No andel


A ESCRITURA É A PINTURA DA VOZ (Voltaire)
Escribir para crear un mundo, para encher páxinas coa vida que ves, que vives, que soñas...
Ler historias doutras vidas,doutros lugares,doutros sentimentos. Ler para aprender, para comprender, para gozar coa lectura, para soñar...

O meu perfil
charovm.60@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

EL AMANTE JAPONÉS
A historia (en realidade varias) de El amante japonés transcorre principalmente nunha mansión californiana: Sea Cliff e nunha residencia de anciáns: Lark House, xa que aínda que son os dous espazos fundamentais non son os únicos.

O protagonismo é tamén compartido por varios personaxes, mais entre todos eles destaca Alma Belasco, unha das residentes en Lark House que descubrimos a través dos ollos de Irina, a moza moldava que comeza a traballar na residencia e que se vai converter en alguén imprescindible na vida da anciá californiana. Curiosamente estas dúas mulleres proceden do Leste, Irina de Moldavia e Alma de Polonia desde onde chega fuxindo da Segunda Guerra Mundial. Ela é o personaxe máis intenso, o que deixa máis pouso no lector, unha muller que vive e ama con intensidade ata os seus últimos días. A súa historia introdúcenos na vida da alta sociedade californiana durante os tempos convulsos da Segunda Guerra Mundial e as décadas posteriores ao conflito.

O perigo da visión sesgada dunha sociedade privilexiada que sobrevivía comodamente malia a traxedia que se cernía ao se arredor é combatido a través da historia da familia Fukuda. O pai de Ichimei traballa de xardineiro en Sea Cliff e a súa vida transcorre placidamente ata o ataque xaponés a Pearl Harbor, a partir dese momento sufrirá un cambio radical debido ás represalias que o goberno dos EEUU tomou contra os xaponeses que vivían en territorio americano.

O núcleo narrativo principal constitúeo a historia de amor de Alma Belasco e Ichimei Fukuda, aínda que é imposible ignorar o importante papel que desempeña Nathaniel Belasco, refuxio de Alma desde a súa chegada a California.

Trala historia de Alma, Ichimei e Nathaniel está a de Irina e Seth, o neto de Alma. Representan as novas xeracións e outra vez a relación entre dúas clases sociais e dúas procedencias ben diferentes. Irina, como os Fukuda, é unha inmigrante que sobrevive como pode tratando de superar unha tráxica experiencia que arrastra desde a súa infancia. A súa relación con Seth converterase na súa táboa de salvación. Unha historia que se repite?

?El amante japonés? é, en definitiva, unha historia cativadora desde as primeiras páxinas. Desde o momento no que entras na Residencia de Lark House da man de Irina e vas coñecendo os seus ocupantes a través dos seus ollos. Desde que descobres a Alma Belasco e viaxas con ela de Polonia a California, desde que sentes a súa soedade nos primeiros tempos en Sea Cliff e xorde a man de Nathaniel. Ou cando aparecen os Fukuda e vives con eles os seus momentos máis felices, pero tamén os máis duros. Segues cativada coa paixón de Ichimei e Alma e conmovida co amor de Nathaniel ou coa xenerosidade de Isaac Belasco.
En fin, unha historia poboada de personaxes complexos, que nos achegan nalgúns momentos a unha época convulsa , noutros móstrannos o lado escuro do ser humano, pero sobre todo déixannos unha lección de amor e xenerosidade.

Fermosa novela.
Comentarios (0) - Categoría: COMENTARIOS SOBRE LIBROS - Publicado o 25-01-2016 22:21
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Este blog naceu coa intención de dar cabida nel a algúns textos que eu escribín e a moitos outros que forman parte de min e do meu amor pola literatura.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0