SECCION SINDICAL CIG ATENTO


SECCION SINDICAL DA CIG EN ATENTO
Espazo da CIG en Atento. Este é o blog d@s delegad@s da CIG na empresa Atento.

CIG ATENTO
cigatento@yahoo.es
 CARPETAS
 RECOMENDADOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

INDEFINIDOS NO CAT-ADSL E SAT-SATE
Como recordaredes, levamos dende febreiro agardando unha reunión coa empresa para falar do proceso de conversión a indefinidos. Este luns, 29 de Xuño, e por teléfono, comunícannos que farán 20 contratos, 17 no cat-adsl e 3 en sat-sate. Esta Sección sindical na xuntanza do luns preguntou qué criterios se ían seguir para a conversión a indefinidos, e a empresa contestou que serían: traxectoria laboral e antigüidade.

Este proceso ven derivado dun acordo asinado por CC.OO. e UGT con Atento, e que a CIG e CGT non asinaron. A CIG non asinou porque a firma deste acordo pasaba por aceptar unha modificación de horarios en Pymes que non se axustaba á legalidade e porque o proceso de indefinidos no se ía facer segundo o Convenio, véndose claramente que non sería un proceso transparente nin obxectivo.

Onte entregóuselle ao Comité a lista de traballador@s que serán indefinid@s. Observando esta lista e comparándoa co listado de traballador@s de obra destes servizos, vemos que non se sigue o criterio de antigüidade e sáltanse traballadoras das máis antigas que teñen reducción de xornada por maternidade. Este último feito parécenos especialmente grave, dado o grado de protección das persoas con reducción de xornada por maternidade e que por riba son das máis antigas.

ALEGRÁMONOS DE QUE HAXA CANTOS MÁIS INDEFINIDOS MELLOR, PERO DEBE SER UN PROCESO XUSTO E CLARO, CON CRITERIOS OBXECTIVOS E SEN DISCRIMINACIÓN, E POR SUPOSTO, EN TÓDOLOS SERVIZOS.


De feito, no mencionado acordo establecese “la posibilidad de realizar contratos indefinidos a los trabajadores de los distintos servicios que se prestan en el centro de A Coruña”. Neste caso os compañeiros de Pymes foron os afectados polos cambios de horarios e este servizo quedou excluído deste proceso.
Comentarios (0) - Categoría: COMUNICADOS - Publicado o 02-07-2009 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
Variacións no noso Convenio
O pasado 12 de maio publicase no BOE un acordo asinado entre CCOO-COMFIA, FES-UGT e a Asociación de Contact Center Española (ACE), no que se derroga (Deixar sen validez [unha lei ou unha parte dela] mediante outra lei, un decreto, unha disposición, etc. (segundo a Real academia galega) o Artigo 55 do Convenio Estatal de Contact Center, que di textualmente:

Art.55.- Acto de repercusión en prezos e competencia desleal.

“Ambas as representacións fan constar expresamente que as condicións pactadas neste Convenio terán repercusión nos prezos dos servizos.
Considéranse competencia desleal, coas consecuencias derivadas da lexislación vixente, as ofertas comerciais realizadas polas empresas que sexan inferiores aos custos deste Convenio. Para estes efectos estimaranse custos repercutibles todos os conceptos económicos que se contemplan neste Convenio.”

Entendemos con isto que a partir de agora elimínase a competencia desleal e calquera empresa que preste servizos de telemárketing pode puxar máis baixo que outras por desenrolar o mesmo traballo.

Como vedes, o Art.55 na súa parte final di expresamente: “ Para estes efectos estimaranse custos repercutibles todos os conceptos económicos que se contemplan neste Convenio.” Como o salario d@ traballad@r é un concepto económico do Convenio non sabemos se isto repercutirá negativamente no salario xa que, loxicamente, se ti cobras menos por un traballo intentarás pagar menos aos teus traballador@s para sacar máis rendibilidade. Un exemplo disto foi o que pasou en Digitex que aplicaba un convenio laboral con inferiores salarios aos do Convenio, porque a empresa e certa representación sindical asinaran un convenio extraestatutario. Finalmente o Tribunal Supremo obrigou a Digitex a aplicar o III Convenio de Telemárketing e a pagar aos traballador@s os atrasos ata completar os salarios do noso Convenio.

