Chiscando un ollo


Benedicto García Villar

2.922 Sinaturas recollidas.

O DÍA 29 DE NOVEMBRO FOI APROBADA NO CONCELLO DE SANTIAGO A RÚA PARA O ZECA AFONSO


A meirande parte dos artigos recollidos aquí foron publicados nos seguintes medios:

* "Ábaco" (revista)
* "A Página da Educação"
* "Arraianos" (revista)
* "Axencia Gelega de Noticias"(AGN)
* "Fírgoa" - USC
* "Galicia Hoxe"
* "Diario de Pontevedra"
* "El Progreso de Lugo"
* "A Peneira"
* "La Voz de Galicia"
* "Grial"
* "Tempos Novos"
* "Radio Voz"
* Semanario-e de "POLA ESQUERDA"

Tamén podes atopar estas colaboracións na sección de Opinión de VigoMetropolitano.com e nas edicións dixitais de tódolos medios citados arriba.



Deixa aquí a túa mensaxe sempre que algunha idea, algún estímulo, che veña á cabeza. Isto non ten senso só nunha dirección.
COMPARTE cos demais os teus pensamentos. Non os deixes dentro.
Escribe no lugar indicado. É máis fácil do que parece... e de calquera xeito, gracias por pasar por aquí.
Se queres "baixar" a miña música, está toda entre e-mule e A Regueifa, con iso non me roubas nada... difundes a miña música. Que che guste!

O meu perfil
benegv@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

POLA UNIÓN



Non é en honor do Patrón
que esta noite cantar veño.
Anque a teña ó Santo,
teño á Patria rnáis devoción.

Eu, polo si ou polo non,
cos santos quero estar ben;
mais quero estalo tamén
coa terra en que fun nacido:
sólo unha Patria hai na vida
e santos hai máis de cen.

Canso de evanxelizar
e facer no mouro estrago,
hai tempo que está Santiago
da santa gloria a gozar.
Con non menos batallar
contra todo mal goberno,
Galicia a un suplicio eterno
decote está condenada,
e pídenos, desolada,
que a libremos dese inferno.

É tan grande o seu penar,
máncana tantos abrollos,
que coas bágoas dos seus ollos
coido que foi feito o mar.
Diante o trono e diante o altar
contra o seu mal pide acordo;
mais sin piedá nin remordo
do seu dolor, nunca escaso,
os homes non lle fan caso,
e Dios permanece xordo...

¡Tí sólo, Galicia Santa!
¡Tí, que no antigo señora,
escrava ximes agora
dos caciques baixo a pranta!
Véndote entre pena tanta,
os teus bravos fillos ¿qué fan? ...
¿En qué pensan?, ¿Onde están,
que non collen os fouciños
e botándose ós camiños
a redimirte non van?

Arregañados os dentes,
us cos outros agarrados,
revoltos i enfurruñados,
semellan a cans doentes.
Nas propias carnes os dentes
engarran, sin compasión,
e despreceando a razón
que toda xenreira borre,
iesquecen súa Nai, que morre
chea de infamia e de baldón!,

Todo pra ser grande e forte
se une, xunta e reconchega:
quen á discordia se entrega
vai direito cara á morte.
Non agarde millor sorte
quen fomente divisiós;
que a unión de tódolos bós
é lei de tan alto alento
que pra estar no Sacramento
hastra a ten que cumplir Dios!

Galegos que me escoitades,
galegos que a verme vides
hoxe de eiquí non saídes
sin face-las amistades!.
Das nosas debilidades
o diaño non se ha de rir.
Vámonos todos a unir,
matando rencores cegos;
que na unión dos bos galegos
está da patria o porvir!


Letra: M. Curros Enríquez (Adap. Benedicto)
Música: Benedicto
Comentarios (8) - Categoría: Discografía - Publicado o 04-03-2007 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
8 Comentario(s)
1 ¡Gran poema y gran cantar! Hoy también es ne#blgtk08#cesaria esa unidad de la que hablaba Curros.
Comentario por Gustavo (05-03-2007 10:32)
2 Fermosa canción.
Descubrín fai pouco a túa música e a historia de Voces Ceibes, grazas a un amigo que me falou da vosa existencia. Paréceme incrible que o que fixestes sega, dende o meu punto de vista, silenciado.
Alguén debería poñer en valor o voso traballo, para que as xeracións máis novas como a miña non sexamos alleas a toda aquela maneira tan fermosa de loitar pola liberdade.
Escoi#blgtk08#tei o concerto de riazor colgado na rede. É moi emocionante. Dis que podemos baixar a túa música do e-mule, que iso non é roubarte, é difundila. É difícil escoitar iso hoxe en día. A partir de agora, serei un bo difusor dela, podo aseguralo. E, como non, un asiduo visitante deste blog.
Grazas por todo o feito no pasado e polo que sen dúbida queda por facer no futuro.
Un saudo e unha forte aperta
Comentario por manuel (06-03-2007 03:58)
3 Grazas a ti polas túas xe#blgtk08#nerosas palabras, Manuel.
Comentario por Benedicto (06-03-2007 20:12)
4 Grazas a ti polas túas xe#blgtk08#nerosas palabras, Manel.
Comentario por Benedicto (06-03-2007 20:17)
5 Vaya! ¡Por una vez que me retraso en mi cita semanal con este blog y me encuentro a traición con el Pola Unión colgado! :-)
Desde el colegio no escuchaba el tema entero, y descubro ahora que durante todos estos años que llevo cantándola he introducido unas cuantas modificaciones de cosecha propia: la he puesto más velocidad, digo "farto" en vez de "canso", "cos caciques" en vez de "dos caciques" (ahora tiene mucho más sentido el verso, claro) ;-)... En fin, es lo que pasa también con la música po#blgtk08#pular, que a fuerza de repetirla se hace propia y con el tiempo la misma canción se canta distinta de un pueblo a otro.

En fin, estoy con Manuel, mil gracias por todo, Benedicto, por las canciones que me regalaste de niña y por seguir compartiendo tu música ahora que soy una adulta, gracias por seguir en la brecha educando a los más jóvenes y por mantener espacios de opinión y participación libre como éste o como Pola Esquerda.

Besos Miles,

La Independiente.
Comentario por La Independiente (12-03-2007 19:06)
6 Por cierto, hablando de canciones que hablan de unidad y que son hoy necesarias, como dice Gustavo, ¿Me darías una opinión sobre la última entrada en mi blog?... #blgtk08#Porque yo no entiendo mucho, pero lo que he visto me deja así como un regustillo amargo de tristeza entreverada con una preocupación que se resiste a ser miedo...
Comentario por La Independiente (12-03-2007 19:21)
7 Non coñecía o poema de Curros. Que vixente está#blgtk08# aínda hoxe!. Noraboa pola adaptación musical.
Comentario por Xosé Antón (25-03-2007 14:45)
8 Um abraço. Parabéns pela música e adaptação dos versos.
Esta canção (#blgtk08#de intervenção)está com link no blog Terapias de 22.9.2007
Um abraço
Comentario por zé lérias (13-10-2007 02:21)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
 
Ligazóns dende outras webs
© by Abertal
Deixa aquí a túa mensaxe sempre que algunha idea, algún estímulo, che veña á cabeza. Isto non ten senso só nunha dirección.
COMPARTE cos demais os teus pensamentos. Non os deixes dentro.
Escribe no lugar indicado. É máis fácil do que parece... e de calquera xeito, gracias por pasar por aquí.
Se queres "baixar" a miña música, está toda entre e-mule e A Regueifa, con iso non me roubas nada... difundes a miña música. Que che guste!