No andel


A ESCRITURA É A PINTURA DA VOZ (Voltaire)
Escribir para crear un mundo, para encher páxinas coa vida que ves, que vives, que soñas...
Ler historias doutras vidas,doutros lugares,doutros sentimentos. Ler para aprender, para comprender, para gozar coa lectura, para soñar...

O meu perfil
charovm.60@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O ANXO DE EVA de Marina Mayoral
Nesta novela Marina Mayoral introduce o lector no mundo un tanto especial de Eva, unha nena de catorce anos que protagoniza unha historia que nos leva da curiosidade á perplexidade.

Primeiro, ávidos (ou non tanto) por coñecer o que se agocha tralos encontros co ?ser alado?, sumímonos na lectura de páxinas e páxinas que non acaban de ofrecernos unha resposta que xustifique tales experiencias; despois, cada vez máis decepcionados por non atopar o que buscamos, continuamos xa sen apenas esperanzas, case seguros de que non nos vai sorprender o final aínda que non se ateña a razón.

Non é que sexamos inimigos acérrimos das historias de fantasía. Máis ben o contrario. Hai moreas de historias de fantasía moi ben escritas, auténticas obras de arte. Pero nesta novela non estamos ante unha delas. O mundo que rodea a Eva non é un mundo habitado por seres fantásticos (coa excepción ?claro está- do anxo), os seres que rodean a Eva son de ?carne e óso?: os pais (separados), a avoa, o irmán, a súa amiga Sol? Os problemas que lle afectan son asemade moi comúns na sociedade que vivimos: a separación dos seus proxenitores, a difícil relación coa nai, a iniciación nas aventuras amorosas... En fin que non acaba de encaixar no medio deste mundo a aparición dun anxo que visita a Eva case todas as noites e co que mesmo chegará a manter relacións sexuais, un anxo que ata case o final da novela estamos convencidos de que vai ser produto da súa imaxinación, de que o crea por mor da necesidade de afastarse de todo aquilo que a fai infeliz; mais por se ousaramos chegar a tal conclusión quere deixársenos claro que non é así.

O relato dunhas experiencias ?paranormais? que viviron o seu pai e a súa avoa semella querer xustificar que o que vive Eva co ?ser alado? é algo que vén de familia.

Os lectores somos os que pechamos para ben ou para mal o singular proceso da mensaxe literaria, somos os que cremos ou non cremos nesa mensaxe, os que somos abducidos pola mesma ou os que ficamos indiferentes ante a súa proposta.

Debo dicir que Marina Mayoral ten novelas que me engaiolaron de principio a fin, pero esta non foi unha delas.

Marzo 2014
Comentarios (0) - Categoría: COMENTARIOS SOBRE LIBROS - Publicado o 30-03-2014 20:13
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Este blog naceu coa intención de dar cabida nel a algúns textos que eu escribín e a moitos outros que forman parte de min e do meu amor pola literatura.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0