CCOO, UGT e a patronal asinaron a eliminación deste artigo, non sabemos moi ben con que fin, pero esperemos que non repercutan en nos as consecuencias.


** Acontinuación tes o acordo publicado no BOE o 12 de maio do 2009 **


BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO
Núm. 115 Martes 12 de mayo de 2009 Sec. III. Pág. 40552
III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO DE TRABAJO E INMIGRACIÓN


Resolución de 24 de abril de 2009, de la Dirección General de Trabajo, por la que se registra y publica el Acuerdo por el que se deroga el artículo 55 del Convenio colectivo estatal del sector de Contact Center -antes Telemarketing-.

Visto el texto del Acuerdo por el que se deroga el artículo 55 del Convenio Colectivo Estatal del sector de Contact Center –antes Telemarketing– (Código de Convenio número 9912145), publicado en el «BOE» de 20 de febrero de 2008, acuerdo que fue suscrito, con fecha 27 de marzo de 2009, de una parte por la asociación empresarial Asociación de Contact Center Española (ACE), en representación de las empresas del sector, y de otra por las centrales sindicales COMFIA-CC.OO. y FES-UGT, en representación del colectivo laboral afectado, y de conformidad con lo dispuesto en el artículo 90, apartados 2 y 3, del Real Decreto Legislativo 1/1995, de 24 de marzo, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley del Estatuto de los Trabajadores, y en el Real Decreto 1040/1981, de 22 de mayo, sobre registro y depósito de Convenios Colectivos de trabajo, esta Dirección General de Trabajo resuelve:
Primero.–Ordenar la inscripción del citado Acuerdo en el correspondiente Registro de este Centro Directivo, con notificación a la Comisión Negociadora.
Segundo.–Disponer su publicación en el «Boletín Oficial del Estado».

Madrid, 24 de abril de 2009.–El Director General de Trabajo, José Luis Villar Rodríguez.

ACTA DE LA MESA DE NEGOCIACIÓN DE CONVENIO COLECTIVO
DE FECHA 27 DE MARZO DE 1999

Citados en tiempo y forma, y
De una parte, en representación de ACE:
Luis López Elena.
Javier Durán.
Cesar García de Vicuña.
Francisco J. Ullate.
En calidad de asesores:
Alicia Moro.
De otra parte, y en representación de:
CC.OO.-COMFIA:
Adela París.
Sofía Castillo García-Parrado.
FES-UGT:
Jesús Sanz González.
Nuria Manzano.
EmmaMéndez
CGT:
Julio Jesús Fuentes González.
Francisco Tomás Rodríguez Guerrero.
Esther Román.
Los sindicatos CIG, ELA y LAB no comparecen.

Reunidos en Madrid, en la sede del Servicio Interconfederal de Mediación y Arbitraje (SIMA), sita en la Calle de San Bernardo, número 20, las personas anteriormente citadas en representación de las organizaciones sindicales y patronal, respectivamente,

ACUERDAN


Conforme a la resolución acordada por el Consejo de la Comisión Nacional de la Competencia en fecha 16 de marzo de 2009, en el Expediente número S/0076/08, la derogación del artículo 55 del Convenio Colectivo de Contac Center publicado en el «BOE» número 44, de fecha 20 de febrero de 2008, y actualmente en vigor, y, asimismo, acuerdan poner en conocimiento de la Dirección General de Trabajo esta derogación, solicitando su registro y publicación en el «BOE».

