O meu perfil
 CATEGOŔAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

NON Á CONSTITUCION ESPAÑOLA. AUTODETERMINACION.
A Constitucion Española significou a proibicion expresa do exercício á soberania nacional e do dereito a autodeterminacion do pobo galego. Privou-nos da posibilidade de decidirmos cal é a relacion que queremos manter co resto dos pobos. Esta limitacion está na raiz das agresions que ao longo destes 30 anos sufriu Galiza e o seu pobo traballador.

Temos na memória colectiva un dos ataques mais recentes, a desfeita do Prestige e o atentado que supuxo a resposta dada desde o goberno español do PP e da Xunta de Fraga. Quen pensase que despois da grande mobilizacion do pobo galego contra ese atentado, a situacion melloraría, erraba. Os alicerces da política defendida polo PP, o chamado ?plan Galicia?, conforman tamen os eixos da política aplicada pola Xunta actual do PSOE-BNG: a Cidade da Cultura, o AVE/TAV, o Porto Exterior da Coruña, a privatizacion dos servizos públicos, o plano acuícola, o plano eólico, etc., son só exemplos da perenne teima que teñen os partidos españolistas e autonomistas en daren voltas sobre cuestions accesórias, no canto de abordar a centralidade da nosa problemática económica.

A actual crise do modelo económico imperante, o capitalismo, ten motivado a aplicacion de políticas destinadas a resgatar ás grandes entidades financeiras e ás elites empresariais, favorecendo a concentracion e centralizacion de capitais e o fortalecimento do carácter centralista do Estado. A clase traballadora galega conforma o 70% da poboacion activa e vai padecer a aplicacion desta política deseñada ao servizo da clase empresarial através dos despidos e da destrucion de emprego, da conxelacion salarial, do incremento da xornada laboral, da perda de poder adquisitivo, etc., co silencio complice da Xunta Bipartita. As tímidas propostas esbozadas pólo autonomismo e dirixidas a fortalecer a capacidade financeira ou a impulsar o crédito publico obvian a potencialidade positiva que teria unha abordaxe da crise recuperando as propostas soberanistas nos planos fiscais, de planificacion económica e industrial ou de relacions comercias exteriores. Ao igual que noutros entornos, o diñeiro para subsidiar esas políticas de socorro ao capital vai sair dos petos do pobo traballador. O impulso do AVE supon a desaparicion do tren de proximidades, esencial para integrar social e economicamente as comarcas, vilas e cidades da Galiza. Nesta altura, 120 mil galegos deixaran de ter acceso ao tren para ir o traballo ou estudar, co peche efectivo de 11 estacions no Eixo Atlantico, nun plano concibido para subsidiar ás grandes construtoras, e que só serve para desestruturar Galiza, favorecer o turismo de fin de semana e a emigracion, e deixar as comunicacions internas nas mans do modelo espoliador das auto-estradas e do transito rodado. Asistimos, ademais, ao repunte das posicions belixerantes contra o idioma como signo de identidade do noso pobo. A campaña polo ?bilingüismo?, ou a defensa desde as institucions da falácia do ?bilingüismo harmónico? pretenden impulsar a integracion de Galiza no Estado, e de reforzar a percepcion do noso idioma como língua de segunda categoria.

Neste cadro, a AUTODETERMINACION, é dicer, o exercício da soberania nacional, convirte-se nunha necesidade para que o pobo traballador galego se poda defender de ataques a elementos básicos da sua coesion. A soberania nacional ligase á capacidade de decidir os eixos do nosso desenvolvimento. É por isso que non temos nada que celebrar no aniversario da Constitucion ?borbonica?, que so serviu para manter a opresion nacional da Galiza e frear o seu desenvolvemento. Unha Constitucion herdeira do rexime franquista que se baseou nunha Lei de Punto Final que foi a amnistía aos criminais da ditadura, hoxe cuestionada por todos os organismos de dereitos humanos, e o mantemento das súas institucions fundamentais. O camiño da soberania nacional só pode ser o de manter e fortalecer a loita póla autodeterminacion. Para desenvolve-la é preciso xuntar ás forzas sociais e sindicais nunha política de esquerda e soberanista que enfronte decididamente o rearme centralizador do Estado.

Galiza, 6 de Decembro de 2008
Comentarios (0) - Categoria 2- XERAL - Publicado 27-11-2008 02:07
# Ligazó® °ermanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
E-Correio: (Non aparecerá °ublicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á ©niciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0