A ESCRITURA É A PINTURA DA VOZ (Voltaire) |
|
Escribir para crear un mundo, para encher páxinas coa vida que ves, que vives, que soñas...
Ler historias doutras vidas,doutros lugares,doutros sentimentos. Ler para aprender, para comprender, para gozar coa lectura, para soñar... |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
LAURA NO DESERTO de Antón Riveiro Coello |
|
Creo que podo dicir sen medo a esaxerar que é unha das mellores novelas en galego que teño lido.
Ambiciosa, rigorosa, cunha trama moi ben estruturada que vai guiando ao lector a través duns personaxes dos que, ata ben avanzada a historia, descoñecemos cal é a súa relación.
Preséntanse coma se fosen relatos de vidas que nada teñen que ver. Un vive en EEUU, outro en Barcelona e outro en Pobra do Caramiñal. Pouco a pouco vanse descubrindo os lazos que os unen e que todos conflúen en Laura, a protagonista.
Sen dúbida a parte máis impactante para min foi aquela na que a propia Laura, amnésica de corenta anos da súa vida,le un libro que escribira sobre a súa experiencia nun campo de concentración durante a Segunda Guerra Mundial, non só polo que supón para ela descubrir todo o que viviu alí, senón e principalmete pola autenticidade do relato deses feitos terribles nos que recoñecemos a cruel realidade que se pasea impune pola nosa memoria, transmitida por tantos textos, filmes e documentais que quixeron reflectir a barbarie nazi .
Laura no deserto é unha novela dura, pero tenra, que reflicte a crueza da dor que pode soportar o ser humano, pero tamén a súa capacidade de recuperación, deixando unha oportunidade á esperanza.
|
|
|
|
|
|
|
|
|