Además acuerdan también, y conforme a la resolución antes citada del Consejo de la CNC, remitir a la Dirección de Investigación de la CNC copia de la derogación del artículo 55 del Convenio vigente, así como de la solicitud de registro y publicación en el «BOE».
Este acuerdo se suscribe entre la parte empresarial y los sindicatos CC.OO.-COMFIA y FES-UGT.
Comentarios (0) - Categoría: COMUNICADOS - Publicado o 25-06-2009 16:25
# Ligazón permanente a este artigo
VACACIONES DE VERANO ... PARA ...
Onte día 17 de xuño a Empresa convocou ao Comité a unha xuntanza. Por parte da empresa estaban presentes Pilar Rosada, Manuel Prieto, Arantxa (Xerente do CAT e de SAT-SATE e Ricardo (Responsable do CAT) e por parte do Comité dous delegad@s de cada Sección Sindical.

O motivo era pedir a colaboración do Comité para animar aos compañeir@s de ADSL para que colleran as vacacións antes do 31 de agosto e incluso na primeira semana de setembro e o mes de decembro. ¡¡¡ qué capacidade de previsión...!!!

Non entendemos a qué ven esta petición, cando as vacacións son de común acordo entre empresa e traballad@r e ademais, xa hai un mes que a empresa o ofrece individualmente.

Tamén saben as horas que imos estar “libres”, e por tanto, as horas que lles “sobran” incluso concedendo vacacións.

O feito de que hai uns días a empresa xa dixo que no verán non habería chamadas, e que se concederían as vacacións que se pediran antes do 31 de agosto, unido a esta petición de “colaboración” ao Comité, levou a esta Sección a formular a pregunta de se tiña isto algo que ver con informacións sobre despedimentos no CAT. A isto respondeu Arantxa textualmente: “¿Que despidos?” e Pilar lle dixo que había un “rumor” de que sobraban persoas en ADSL, pero que ela xa lle explicara a todo o mundo que en setembro se esperaba un repunte de chamadas.

Tendo en conta todos estes datos, ¿alguén entende algo? ¿Podemos estar tranquilos?

O que está claro é que houbo un cambio radical na estratexia da empresa respecto ao CAT. Por certo, aínda estamos á espera da reunión prometida pola empresa para a conversión a indefinidos...

¿A onde nos levará todo isto? Xa se verá...

Comentarios (0) - Categoría: COMUNICADOS - Publicado o 22-06-2009 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
ENQUISA DO GALEGO
Posición da CIG ante a enquisa do galego no ensino


Nos últimos tempos o galego está recibindo numerosos ataques, rachando o consenso acadado co Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no Parlamento Galego en 2004, e do que a súa legalidade foi referendada por varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O actual Goberno galego ten en marcha unha enquisa trampa que deben responder os pais e nais.
E dicimos que é unha enquisa trampa, xa que para manter o actual 50% debemos contestar que queremos “todo en galego”, sen que isto signifique que optamos por todo o ensino en galego, xa que esta opción non se considera.

Feito este que debemos subliñar: non se consulta nin será posible a opción do ensino 100% en galego, cando precisamente se utiliza o suposto dereito a “libre elección” como argumento demagóxico para abolir o actual decreto.

Por último recomendamos incluír no apartado de observacións da enquisa as seguintes consideracións:

“Desexaría que o ensino fose en galego, unha opción que non recolle esta enquisa.

Estou a favor da aplicación do decreto actual de promoción e uso do galego no ensino, realizado co consenso da comunidade educativa e que emana do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no Parlamento Galego.

Todo o anterior fai que os resultados desta consulta non me parezan lexítimos.”


A Coruña, 17 de Xuño de 2009
Comentarios (0) - Categoría: COMUNICADOS - Publicado o 17-06-2009 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
Veo ... veo ... nada bueno!!!
Como xa vos informamos no comunicado do venres 5, esta Sección Sindical está recibindo de distintas fontes, informacións relativas a despedimentos en ADSL.

