Dentro das actividades de ocio do centro ?Os Chopos? de Carballo, decidimos abrir este blog na internet que nos servirá, entre outras moitas cousas, coma unha nova canle de relación coa sociedade en xeral.
Nesta pequena plataforma de expresión poderemos mostrar as características do noso centro, os nosos traballos feitos nos talleres, as actividades que realizamos ó longo do ano, as excursións, as festas, o teatro, os deportes,... e sobre todo poderemos expresa-las nosas inquedanzas e reflexións sobre a nosa realidade e o mundo no que vivimos.
O contacto coas novas tecnoloxías será un reto para nós que trataremos de superar para ir aprendendo pouco a pouco a manexarnos neste inmenso mundo da informática e da internet.
Trataremos pois de ir enchendo este noso blog con múltiples e variados contidos para amosarvos o noso traballo e poidades coñecernos un pouco máis. Incluso poderedes facer comentarios ós nosos artigos e propoñernos o que vós queirades.