No andel


A ESCRITURA É A PINTURA DA VOZ (Voltaire)
Escribir para crear un mundo, para encher páxinas coa vida que ves, que vives, que soñas...
Ler historias doutras vidas,doutros lugares,doutros sentimentos. Ler para aprender, para comprender, para gozar coa lectura, para soñar...

O meu perfil
charovm.60@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

SOEDADE
No silencio do eco distante que se perde por entre o camiño,
que transita nas herbas que medran silandeiras á beira do río

No silencio das pólas e pedras que dormentes nas veigas xacían
e o teu vivir algareiro testemuñas caladas sentían

No silencio que buscas nos días?

No bruído dos altos piñeiros que de medo as túas noites enchían.
No cantar de curuxas e mouchos, de rulas e cucos, de cans e galiñas?

Nas campás que tocaban a festa. Nos foguetes que ao ceo subían.
No barullo dos xogos de nenos, que o patio de risos sonoros prendían

No bruído? perdeuse a alegría.
Comentarios (0) - Categoría: TEXTOS MEUS - Publicado o 20-02-2013 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
Este blog naceu coa intención de dar cabida nel a algúns textos que eu escribín e a moitos outros que forman parte de min e do meu amor pola literatura.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0