Por este motivo, solicitamos unha xuntanza coa empresa para saber se estas informacións son correctas, e se o foran, tomarmos as medidas oportunas.

A empresa nos intenta ocultar toda a información que pode, pero cos antecedentes que hai é inevitable a sospeita. Por elo, estamos facendo todo o que está nas nosas mans para averiguar se vai haber despidos e intentar evitalos.


*Abaixo, vai o escrito de solicitude de xuntanza coa empresa, presentado hoxe.*


A Coruña, 10 junio de 2009


Á/A DEL RESPONSABLE DE RELACIONES LABORABLES DE ATENTO ESPAÑA S.A. Luís López Elena
Á/A. DEL RESPONSABLE DE RECURSOS HUMANOS DE ATENTO ESPAÑA S.A. Iñaki Cebollero


Asunto:Solicitud de reunión .



Por medio del presente escrito, la Sección Sindical de la CIG en Atento solicita una reunión con ustedes, para tratar los siguientes puntos:

1- Conversiones a indefinidos en el centro de A Coruña.

2- Reestructuración de la plataforma de A Coruña, debido a las informaciones de posibles despidos llegadas a esta Sección.
Comentarios (0) - Categoría: COMUNICADOS - Publicado o 10-06-2009 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Veo ... veo ... mamoneo !!!
Non queremos que se nos acuse de alarmistas como xa pasou nos despidos do 11822 e nos traslados a León por parte dalgúns compañeir@s e do resto do Comité, pero cremos que o noso deber é informarvos do que acontece e das informacións que nos van chegando cronoloxicamente.

O día 4 de maio o Comité tiña que reunirse con Luís López ( RR.LL), Arantxa Saldaña, Xerente de Operacións e Carlos Arconada de Pymes para falar da conversión a indefinidos no CAT ADSL.A esta reunión só acude Luís López, para indicar que ésta se celebrará a semana seguinte porque Arantxa e Carlos non puideron vir.

Aos poucos días, compañeir@s de ADSL nos aseguran que, “presuntamente” delegad@s de UGT, dixeron que en xuño haberá 60 despidos no CAT.

Unha semana máis tarde aparecen parte dos directivos de Atento xunto cos de Telefónica, pero non se reúnen co Comité. Escúsanse dicindo que volverán nun par de semanas para celebrar dita reunión. Seguimos esperando...

O martes 3 de xuño indícase ao persoal de ADSL que se piden as vacacións para o mes de agosto serán concedidas, incluso para os que as teñen noutros períodos e as queiran cambiar, compensacións de festivos, días soltos etc, coa única condición de que sexa para gozalas antes do 31 de agosto.
Se ata agora tiñamos que esperar ata o último minuto (legal) para saber se os festivos os libramos ou non, que foi o que cambiou??? Mercou atento a bola de cristal?? Ou vai pasar algo...

Nesa mesma conversa preguntamos pola reunión con Arantxa e compaña e nos responden que para reducir gastos anularon todas as viaxes dos directivos e empregados de Atento e non saben cando virán. Parécenos unha tomadura de pelo porque son moitas as veces nas que as reunións que mantemos coa empresa son por teléfono.

Por qué non queren reunirse co Comité de Empresa para falar d@s indefinid@s e algúns sindicatos teñen información sobre despidos??? Están negociando a espaldas de tod@s???


A Coruña, 5 de xuño de 2009

Comentarios (2) - Categoría: COMUNICADOS - Publicado o 07-06-2009 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
ELECCIÓNS AO PARLAMENTO EUROPEO
PERMISOS PARA VOTAR O 7 DE XUÑO NAS
ELECCIÓNS AO PARLAMENTO EUROPEO


PUBLICACIÓN: Diario Oficial de Galicia (DOG) de 29 de maio de 2009


Orde do 22 de maio de 2009 pola que se regula o exercicio de dereito ao voto das persoas traballadoras por conta allea nas eleccións ao Parlamento Europeo convocadas para o día 7 de xuño de 2009 polo Real decreto 482/2009, do 3 de abril.


