No andel


A ESCRITURA É A PINTURA DA VOZ (Voltaire)
Escribir para crear un mundo, para encher páxinas coa vida que ves, que vives, que soñas...
Ler historias doutras vidas,doutros lugares,doutros sentimentos. Ler para aprender, para comprender, para gozar coa lectura, para soñar...

O meu perfil
charovm.60@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A LÚA DA COLLEITA DE ANXOS SUMAI
É unha novela que conta unha historia certamente desacougante.

Xa no primeiro capítulo coñecemos a rapaza protagonista nunha escena da súa adolescencia, escena que está vencellada a unha praia e un cantil enriba do cal están comezando a construción dun edificio que chama a súa atención ata o punto de expresar o seu desexo de poder vivir alí algún día.

Esa rapaza será Nuria, pero tamén será Bet; unha muller con dobre personalidade (quizais múltiple, xa que nalgúns momentos fálase das outras voces que a posúen) que loita por descubrir a súa verdadeira identidade: por ser Nuria, só Nuria, ou quizais Bet, só Bet; que chega tempo despois -non sabemos canto- á vila mariñeira na que se atopa a praia e o edificio de apartamentos ao bordo do cantil.

Aínda que ela non o lembra, trátase dunha chegada que vén realizando todos os veráns desde hai anos para ocupar un apartamento do cuarto andar. Pero ela non recoñece a xente nin lembra que xa estivo alí.

Ao seu redor atopamos interesantes personaxes secundarios, como Lois ou Happy, Induvina e Vidal; todos a coñecen nalgún momento da súa vida, talvez sería máis exacto dicir das súas vidas, xa que uns coñecen a Bet e outros a Nuria, coa excepción quizais de Induvina que, aínda que semella que se resiste a aceptalo, coñece as dúas, e por suposto Rubén, o irmán odiado por Induvina, pero que é o que lle dá as claves da personalidade de Nuria-Bet.

O final sitúa o personaxe no mesmo punto de confusión no que a coñecemos no primeiro capítulo: ?a criatura indefinida?.

É esta unha novela introspectiva, que coloca a protagonista no centro desa introspección, presentándoa como vítima dunha patoloxía da que non é consciente totalmente, que a ten presa dunha realidade que non é tal, de coma quen, que a converte nun ser solitario, mesmo asocial.
Comentarios (0) - Categoría: COMENTARIOS SOBRE LIBROS - Publicado o 12-01-2015 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Este blog naceu coa intención de dar cabida nel a algúns textos que eu escribín e a moitos outros que forman parte de min e do meu amor pola literatura.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0