A ESCRITURA É A PINTURA DA VOZ (Voltaire) |
|
Escribir para crear un mundo, para encher páxinas coa vida que ves, que vives, que soñas...
Ler historias doutras vidas,doutros lugares,doutros sentimentos. Ler para aprender, para comprender, para gozar coa lectura, para soñar... |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
COUSAS de Castelao |
|
 Eu non teño mágoa do picariño que mira con ollos encalmados de boi cando os automóbiles pasan pola súa porta. Eu non teño door do picariño que non corre detrás dos automóbiles. Fame que pase o picariño, sempre será feliz.
Eu teño mágoa do rapaz que sinte formigueiros nos pés cando os automóbiles pasan pola súa porta. Eu teño door do pícaro que corre detrás dos automóbiles. Os rapaces inquedos que andan probando as súas forzas en tódalas máquinas non encherán os seus anceios de felicidade.
Os rapaces da miña terra corren sempre detrás dos automóbiles.
QUE MESTRÍA A DE CASTELAO PARA DICIR TANTO EN TAN POUCAS PALABRAS. |
|
|
|
|
|
|
|
|