo 18 de outubro en Compostela para defender o noso máis preciado sinal de identidade: a nosa lingua, o galego. Unha soa voz para manifestar que non estamos dispostos a que se dea nin un paso atrás e para denunciar os ataques dos que estamos a ser vítimas por parte dun goberno que como lembraba un dos portavoces da plataforma convocante Queremos galego, Carlos Callón, non tería razón de ser se a lingua á que tanto atacan non existira.
Dúas veces houbo que repetir o acto de peche da manifestación na Quintana para que os manifestantes puideran escoitar as intervencións dos portavoces da plataforma Queremos Galego. Intervencións nas que se denunciaron os ataques dos que está a ser obxecto a nosa lingua e os galegos e galegas por parte do goberno presidido por Alberto Núñez Feijoo, tal e como se recolle no manifesto.
Un goberno que pasará á historia por ser o primeiro destes 30 anos de democracia que “non respecta a obriga estatutaria de promover e potenciar o uso da lingua propia do país e os seus usos oficiais”.
Un goberno que se gaba de incumprir a legalidade e o propio Estatuto, ao que fixo referencia o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, lembrando que “nós defendemos a aplicación do artigo 5 do Estatuto, que recoñece que a lingua galega é a lingua propia do país e obriga aos poderes públicos a promovela”. Todo o contrario do que se está a facer desde que chegou á Xunta de Galiza Núñez Feijoo. “Defendemos a plena aplicación da Lei de Normalización Lingüística, defendemos a Carta das Linguas”, engadiu Callón quen lamentou que o goberno ignore as recomendacións realizadas polo Comité de Expertos do Consello de Europa que dixo que en Galiza non se está a garantir o dereito a vivir en galego e que demandou dos poderes públicos que se poñan as medidas no ensino, na administración, na xustiza, nos servizos públicos, nos medios de comunicación, para mudar esta situación.
Falo galego porque si, porque me peta
A intervención do intelectual Avelino Pousa Antelo,presidente da Fundación Castelao,foi a máis emotiva. Cos seus 95 abriles, como el mesmo dixo, recolleu a cita de Castelao “se os galegos somos galegos e por obra e gracia da nosa lingua” e nun ton reivindicativo fixo un chamamento a levar “eses bombos que antes tocaban a San Caetano, para non deixalos durmir tranquilos. Pousa Antelo pechou a súa intervención co "eu fáloa porque sí, porque me gosta, porque me peta e quero e dame a gaña", de Celso Emilio.
Iniciativa lexislativa popular
Fran Rei anunciou que, en diante, a plataforma percorrerá as rúas de todas as vilas e cidades do país para recoller sinaturas en apoio da Iniciativa Lexislativa Popular que a plataforma quere presentar no Parlamento de Galiza en defensa da lingua galega e para que, como rezaban moitas das pancartas, non se dea nin un paso atrás.
Manifestación en favor da lingua
A plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO convoca unha gran manifestación en favor da lingua para o vindeiro domingo 18 de outubro en Santiago de Compostela.
QUEREMOS GALEGO nace dun activo proceso de debate e reflexión colectiva arredor da difícil situación que está a vivir a lingua neste momento concreto. A un estado de saúde de por si preocupante, como reflicten todos os estudos elaborados até o momento, únese un elemento non menos grave: as medidas regresivas que no ámbito da lingua ou da cultura está a aplicar o actual goberno da Xunta xa desde os primeiros días da lexislatura.
A plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO aspira a recoller e transformar en enerxía a prol da defensa do noso idioma, elemento central da nosa existencia colectiva, a gran preocupación que a actual política lingüística do goberno galego ten creado en amplos sectores da sociedade, independentemente das súas afiliacións ou simpatías. Instamos ao noso pobo a moverse a favor de aquilo que nos une e identifica, que nos sitúa as galegas e os galegos no mundo no mesmo nivel que as outras culturas do planeta, aquilo que nos fai universais: a nosa lingua.
