Choposcarballo


Usuari@s do CRLP "Os Chopos" de Carballo da asociación APEM(Asociación Pro Enfermos Mentais)da Coruña.







¿QUEN SOMOS?
choposcarballo@yahoo.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDAMOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O TEATRO NOS “CHOPOS” DE CARBALLO
Para os usuarios e usuarias do CRPL “Os Chopos” de Carballo o teatro e unha das actividades preferidas que se veñen desenrolando ó longo do ano xa que nos permite disfrutar dos personaxes que representamos, rirnos durante o período de ensaios e, aínda que despois de pasar algúns nervios, representa-la obra para os familiares e amigos que nos veñen ver con grande satisfacción.

Ademáis de pasa-lo moi ben, actividade teatral é moi importante para a nosa recuperación pois fainos exercita-la memoria, a nosa capacidade de interpretación, a creatividade, improvisación, o traballo en grupo, a empatía, etc.

Levamos xa varios anos representando obras de teatro e algún que outro monólogo polo que a nosa experiencia como actores e actrices vai mellorando pouco a pouco. Este ano representamos a obra “Pista ou Peste”, unha obra costumista onde as desputas entre homes e mulleres e os intereses entre veciños para facer unha pista achégannos a situacións cómicas pero ben reais da sociedade rural galega.

A obra foi un éxito e gustou moito ó público que nos veu ver, todo saio como tiñamos previsto e quedamos moi satisfeitos de cómo saíra todo.
Logo da actuación e coma tódolos anos houbo uns pinchos para as familias e amigos e todos eles nos deron os parabens pola representación.

Pronto comezaremos a montar a seguinte obra de teatro e trataremos de que saia un pouco mellor que se fose posible. Cabe tamén a posibilidade de que poidamos representar esta obra fora do noso centro, nalgún centro social, cultural, ..., posibilidade que nos aleda moi pois permitiranos mostra-lo noso traballo a outra xente que aínda non nos coñece.
Comentarios (0) - Categoría: REVISTA "AMENCER" - Publicado o 24-07-2009 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal