No andel


A ESCRITURA É A PINTURA DA VOZ (Voltaire)
Escribir para crear un mundo, para encher páxinas coa vida que ves, que vives, que soñas...
Ler historias doutras vidas,doutros lugares,doutros sentimentos. Ler para aprender, para comprender, para gozar coa lectura, para soñar...

O meu perfil
charovm.60@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

22-11-63 de Stephen King
Alguén me dixo unha vez que como se pode recomendar a lectura dun autor de best sellers, como perder o tempo en comentar, aínda que sexa brevemente, algún dos seus libros?
Ben eu non teño prexuízos. A experiencia ensinoume que tras algunhas destas obras desprezadas, en xeral, polos amantes da "gran literatura" hai moi bos textos.
Gústame ler e se un libro me parece interesante non soio rexeitalo de antemán por manter certa pose purista case sempre inxusta.
No caso de Stephen King teño levado moi gratas sorpresas. Non me gusta todo o que escribe, mais hei de recoñecer que é moi hábil creando ambientes e personaxes que desde as primeiras liñas atrapan o lector arrastrándoo a ese mundo de ficción que case pode tocar coas mans.
Desta novela, que lin este verán, quero dicir algo máis que dúas palabras.
22-11-63 non abandonando a liña que nos sitúa nos límites da realidade ou mesmo na pura fantasía, misterio, etc., á que nos ten acostumados o autor, presenta un reto orixinal e curioso: a viaxe a esta data crucial da historia dos EE.UU. para salvar a Kenedy.
Stephen King logra unha ambientación tremendamente real, viva; conseguindo introducirnos nese mundo creado con todo luxo de detalles, ata o punto de que semella que podes respirar o aire, ás veces puro e luminoso, outras corrompido e escuro; e ulir os cheiros e recendos que describe.
Elabora unha trama trepidante na que o lector sente desde o principio unha empatía cara Jake-George que o leva a sufrir ou ser feliz con el, camiñando por ese pasado esvaradizo e perigoso que coloca trampas en cada curva do camiño, pero tamén sorpresas inesperadas e vivencias inesquecibles coma todo ou case todo o que rodea a súa estancia en Jodie, que vén ser o mundo soñado que se vai esvaendo pouco a pouco sen poder evitalo, mentres se impón a crueldade dun pasado que non quere ser cambiado, porque non debe ser cambiado. Derry e Dallas son esoutros mundos negros e terribles que se impoñen ao final, que o expulsan como intruso dun tempo que non é o seu.
Un moi bo contador de historias.
Imaxínoo enviado el mesmo a outra época e outro lugar ben distante do seu Portland natal, ao pé do lume, rodeado de xente que se entretén escoitando contos nas longas noites de inverno. Fascinante!
Comentarios (1) - Categoría: COMENTARIOS SOBRE LIBROS - Publicado o 03-03-2013 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Este blog naceu coa intención de dar cabida nel a algúns textos que eu escribín e a moitos outros que forman parte de min e do meu amor pola literatura.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0