No andel


A ESCRITURA É A PINTURA DA VOZ (Voltaire)
Escribir para crear un mundo, para encher páxinas coa vida que ves, que vives, que soñas...
Ler historias doutras vidas,doutros lugares,doutros sentimentos. Ler para aprender, para comprender, para gozar coa lectura, para soñar...

O meu perfil
charovm.60@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A CAVERNA de Saramago
Esta novela de Saramago recrea o mito da caverna de Platón baseándose na vida de tres personaxes cuxa autenticidade conmove ao lector desde as primeiras páxinas. Sobre todo Cipriano Algor, pai de Marta e sogro de Marçial , que manten unha loita infrutuosa, pero constante intentando salvagardar o seu tipo de vida, a das cousas sinxelas, pero de verdade. Mais tamén a relación entre os tres, que comprenden o que representa o Centro no que traballa de vixiante Marçial e que tenta absorbelos introducíndoos nunha vida de coma quen, unha vida que copia a realidade, pero que non é real, que pode chegar a cegar coa súa variadísima oferta de comodidades e alternativas de ocio, e de feito faino con milleiros de persoas que son atrapadas por ese mundo de mentira, materialista e deshumanizado, vivindo de costas á auténtica vida. Pero eles van abandonar ese cárcere de ouro e van buscar novos horizontes, porque se de algo lles serve a súa experiencia no Centro é que os axuda a comprender tamén as limitacións que supoñía a súa subsistencia anterior, que os mantiña pechados en si mesmos sen permitirlles mirar ao seu redor.
Marabillosa novela.
Comentarios (1) - Categoría: COMENTARIOS SOBRE LIBROS - Publicado o 22-01-2013 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Este blog naceu coa intención de dar cabida nel a algúns textos que eu escribín e a moitos outros que forman parte de min e do meu amor pola literatura.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0