No andel


A ESCRITURA É A PINTURA DA VOZ (Voltaire)
Escribir para crear un mundo, para encher páxinas coa vida que ves, que vives, que soñas...
Ler historias doutras vidas,doutros lugares,doutros sentimentos. Ler para aprender, para comprender, para gozar coa lectura, para soñar...

O meu perfil
charovm.60@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O CLUB DA CALCETA de María Reimóndez
Pareceume unha novela orixinal no tratamento dun tema que hoxe por hoxe xa non o é: a reivindicación da igualdade.
A historia éstá protagonizada por seis mulleres moi diferentes: Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda, que van coincidir nun mesmo espazo, aquel no que asisten a un curso de calceta.
O libro comeza coa denuncia en comisaría duns accidentes estraños ocorridos a distintos personaxes masculinos non relacionados entre si. Alguén leva os recortes dos xornais onde se recollen as noticias e advirte á policía de que foron asasinatos planificados por unhas asasinas que se converteron en "lobas".
Tras isto imos asistindo ao desenvolvemento dos distintos capítulos, que se caracterizan por teren varias cousas en común:
-Contan con cadansúa protagonista que é presentada achegando información importante da súa vida, sen esquecer a explicación de como e por que se inscribiu no curso de calceta.
-O título é o nome dunha das partes dun xersei que se está calcetando. Así por exemplo o primeiro, protagonizado por Matilde, titúlase ELÁSTICO; o segundo, protagonizado por Anxos, DIANTEIRA; o terceiro, por Rebeca, MANGAS; etc.
-Tralo título reprodúcese unha das noticias dos xornais que fala do "accidente" que custou a vida a un dos homes mortos.

Esta estrutura tan orixinal,pretende claramente crear un lector activo, que participe, que sexa quen de averiguar o porqué de cada título, de concluír cal é a asasina de cada home e mesmo quen pode ser o personaxe anónimo que vai á policía cos recortes de xornais.

Os personaxes, ademais, están moi ben definidos. Son complexos con personalidades ben diferentes. E, aínda que son seis as que compoñen o curso de calceta, en realidade hai outra muller, a tía morta de Matilde: Davinia, que ten unha grande importancia na trama e que non pasa de ningunha maneira desapercibida.
Mulleres distintas física e psiquicamente,cada unha co seu drama persoal propio, que atopan no club de calceta unha válvula de escape que as ha de levar a resolver para ben ou para mal as súas vidas.
Comentarios (0) - Categoría: COMENTARIOS SOBRE LIBROS - Publicado o 16-01-2013 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [25]
© by Abertal
Este blog naceu coa intención de dar cabida nel a algúns textos que eu escribín e a moitos outros que forman parte de min e do meu amor pola literatura.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0