O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MANIFESTO DA PLATAFORMA "QUE VOLTEM A CASA!"















Ante o xulgamento perante a Audiencia Nacional en Madrid os vindeiros días 3 e 4 de novembro do cidadán e da cidadá galegos Ugio Camanho Sam-Tisso e Giana Rodrigues Gomes, a Plataforma Cidadá 'Que Volten á Casa!' manifesta o seguinte:

1. Denunciamos o papel de tribunal de excepción que a Audiencia Nacional xoga neste procesamento, dado que vulnera o principio constitucional de territorialidade (art. 24.2 C.E.: dereito ao encausamento por parte do tribunal natural do lugar onde sucederan os feitos de que esteam acusados/as).

2. Exiximos proporcionalidade ante a possível condena derivada das peticións fiscais de 21 anos no caso de Ugio Camanho e de 19 no caso de Giana Gomes, tomando como referencia habituais as condenas emitidas por delitos de violación, homicido, etc.

3. No caso de resultar condenado e condenada a unha pena engadida aos tres anos e medio que levan en prisión preventiva, exiximos que o cumprimento da condena se desenvolva nunha cadea o mais próxima aos domicilios do cidadán e da cidadá, tal como ordenan as vixentes legislacións penitenciarias española e internacional. Denunciamos que coa medida ilegal da dispersión sexan castigadas ademais do e da condenada, as persoas do seu contorno social.

4. Apoiamos publicamente a campaña desenvolvida polo Organismo Popular Anti-Repressivo Ceivar durante as semanas previas ao xuízo, chamamos á solidariedade económica cos gastos derivados deste proceso e animamos a participar na mobilización solidaria a Madrid nos días 3 e 4 de novembro.

Plataforma Cidadá 'Que Voltem a Casa!'
quevoltemacasa@hotmail.com

Mais informaçom: http://www.ceivar.org
CEIVAR, Organismo popular antirrepresivo
QUE VOLTEM A CASA
Comentarios (1) - Categoria 4- PRES@S POLÍTIC@S GALEG@S - Publicado 31-10-2008 23:50
# Ligazó® °ermanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Non tedes vergoña, falades de liberdade vivindo en Euskadi cando non ahi liberdade para falar en Euskadi. Vivín 26 anos alí. Por culpa de xente coma vós e coma temos eiquí xente coma mín nunca máis volvera a votar o BNG. Unha ideoloxía un dereito propio perde o seu sentir cando fai falla que se derrame o sangue da xente sexa ou non unha filla de puta, aquel que pense que sí fai falla non e millor senon#blgtk08# pior moito pior. Non veñades co mitín de sempre ese que todos aprendedes coma o corán. A liberdade a perdedes cando non respetades as dos demais. Cando vexo defensas deste xeito e cando o meu orgullo de galega vai tomar polo carallo. Moitas grazas por fodernos a todos. Como dí un refran da nosa terra cambiamos o can pero a correa e a mesma, a difenza e que non gobernades e espero que xamais o fagades.
Comentario por María (23-06-2009 18:40)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-Correio: (Non aparecerá °ublicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á ©niciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0