|
|
|
TALLER DE COCIÑA E TAREFAS DO FOGAR |
|
Un novo taller está a funcionar dende fai unhas semanas no crpl de apem en carballo. Un taller de cociña e tarefas varias do fogar na que podemos aprender a elaborar algún que outro prato sinxelo coa axuda das nosas monitoras.
Torrijas, tortillas,galletas, etc son algunhas das receitas que puxemos en práctica cun excelente éxito de participación tanto para a súa elboración como para a degustación cos demáis compañeiros.
Ademáis tamén estamos a prácticar algúnhas tarefas máis do fogar como é o de planchado, limpeza de calzado, etc.
Seguimos traballando e esforzándonos para seguir aprendendo e poder ser un pouco máis autónomos cada día. |
|
|
|
ATA SEMPRE MURU |
|
O pasado 16 de xullo despedimos ó presidente de APEM, o noso presidente, D. José Luis Muruzabal Arlegui con fondo pesar e tristura.
Dende esta canle de información que compartimos con todos vós queremos darlle o máis sentido pésame á familia e amig@s, amosar a nosa tristura, lamentar esta irreparable perda e rendirlle unha profunda homenaxe a quen tanto fixo para que as persoas con enfermidade mental coma nós e as nosas familias tivesen a atención necesaria e a oportunidade de rehabilitarse e insertarse social e laboralmente.
Desexamos que a súa obra continúe polo senda que el nos marcou e nos abriu para construir un mundo mais xusto, solidario,e con igualdade de oportunidades para todos e todas.
MURU, sempre con nós, nos nosos corazóns. |
|
|
|
FIN DE CURSO VERÁN 2011 |
|
Remata esta tempada coa chegada do verän e como non coas festas do San Xoan. Como cada ano representamos unha obra de teatro para os compañeiros e compañeiras e familiares que se achegan a vernos.Este ano tocou unha peza de Castelao coa que disfrutamos un bo anaco de tempo e logo... Un petiscos para todos!! BOAS FESTAS E BO VERÂN |
|
|
|
O ESPERADO, UN ÉXITO ROTUNDO DAS NOSAS ASOCIACIÓNS |
|
O éxito foi o esperado, máis de 300 participantes desfrutamos das xornadas lúdico-deportivas organizadas por APEM e ASPABER. Nunha mañá chea de actividades para tod@s a cordialidade entre tódolos participantes impresionante e difícil de olvidar. ¡¡Esperamos repetilo!!
|
|
|
|
XORNADA LÚDICO- DEPORTIVA APEM- ASPABER |
|
Aspaber e Apem, coa colaboración do Concello, organizan unha xornada lúdico deportiva de convivencia o xoves 5 de maio no Pavillón Vila de Noia da capital carballesa. Arredor de 300 persoas encherán o pavillón, tanto membros das entidades, como voluntariado e acompañantes chegados das localidades de Carballo, Cee, Betanzos, A Coruña e Cambre dos centros de Apem e de Aspaber. As disciplinas que poderán practicarse ao longo da xornada son fútbol sala, tute, xogos de mesa como o parchís, xogos adaptados ou futbolín, un dos preferidos dos participantes, entre outras. Ao remate da xornada, sobre as 13.00 horas, está prevista unha entrega de agasallos, incluíndo medallas e trofeos realizados polos propios membros das entidades.XUNTOS, PO DE MOS!! |
|
|
|
DÍA DA SAÚDE MENTAL EN CARBALLO. UN ÉXITO |
|
Éxito rotundo na celebración do Día da Saúde Mental celebrado en Carballo e organizado por APEM.
Máis de 150 persoas acudiron ó Pazo da Cultura do Concello de Carballo para coñecer as opinións de diferentes opinións de especialistas e políticos sobre a saúde mental. Psiquiatras, políticos, psicólogos,técnicos dos servizos sociais e unha representante das familias deron unha ampla información sobre a enfermidade mental e as súas consecuencias.
A xornada foi un éxito tanto a nivel participativo como a nivel informativo.
Moitas grazas por asistir |
|
|
|
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL EN CARBALLO |
|
o Día 21 de Outubro celebramos en Carballo o DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL.Para este día organizamos ás 17:30 h. no PAZO da CULTURA unhas charlas informativas de técnicos e políticos que nos falarán dende diferentes puntos de vista da Saúde Mental,dos servizos dos que dispoñen os pacientes, das carencias,do rexeitamento social, dos recursos públicos que se destinan a estes enfermos e enfermas, dos servizos que presta APEM en Carballo e noutras comarcas, etc.
Ademais, ó longo da semana estamos organizando diversos actos que comezaron este luns cunha rolda de prensa no concello para dar a coñecer o acto central da celebración.A esta rolda de presa acudiu tamén o Alcalde D. Evencio Ferrero, O concelleiro de Sanidade D. Marcos Trigo,o médico psiquiatra D. Juan Carlos Díaz del Valle, e a directora de APEM Dª Esther Monterroso.Estamos tamén convidados a unha tertulia en Radiovoz Bergantiños e a outra en BerTV que se emitirán ó longo desta semana e da seguinte.
Esperamos a presencia de moitas persoas interesadas en ter máis información sobre os trastornos mentais e toda a problématica que acarrea. ¡¡¡¡AGARDÁMOSVOS!!!! |
|
|
|
NOVOS "TROFEOS" DOS NOSOS TALLERES |
|
Novos deseños para o noso taller de cerámica, desta vez para un encargo do Concello de Carballo. Uns trofeos moi orixinais para unha carreira ciclista que os usuarios e usuarias de APEM en Carballo crearon coas súas mans. Seguimos avanzando e innovando nos deseños e nas formas, esperamos máis encargas para mostrar do que somos capaces.
Máis fotos na fotoblogoteca. |
|
|
|
LIGA DE FÚTBOL FEAFES 2010 |
|
Deu comezo a liga de fútbol Feafes 2010 cun amplo número de equipos participantes que xogarán por toda a xeografía galega ó longo destes meses e rematará coa fase final que este ano se celebrará en Burela.
O noso equipo comezou con moita ilusión e bo pé nesta competición xa que logrou empatar na casa (3-3) co poderoso equipo de Cee. Esta semana visitamos á novidade deste ano, o equipo de Cambre, ó que logramos vencer por 8-5. A ilusión está por todo o alto e xa esperamos os próximos compromisos dos que teredes puntual información neste blogue.
¡¡FORZA!! APEM CARBALLO
|
|
|
|
ENTROIDO 2010. FESTA RACHADA |
|
O entroido segue pasando polo noso centro e este ano fixémoslle unha gran festa con música e disfraces para celebralo e divertirnos xunto as nosas familias e amigos.
No escenario dos Chopos de Carballo déronse cita grandes artistas coma Marta Sánchez e Carlos Baute, Bonney M., o Dúo Dinámico, Rafaela Carrá, un cardenal cantando copla, Marisol, Los Manolos e moitos outros convidados a este magnífico espectáculo.
Todo saio moi ben e divertímonos moito durante as actuacións e, por suposto, ó remate onde nos esperaba unha boa merendola na compaña dos nosos familiares e amigos.
Tódolos usuarios e usuarias dos Chopos desexámosvos que pasedes un antroido divertido e o pasedes tan ben coma nos nesta festa. ¡¡DISFRAZÁDEVOS!! e rídevos por uns días de todo o que vos rodea, ademáis de ser unha tradición que non debemos perder, é moi bo para a saúde?
|
|
|
|
|
|
|