Choposcarballo


Usuari@s do CRLP "Os Chopos" de Carballo da asociación APEM(Asociación Pro Enfermos Mentais)da Coruña.







¿QUEN SOMOS?
choposcarballo@yahoo.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDAMOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AS ACTIVIDADES DO CRPL
As actividas de centro CRPL "OS Chopos" de Carballo son múltiples e variadas tanto nos talleres que diariamente levamos a cabo no centro coma en outras actividades puntuais que se realizan ó longo do ano como son as excursións, os viaxes,as comidas,etc. Diariamente no noso centro lévanse a cabo diferentes talleres cun fin terapéutico para todos nós.O barro é unha das actividades estrela,traballamos o barro coas mans e facemos pezas de todo tipo que despois de ir ó forno pintamos e decoramos para logo vender nalgúnha feira a que acudimos.
Tamén dispoñemos dun taller de madeira onde restauramos e barnizamos pequenos mobles, percheiros, etc, e non nos podemos olvidar do taller de labores onde se fan traballos de ganchillo, calceta,etc. Polo de ahora neste taller so hai mulleres pero esperamos a que algún home se anime.
O deporte é tamén un pé fundamental para a nosa recuperación e al adicámoslle unha hora tódolos días.Aínda que o deporte rei,sobre todo para os homes, é o fútbol tamén prácticamos outros moitos deportes coma o aeróbic, o baloncesto,etc.
De todas estas actividades irémosvos informando neste blog.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS ACTIVIDADES - Publicado o 24-09-2009 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
REVISTA
Os usuari@s do CRPL "Os Chopos" de Carballo estamos a traballar para a publicación da nosa revista "AMENCER", unha nova canle para poder transmitir as nosas inquedanzas, mostra-lo noso traballo, etc.
Pouco a pouco iremos colgando no blog algúns artigos e contidos da nosa revista.AHÍ vos vai a primeira mostra,como primicia a portada e o artigo sobre o teatro
Comentarios (0) - Categoría: REVISTA "AMENCER" - Publicado o 24-09-2009 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
V XORNADA DE ENCONTRO DE FAMILIAS
A V Xornada de Encontro de Familias organizada este ano pola nosa Asociación APEM(Asociación pro Enfermos Mentais de A Coruña e FEAFES Galicia celebrarase no Pazo da Ópera de A Coruña, o vindeiro sábado 17 de outubro de 2009.

A Xornada de Encontro xorde en 2005 coa intención de ofrecer un espazo de intercambio de opinións e información para as familias que forman FEAFES. Na presente edición participarán preto de 1.000 persoas.

Cada ano a Xornada afronta con expertos, profesionais deste campo e cos propios usuarios un tema de interese para o colectivo. Nesta ocasión, debaterase sobre ‘O cambio na percepción social da enfermidade mental’. Para iso, emitirase o documental ‘Baixo a pel’ -realizado por FEAFES Galicia en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería de Sanidade- no que se amosa a realidade cotiá das persoas con enfermidade mental en Galicia. Tras a proxección do mesmo, abrirase unha tertulia na que diversos persoeiros de gran proxección na vida pública galega aportarán a súa visión e reflexións.

As persoas convocadas para formar esta mesa de reflexión son as seguintes:

-Manuel Rivas (escritor e xornalista).
-César Portela (arquitecto).
-Xosé Luís Barreiro Rivas (politólogo, profesor de CC. Políticas e escritor).
-Xosé Romay Martínez (catedrático de Psicoloxía Social da UDC (Universidade de A Coruña).

FEAFES outorgará tamén no marco deste evento os Premios FEAFES Galicia 2009. Este galardón nace en 2005 coa intención de recoñecer o especial labor de entidades e particulares a favor do noso colectivo. Establécense as seguintes categorías: (1) á entidade pública colaboradora co movemento asociativo de persoas con enfermidade mental e os seus familiares, (2) á entidade privada, á (3) empresa privada e ao (4) colaborador individual.

Outra das actividades a desenvolver na Xornada será o V Concurso de Narrativa e Poesía celebrado xa en edicións anteriores- e que premia os traballos presentados por persoas con enfermidade mental pertencentes ás asociacións federadas á nosa organización. Con este concurso pretendemos fomentar entre os nosos usuarios os valores de participación e potenciación da creatividade, e a un tempo proxectar na sociedade unha imaxe normalizada e activa do noso colectivo.

Como novidade, a presente edición do Encontro incluirá un Concurso de Blogs no que se premiarán por primeira vez as iniciativas grupais que os talleres informáticos das distintas entidades presenten neste marco. No actual contexto das Novas Tecnoloxías emerxentes, o obxectivo do concurso é o de fomentar o uso das TIC e incentivar a participación e a creatividade a través da creación dun blog.

TEMPORALIZACIÓN PROVISIONAL DE ACTIVIDADES

10.00h Entrega de documentación

10.30h-11.15h Inaguración (invitados: Presidente da Xunta, Conselleiras de Benestar e Sanidade, Valedor, Presidente Deputación da Coruña, Alcalde de A Coruña)

11-15h-11.45h Pausa café

11-45h-12.15h Emisión documental (Baixo a Pel)

12.15h-13.15h Mesa Redonda ‘O cambio na percepción social da enfermidade mental’

◦ Moderador: José Luis Muruzábal Arlegui (Presidente asociación APEM) (pendente confirmación)

◦ Interveñen:

-Manuel Rivas
-César Portela
-Xosé Luís Barreiro Rivas
-Xosé Romay Martínez
Un usario (pendente)


-13.15h-14.00h Entrega de Premios FEAFES Galicia 2009

◦ Premio entidade pública
◦ Premio entidade privada
◦ Premio colaborador individual
◦ Premio empresa colaboradora


14.00h-16.00h Xantar

16.00-16.45h Entrega de Premios Concurso de Narrativa e Poesía, Concurso de Blogs e Premios Fútbol (torneo de fútbol-sala con emisión de reportaxe fotográfica)

-16.45h-17.30 Representación teatral (Grupo de teatro Pinchacarneiro de Lugo: Fundación Anade. Obra: El Médico a Palos)

-17.30 h Clausura

¡¡¡ANIMÁDEVOS E VIDE!!!
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 17-09-2009 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal