| 17 |
Ola,
Son Manuel Guinarte, o de “Leiber/Stoler, Jagger/Richards, Bibiano/Benedicto forever...”. Tan so quería comentarche que acabo de escoitar os teus dous Lp’s mercados no e-bay. Veñen de Cataluña, e están tan noviños que dubido de que alguén os puxera algunha vez. Eu xa tiña o primeiro en muy mal estado, e o segundo en casete. E claro, agora que acabo de poñer a punto o meu equipo otorgando ao plato xiradiscos o protagonismo que se merece, restaurando a súa sonoridade orixinal co cambio de agulla e todo o cableado interior e exterior por outro de alta gama, a sorpresa está servida.
“Pola Unión” ten uns arranxos moi limpos, cunha voz en primeiro plano sorprendente, a resolución é tan nítida que semella que estás detrás dos bafles cantando, e os instrumentos soan como nunca eu os escotara, ata os acompañamentos vocais de Bibiano, xa sen ruído de fondo nin fritido algún, resultan fantásticos (“Nosa Señora da Guía”, memorable).
“Os nomes das cousas” supón un importante p#blgtk08#ulo cara adiante, posúe unha madurez que deixa en panos menores a moitos discos coetáneos. Supoño que non tivo moi boa acollida xa que non houbo tercera entrega (o polo menos que eu coñeza).
En fin, un feliz re-descubremento que oxalá podera comentarcho en persoa. A primeira e a última vez que te vin actuabas en Rianxo, se non me falla a memoria un 25 de xullo do 79, tiñas a mesma imaxe que a da portada do 2º Lp. Eu fora ata alí levado pola directiva do PCG de Vilagarcía como membro das XCG nunha homenaxe que lle deramos a Marcelino Camacho, de feito fumos con el no 'vapor' que entón ía ata a vila de Manoel Antonio.
Pero esa é outra historia que algún día escribirei, porque o veterano dirixente contou no xantar cousas interesantes (con moito humor, eso si) da súa estadía na cadea.
En fin, trinta anos son moitos, pero non para estas dúas obras mestras indiscutibles que son os tesu dous irrepetibles elepés.
Unha forte aperta dende Vilagarcía!
Manuel.
|