porQueNonViramosOmundo?



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

"podemos"...
Fronte ao valor dun sentimento,
non hai bandeira que valla...,
e hoxe nas rúas había alegría...
de novos, de vellos, de xordos,de cegos...
Hoxe...
poideron, poidemos...
da igual, foi...
e non importou a bandeira...
importou o equipo...
e queda a ledicia da xente...
as apertas, os bicos...
a festa...
hoxe ferveume o sangue cos sorrisos dos demais...
por iso...
vivan as victorias gañadas entre varios...
e que sempre, sempre...
as apertas sexan correspondidas...
coma hoxe
...
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-06-2008 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
...
versos de toucinho...
bicos de chocolate...
xeados de agarimo...
frío...
calor...
negros...
brancos...
amarelos...
unha parada de tren...
un amañecer...
unha posta de sol...
quen da máis?
nada...
ninguén...
ninguén nin naide pode mercar...
un sentimento!
...cada día...
só hai que intentar sentir un pouquiño máis...
e poñerse no lugar do outro...
ser un mesmo...
e sentir...
...querer...
non deixes para mañá a quen poidas bicar hoxe
...
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-06-2008 01:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Cobas
Un tres en un...
...Cobas de Baixo, de 'Riba e o Regho da Cal...
O Brañón, A Xesteira e O Pinal...,
os do Coto son coma nosos....,
non seremos máis de cincuenta veciños...
non, non creo...,
pero da igual...
hoxe...
fáltame Cobas, Cobas de Baixo.
...
o agarimo dos meus,
as tonterías do avó detrás da cociña...
a avoa rabuda, porque non quere que lle axudemos,
meus pais...,
as vaquiñas,
a bici...
as carballeiras...,
o río,
...
hoxe, quero aldea...
...quero aldea!!!
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-06-2008 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
...o placer da incertidume...
Serían as tres máis ou menos...
...
ela pensa nel...
mírao...
el devólvelle a mirada,pero segue serio...
unha seriedade que a enfurece...
...
unha seriedade...
que a fai rabiar...
pensa...
deixase levar polo consello dunha amiga...
que...paseniñamente convéncea...
alegando que o que non arrisca non gaña...
e que os fracasos dos riscos...
son a victoria da alma
fronte ao ruxe-ruxe da cachola...
...
e deixouse levar...
foi poeta por un momento...
sentiuse do XIX...
sentiu latir nela a maxia do Romanticismo...
...e...
nun revés dun logo dunha Estrella...
escribeu...
alí...tan só lle pedía un sorriso...
o demais nunca o saberemos...
douse a volta e saeu de alí...
cobarde,presa da vergoña,temerosa da súa reacción...
quen sabe se el botou un sorriso...
non o saberemos máis...
que a noite pasou...,
e...
ao amañecer...
todo volveu ser coma antes...
o único que nos quedou
...
o placer da incertidume...
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-06-2008 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
...o que chega...
...ausencia de ruído...
...vento...
...unha carballeira...
o doce arrecendo dunha peza de música clásica...
...
de novo silencio...
a brisa do mar...
os amigos...
a festa...
as sardiñas do san xoán...
os bicos á sombra...
a praia...
o río...
...é o todo...
e non é nada...
...
nós chamámoslle vrau...
e ti?
...
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-06-2008 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
resPeto...resPeta ti tamén...
hoxe...
mexan por nós e hai que dicir que chove
pero...xa choverá cara arriba...
si!
xa veredes como volverá chover...
pero non será a chuvia de sempre...
a que nos asoballa...
será a chuvia que,co tempo,se volveu nosa...
e choverá cara arriba...
o sangue ferve...
e está a punto de estourar a revolución...
a revolta que nos vai unir...
e fará que loitemos...
...sen ansias de ferir...
polo ben que nos queren quitar...
a nosa voz é nosa...
e a terra nosa é tamén...
...compartímola...
pero xa non van mexar máis por nós...
...chuvia, loita pacífica...
e ao fin...
RESPETO
non é máis ca iso...
non vos volveremos limpar o cu...
nin deixaremos que sexades a chuvia asolagadora
faremos as paces...
pero de momento,
só queremos que volva chover...
e esta vez...
cara arriba
...
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-06-2008 03:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Se EL foses TI
se el foses ti...
se eu fora ti...
...
os dous seriamos un...
...pero ti estás lonxe...
e eu estou demasiado preto do que non quero...
é así...
nunca choveu a gusto de todos...
pero cada gotiña de chuvia é un bico dos teus beizos, un aloumiño do ceo...
e eu son ti...
cada raiola de sol é un triste adeus...
un adeus agarimoso...
que fende os enganches do noso amor...
pero volven as nubes...
a fermosa negrura deste país...
é volvo ser ti...
volvemos fundirnos nun mesmo ser...
nunha soa nube...
somos vento e somos auga...
somos terra e lume...
somos os catro elementos nunha fusión única...
somos ti e máis eu...
...
quero que o ceo volva chorar...
...
e sentir o teu agarimo...
...mollada...
querote a ti...quereme ti a min tamén...
e que chova...
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-05-2008 02:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
sementes eternas
Hai amigos que se sementan cada ano...e así é como renacen, igual que a primeira vez que se botaron...Así é a nosa amizade. Xa sabes que un anaquiño do meu corasón é teu! Felicidades ghitaniña! E que cumpras moitos máis!!!
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-05-2008 01:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Vivindo da nostalxia...
Hai veces que amar a liberdade impide que te entregues aos demais..., pero, que?
Antes voar que...
que,que?
Antes voar que ser un paxariño enxaulado...
Anos atrás...foi nova...
e só pensou no amor, na xuventude, na vida...
Agora é velliña, e pensa en viaxar...
en viaxar sen erguerse da súa cadeira...
en recorrer o mundo de punta a cabo...
da man das palabras do seu neto máis pequeno...
A roda xirou...
...e agora xa non é a avoa a que narra historias fermosas...
cóntaas ti...que tamén sabes...


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-05-2008 02:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O falar non ten cancelas, é certo!
...Pero, cando non queden palabras...
Que?
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-05-2008 01:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2]
© by Abertal