Facémolo desde a convicción de que a actual situación de retrocesos legais, desprotección dos nosos dereitos lingüísticos ou cuestionamento de consensos básicos arredor do idioma que custou o seu traballo construír non gusta a unha inmensa maioría da sociedade galega, que ama a súa lingua e desexa a súa normalidade.
Plataforma Queremos Galego
ACUDE A MANIFESTACIÓN O DOMINGO 18 NA ALAMEDA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ÁS 12:00h.
AUTOBUSES GRATUÍTOS: SAÍDA DA PALLOZA ÁS 10:00h (anótate na CIG no tlf: 981169293)
BUNGE-ATENTO = TRASLADOS ANULADOS
A Sección Sindical da CIG en Atento, da a noraboa aos compañeiros de Bunge, xa que despois de conseguir que a empresa retirara o ERE, ésta intentou "desfacerse" da empresa na Coruña trasladandoos a Bilbao, Barcelona e Cartaxena.
Debido a loita dos traballadores para garantir os postos de traballo na nosa Comarca, con concentracións, denuncias ante a Inspección e o Xulgado acaba de conseguir que o Xulgado Nº 2 da Coruña, anulase os traslados por improcedentes e obrigando á Bunge Ibérica a recolocar aos traballadores nos seus postos de traballo.
Ante a represión, a
movilización !!!
TODO DEPENDERÁ DO NOSO ESFORZO
Aviso para @s afiliad@s de CIG-Atento
Supoñemos que xa recibichedes a carta informandovos das asembleas pre-congresuais para a 5º Asemblea Comarcal da CIG.
Temos o modelo de candidatura para que o presentedes se queredes ser candidatos para acudir a Asemblea Comarcal como congresistas e ter dereito a votar as candidaturas para a Executiva Comarcal, Secretaria Comarcal e Consello Confederal da CIG. Tod@s @s que estedes interesad@s poñedevos en contacto con nos para recoller un formulario.
Recordade que a candidatura ten que presentarse como moito o dia 6. Podedes presentala tanto na CIG como a calquera delegada da nosa seccion.
Se tedes algunha dubida, poñedevos en contacto con nos.
O pescado está vendido....
Antes de relatarvos o pouco que sucedeu na reunión de onte na Inspección, e debido as criticas que recibimos polo comunicado que sacamos o día 7 de agosto do 2009, e para que non se nos volva a tachar de manipuladoras, queremos aclarar que:
- Cando puxemos en varias ocasións: “O Inspector ratifica o que a CIG expón na súa denuncia [...] “ o que case todos seguramente entendestes, e o que queríamos dicir era que o Inspector non desestimaba as nosas denuncias directamente, senón que tiña que revisar toda a documentación para darnos por escrito a decisión de cada denuncia.
Aclarado isto, que de seguro xa entenderades perfectamente, relatamos o que sucedeu o martes en Inspección.
Modificación substancial: punto pendente da reunión na que o Inspector visitóu Atento.
Fixemos unha denuncia polo proceso de indefidos, no que a empresa discrimina, non aporta a información oportuna ao Comité, e non segue un criterio xusto saltándose a antigüedade,  e pola modificación substancial en PYMES, porque entendemos que:
-A xente que cambiou “voluntariamente” de turno, o fixo ilegalmente, porque non caben acordos individuais nunha modificación substancial colectiva (véase Estatuto dos Traballadores).
-Hai xente que está facendo horarios fóra de banda (por exemplo: 12:00-19:00) que requiren a firma do Comité para facelos legais, e o acordo asinado por Empresa-UGT-CCOO non o reflexa. (Véase Convenio).
CONCLUSION:
O Comité de empresa recibe a notificación por escrito dun horario fóra de banda, e a apertura dun Período de consultas para moficar os horarios en PYMES.
A maioría deste Comité (CCOO-UGT) firmou este acordo, sen importarlle que nel, só falan dun horario fora de banda de 12:00 a 19:00, cando se están facendo máis horarios fóra de banda.
A maioría deste Comité (CCOO-UGT) firmou este acordo, sen importarlle que nel, indiquen que é para 12 persoas, cando hai máis compañeiros que o están facendo sen estar incluídos nese listado.
