Choposcarballo


Usuari@s do CRLP "Os Chopos" de Carballo da asociación APEM(Asociación Pro Enfermos Mentais)da Coruña.







¿QUEN SOMOS?
choposcarballo@yahoo.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDAMOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XORNADA LÚDICO- DEPORTIVA APEM- ASPABER
Aspaber e Apem, coa colaboración do Concello, organizan unha xornada lúdico deportiva de convivencia o xoves 5 de maio no Pavillón Vila de Noia da capital carballesa. Arredor de 300 persoas encherán o pavillón, tanto membros das entidades, como voluntariado e acompañantes chegados das localidades de Carballo, Cee, Betanzos, A Coruña e Cambre dos centros de Apem e de Aspaber. As disciplinas que poderán practicarse ao longo da xornada son fútbol sala, tute, xogos de mesa como o parchís, xogos adaptados ou futbolín, un dos preferidos dos participantes, entre outras. Ao remate da xornada, sobre as 13.00 horas, está prevista unha entrega de agasallos, incluíndo medallas e trofeos realizados polos propios membros das entidades.XUNTOS, PO DE MOS!!
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 02-05-2011 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal