No andel


A ESCRITURA É A PINTURA DA VOZ (Voltaire)
Escribir para crear un mundo, para encher páxinas coa vida que ves, que vives, que soñas...
Ler historias doutras vidas,doutros lugares,doutros sentimentos. Ler para aprender, para comprender, para gozar coa lectura, para soñar...

O meu perfil
charovm.60@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

SOLUCIÓN!
A: Señoras e señores, queridos compatriotas. Non podemos seguir nesta situación. Non podemos seguir recollendo as sobras cun conformismo intolerable que nos escraviza e nos fai indignos de pertencer a unha comunidade que progresa deixándonos na retagarda dos avances científicos e tecnolóxicos. Debemos aspirar a desempeñar un papel moito máis relevante do que nos foi encomendado, debemos solicitar unha maior implicación, é máis, estou convencido de que debemos esixila, sen medias tintas, rotunda e implacablemente!!

B: Non, señoras e señores, non! O que nós precisamos non é unha sociedade con grandes avances científicos e tecnolóxicos. O que nós precisamos é unha sociedade na que exista un respecto ao medio natural. Unha sociedade exenta de diarios ataques á natureza. O home precisa acadar unha harmonía co planeta. Debemos recuperar esa harmonía, debemos regresar ao medio rural, afastarnos da modernidade destrutiva e destrutora!!!

A: Non!! Como imos afastarnos da modernidade? A modernidade é o futuro! Trens de velocidade estándar, trens de media velocidade, trens de alta velocidade?, avións ultrasónicos, avións supersónicos, avioooooóns?., naves, naves espaciais tripuladas á Lúa, a Marte?, a outros sistemas solares!! A revolución científico-tecnolóxica!!!!

B: Vade retro!! Iso é a fin. Iso acabará cos seres humanos, co planeta, co universo! Nunca teremos abondo. Sobreviviremos baixo o xugo dun progreso que nos fai escravos das súas condicións! Sexamos valentes. Deámoslle as costas. Entremos en comuñón coa nai natureza!

C: Señoras e señores o que nós precisamos realmente é acabar coa corrupta política corrompida, cos monarcas e a monarquía, coa inxusta xustiza, con fundadas fundacións nas que se agochan honorables ladróns, cos lamecús, cos hipócritas e con todas as relixións, cos avaros banqueiros e poderosos financeiros, con xefes de goberno manequíns e cos tiranos que moven os fíos, coa pasividade do pobo pasivo, coa crueldade dos ruíns, dos asasinos, dos homófobos, dos misóxinos, dos fatricidas, dos parricidas, dos homicidas?
O que precisamos realmente é acabar?coa raza humana!!! Si, señoras e señores, a raza humana é a responsable de todos os males que padecemos. Somos imperfectos. Somos culpables! Somos indignos! Debemos autoinmolarnos! É a única maneira de asumir o noso fracaso, de ser coherentes, de recuperar a dignidade perdida. Rematemos coa imperfección!!

A,e B: Que di? Está tolo!!

A: A imperfección é atoparse á cola do progreso. Esa é a imperfección! Os humanos somos responsables de todos os avances da ciencia e da tecnoloxía. É iso un pecado? Acaso debemos renunciar a todo o que fomos acadando no devir dos séculos? A todo o que nos foi proporcionando unha vida máis cómoda e doada? Acaso temos que volver á época das cavernas?

C: Avances da ciencia e da tecnoloxía? Vida máis cómoda e doada? De quen estás a falar? da humanidade ou quizais duns poucos privilexiados? E en todo caso de que nos vale esa vida máis cómoda e doada, como dis? Válenos para ser máis felices? Ten o home moderno a chave da felicidade? Válenos para ser máis ?humanos?? Que paradoxo, verdade? Non será que cada paso que demos cara ao progreso foinos afastando desa calidade que debía ser inherente á nosa condición?

B: É verdade. Tes razón. Fómonos deshumanizando. Pero porque lle demos as costas á natureza porque nos amoreamos coma formigas en grandes cidades que nos enguliron e nos arrebataron a nosa identidade. Por iso a solución aos nosos males non pasa pola destrución da raza humana. É moito máis sinxela e pacífica. Só temos que retornar á aldea, á vida natural, á que é, de feito, a verdadeira vida!!

C: Non podo crer que fales en serio, que esteas convencido realmente do que dis. Xa non hai volta atrás. A inxenuidade non ten cabida nin sequera como ornamento para as nosas razóns! De verdade pensas que as cidades se convertirían en desertos de asfalto? Que todos os habitantes das pequenas e grandes urbes estarían de acordo en cambiar radicalmente de estilo de vida? Que estarían dispostos a deixar os seus prósperos negocios, as súas pequenas ou grandes empresas, as súas cómodas vivendas, as variadísimas ofertas de ocio? para instalarse no medio dunha carballeira? Só os desesperados, os desafiuzados, os que non tivesen nada que perder poderían, quizais, ter a valentía de facelo. E todos os demais? Que facemos con todos os demais? E os da carballeira? Recuperarían a esquecida calidade humana? Penso que nin sequera procurando o máis íntimo da nosa suposta condición, nin sequera chegando ao seu oculto cerne a poderiamos atopar.
Que outra solución nos queda, pois?

A: Non chores!

B: Non pregues!

C: Non berres!

A: Adormece no teu acocho. Afástate da vida de mentira que te rodea. Búscate no silencio que enche a soedade. Só alí te atoparás. Só alí comprenderás quen es de verdade, que pensas, que sentes, que queres?
Comentarios (1) - Categoría: TEXTOS MEUS - Publicado o 01-03-2014 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
Este blog naceu coa intención de dar cabida nel a algúns textos que eu escribín e a moitos outros que forman parte de min e do meu amor pola literatura.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0