hai xa tempo unha amiga poeta madrileña recitou esta fermosa poesía de León Felipe falando de si.
Así es mi vida,
piedra,
como tú. Como tú
piedra pequeña:
como tú,
piedra ligera;
como tú,
canto que ruedas
por las calzadas
y por las veredas;
como tú,
guijarro humilde de las carreteras;
como tú,
que en días de tormenta
te hundes
en el cieno de la tierra
y luego centelleas
bajo los cascos
y bajo las ruedas;
como tú, que no has servido
para ser ni piedra
de una lonja,
ni piedra de una audiencia,
ni piedra de un palacio,
ni piedra de una iglesia...
como tú, piedra aventurera...
como tú,
que tal vez estás hecha
sólo para una honda...
piedra pequeña
y
ligera...
Teño escoitado dende neno eso de que cada un fai da súa vida o que quere e máis a miúdo aínda eso de que cada quen arregla a súa vida. Estanme vindo esas cousas á cabeza ultimamente.
Porque tamén hai momentos, como o nadal, tan irritante en tantas cousas, que serven para se arrexuntar, comer, cantar e face-lo parvo en compañía. Ver como é que fai ese tío que nunca bebe cando toma unha copiña e rir un pouco con el, e non pensar moito nas que xa fixemos se non nas que quedan por vir.
Algún brinde estrambótico na sala?
Eu brindo polo alcool que espanta o frío e polos días que xa medran.
Aquel venres tocoume por mandato seu iniciar a viaxe ó centro da terra. O punto núcleo daquela viaxe era comprobar que tanto eramos quen de nos aproximar ó plasma. Anteriormente fora enviado á lúa; percorrera o mundo pola súa corteza nos máis diversos vehículos empurrado en pos da velocidade; tamén viaxara no tempo, peregrín a traveso de diversas idades.
Nunca tivera que preocuparme polas dietas nin polo grande gasto en combustible, pola estancia ou pola compaña, sempre todo me fora povisto, incluso as adversidades, contratempos e inimigos. Do que non se daba conta Iulius é de que de tarde en tarde tamén precisaba da miña bata, das pantufas e do caloriño da chaminea.
Aquel venres, dicía, cheguei despois da hora que me fora disposta para partir: poñían na tv "Simplemente María" e din en cotelear docemente. Cando cheguei Iulius agardaba por min, o magma interno da terra cambiara xa a súa disposición e o punto de perforación xa non era o adecuado. Iulius ardía e rabeaba, berroume e dixo que marchara xa, que xa se lle ocorrería outra cousa. Decidín entón ir ó cine, poñían unha do far west e despois outra romántica, xa se sabe, sesión de tarde. Xa comezada a primeira película decidín cambiar de sala. Así ó chou fun dar a unha na que poñían unha de chocos, peixes, tabeiróns, profundidades submarinas e escafandras. Non sei por que sentín que esa sería a miña próxima viaxe.
Nunca probei o ruso branco, pero hai un sitio onde o fan. Eu estaba reticente por unha cousa, alí poñía "licor café", nos ingredientes, e supoñía o tal unha bastardía no tal cóctel; e a verdade é que nada máis lonxe, como veño de ver na wiki. Eles recomendan: "Kahlúa or other coffee liqueur such as Tia Maria".
Unha corrección xa!!!
Algo así como: "...one galician coffee liqueur, home liqueur if it´s possible".
O nome do lungar onde habito é coñecido como domo; camiño sobre dos calcaños para face-lo tóxico remedo das póntigas postaxes túas.
O sol teima entre as táboas descolocadas, pero xa sabemos todos que ata pola tarde non todo o mal está feito, que aínda lle queda moita altura onde fuxir e que nós quedaremos baixo o cuberto de súa sombra. E total despois baixará de novo.
Pandegeira compaña, illote de rochas alonxadas, paseniña viaxe.
Batedoira corolaria das paisaxes que a xente predica ecoando, no escacho vives ti, no xunguidoiro nós, eu no domo.
Só sabemos de onde vimos.
As nosas avoas e mailas nais dalgúns de nós, se eran educadas, sabían dirixirse a alguén importante dicindo: "buenas tenga usté", ou que se escribes Conceución, tes que lle poñelo "p" antes do "c", dicindo: "conce-p-ción"; "que non todo o mundo o sabe". Se había que ir coas vacas ós eidos non se ía á escola e as fregas con ortigas eran boas para moitas cousas. Había patacós e reás, ferrados e cuartillos, subindo ata aquel monte de alí se cadra podías vela lúa ó teu carón, case tocala, e para o ano que seguinte, dios mediante, o papá prometera uns zapatos para ir á feira ou eso dixera.
Algún retrato, as misións, ofrecerse a un santo, ir aos mozos, a linguaxe das campás, falar co mudo nesa fala súa de carantoñas e debuxos no aire, facer taravelas coas tonas das castañas e ir ás amoras.
Os americanos, os turismos, o coche de liña, as bandas, os pasodobles, as radionovelas, o futbol, as roscas da feira, a garda civil.
Cando falan deso case teñen que se dar a man uns aos outros para saber que eles, os que aquelo viviron, tamén son xentes de hoxe. Seica.