NON TES PERMISOS PARA VOTAR


* Se o teu horario de traballo non coincide co de apertura das mesas electorais (9:00-20:00).
* Se o teu horario coincide nun período inferior a dúas horas co horario das mesas electorais (9:00-20:00).
* Se o día das eleccións non gozas dun permiso retribuído ou de descanso semanal.


TES PERMISO PARA VOTAR


* Se o teu horario de traballo coincide entre dúas e catro horas có período de apertura das mesas tes dereito a dúas horas de permiso retribuído.
* Se o teu horario de traballo coincide entre catro e seis horas coa apertura das mesas electorais, tes dereito a tres horas de permiso retribuído.
* Se o teu horario de traballo coincide en seis horas co de apertura das mesas electorais, tes dereito a catro horas de permiso retribuído.
* Se tes xornada reducida efectuarase a correspondente reducción proporcional do permiso.
* Se non te atopas na localidade na que estás censad@, disporás, de ata catro horas libres, de igual maneira que o establecido no artigo anterior.


MEMBR@S DA MESA ELECTORAL

* Se es presidente, vocal ou interventor na mesa electoral tes o día da votación un permiso retribuído pola xornada completa (se non gozas dun permiso retribuído ou de descanso semanal) e unha reducción da xornada de traballo en 5 horas no día seguinte (segundo os artigos: 28.1º e 78.4º da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral).
* Se traballas en quenda de noite no día anterior as eleccións a empresa cambiarache a quenda para que poidas descansar esa noite.
* Se es apoderado tes dereito a un permiso retribuído durante o día da votación, acorde có previsto no artigo 76.4º da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral.

* Correspóndelle ao empresario a distribución, segundo as necesidades do servicio, do período en que os traballadores disporán para ir a votar. (Art. 2 R.D.L 1/1995 do 24 de marzo) *

* Lembra pedirlle ao Presidente da Mesa Electoral o xustificante oficial conforme fuches votar*
A Coruña, 2 de xuño de 2009
Comentarios (0) - Categoría: COMUNICADOS - Publicado o 02-06-2009 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Categoría: COMUNICADOS - Publicado o 14-05-2009 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
17 DE MAIO
A CIG acordou sumarse á mobilización en defensa da lingua do vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística e un amplo número de organizacións sociais, entidades e colectivos de toda a nación, e prevese que se converta nun acto masivo de reivindicación do galego como idioma propio e nacional de Galiza.


“Unha lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inesgotable de obras de arte”

“Se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma”

CASTELAO “Sempre en Galiza”


O 17 de maio
Manifestación nacional en prol da nosa lingua
Ás 12 horas na Alameda de Compostela
Comentarios (0) - Categoría: COMUNICADOS - Publicado o 14-05-2009 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
CARAMELO
Concentración traballadoras Caramelo, martes 12 de maio
A Sección Sindical da CIG en Atento, solidarízase coas compañeiras de Caramelo e apoia a súa loita para garantir os postos de traballo na nosa cidade e evitar o ERE anunciado pola empresa, que afecta a case 240 traballadoras.
As traballadoras levarán a cabo concentracións na fábrica da Grela entre hoxe e o venres, de 14:00 a 16:30 horas.


TODO DEPENDERÁ DO NOSO ESFORZO !!!

ÁNIMO COMPAÑEIR@S!!!
Comentarios (0) - Categoría: COMUNICADOS - Publicado o 13-05-2009 17:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Confederación Intersindical Galega
http://www.galizacig.com/

Sección Sindical CIG-ATENTO


Ayda 665692338 Carlos 619840905 Loli 654320446 María J.615580335 María V.637451778 Luisa 619777048
Nuria 609805102
AFÍLIATE !!!