A ESCRITURA É A PINTURA DA VOZ (Voltaire) |
|
Escribir para crear un mundo, para encher páxinas coa vida que ves, que vives, que soñas...
Ler historias doutras vidas,doutros lugares,doutros sentimentos. Ler para aprender, para comprender, para gozar coa lectura, para soñar... |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A UN AMIGO |
|
A UN AMIGO
A maxia das notas abrolla dos pratos
que enchen o ar
e fican os sons alí pendurados
ateigando as horas
da luz que se vai.
Golpeas con forza espertando os ritmos
que o letargo tiña
ocultos atrás
no tempo dos soños que enchían os días
e te convertían
do rock nunha estrela mellor que as demais.
E volve de novo a danza dos brazos
que enérxica cae
marcando o compás.
E escoitas o aplauso que revive as notas
durmidas no tempo
de onte a mañá
e saltas e berras e choras e ris,
e vives e morres e a música? aí.
O onde e o cando non han de importar
a música sempre
a música sempre
te fará vibrar.
|
|
|
|
|
|
|
|
|