A maioría deste Comité (CCOO-UGT) firmou este acordo, sen importarlle que nel, non se fala en ningún momento de que se acepta modificar as bandas horarias que especifica o Convenio.
A maioría deste Comité (CCOO-UGT) firmou este acordo, sen importarlle nin posicionarse en contra, cando a Empresa discrimina a traballadoras de PYMES, “castigándoas” sen ampliación a 39 horas. (CGT xa vos informou de que isto, estaba gañado no xulgado).
A maioría deste Comité (CCOO-UGT) firmou este acordo, levando a bandeira da estabilidade e colgándose a medalla de conseguir indefinidos no CAT e en SATE, sen importarlle que este proceso discrimina a traballadoras máis antigas por ter unha reducción de xornada por coidado de fillos, e sáltase ao seu antollo a antigüidade dos compañeiros de obra, para facer indefinidos polo “metodo dixital”
* Tanto este proceso de indefinidos coma o do 11822 (os compañeiros que subiron ao CAT e a SATE) foron “a dedo”, porque se saltaron a antigüidade, pero ... que casualidade ... os dous levaban un delegado de UGT. *
Tíñamos pendente outra denuncia: Sancións.
A notificación das sancións graves ou moi graves, segundo o artigo 71 do Convenio de Contact Center que asinaron Patronal-CCOO-UGT, indica que para “proceder a imposición” das sancións debe comunicárselle aos representantes dos traballadores.
Pero cal é a nosa sorpresa, que só á CIG e á CGT, lle parece mal que o 7 de agosto, a empresa nos comunique as sancións postas dende xaneiro ata agora.
A resposta da empresa foi que as comunica cando lle da a gana.
Cal será a resposta do Inspector??
*Recordámosvos que cando a empresa vos chame ao despacho para impoñervos unha sanción, debedes chamar a un representante sindical, porque a parte de que é contraproducente ir só ao despacho, a empresa fai “chapuzas” e se poden anular as sancións.*
Todo isto, só serve para:
* Modificarlle o horario aos compañeiros de PYMES, asignándolles un fora de banda cando a empresa queira, preavisando cos 7 días de antelación, porque para iso teñen un acordo coa maioría do Comité.
* Inventarse outros horarios fóra de banda a parte do de 12:00 a 19:00, porque para iso teñen un acordo coa maioría do Comité.
* Vender estabilidade na plataforma facendo indefinidos nun servizo, pero saltarse o Convenio e pisotear os dereitos dos traballadores doutro, porque para iso teñen un acordo coa maioría do Comité.
Nesta reunión, coma en todas, e como xa vos comentamos, Luis López volvíu a faltar ao respecto a esta Sección Sindical e a CIG, porque como xa recoñeceu diante do Inspector, para él só existen dous sindicatos en Atento. Sabedes cales son???
Aínda que téñamos que aturar este comportamento por parte da empresa, e en especial de Luís López, seguiremos tocando as p...... denunciando todas as irregularidades que comete Atento.
Reunión Inspector de Traballo - Atento - Comité
Esta reunión é froito da celebrada en Atento o día 4 de agosto, despois de que esta Sección Sindical visitara ao Inspector que temos asignado, debido a denuncias que tíñamos pendentes.
Desta reunión quedan un par de temas "escabrosos" que tanto o Inspector como Luis López, preferiron tratar en persoa e ante a Inspección de Traballo.
É o inimigo???
Tras a visita desta Sección Sindical, o 27 de xullo á Inspección de Traballo para tratar varias denuncias pendentes con J.Iván Fernández Blas (Inspector de Traballo), éste comprometese a visitar o centro o venres 31 de xullo.
Nesta visita o Inspector reune á empresa e aos representantes sindicais presentes no Comité para indicar os temas pendentes e solicítarlle á empresa toda a documentación para unha próxima reunión a celebrar o martes 4 de agosto, e lle indica á empresa que se a documentación non está lista para ese día ou alguén non pode acudir, non tiña problema en retrasala uns días.
