Coma cada ano polo Antroido celebramos no centro dos ?Chopos? de Carballo unha festa para conmemorar estas datas. Este ano tivo lugar o pasado 19 de febreiro e para a ocasión decidimos montar un marabilloso espectáculo no que tódolos usuarios puidemos participar.
Fixemos actuacións con cancións dos ritmos máis variados, bailes e monólogos. Os participantes actuaron caracterizados e disfrazados segundo a canción que ían interpretar e para conmemorar unha festa típica de disfraces como é a do Antroido.
O espectáculo foi amplo e variado, interpretáronse temas tan diferentes coma coplas, rock, pop, etc.e bailes coma o da ?bachata? xenialmente interpretado polos nosas bailarinas e bailaríns e todo elo mesturado con algún que outro monólogo que fixo sorrir ó público asistente.
Unha das actuacións que máis agradou, foi o da nosa folclórica particular Milagros que co seu encanto e poderío fixo rir ó público asistente e levantar dos seus asentos ós menos entregados ó espectáculo.
O que máis nos gustou a nós como participantes e máis nos encheu de ledicia foron os aplausos do público, que premiaron as nosas ?dotes artísticas? e por suposto, o noso esforzo, xa que para nós, a concentración e moi difícil de acadar e manter o que nos leva a realizar un maior numero de ensaios e redobrar o noso esforzo e atención.
Este ano veu a prensa a sacar fotos das representacións, a foto representativa do periódico foi a de dous dos nosos compañerios cantando a dúo unha das cancións que interpretaron.
Ó remate do festival do Antroido o público foi convidado a degustar os pratos típicos destas datas. Nestes pinchos de filloas, orellas, roscas, etc.podíanse oír as conversas e comentarios, todos eles positivos, sobre o ben que saíran as actuacións e o moito que se riron con elas, esperando unha nova ocasión para poder disfrutar de outra festa semellante.
O festival foi adicado ó noso compañeiro Alfredo que tristemente perdemos a finais do pasado ano. Un gran compañeiro que pola boa persoa que era e polo tempo que levaba no centro, era coma un pai para moitos de nós e disfrutaba moitísimo con estes festivais. Para el foi adicado o aplauso máis forte de toda a tarde por parte do público asistente e de todos nós.
Para o próximo ano esperamos superarnos e esforzarnos un pouquiño máis se cabe e tentaremos facelo un pouco mellor se podemos. O que non nos van faltar son as gañas e esforzo para facelo e disfrutar así do éxito acadado.