|
|
|
EM APOIO Á KORRIKA |
|
Dende o colectivo galego em Euskal Herria CHOVE OU!? Queremos manifestar o nosso apoio e participaçom na KORRIKA, a carreira popular a prol do euscaro. Ademais dum acontecemento ludico-festeiro-deportivo, entendemos a KORRIKA coma un acto reivindicativo em defensa do idioma proprio de Euskal Herria e da sua plena normaliçaçom.
Dentro da nosa condicion de galeg@s no exterior e sendo conscientes do noso compromiso co euscaro, tamen facemos da KORRIKA un espaço no que reafirmar-nos na defensa do idioma proprio do nosso pais orixinario: o GALEGO. O principal motivo que nos leva a concebir a KORRIKA deste xeito son as similitudes historicas destas dúas línguas numha luita secular pola supervivencia. Efectivamente, o imperialismo lingüístico do estado espanhol contra das duas linguas nom constitue um elemento do pasado, senom que continua no presente a traveso de muitas vias politicas, mediaticas, enconomicas, culturais, etc.
Por estes motivos e facendo tamen nosos os valores que inspiran a KORRIKA e despois de ver o exito acadado ao longo de muitos anos por este acontecemento, dende o colectivo galego de E.H. CHOVE OU!? queremos apelar a tod@s @s galeg@s que tenham un minimo de estima pola lingua propria do seu país para que participen e respaldem actos deste tipo na Galiza. Dende a nosa experiencia basca, pensamos que iniciativas similares a KORRIKA, dado o seu caracter sinxelo, bonito e divertido, poden ser um eficaz veiculo de concienciaçon língüística de cara ao noso povo na luita historica contra das agressoms ao noso idioma.
GORA KORRIKA!
ADIANTE CORRELINGUA!
galizaceive@euskalerria.org
|
|
|
|
MANIFESTO FUNDACIONAL |
|
O dia 10-03-2007 un grupo de galegos e galegas residentes en Euskal Herria, comprometid@s coa nosa terra, lingua, cultura e dignidade decidimo-nos a criar un colectivo pra cubrir o baleiro político e social que albiscamos no pais que nos acolle en defensa da dignidade da Galiza coma povo. Entre os obxectivos que nos marcamos pra desenvolver esa laboura estan os seguintes:
*Criar un espazo de encontro entre a cidadania basca e galega residinte en Euskal Herria nos aspectos sociais, politicos, culturais e doutras indoles, profundizando nos elementos comuns dambolos dous povos e harmonizando os elementos diferenciais que os caracterizan.
*Defender en todo o territorio de Euskal Herria o dereito de autodeterminacion que a Galiza e maila sua cidadania tenhen coma suxeito politico, asi coma a sua liberazon coma povo historicamente asoballado.
*Trasladar ao pobo galego dende a nosa condicion de emigrantes as nosas preocupacions, propostas, pareceres e ideias respeito aos problemas que a nosa terra padece, tanto historicamente coma na actualidade.
*Colaborar coas diferentes organizacions, colectivos, movimentos e persoas comprometid@s cos valores anteriormente mencionados (terra, lingua, cultura e dignidade) e que traballan na Galiza, pra que poidan achegar as suas mensaxes, campañas ou iniciativas ao povo de Euskal Herria.
*Intercambiar impresions e colaborar con colectivos galegos e persoas da emigracion con preocupacions semellantes as nosas que estean espallados por outras partes do mundo.
*Apoiar e colaborar na sua concrecion coma colectivo a tod@s @s emigrantes e descendentes de galeg@s con residencia en Euskal Herria que queiran afirmar, manifestar e defender a dignidade das suas raices galegas.
Con estes valores, obxectivos e intencions crea-se o colectivo galego en Euskal Herria
CHOVE OU!?
por unha Galiza Ceive e popular.
|
|
|
|
10 DE MARZO: DIA DA CLASE OBREIRA GALEGA |
|
Querid@s companheir@s O 10 de Marzo celebra-se na Galiza, como todos sabemos, o DIA DA CLASE OBREIRA GALEGA, en base aos feitos ocorridos na folga dos traballadores dos astilleiros de Bazan,co motivo da negociacion do convenio colectivo da Empresa Nacional Bazan de Construccions Navais Militares,na praza de España de Ferrol (daquela El Ferrol del Caudillo). As causas desta manifestacion foron as seguintes:
Todo comezou o 7 de marzo do 1972.Comunicaba-se ao xurado da Empresa Nacional Bazan de Construccions Navais Militares o asinamento do convenio colectivo interprovincial en Madrid cando os traballadores de Bazan reclamaban a sua negociacion na Galiza. Os traballadores levaban xa varios meses loitando por lograr unhas melloras salariais,unha reduccion da xornada laboral a 42 horas semanais e o dereito a un mes de vacacións,a un 100% do salario no caso de enfermidade ou accidente e a xubilacion aos 60 anos cun 100% do salario real,a readmision dos traballadores despedidos por motivos politicos e un local de reunión.
O dia 9 o paro na fabrica era total desde as 8 da maña e os traballadores estaban concentrados na explanada fronte a direccion. A empresa anunciou a suspension de emprego e soldo e a prohibicion de entraren nas instalacions aos vocais xurados Manuel Amor, Jose Maria Riobo e aos enlaces Ramiro Romero, Manuel Montero, Alfonso Couce e Miguel Rei.Os traballadores deciden en asemblea ocupar a factoria e ás 17,15 horas a policia entra por primeira vez en Bazan e carga contra os traballadores desaloxando-os. Cando saen en carreira pola porta, que era moi estreita, son recibidos por mais policia que os rodea e volve mallar neles. Producense numerosos feridos por golpes e esmagamentos. Os traballadores sairon polas ruas de Ferrol coas fundas e roupas de traballo e enfrontáronse á policia, a pedradas, en diferentes saltos e cortes de trafico.
10 de marzo do 1972. As 7,30 horas os traballadores concentran-se ante Bazan.Tras toparse os mais de 4.000 obreiros as portas da factoría de Bazan pechadas,estes dirixiron-se pacificamente en manifestacion cara o centro da cidade de Ferrol,cara a Praza de España,co pretexto de buscar a solidariedade do resto da cidade e explicar o que estaba acontecendo na factoria ao resto da poboacion.A asemblea en grupo de 4.000 obreiros dirixiuse enton cara a Ponte das Pias,e ao chegaren ao cruce coa estrada de Castela foron detidos por unha compañia da Policia Armada.Os traballadores armados quizais con algun pao ou pedra enfrontan-se a eles uns dez minutos.Caen ao chan varios homes,e dous corpos sen vida.O resultado da confrontacion son varios feridos de bala e dous mortos, Daniel Niebla e Amador Rey.Perderon a sua vida por defender os seus dereitos,por intentar mellorar a sua vida e a dos seus compañeiros,e non ían armados con metralletas,nin os restante dos 40 feridos de bala que engrosan a lista. A dignidade e a valentia dos traballadores fixo que non recuasen en ningun momento; so retrocederon os seus verdugos, que montando nos seus buses deron en fuxir.
Por estes motivos, un grupo de galeg@s un grupo de galegos e galegas residentes en Euskal Herria, lembramos a estes dous compañeiros nesta data reafirmando o noso compromiso coa nosa terra, lingua, cultura e dignidade.
|
|
|
|
CONTACTO |
|
Se queres aportar ideas, participar ou ser membro do colectivo ponte em contacto connosco nos seguintes e-correios:
galizaceive@euskalerria.org
choveou@hotmail.com
|
|
|
|
|