O martes día 4 iníciase a reunión ás 10:45, estando presentes representantes de todas as Seccións Sindicais e por parte da empresa Luis López Elena (ao teléfono), Teresa Ramil e Yolanda Seoane.
Os temas que se trataron foron os seguintes:
-Aire acondicionado: Como vos indicamos no seu momento, a petición da CIG, o Gabinete Provincial de Seguridade e Saúde fixo un informe no que lle requería á empresa que fixera unha serie de cambios no aire acondicionado, porque o CO2 superaba os límites.
O Inspector ratifica o que a CIG expón na súa denuncia e lle solicita á empresa os informes destas modificacións e indica que deben facer de novo as medicións. Dille á empresa que hai que facer novas medicións, tanto do Servicio Mancomunado de Telefónica como do Gabinete.
-Limpeza dos filtros do aire: Indicámoslle ao Inspector que a limpeza dos filtros estáse a facer no noso  horario laboral, deixando o aire acendido e sen filtro, mentras estamos traballando, e que as rexillas de entrada do aire non as limpan.
O Inspector ratifica o que a CIG expón na súa denuncia e lle indica á empresa que debe falar coa empresa de mantemento para que a limpeza a faga fora de horario laboral.
-PVD: Dende a visita do Gabinete en novembro do 2007 a empresa ten que poñer unhas bases reguladoras nos monitores para que estes sexan regulables en altura. A empresa non o fixo porque di que o Servicio Mancomunado de Telefónica indicóu que non eran necesarios.
O Inspector ratifica o que a CIG expón na súa denuncia e indica que segundo o Real Decreto si que é necesario, e se o Gabinete o indicóu o teñen que facer.
-Quendas: Durante 15 días, os traballadores do 11822 estiveron adscritos a dúas quendas e con horarios fóra de banda segundo o Convenio.
A empresa non lle notificóu (coma sempre) con antelacion ao Comité este feito.
O Inspector ratifica o que a CGT expón na súa denuncia, indicando que esta notificación tiña que preavisarse con 45 días de antelación, e sempre coa sinatura do Comité para validalos, como indica o Convenio.
-Contrato mercantíl: A CGT solicita o contrato mercantil do novo servicio 2424, xa que entenden que non ten nada que ver co 11822 e só o atenden os traballadores indefinidos.
A empresa indica que non é un servizo novo, porque está dentro do 11822, e cando unha delegada da CIG lle pregunta a Luis López porque só o atenden os indefinidos, éste indica que como a denuncia non é nosa, non ten que responder.
O Inspector revisará a documentación destes servicios para valorar se son o mesmo.
-Formación de PYMES: Indicámoslle ao Inspector o feito de que comezase o servizo de PYMES e os traballadores de NeP pasaran a atender este servizo, e que a día de hoxe aínda haxa traballadores sen formación, co que isto supón para a carga mental, como xa comprobamos nos resultados da enquisa de carga mental que requeríu a Inspectora anterior.
O Inspector indica que no referente á formación a empresa debe ser a máxima interesada en ter aos seus traballadores formados, pero que en todo caso revisará se isto afecta á carga mental.
-Conversión a indefinidos en ADSL e SAT SATE: Tanto a CIG como CGT denunciamos o criterio a seguir para a conversión a indefinidos e a falta de información no proceso, tanto ao Comité como aos traballadores.
En todo momento tanto a CIG como a CGT, deixa claro que estamos dacordo en que se fagan indefinidos, sempre que sexa un proceso claro e que se axuste á legalidade, tanto ao Convenio como ao Estatuto dos Traballadores.
O Inspector indica que segundo o Estatuto, a empresa tiña que informar ao Comité e a os traballadores de todos os servizos, que se iniciaba este proceso para que todos puideramos optar, e indica que os traballadores que se viran discriminados neste proceso deberían denunciar xudicialmente.
Neste punto, e despois de case dúas horas de reunión, Luís López lle recrimina ao Inspector que non foi preavisado con tempo para acudir a esta reunión, e lle solicita que a pospoña.
