Novos deseños para o noso taller de cerámica, desta vez para un encargo do Concello de Carballo. Uns trofeos moi orixinais para unha carreira ciclista que os usuarios e usuarias de APEM en Carballo crearon coas súas mans. Seguimos avanzando e innovando nos deseños e nas formas, esperamos máis encargas para mostrar do que somos capaces. Máis fotos na fotoblogoteca.