| -e ti de quen vés sendo? -dismo a min? - si, si, a ti. - ah...vale, eu son a da casa do ferreiro,de cobas... |
|
| "...Un instante de miedo Una nota perdida Una palabra vacía en un poema Una luz de mañana, Así de pequeña soy yo, Nada de Nada..." Cecilia |
|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Ernesto |
|
Nun espazo pequeno, nun lugar chamado Compostela, un neno, a súa irmá, a súa nai e outra persoa máis encargada de dito espazo.
Nas paredes, caricaturas de personaxes coñecidos a nivel mundial por algunha razón...
Sóbese o telón.
- Ei, quen é ese? (Bule a preguntar o neno á persoa do lugar)
- Ese? Ese é o Che. O Che Guevara.
- E por que está aí? É gaiteiro?
- (Sorriso grande) Gaiteiro? ... Si, por que non? Ata pode ser que fose gaiteiro.
- Mamá, mamá! Era o Che Guevara gaiteiro? dime quen era!
- Fillo, o Che foi un contemporáneo do Fidel Castro que avivou con el a revolución cubana...
- ... Ah, vaia! pois eu prefería que fose gaiteiro...
Báixase o telón. |
|
|
|
|
| no caixón... |
|
-Sabes?
Hoxe atopei no monte a máquina de voar do Caladiño. Si! estaba alí tal e como el a argallou. Creo que a deixou alí por iso. Para que a atopase alguén. Para que alguén continuase o seu voo.
Vente! Vente tirar comigo desde o alto! Vaiamos voar! E escoita, cando esteamos caíndo sen remedio cara o baleiro bérrame! bérrame ata que as cordas vocais che rebenten a ghorxa, QUÉROTE!
Ti ficaras mudo e eu contenta, e direiche amodiño que veñas durmir comigo, e direiche que a cama é mellor de solteira, que é máis barata e durmimos máis xuntiños, e direiche tantas cousas máis que non che saberei dicir que o chan está aí e que imos levar unha boa ostia.
Desfeitos.
Ti ficaras mudo e eu contenta...
|
|
|
|
|
| O Porto... |
|
 No primeiro clarexar do ceo, saín.
Vagamunda, vagamundeei as rúas co obxectivo automático...
Medín milímetro a milímetro os sentimentos que me mantiñan aquí.
Medín milímetro a milímetro os ollares compartidos de balde.
Medín milímetro a milímetro os sons e os cheiros.
E descubrín de novo o magnetismo fantástico que me fai adorar esta cidade...
|
|
|
|
|
|
|
 |
|
|
|
|
|
|
.jpg) |
|
|
|
|
|
|
 |
|
|
|
|
|
|
 |
|
|
|
|
|
|
.jpg) |
|
|
|
|
|
|
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|