O Inspector lle indica que non entende a que ven isto despois de dúas horas de reunión, e que agora todo o que está falado e a documentación presentada pola empresa, lle sirve perfectamente para valorar as denuncias pendentes.
O Inspector, despois de aturar que en varias ocasións Luis López lle chamara partidista e lle indicara como facer o seu traballo, recordoulle que lle deu a opción o venres 31 de xullo de posponer  a cita, pero que aínda así accedía a convocar unha nova reunión o martes 18 de agosto para tratar os temas que todavía quedan pendentes desta reunión.
Como en reunións anteriores, tanto a CIG como a CGT, tivemos que aturar faltas de respecto por parte de Luís López, sen ter en consideración o que dicíamos, e incluso dicir que non nos contestaba porque éramos os sindicatos minoritarios, e insinuar que non lle importa a nosa opinión nin aos que representábamos porque somos a minoría do Comité.
Aínda que a CIG temos que aturar este comportamento por parte da empresa e en especial de Luis López, e aínda que non teñamos toda a información que manexan outros sindicatos, seguiremos facendo todo o que esté na nosa man, para denunciar todas as irregularidades que comete Atento.
Solidaridade con BUNGE
BUNGE
A Sección Sindical da CIG en Atento, solidarízase cos compañeiros de Bunge e apoia a súa loita para garantir os postos de traballo na nosa Comarca. A empresa, viuse obrigada a retirar o ERE antes de que a Xunta o anulase, debido a que existe un informe de Inspección de Traballo recomendando a súa anulación. Aínda así os traballadores vense acosados pola empresa,con permisos retribuídos, despidos surrealistas e  traslados a Barcelona, Bilbao  ou Cartaxena.
Aínda que a planta de Bunge na Coruña, só ten 46 traballadores, esta e unha empresa da que depende moitas outras, como as empresas auxiliares que traballaban nela, que xa despediron aos seus traballadores, os transportistas, que xa perderon as viaxes e as conserveiras que utilizan o aceite que se fabrica en Bunge, que teñen que traer o aceite de Bilbao o que significa aumentar os gastos nestes momentos de crise, cas consecuencias que isto pode ter.
Porque nestes momentos todos temos que estar unidos.
Ante a represión, a
movilización !!!
TODO DEPENDERÁ DO NOSO ESFORZO
INDEFINIDOS NO CAT-ADSL E SAT-SATE
Como recordaredes, levamos dende febreiro agardando unha reunión coa empresa para falar do proceso de conversión a indefinidos. Este luns, 29 de Xuño, e por teléfono, comunícannos que farán 20 contratos, 17 no cat-adsl e 3 en sat-sate. Esta Sección sindical na xuntanza do luns preguntou qué criterios se ían seguir para a conversión a indefinidos, e a empresa contestou que serían: traxectoria laboral e antigüidade.
Este proceso ven derivado dun acordo asinado por CC.OO. e UGT con Atento, e que a CIG e CGT non asinaron. A CIG non asinou porque a firma deste acordo pasaba por aceptar unha modificación de horarios en Pymes que non se axustaba á legalidade e porque o proceso de indefinidos no se ía facer segundo o Convenio, véndose claramente que non sería un proceso transparente nin obxectivo.
Onte entregóuselle ao Comité a lista de traballador@s que serán indefinid@s. Observando esta lista e comparándoa co listado de traballador@s de obra destes servizos, vemos que non se sigue o criterio de antigüidade e sáltanse traballadoras das máis antigas que teñen reducción de xornada por maternidade. Este último feito parécenos especialmente grave, dado o grado de protección das persoas con reducción de xornada por maternidade e que por riba son das máis antigas.
ALEGRÁMONOS DE QUE HAXA CANTOS MÁIS INDEFINIDOS MELLOR, PERO DEBE SER UN PROCESO XUSTO E CLARO, CON CRITERIOS OBXECTIVOS E SEN DISCRIMINACIÓN, E POR SUPOSTO, EN TÓDOLOS SERVIZOS.