9:30 Pasarrúas a cargo dos TXISTULARIS de Deba anunciando o comezo de festas
10:30 Recibimento do grupo de Gaitas e danzas OS GALAICOS da Casa Cultural da Galiza de Eibar. Continuando cun pasarrúas por Deba adiante.
12:00 Concerto de gaitas a cargo do grupo OS GALAICOS na Praza o Concello. Carreira ciclista de cadetes Organizada polo C.D. AMAIKAK BAT e patrocinada pola Asociación Galaica Debarra TERRUÑO
12:30 Chegada e entrega de premios da carreira ciclista, no cenario da FESTA GALEGA, na alameda
13:00 Recibimento no kiosko da Alameda do Grupo OS GALAICOS polos DANTZARIS de Deba. A continuación mostra folclórica a cargo do Grupo OS GALAICOS e mailo grupo de danzas GURE KAI de Deba. Asimesmo exposición e venda de productos típicos da terra galega: lacón, polbo, empanada, tarta de Santiago, etc. Agasallos con bos vinhos "Ribeiro e Albariño".
16:30 Campionato de pelota a man dentro do 4 1/2
17:00 Pasacarrúas a cargo do Grupo OS GALAICOS e actuación folclórica no Kiosko da Alameda.
19:00 Aproximadamente, actuación da orquestra MARBELLA de PONTEVEDRA ata as 22:00 h pra continuarmos tras un pequeno descanso ata altas horas da madrugada coa festa rachada
29 DE ABRIL, DOMINGO
9:00 Lanzamento de foguetes.
9:30 Pasarrúas a cargo dos TXISTULARIS de Deba, anunciando a continuación das festas.
10:30 No Kiosko da alameda, recibimento da escola de Gaitas e Danzas OS GALAICOS da Casa Cultural da Galiza de Eibar
11.00 Pasarrúas a cargo do grupo OS GALAICOS
12:30 Pasacarrúas no casco urbano de ITZIAR a cargo do Grupo Asociación Cultural FOULAREDA de Ermua
13:00 Recibimiento na Praza do Concello do grupo OS GALAICOS polos DANTZARIS De Deba. Acto seguido no kiosko da Alameda mostra folklórica a cargo de OS GALAICOS. Asimesmo exposición e venda de producos típicos galegos.
16:30 Pasacalles, continuando con muestra folklórica e concerto de gaitas polos grupos OS GALAICOS
19:00: Aproximadamente, actuación da orquestra MARBELLA de PONTEVEDRA ata as 22:00 h pra continuarmos tras un pequeno descanso ata altas horas da madrugada coa festa rachada. Dando así por finalizada a 12ª FESTA GALEGA en Deba
Con motivo da véspera do 17 de maio, e porque si e nos peta e nos dá a gana, autoconvocámonos a unha GRAN CHURRASCADA POLA LINGUA (estufada), o ALBAROQUE DA LINGUA 2007, coa escusa de reivindicar unha maior presenza do espírito lúdico festivo no proceso de normalización, dramático de seu mais non tanto como para impedirnos un gran momento de encontro e catarse colectiva.
E por que unha cea? Porque hai que estar ben alimentad@s para enfrontarnos a todo o traballiño que temos por diante!
A xente da lingua ?o ghallegho, o galego, o galego-portugués e, claro que si, o portugués? autoconvidámonos a unha xuntanza de confraternización.
Apuntádevos toda a XENTE DA LINGUA sen exclusión por razóns de idade, raza, opción ortográfica ou ideolóxica, discapacidade ou talento artístico: profes de academia, da pública ou da concertada ou da privada, sociolingüistas con título ou sen el, sociólog@s, técnic@s da normalización, psicolingüistas, ecolingüistas, artistas de toda caste comprometid@s coa lingua, xornalistas que aínda non se pasaron ao castelán, activistas sociolingüístic@s, cibernormalizador@s, mestres de a ferrado, veteran@s de guerra, guerrilleir@s en activo, estudantes e parad@s, neofalantes ou paleofalantes..., e, en fin, toda aquela xente ligada á normalización da lingua.
Unha comisión de festas ?da que ti podes formar parte, se te pos en contacto a través do correo electrónico albaroquedalingua@yahoo.com? está a organizar a MACROCEA lúdico-festiva.
Temos o día ?16 de maio? e o lugar: O Fogar do Santiso, en Luou, preto de Compostela.
Participa neste proceso!
Haberá buses de ida e volta desde Compostela, un espectáculo ao vivo inesquecíbel e moitas sorpresas! Se pensas nalgunha cousa máis, ponte en contacto connosco!
Dillo a colegas e a familiares, telefona vell@s amig@s, dálle ao ruxe-ruxe, que a MACROCEA vaia de boca en boca porque, como no Xabarín, temos que ser cen mil!