No andel


A ESCRITURA É A PINTURA DA VOZ (Voltaire)
Escribir para crear un mundo, para encher páxinas coa vida que ves, que vives, que soñas...
Ler historias doutras vidas,doutros lugares,doutros sentimentos. Ler para aprender, para comprender, para gozar coa lectura, para soñar...

O meu perfil
charovm.60@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CORAZÓN de Edmundo de Amicis

UN LIBRO DA MIÑA INFANCIA

Desde que podo lembrar sempre me gustou a lectura e por sorte para min, xa desde que aprendín a ler, dispoñía de moreas de libros nos que saciar a miña curiosidade. E é que na miña casa había un moble de portas acristaladas e interior cheo de estantes ateigados de todo tipo de libros. Era o legado que nos deixara o meu avó, un mestre da República ao que eu non cheguei a coñecer.

A ese moble sempre lle chamamos ?a librería? e alí buscaba a miúdo tesouros ocultos, libros que espertaran o meu interese. Algúns tiñan ilustracións e loxicamente foron os que primeiro chamaron a miña atención. Porén, de entre todos eles, o que se converteu no meu máis prezado tesouro desde que tiña nove ou dez anos, e que lin e relín unha e outra vez, foi un vello exemplar que xa perdera as tapas da portada e que se titulaba Corazón.

Tratábase dunha novela do escritor italiano Edmundo de Amicis, publicada por primeira vez en 1886, e que se convertera nun éxito de vendas. Era o diario dun neno italiano, do seu día a día na escola, coa súa familia, etc. O libro incluía varios relatos, entre eles: ?De los Apeninos a los Andes? que foi o que máis me conmoveu e tamén o que máis recordo.

Contaba a historia de Marco, un rapaz de trece anos que vai na procura da súa nai desde Italia a Arxentina. Nel baseouse, moitos anos despois, a serie de anime xaponesa Marco, que logo botaron na televisión nos anos oitenta.

Recomendaríavolo? Por que non? O libro, que non sei se aínda se pode conseguir, é moito mellor: moito máis conmovedor e emocionante que a serie. Hai fragmentos nos que se describe a crueza da esgotadora e incansable búsqueda da nai, xa en terras arxentinas, que lembro aínda como se acabara de lelos, tal foi o impacto que daquela me produciron: os zapatos esnaquizados e os pés feridos tras durísimas xornadas de camiñadas interminables nas que non se dá por vencido, aínda que unha e outra vez fracasen os seus intentos de atopar a nai. Toda unha odisea a do pobre Marco!

En fin, De los Apeninos a los Andes preséntanos unha historia na que non só asistimos á separación dun neno da súa nai, tema que por si só xa consegue que o lector se identifique con Marco e que sinta coma propias as súas penurias, senón que ademais reflicte o sempre magoante tema da emigración que desgraciadamente, malia os anos que pasaron desde que foi escrita, segue a ser un tema de triste actualidade.
Comentarios (0) - Categoría: COMENTARIOS SOBRE LIBROS - Publicado o 27-02-2015 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
Este blog naceu coa intención de dar cabida nel a algúns textos que eu escribín e a moitos outros que forman parte de min e do meu amor pola literatura.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0