Choposcarballo


Usuari@s do CRLP "Os Chopos" de Carballo da asociación APEM(Asociación Pro Enfermos Mentais)da Coruña.







¿QUEN SOMOS?
choposcarballo@yahoo.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDAMOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A FEBRE DO OURO DE CORCOWESTO.

Vimos de representar unha historia inspirada no salvaxe "Far West", onde era típico que a defensa dos debiles tivera que ser asumida por pistoleiros de bo corazón, que percorren a rexión ata que se atopan cos "malos, malisimos", os que afortunadamente poñen no seu sitio, restablecendo a xustiza e facendo que o ben trunfe.,pois o que sucede e que un sheriff corrupto compinchado con un rico "home influinte" lle ten que parar os pes o "Che da Vara", famosisimo pistoleiro, para impedir que se faga unha mina de ouro que estragaria as leiras dos veciños e non lles aportaria a eles ninghun beneficio.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS ACTIVIDADES - Publicado o 28-06-2016 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
EXCURSIÓN REFUXIO DE VERDES
Unha das miñas paixóns é a natureza e estar o aire libre; esa é a esencia do Refuxio de Verdes, eso é o que te atopas o chegar alí. E fermoso escoitar o murmullo da auga do rio Anllons, así como ver as cascadas que fai que son tamén moi fermosas. Sintome libre ante tal paisaxe. Dende pequena fun moitas veces o Refuxio de Verdes, pero nunca me canso de ir, porque é algo increible, único e precioso.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS ACTIVIDADES - Publicado o 13-04-2016 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Dia da Muller 2016
Con ocasión do Día da Muller tivemos actividades no Pazo da Cultura. A que mais me gustou foi o de Movemento e Danza Terapeutica, xa que me gusta moito bailar, pero esta actividade non era soio de baile senon que o proposito de ela era o movemento e danza terapia e tamen mediante a relaxación coñecerse un mesmo e coñecer os compañeiros. Gustoume moito compartir a actividade con xente que non coñecia, e o final deime conta que era xente maravillosa, so vendo o seu sorriso e as suas miradas que me transmitian felicidade e liberdade. En todos os momentos que compartin cos compañeiros sentinme liberada e relaxada. Por elo gracias a APEM e o Centro de Informacion a Muller do Concello. Hai que repetir estos talleres para seguir disfrutando.¡¡¡Feliz Dia da Muller!!!.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS ACTIVIDADES - Publicado o 15-03-2016 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
" DERRUBANDO MUROS CON PINTURA" en Carballo
Os murales de Carballo trasmitenme paz, tranquilidade e armonia. Con alguns fago unha reflexion sobor da vida, outros son moi coloridos e con moitos relieves. Outros levanme a nenez. Outros transportanme a natureza mais viva. Outros sobor do caotico que pode ser unha cidade.
O velos daste conta da creatividade que teñen os artistas, de como poden plasmar tanta realidade, dandolle vida propia os murais debido as tecnicas que empregan de dibuxo e pintura.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS ACTIVIDADES - Publicado o 16-09-2015 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
"O FOAMI". No CRPL de Carballo
Unha nova actividade entrou con gran forza no noso CRPL,os traballos con FOAMI. Fai pouco tempo que comezamos a traballar con este material e xa conseguimos facer unha diversidade de figuras, bonecas, lapiceiros, etc.moi bonitas que teñen un grande éxito entre as persoas que se achegan a coñecer o noso traballo, como vedes seguimos imnovando e reciclando as nosas múltiples e variadas capacidades. ¡Achegádevos e contactade con nós! hanvos gustar.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS ACTIVIDADES - Publicado o 05-07-2011 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
AS ACTIVIDADES DO CRPL
As actividas de centro CRPL "OS Chopos" de Carballo son múltiples e variadas tanto nos talleres que diariamente levamos a cabo no centro coma en outras actividades puntuais que se realizan ó longo do ano como son as excursións, os viaxes,as comidas,etc. Diariamente no noso centro lévanse a cabo diferentes talleres cun fin terapéutico para todos nós.O barro é unha das actividades estrela,traballamos o barro coas mans e facemos pezas de todo tipo que despois de ir ó forno pintamos e decoramos para logo vender nalgúnha feira a que acudimos.
Tamén dispoñemos dun taller de madeira onde restauramos e barnizamos pequenos mobles, percheiros, etc, e non nos podemos olvidar do taller de labores onde se fan traballos de ganchillo, calceta,etc. Polo de ahora neste taller so hai mulleres pero esperamos a que algún home se anime.
O deporte é tamén un pé fundamental para a nosa recuperación e al adicámoslle unha hora tódolos días.Aínda que o deporte rei,sobre todo para os homes, é o fútbol tamén prácticamos outros moitos deportes coma o aeróbic, o baloncesto,etc.
De todas estas actividades irémosvos informando neste blog.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS ACTIVIDADES - Publicado o 24-09-2009 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal