Choposcarballo


Usuari@s do CRLP "Os Chopos" de Carballo da asociación APEM(Asociación Pro Enfermos Mentais)da Coruña.







¿QUEN SOMOS?
choposcarballo@yahoo.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDAMOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

BENVIDA
Dentro das actividades de ocio do centro “Os Chopos” de Carballo, decidimos abrir este blog na internet que nos servirá, entre outras moitas cousas, coma unha nova canle de relación coa sociedade en xeral.

Nesta pequena plataforma de expresión poderemos mostrar as características do noso centro, os nosos traballos feitos nos talleres, as actividades que realizamos ó longo do ano, as excursións, as festas, o teatro, os deportes,... e sobre todo poderemos expresa-las nosas inquedanzas e reflexións sobre a nosa realidade e o mundo no que vivimos.

O contacto coas novas tecnoloxías será un reto para nós que trataremos de superar para ir aprendendo pouco a pouco a manexarnos neste inmenso mundo da informática e da internet.

Trataremos pois de ir enchendo este noso blog con múltiples e variados contidos para amosarvos o noso traballo e poidades coñecernos un pouco máis. Incluso poderedes facer comentarios ós nosos artigos e propoñernos o que vós queirades.


AGARDÁMOSVOS NO NOSO BLOG


Comentarios (3) - Categoría: BENVIDA - Publicado o 29-05-2009 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
QUEN SOMOS
¿Quen somos?

O centro “Os Chopos” de Carballo situado na rúa Mapoula nº 14 baixo forma parte da rede de centros que APEM(Asociación Pro Enfermos Mentais)ten espallados por toda a área sanitaria da Coruña.


¿Que é Apem?

Apem é unha asociación cidadá, legalmente constituída integrada por doente, familiares e profesionais de diferentes eidos e persoas sen vinculación coa doenza mental.


¿Cales son os seus fins?

Contribuír á mellora do estado de saúde da sociedade entendida coma benestar físico, psíquico e social, con énfase especial na Saúde Mental e na loita contra a marxinación e a discriminación do doente mental.


¿Que propón?


• Acadar unha mellora na asistencia psiquiátrica nas súas tres vertentes:

Preventiva
Curativa
Rehabilitadora


• Promover por sí mesma ou en colaboración con outros organismos e entidades a creación dos servicios de reinserción laboral e social dos doentes mentais, así como a posta en marcha de calqueraoutro mecanismo que mellore a calidade de vida e de desenvolvemento persoal.
• Ofrecer un espacio de reunión de familias e persoas interesadas na doenza mental, onde poder discutir problemas comúns e acadar posibles solucións
• Colaborar con outras entidades sanitarias e sociais na posta en marcha d campañas de información sensibilización dos temas relacionados coa doenza mental.

¿Que ofrece?

• Centros de Rehabilitación Psicosocial e laboral.
• Escolas de familia/Grupos de autoaxuda
• Servicios de Atención Domiciliaria
• Vivendas protexidas
• Programa de Integración Laboral
• Charlas informativas
• Ciclos de Conferencias


¿Onde estamos?

Na Coruña
Praza dos Chopos, 22- nº 1
15008 A Coruña
Tlef. e Fax: 981 132 218
E-mail: apem@telefónica.net

En Carballo
R/Mapoula nº14 Baixo
15100 Carballo
Telf. 981 757 177

En Cee
Rúa B. Castro Rial, s/n
15270 Cee

En Culleredo
Avda. De Galicia, s/n
(antigas oficinas de Cross)
15670 Culleredo
Telf. 981 652 082

En Betanzos
R/Bellavista s/n.
Betanzos
Comentarios (0) - Categoría: QUEN SOMOS - Publicado o 09-05-2009 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal