O centro ?Os Chopos? de Carballo situado na rúa Mapoula nº 14 baixo forma parte da rede de centros que APEM(Asociación Pro Enfermos Mentais)ten espallados por toda a área sanitaria da Coruña.
¿Que é Apem?
Apem é unha asociación cidadá, legalmente constituída integrada por doente, familiares e profesionais de diferentes eidos e persoas sen vinculación coa doenza mental.
¿Cales son os seus fins?
Contribuír á mellora do estado de saúde da sociedade entendida coma benestar físico, psíquico e social, con énfase especial na Saúde Mental e na loita contra a marxinación e a discriminación do doente mental.
¿Que propón?
? Acadar unha mellora na asistencia psiquiátrica nas súas tres vertentes:
Preventiva
Curativa
Rehabilitadora
? Promover por sí mesma ou en colaboración con outros organismos e entidades a creación dos servicios de reinserción laboral e social dos doentes mentais, así como a posta en marcha de calqueraoutro mecanismo que mellore a calidade de vida e de desenvolvemento persoal.
? Ofrecer un espacio de reunión de familias e persoas interesadas na doenza mental, onde poder discutir problemas comúns e acadar posibles solucións
? Colaborar con outras entidades sanitarias e sociais na posta en marcha d campañas de información sensibilización dos temas relacionados coa doenza mental.
¿Que ofrece?
? Centros de Rehabilitación Psicosocial e laboral.
? Escolas de familia/Grupos de autoaxuda
? Servicios de Atención Domiciliaria
? Vivendas protexidas
? Programa de Integración Laboral
? Charlas informativas
? Ciclos de Conferencias
¿Onde estamos?
Na Coruña
Praza dos Chopos, 22- nº 1
15008 A Coruña
Tlef. e Fax: 981 132 218
E-mail: apem@telefónica.net
En Carballo
R/Mapoula nº14 Baixo
15100 Carballo
Telf. 981 757 177
En Cee
Rúa B. Castro Rial, s/n
15270 Cee
En Culleredo
Avda. De Galicia, s/n
(antigas oficinas de Cross)
15670 Culleredo
Telf. 981 652 082