A vista contra os dous militantes hase celebrar o 4 de febreiro na Audiencia Nacional española
Causa Galiza, entidade autodeterminista de esquerdas, expresa a súa solidariedade cos dous independentistas que o vindeiro 4 de febreiro van ser xulgados na Audiencia Nacional por ?inxuriar? o monarca español.
Ambos militantes están acusados de ?menosprezar e vilipendiar a figura de SM o Rei? pola queima dun boneco que representaba Juan Carlos de Borbón, realizada o 6 de decembro de 2007 en Vigo unha vez concluída unha manifestación de Causa Galiza en contra da Constitución española e a favor de dereito de autodeterminación. A solicitude de multas da Fiscalia para os dous independentistas ascende aos 5.400 e 3.600 euros.
Causa Galiza quere trasladar o seu apoio e solidariedade a estes dous independentistas, represaliados polo mero feito de expresar o seu rexeitamento ao sistema monárquico español, negador dos dereitos nacionais da Galiza.
Por outra banda, a entidade autodeterminista tamén quere censurar o cariz político deste xuízo, así como o carácter de tribunal de excepción da Audiencia Nacional española, encargada de reprimir a disidencia política do Estado español, nomeadamente os movementos de liberación nacional.
Galiza, a 27 de xaneiro de 2009
www.causagz.org
|