Choposcarballo


Usuari@s do CRLP "Os Chopos" de Carballo da asociación APEM(Asociación Pro Enfermos Mentais)da Coruña.







¿QUEN SOMOS?
choposcarballo@yahoo.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDAMOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A FEBRE DO OURO DE CORCOWESTO.

Vimos de representar unha historia inspirada no salvaxe "Far West", onde era típico que a defensa dos debiles tivera que ser asumida por pistoleiros de bo corazón, que percorren a rexión ata que se atopan cos "malos, malisimos", os que afortunadamente poñen no seu sitio, restablecendo a xustiza e facendo que o ben trunfe.,pois o que sucede e que un sheriff corrupto compinchado con un rico "home influinte" lle ten que parar os pes o "Che da Vara", famosisimo pistoleiro, para impedir que se faga unha mina de ouro que estragaria as leiras dos veciños e non lles aportaria a eles ninghun beneficio.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS ACTIVIDADES - Publicado o 28-06-2016 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
EXCURSIÓN REFUXIO DE VERDES
Unha das miñas paixóns é a natureza e estar o aire libre; esa é a esencia do Refuxio de Verdes, eso é o que te atopas o chegar alí. E fermoso escoitar o murmullo da auga do rio Anllons, así como ver as cascadas que fai que son tamén moi fermosas. Sintome libre ante tal paisaxe. Dende pequena fun moitas veces o Refuxio de Verdes, pero nunca me canso de ir, porque é algo increible, único e precioso.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS ACTIVIDADES - Publicado o 13-04-2016 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Dia da Muller 2016
Con ocasión do Día da Muller tivemos actividades no Pazo da Cultura. A que mais me gustou foi o de Movemento e Danza Terapeutica, xa que me gusta moito bailar, pero esta actividade non era soio de baile senon que o proposito de ela era o movemento e danza terapia e tamen mediante a relaxación coñecerse un mesmo e coñecer os compañeiros. Gustoume moito compartir a actividade con xente que non coñecia, e o final deime conta que era xente maravillosa, so vendo o seu sorriso e as suas miradas que me transmitian felicidade e liberdade. En todos os momentos que compartin cos compañeiros sentinme liberada e relaxada. Por elo gracias a APEM e o Centro de Informacion a Muller do Concello. Hai que repetir estos talleres para seguir disfrutando.¡¡¡Feliz Dia da Muller!!!.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS ACTIVIDADES - Publicado o 15-03-2016 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
" DERRUBANDO MUROS CON PINTURA" en Carballo
Os murales de Carballo trasmitenme paz, tranquilidade e armonia. Con alguns fago unha reflexion sobor da vida, outros son moi coloridos e con moitos relieves. Outros levanme a nenez. Outros transportanme a natureza mais viva. Outros sobor do caotico que pode ser unha cidade.
O velos daste conta da creatividade que teñen os artistas, de como poden plasmar tanta realidade, dandolle vida propia os murais debido as tecnicas que empregan de dibuxo e pintura.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS ACTIVIDADES - Publicado o 16-09-2015 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
TALLER DE COCIÑA E TAREFAS DO FOGAR
Un novo taller está a funcionar dende fai unhas semanas no crpl de apem en carballo. Un taller de cociña e tarefas varias do fogar na que podemos aprender a elaborar algún que outro prato sinxelo coa axuda das nosas monitoras.

Torrijas, tortillas,galletas, etc son algunhas das receitas que puxemos en práctica cun excelente éxito de participación tanto para a súa elboración como para a degustación cos demáis compañeiros.

Ademáis tamén estamos a prácticar algúnhas tarefas máis do fogar como é o de planchado, limpeza de calzado, etc.

Seguimos traballando e esforzándonos para seguir aprendendo e poder ser un pouco máis autónomos cada día.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 28-04-2014 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
ATA SEMPRE MURU
O pasado 16 de xullo despedimos ó presidente de APEM, o noso presidente, D. José Luis Muruzabal Arlegui con fondo pesar e tristura.

Dende esta canle de información que compartimos con todos vós queremos darlle o máis sentido pésame á familia e amig@s, amosar a nosa tristura, lamentar esta irreparable perda e rendirlle unha profunda homenaxe a quen tanto fixo para que as persoas con enfermidade mental coma nós e as nosas familias tivesen a atención necesaria e a oportunidade de rehabilitarse e insertarse social e laboralmente.

Desexamos que a súa obra continúe polo senda que el nos marcou e nos abriu para construir un mundo mais xusto, solidario,e con igualdade de oportunidades para todos e todas.

MURU, sempre con nós, nos nosos corazóns.
Comentarios (1) - Categoría: NOVAS - Publicado o 16-08-2013 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
FIN DE CURSO VERÁN 2011
Remata esta tempada coa chegada do verän e como non coas festas do San Xoan. Como cada ano representamos unha obra de teatro para os compañeiros e compañeiras e familiares que se achegan a vernos.Este ano tocou unha peza de Castelao coa que disfrutamos un bo anaco de tempo e logo... Un petiscos para todos!! BOAS FESTAS E BO VERÂN
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 05-07-2011 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
"O FOAMI". No CRPL de Carballo
Unha nova actividade entrou con gran forza no noso CRPL,os traballos con FOAMI. Fai pouco tempo que comezamos a traballar con este material e xa conseguimos facer unha diversidade de figuras, bonecas, lapiceiros, etc.moi bonitas que teñen un grande éxito entre as persoas que se achegan a coñecer o noso traballo, como vedes seguimos imnovando e reciclando as nosas múltiples e variadas capacidades. ¡Achegádevos e contactade con nós! hanvos gustar.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS ACTIVIDADES - Publicado o 05-07-2011 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
O ESPERADO, UN ÉXITO ROTUNDO DAS NOSAS ASOCIACIÓNS
O éxito foi o esperado, máis de 300 participantes desfrutamos das xornadas lúdico-deportivas organizadas por APEM e ASPABER. Nunha mañá chea de actividades para tod@s a cordialidade entre tódolos participantes impresionante e difícil de olvidar. ¡¡Esperamos repetilo!!
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 17-06-2011 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
XORNADA LÚDICO- DEPORTIVA APEM- ASPABER
Aspaber e Apem, coa colaboración do Concello, organizan unha xornada lúdico deportiva de convivencia o xoves 5 de maio no Pavillón Vila de Noia da capital carballesa. Arredor de 300 persoas encherán o pavillón, tanto membros das entidades, como voluntariado e acompañantes chegados das localidades de Carballo, Cee, Betanzos, A Coruña e Cambre dos centros de Apem e de Aspaber. As disciplinas que poderán practicarse ao longo da xornada son fútbol sala, tute, xogos de mesa como o parchís, xogos adaptados ou futbolín, un dos preferidos dos participantes, entre outras. Ao remate da xornada, sobre as 13.00 horas, está prevista unha entrega de agasallos, incluíndo medallas e trofeos realizados polos propios membros das entidades.XUNTOS, PO DE MOS!!
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 02-05-2011 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal