Chiscando un ollo


Benedicto García Villar

2.922 Sinaturas recollidas.

O DÍA 29 DE NOVEMBRO FOI APROBADA NO CONCELLO DE SANTIAGO A RÚA PARA O ZECA AFONSO


A meirande parte dos artigos recollidos aquí foron publicados nos seguintes medios:

* "Ábaco" (revista)
* "A Página da Educação"
* "Arraianos" (revista)
* "Axencia Gelega de Noticias"(AGN)
* "Fírgoa" - USC
* "Galicia Hoxe"
* "Diario de Pontevedra"
* "El Progreso de Lugo"
* "A Peneira"
* "La Voz de Galicia"
* "Grial"
* "Tempos Novos"
* "Radio Voz"
* Semanario-e de "POLA ESQUERDA"

Tamén podes atopar estas colaboracións na sección de Opinión de VigoMetropolitano.com e nas edicións dixitais de tódolos medios citados arriba.



Deixa aquí a túa mensaxe sempre que algunha idea, algún estímulo, che veña á cabeza. Isto non ten senso só nunha dirección.
COMPARTE cos demais os teus pensamentos. Non os deixes dentro.
Escribe no lugar indicado. É máis fácil do que parece... e de calquera xeito, gracias por pasar por aquí.
Se queres "baixar" a miña música, está toda entre e-mule e A Regueifa, con iso non me roubas nada... difundes a miña música. Que che guste!

O meu perfil
benegv@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS COMPAÑEIROS



OS COMPAÑEIROS

Alí estaban os compañeiros
ó redor dunha fogueira
que furaba as mouras tebras
cunha roxa lumieira.

Eran moitos os compañeiros
que cantaban con alegría
a canción sempre esperada,
a canción xa presentida.

Tiñan mans os compañeiros
duras, fortes i encallecidas
de traballar sen sosego
nunha terra chea de vida.

O seu ollar coma unha gota
de auga pura e cristalina
que na noite de xiada
durme nas follas tranquilas.

No seu peito un cargamento
de mil flores encendidas
non levaban de armamento
máis que palabras amigas.

Non falaban do andado
sementado de feridas
preparaban o camiño
cara a terra prometida.


Letra e música: Benedicto

Comentarios (9) - Categoría: Discografía - Publicado o 25-11-2006 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
9 Comentario(s)
1 querido amigo,siempre reconforta escuchar un#blgtk08#a canción como ésta, un abrazo
Miguel
Comentario por miguel (25-11-2006 20:20)
2 Alégrame moito que sexas ti precisamente quen primeiro a descobr#blgtk08#e no blog.

Unha aperta,

Benedicto
Comentario por Benedicto (25-11-2006 20:49)
3 Seguramente ya lo sepas: de todas las canciones que tienes, por alguna razón, ésta es la que más me gusta. Me encanta ese verso de "no seu peito un cargamento#blgtk08# de mil flores encendidas; non levaban de armamento mais que palabras amigas". Fue la 1ª canción que oí y aprendí de ti. Siempre que la escucho le doy caña.
Comentario por Gustavo (26-11-2006 16:58)
4 Pois... ¡a darlle caña, amigo!

E #blgtk08#non podía imaxinar que fora a mellor para ti...
Comentario por Benedicto (26-11-2006 17:37)
5 Felizmente, são ainda muitos os companheiros que cantam com alegria a canção #blgtk08#sempre esperada.
Na Galiza e em Portugal!
Bravo, Benedicto!
Comentario por Álvaro Mendonça (27-11-2006 18:00)
6 Obrigado, Álvaro, pelos teus comentários, pois bem sei que não é este o#blgtk08# primeiro que deixas nesta a túa casa.

Um grande abraço
Comentario por Benedicto (29-11-2006 11:00)
7 Ista canción que remato de escoitar, lévame polo río arriba das lembranzas, para min non é esforzo ningún ir contracorrente dese río, se ao final atopo aquilo que sempre levo na cabeza e que o tempo qu#blgtk08#ere que me esqueza, sendo como foron para min os anos máis felices da miña vida, e isa canción está no final dese río dos recordos, por iso che digo Benedicto que, Lembrar é volver a vivir.
Teo
Comentario por Teo (30-11-2006 00:55)
8 Pois só podo engadir que me enche de orgullo servir, aínda que sexa minima#blgtk08#mente, a eses sentimentos e lembranzas.

Unha aperta, amigo.
Comentario por Benedicto (30-11-2006 21:02)
9 esperanza é o que sinto ao ouvir e c#blgtk08#antar estes versos. gracias
Comentario por esperanza (22-12-2006 12:15)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
 
Ligazóns dende outras webs
© by Abertal
Deixa aquí a túa mensaxe sempre que algunha idea, algún estímulo, che veña á cabeza. Isto non ten senso só nunha dirección.
COMPARTE cos demais os teus pensamentos. Non os deixes dentro.
Escribe no lugar indicado. É máis fácil do que parece... e de calquera xeito, gracias por pasar por aquí.
Se queres "baixar" a miña música, está toda entre e-mule e A Regueifa, con iso non me roubas nada... difundes a miña música. Que che guste!